SOLUCIÓN ENCRUCILLADO XLV
VERTICAIS: 1. Pantalla 2. Byte 3. Impresora 6. Procesador.
HORIZONTAIS: 4. Tableta 5. Ram 7. Ordenador 8. Usb 9. Rom 10. Rato.
Vai de informática!
VERTICAIS: 1. Pantalla 2. Byte 3. Impresora 6. Procesador.
HORIZONTAIS: 4. Tableta 5. Ram 7. Ordenador 8. Usb 9. Rom 10. Rato.
Vai de informática!
VERTICAIS: 1. Superficie na que aparecen as imaxes xeradas por certos aparellos electrónicos 2. Secuencia que se usa como unidade básica de almacenaxe de información 3. Aparello periférico dun ordenador que serve para imprimir sobre papel os datos transmitidos por este 6. Elemento dun sistema informático que procesa a información mediante unhas instrucións programadas.
HORIZONTAIS: 4. Computador persoal de man co que se interactúa por medio dunha pantalla táctil 5. Siglas de "Random Access Memory", a memoria de traballo de computadoras e outros dispositivos para o sistema operativo, os programas e a maior parte do software 7. Aparello electrónico cunha memoria de gran capacidade, que realiza con moita rapidez operacións de cálculo, clasificación, deseño, almacén de datos etc., para as cales está programado 8. Siglas do "Universal Serial Bus", que designa o protocolo de comunicación que permite conectar dispositivos electrónicos entre si por medio de cabos e portos específicos sen necesidade de reiniciar ou engadir novo software 9. Siglas de "Read Only Memory", memoria de só lectura capaz de almacenar instrucións e datos de forma permanente 10. Dispositivo manual que permite localizar na pantalla un punto e actuar sobre el e que se manexa desprazándoo sobre unha superficie plana ou ben pode estar incorporado ao teclado.
Nada de *quirúrxico en galego! O que ten que ver coa cirurxía non empeza por quir- Esther Estévez Casado acláranolo.
#DígochoEu
Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é Un feito espontáneo que detivo durante unhas horas a guerra na fronte occidental. Os soldados de ambas as frontes xuntáronse amistosamente en terreo neutral. Iste breve cesamento do fogo non oficial ocorreu entre as tropas do Imperio alemán e o Imperio británico estacionadas na fronte occidental durante o Nadal de 1914. A tregua comezou na véspera do Nadal, o 24 de decembro, cando as tropas alemás comezaron a decorar as súas trincheiras, logo continuaron coa súa celebración cantando panxoliñas, especificamente Stille Nacht (Noite de Paz). As tropas británicas nas trincheiras alén responderon entón cos mesmos panxoliñas en inglés. Ambos os lados continuaron o intercambio gritando saúdos de Nadal os uns aos outros. Pronto xa había chamadas a visitas na terra de ninguén, onde pequenos agasallos foron intercambiados: whisky, cigarros, chocolate, etc. A artillería nesa rexión permaneceu silenciosa e ao carón esa noite. A tregua tamén permitiu que os caídos recentes fosen recuperados desde detrás das liñas e enterrados. Conducíronse cerimonias de enterro con soldados de ambos os lados do conflito chorando as perdas xuntas e ofrecéndose o seu mutuo respecto. A tregua propagouse cara a outras áreas, e hai moitas historias de partidos de fútbol entre as forzas dun e outro bando. En moitos sectores a tregua só durou esa noite, pero nalgunhas áreas durou ata o día de ano novo, e mesmo ata o mes de febreiro. A tregua ocorreu a pesar da oposición dos niveis superiores dos exércitos. Anteriormente un pedido feito polo papa Benedicto XV dunha tregua entre as partes en guerra fora desatendido.
E imos coa pregunta de hoxe!

6. Entre o 1 de xullo e o 18 de novembro de 1916 (4 meses e 17 días), tivo lugar a batalla máis sanguentas da Primeira Guerra mundial, xa que houbo máis dun millón de baixas. Cal foi esta batalla?
- Batalla das Ardenas
- Batalla de Somme
- Batalla de Loos
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e Wikipedia.org

