Blogia

vgomez

CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL? IX

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é O O Mark I británico. O carro de combate naceu na batalla do Somme, en setembro de 1916, da que falamos hai uns días. Pesaba 30 toneladas, avanzaba a 3.2 km/ h e transportaba 8 homes.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. En que data, o presidente Woodrow Wilson asinou a súa declaración oficial na que Estados Unidos entraba na Primeira Guerra Mundial.

- 31 de xaneiro de 1917

- 2 de abril de 1917

- 6 de abril de 1917

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org  Imaxe: bbc.com/Henry Guttmann/Stringer

AS FOGUEIRAS OU MINIERUPCIÓNS DO SOL

AS FOGUEIRAS OU MINIERUPCIÓNS DO SOL

Mosaico coas imaxes tomadas pola nave Solar Orbiter a 77 millones de quilómetros de distancia / ESA/NASA

Mentres na Terra enfrontámonos á maior pandemia das últimas décadas, unha nave espacial estivo viaxando rumbo ao Sol. Solar Orbiter despegou o pasado 10 de febreiro, xusto cando empezaban a notificarse os primeiros casos de coronavirus en Europa, e agora, tras catro meses de comprobacións técnicas, ofrece as imaxes máis próximas da nosa estrela tomadas ata o de agora.

Unhas imaxes que, segundo explicaron os responsables desta misión conxunta da Axencia Espacial Europea (ESA) e a NASA, permitiron observar un fenómeno que non fora visto ata o de agora preto da superficie da nosa estrela. Trátase de innumerables minierupcións solares, chamadas de maneira informal fogueiras.

Detalle da superficie do Sol. A frecha amosa unha destas fogueiras ou minierupcións / ESA/NASA

Ao longo da misión, investigarán se estas fogueiras son versións en pequeno desas grandes fulguraciós ou se orixinan por mecanismos diferentes. Unha das hipóteses, é que esas minierupcións poderían contribuír a un dos fenómenos máis enigmáticos da nosa estrela: o quecemento da coroa solar. Trátase da capa máis externa da atmosfera do Sol, e a pesar diso, é un auténtico inferno: a súa temperatura supera o millón de graos mentres que a superficie do Sol, que en teoría debería ser máis calorosa, só está a 5.500 graos.

FONTE: Teresa Guerrero/elmundo.es/ciencia

CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL? VIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é Francia (gases irritantes). A guerra química debutou en agosto de 1914, cun ataque con axentes  irritantes por parte de Francia sobre os seus adversarios alemán, utilizando granadas de man recheas de gas lacrimóxeno (bromuro de xililo). Curiosamente, Alemaña respondeu coa mesma moeda en outubro do mesmo ano, disparando  obuses de fragmentación cheos de axentes químicos  irritantes contra as posicións francesas en  Neuve  Chapelle, aínda que a concentración lograda era tan pequena que apenas se percibiu.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Como se chamaba o primeiro tanque en entrar en combate?

- O Mark I británico

- O A7V alemán

- O  FT17 francés

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *xoven

 

En Xove non hai xente *xoven!  Nin *xoven, nin *xóvenes, nin *xovens, nin nada que se lle pareza! Esther Estévez Casado acláranolo. 

#DígochoEu

A LENDA DOS XACIOS, OS HOMES-PEIXE DA RIBEIRA SACRA

A LENDA DOS XACIOS, OS HOMES-PEIXE DA RIBEIRA SACRA

 

Se te fixas ben, podes ver un escintileo fugaz por baixo dos remuíños de auga fría que baixan polo caudal do Miño. Un brillo repentino, como o ollo asustadizo dun peixe, que aparece e desaparece nun chisqueo. Talvez, se tes paciencia e ocúltaste entre as raíces dos castiñeiros e as ramas dos breixos, logres ver algo máis. Un guecho de pelo, talvez unha man húmida sobre as rochas… ou talvez unha elegante cola de peixe?

