Blogia

vgomez

O PERIGOSO ASTEROIDE 2020ND ACHÉGASE MAÑÁ Á TERRA

O PERIGOSO ASTEROIDE 2020ND ACHÉGASE MAÑÁ Á TERRA

A NASA alertou de que mañá, 24 de xullo, pasará preto da Terra un asteroide de grandes dimensións a unhas 0,034 unidades astronómicas (cinco millóns de quilómetros). A rocha espacial mide máis de 140 metros, é "potencialmente perigosa".

O asteroide, denominado 2020ND, ten un diámetro estimado entre 110 e 260 metros. Polo seu potencial para facer un achegamento ameazante á Terra (todas as rochas espaciais con distancia mínima de intersección de 0,05 unidades astronómicas ou menos) foi catalogado como Asteroide Potencialmente Perigoso (PHD).

  
Traxecto e percorrido do asteroide 202 ND / NASA

O propio Centro de Estudos de Obxectos Próximos á Terra publicou o traxecto da rocha espacial, onde se pode visualizar o asteroide a unha distancia próxima á Terra. Para acceder pereme AQUÍ.

Esperemos que siga a súa traxectoria, sen máis!

FONTE: elmundo.es/ciencia  Imaxe: PIXABAY/elmundo.es

CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL? IV

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é Rusia, Francia e o Imperio Británico (Tripla Entente) / Alemaña, Austria-Hungría e Italia (Tripla Alianza). A pesar de formar parte da Tripla Alianza, Italia decidiu non apoiar aos seus aliados xa que consideraba que a natureza do pacto era defensiva. Posteriormente entrarían na guerra no bando oposto.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. A batalla de Verdún foi tamén una das máis longas do conflito. Cantos días durou?

- 214 días

- 242 días

- 303 días

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es

#DígochoEu: Non digas 'i' cando tes que dicir 'e'

 

Este erro é moi común! Esther Estévez Casado explicamos que a conxunción ’e’ lese ’e’ sempre.

#DígochoEu

O MELLOR ANTIVÍRICO: O MEDO

O medo: sentimento de inquietude que se experimenta ante a presenza, real ou imaxinaria, dun perigo.

A viñeta do xenial El Roto (Andrés Rábago García, Madrid-1947) no xornal El País, trata precisamente iste tema. Non podemos perderlle o medo ao virus, do contrario aparecerán, como xa o están facendo, os chamados rebrotes que nos poden levar a un novo confinamento.

Esta nova realidade ten que recordarnos que temos seguir tendo medo a esta virus, actuando iste, tal como di a viñeta de antivirico, previndo contaxios.

Responsabilidade!

O AMOR NON SE PARECE EN NADA AO QUE NOS ENSINAN

 

Cando saín desa relación era incapaz de dicir unha canción que me gustase ou unha película. Eu non era ninguén. Non era nada”. Aínda así, a Mariña Marroquí custoulle un lustro chamar “maltratador” ao home que lle roubou a adolescencia. Dos 15 aos 19 anos viviu un inferno que agora relata con dureza: “A min pegáronme, queimáronme, violáronme, deixáronme nun escampado, asfixiáronme, insultáronme e humilláronme”. E, tras deixar a relación, o que quedou foi unha muller que sentía culpable, avergoñada e rota. Agora, totalmente recuperada e optimista, expón o seu pasado porque está convencida de que a visibilización e a educación son as únicas ferramentas para eliminar a violencia de xénero.

Mariña Marroquí estudou Educación Social na Universidade de Granada e actualmente preside a Asociación Ilicitana contra a Violencia de Xénero (AIVIG). No seu empeño educativo, levou o taller “O amor non doe” (unha dinámica de prevención e detección precoz da violencia de xénero) a máis de 65.000 adolescentes. Tamén imparte cursos a policías, fiscais e profesionais sanitarios. “Necesito tentar que esta sociedade cambie, que a educación cambie e coñézase ese inferno que está tan oculto dentro de tantas casas”, asegura. Ademais, é autora do libro ‘Iso non é amor: 30 retos para traballar a igualdade’.

Que é o amor para Marroquí? “O amor é algo que saca a mellor versión de ti mesma, que te fai ser feliz cada día, que te fai sorrir e onde te sentes libre e, sobre todo, segura”, sostén. 

Sábese afortunada por seguir viva e agora goza, con humor contaxioso, de cada canción, de cada película e de cada segundo. É profesional, é valente, é feliz. Hoxe Mariña Marroquí, máis que nunca, é.

Atención ás vítimas de violencia de xénero: 016

#DígochoEu: Non digas 'non teño medo *algún'

 

Non teño medo *algún’. Ves o erro? En galego non facemos as negacións así! Esther Estévez Casado dinos a forma correcta de facelo.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL? III

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é Francisco Fernando. O 28 de xuño de 1914 o nacionalista serbobosnio Gavrilo Princip (de 17 anos e pertencente á organización Xove Bosnia, que recibía o apoio da Man Negra serbia) disparou mortalmente ao archiduque Francisco Fernando, herdeiro da coroa do Imperio  austrohúngaro, e á súa esposa, a condesa Sofía Chotek, en Saraxevo. O atentado foi o pretexto usado por Austria-Hungría para comezar as hostilidades da Gran Guerra.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Quen formaban as dúas grandes alianzas previas á Primeira Guerra Mundial?

- Italia, Francia e o Imperio Británico (Tripla Entente) / Alemaña, Austria-Hungría e Bulgaria (Tripla Alianza)

- Rusia, Francia e o Imperio Británico (Tripla Entente) / Alemaña, Austria-Hungría e o Imperio Otomán (Tripla Alianza)

- Rusia, Francia e o Imperio Británico (Tripla Entente) / Alemaña, Austria-Hungría e Italia (Tripla Alianza)

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es 

#DígochoEu: Non digas *cupo

 

Hai diversas formas polas que podemos substituír *cupo en galego. Coñécelas? Esther Estévez Casado dínolas.

#DígochoEu