A temperaturas moi frías, a auga mostra un comportamento moi estraño. Para empezar, e contra toda lóxica, ao arrefriarse a auga expándese no canto de contraerse (por iso o xeo flota). A auga fría, ademais, resulta máis difícil de comprimir que a máis quente. E aínda por riba, ao conxelarse, as súas moléculas pódense organizar de varias formas distintas.
Resulta difícil atopar explicacións para todo isto, e as que hai están suxeitas a polémicas e acedas controversias científicas. Unha delas, proposta hai case tres décadas, é a idea de que na auga moi fría pode existir en dúas formas líquidas distintas, unha menos densa e estruturada que a outra. Noutras palabras, podería haber dúas clases de auga, e cada unha delas sería un líquido distinto. Comprobalo en laboratorio resulta difícil, pero un equipo de investigadores italianos e estadounidenses acaba de achar unha forte evidencia de que podería realmente ser así. O traballo acábase de publicar na revista Science.
No estudo, suxiren que o "segundo punto crítico da auga" ten lugar a temperaturas de entre -83 e -100 graos e a unha presión atmosférica case 2.000 veces maior da que hai ao nivel do mar. Un punto crítico é un valor único de temperatura e presión no que dúas fases da materia vólvense indistinguibles, e ocorre xusto antes de que a materia pase dunha fase a outra. A auga, por exemplo, ten un punto crítico ben coñecido ao pasar de líquido a vapor.
Ata o de agora, os experimentos que utilizan moléculas de auga reais para probar se existe un segundo punto crítico de "superenfriamento" non conseguiron achegar probas inequívocas da súa existencia. Segundo o estudo isto é así debido en gran parte á tendencia da auga sobreenfriada a converterse en xeo.
Por iso, nesta ocasión os investigadores decidiron recorrer a modelos de computador. Podemos facernos unha idea da dificultade de simular o proceso se pensamos que, a pesar da tremenda potencia dos supercomputadores actuais, necesitáronse 18 meses completos de cálculos para levar a cabo a simulación.
Nas simulacións, e a medida que as temperaturas baixaban moito máis alá do punto de conxelación, a densidade da auga empezou a mostrar grandes fluctuacións. Ao final, os científicos conseguiron detectar o punto crítico que buscaban en dous modelos informáticos diferentes da auga. En cada modelo someteron as moléculas de auga a dous enfoques computacionais diferentes, e ambos tiveron éxito ao achar o tan desexado segundo punto crítico da auga.
Como sucede no paso da fase líquida á de vapor, as dúas fases da auga superenfriada suceden porque a forma das moléculas de auga pode inducir a dúas maneiras distintas de unirse, ou empaquetarse. Deste xeito, no líquido de menor densidade, catro moléculas agrúpanse ao redor dunha quinta molécula central nunha forma xeométrica chamada tetraedro. No líquido de maior densidade, con todo, entra en xogo unha sexta molécula, o que ten o efecto de aumentar a densidade.
No seu artigo, os investigadores escriben que "ao sondar os límites do que é computacionalmente posible na actualidade nesta área, proporcionamos unha evidencia clara da presenza dun punto crítico metaestable na rexión profundamente sobreenfriada das dúas moléculas de auga".
Naturalmente, o achado deberá ser confirmado agora por outros experimentos "que utilicen medios aínda máis precisos e computacionalmente máis caros".
FONTE: Jose M. Nieves/abc.es/ciencia
Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é 303 días. A batalla producida en 1916 na fronte occidental, constituíu unha das meirandes batallas da guerra e da historia. Durou dende o 21 de febreiro de 1916 ata o 18 de decembro do mesmo ano. Os 10 meses de combate deixaron máis de 700.000 baixas entre ambos os bandos, case a metade mortais. Produciuse nun terreo montañoso ao norte da cidade de Verdún-sur-Meuse, no nordeste de Francia. Dende o punto de vista francés, foi unha vitoria decisiva que freou as aspiracións alemás de romper a fronte e avanzar cara París. Dende o punto de vista alemán incumpríronse os dous obxectivos perseguidos: non se puido tomar a cidade gala e as baixas xermanas foron similares ás francesas.
E imos coa pregunta de hoxe!

5. Que foi a Tregua de Nadal?
-Unha tregua de 24 horas proposta polo Papa para o día de Nadal de 1914.
-Un feito espontáneo que detivo durante unhas horas a guerra na fronte occidental. Os soldados de ambas as frontes xuntáronse amistosamente en terreo neutral.
-Unha tregua pactada polos alemáns e os franceses para que os seus soldados puidesen pasar o nadal coas súas familias.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e Wikipedia.org
Non é que estea mal ’inmiscuírse’, pero Esther Estévez Casado explícanos que outras formas podes usar en galego!

En setembro volven as clases. Como será o proximo curso escolar coa pandemia?
Na resolución conxunta das Consellerías de Educación, Universidade e Formación Profesional e de Sanidade pola que se aproba o protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 para o inicio do desenvolvemento da actividade lectiva no curso académico 2020/2021 nos centros de ensino non universitarios de Galicia, tes a contestación.
Para saber todo sobre iste asunto preme AQUÍ.
FONTE: edu.xunta.gal Imaxe: Unha aula, en Noia/Miguel Muniz/abc.es