Blogia

vgomez

#DígochoEu: En galego non temos nin *deudas nin *dudas

 

Somos reflexivos e podemos deber cartos, pero *deuda e *duda son castelanismos. Esther Estévez Casado danos as alternativas.

#DígochoEu

ELOXIO DA EXPERIENCIA

 

 

Desde a época romana e as primeiras queixas dos cidadáns pola “tiranía do tempo” que impoñían os reloxos de sol, medir minutos e botar a correr foi unha constante do ser humano. O chamado “gurú anti présa”, Carl Honoré, é o portavoz do movemento Slow, que propón retardar a vida e reducir as cargas mentais, académicas ou laborais para dispoñer de máis tempo de calidade.

“O ‘delicioso paradoxo da lentitude’ demostra que aqueles que retardan a través da meditación, do pensamento lento, teñen máis capacidades para xestionar o mundo rápido que aqueles que nunca pisan o freo. A lentitude é un  superpoder nun mundo  hiperacelerado”, desenvolve o autor en libros como ‘Baixo presión’, ‘A lentitude como método’ e ‘Eloxio da lentitude’.

Ademais, Honoré explícanos como sacar partido das nosas vidas máis lonxevas a través dun concepto que investigou no seu último libro ’Eloxio da experiencia’: como vivimos a mocidade e a vellez na actualidade; e de que maneira a experiencia pode axudarnos a ter unha vida máis plena. Por medio de testemuños moi significativos, o escritor destaca o valor das vivencias, dignifica o cumprir anos e ensínanos a gozar das novas etapas da vida dunha forma máis saudable: "Cando es honesto sobre a túa idade libéraste para poder definir a túa vida en calquera idade e etapa”.

#DígochoEu: Non digas *a traveso nin *a traverso

 

Non podemos ver *a traveso de algo porque é incorrecto en galego! Esther Estévez Casado danos a alternativa! 

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL III

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Mark Twain. Mark Twain era o pseuónimo de Samuel Langhorne Clemens (1835-1910) é non recibiu nunca o Nobel de Literatura. Canto menos curioso, pero tampouco o recibiron autores da talla de Marcel Proust, James Joyce, Antón Chéjov ou León Tolstoi. Con todo, un dos grandes líderes de tempos de guerra, Winston Churchill, non só estivo nomeado en varias ocasións senón que recibiu o Nobel de Literatura en 1953.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cantas persoas recibiron dúas ocasións o Premio Nobel?

- 2

- 3

- 4

- 5

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

SABÍAS QUE...(TAMAÑO DOS OLLOS DAS RAS)



Algunhas ras posúen os ollos máis grandes que podemos atopar de entre todos os vertebrados, en relación co tamaño do seu corpo, o que é un investimento evolutivo significativo que desconcertou aos zoólogos desde sempre. Agora, un equipo de científicos descubriu que o tamaño dos ollos destes animais parece escalar dependendo da súa contorna.

As ras son un grupo diverso de animais que viven en todos os continentes, excepto na Antártida, nunha ampla gama de hábitats, desde a cima das copas das árbores ata o fondo de ríos e lagos. Adaptáronse para vivir na maioría das contornas terrestres e de auga doce, por iso é polo que sexan tan numerosas e estean tan estendidas.

A vista, é unha ferramenta ou sentido bastante custoso en termos biolóxicos porque require moita enerxía para funcionar, o que explica por que os animais que viven en ambientes escuros como poden ser as covas adoitan evolucionar a ollos máis pequenos e insignificantes. Iso significa que as ras de ollos grandes claramente necesitan todo o contrario: unha enorme capacidade para ver contrastes nas cores, a luz, detalles..

Este estudo demostrou de que forma os ollos das ras están estreitamente vinculados aos hábitats nos que viven. Así, as ras arborícolas teñen uns ollos enormes en comparación co tamaño corporal dos vertebrados, mentres que as ras das cavernas posúen ollos diminutos. O traballo, publicado na revista Proceedings of the Royal Society B, revela que o hábitat dunha ra dita o tamaño dos seus ollos, o que explica a diferenza tan substancial de tamaño.

Os investigadores do Museo de Historia Natural de Londres examinaron  especímenes de ras frescos e conservados de 220 especies de anuros que representan as 55 familias actualmente recoñecidas de ras. Mediron a lonxitude do corpo das ras, o tamaño da córnea e o tamaño total dos ollos para ver como cambiaban as proporcións entre especies.

Cada contorna no que vive unha especie de ra esixe algo diferente á súa vista. Así canto máis escuro e lóbrego é a contorna, máis pequenos son os seus ollos, o que sucede tanto en covas como en anfibios que levan unha vida completamente acuática; e, por contra, as ras que viven presentan os ollos de maior tamaño. Ollos tan grandes como os que contan as ras arborícolas son así porque necesitan captar moitos detalles e notar os cambios na disposición do terreo rapidamente para evitar a depredación. Tamén necesitan atopar comida, refuxio e aos seus outros compañeiros.

Non se trata de que por ter ollos máis grandes vexan mellor en comparación cos seres humanos, senón que están a sacrificar máis “orzamento enerxético” que nós para a visión. Que prezo están a pagar exactamente, descoñecémolo polo momento.

Os animais que se moven cara a un mundo subterráneo tenden a ver reducido o tamaño dos seus ollos. Esta tendencia obsérvase na maioría dos grupos principais de vertebrados, incluídos mamíferos, peixes, lagartos e serpes.

FONTE: Sarh Romero/muyinteresante.es    Imaxe: iStock/muyinteresante,es

#DígochoEu: Non digas 'tomar o relevo'

 

En galego temos a palabra ’relevo’ pero non podemos ’tomar o relevo’. Esther Estévez Casado explicánolo no episodio de hoxe!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL II

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1901. Xusto cinco anos despois da morte de Alfred Nobel (1896). O atraso na celebración destes prestixios premios, debeuse ao testamento do propio Alfred Nobel, que provocou certa disparidade de opinións. Finalmente, e grazas aos 31 millóns de coroas suecas, que legou Nobel, outorgaríanse os premios: o de Física, o de Química, o de Medicina, o da Paz, o de Literatura e, posteriormente (1968) engadiríase o de Economía en memoria do propio Alfred Nobel.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal destes ecritores non chegou nunca a recibir o Nobel de literatura?

- Rudyar Kipling

- Mark Twain

- Jacinto Benavente

- William Faulkner

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS L

Máis probas médicas!