En 1927, o párroco de Vilar de Ortelle escribía sobre a raza dos xacios. Segundo o seu relato, a Ribeira Sacra acolle a unha tribo de seres acuáticos, metade home, metade peixe, que habitan en pozos de Chouzán, Parleira ou Curbacira. Estas criaturas míticas (quen sabe se descubertas ou imaxinadas polos celtas) inspiraron cancións, poemas e ata murais, como este tan bonito que o dúo Cestola na cachola pintou en Ferreira de Pantón:​



Cando un pensa en sirenas e tritóns, veñen á mente o grupiño de cotillas que axudaban a  Wendy en “Peter Pan”, ou a nova  pelirroxa que baixo o mar quería ser parte doutro mundo. Os xacios e xacias do Miño, con todo, son diferentes. Son seres antigos, ligados á comarca desde moito antes de que os primeiros habitantes humanos furasen cos seus valos e torres.

Os relatos que se contan sobre estas criaturas cheiran a sangue e a medo. Como o conto de Isabel, unha nena que se fixo amiga dunha xacia. A sirena regaláballe grans de trigo sarraceno que, ao afastarse da auga, convertíanse en pebidas de ouro. Como única condición, pediulle á pequena que gardase o seu secredo, cousa que non fixo. Ao decatarse, a xacia matouna, dando orixe a unha rima popular na zona: "Sabeliña,  Sabelón,  fretida está en aceitón”.

Outra historia fala de como os xacios de Terra de Miño afacían abandonar as súas pozas baixo unha forma humana para seducir ás raparigas que volvían da festa de San Xoán. Segundo din, con todo, se un acúsalles de ser homes-peixe, perden o seu disfrace (hai quen o describe como un lagarto mudando de pel) e móstranse na súa  escamosa nudez.

Con todo, a lenda máis famosa relacionada cunha xacia sexa a que deixou rexistrada o citado párroco de Vilar de Ortelle. Este cura, de nome Ramón Castro, recolleu a historia dun pescador de Marce que un día, buscando peixes no Miño, atopouse cunha bela xacia, tomando o sol na beira. As pingas escorregaban lentamente sobre a súa pel brillante, o sol quentaba as súas costas, sucada de aletas.

O pescador quedou  prendado dela, e a sirena, insatisfeita coa súa condición, viu unha oportunidade de escapar do río. “Bautízame, pídocho: se o fas, convertereime en humana e casareime contigo”, suplicoulle. Así o fixeron, casaron e tiveron fillos… pero a historia pronto adquire un cariz máis escuro.

Os nenos e nenas nacidos no seo desta familia mostraban unha conduta estraña. Sentían misteriosamente atraídos pola auga, e mergullábanse en todo regato ou poza que atopaban. Farto, o seu pai reprendeulles, nun ataque de ira: “Marchádevos, fillos dunha xacia!”, berrou, pero a súa muller escoitou o exabrupto e, asustada, saíu correndo cara ao río, abandonándoo.

O pescador, consciente do que provocara, apresurouse en ir tras ela. Chegou ao río na saia do castro de Marce, e o que alí viu deixoulle sen respiración. A auga, normalmente transparente, estaba tinguida de vermello. O cheiro a sangue encheu o seu nariz, e pareceulle ver salpicaduras, como de grandes peixes fuxindo do lugar. Entón viu o cadáver da súa muller, asasinada pola súa tribo debido a que cometera a traizón máis grande: unha  xacia que se bautizou e abandonara o Miño.

FONTE: laregion.es / Llenda, baseada no libro “Reseña histórico-descritiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca" de Ramón Castro / Publicación “A  sociedade  campesiña  na  mitoloxía popular galega”, de  Buenaventura Aparicio /  Traballo “A  lenda  melusínica non folclore  galego”, de Marcial Tenreiro.


AS POSTAIS

AS POSTAIS

Postais antigas / Uwe Krejci (Getty Images)/verne.elpais.com

Emanuel Alexander Herrmann (24 de xuño de 1839, Klagenfurt-Austria - 13 de xullo de 1902, Viena-Austria). Diste home non se sabe demasiado, pero as pinceladas biográficas que chegaron ata o presente desmontan enseguida a  tentadora idea de que o inventor da postal tiña que ser un intrépido viaxeiro. En realidade, Herrmann estudou Dereito e dedicouse principalmente á docencia. Ensinou Economía na Universidade Técnica de Viena durante 20 anos e publicou varios libros sobre o tema.

E a idea que tivo, considerada o inicio das postais, tiña que ver coa súa formación económica: o obxectivo era reducir custos. En xaneiro de 1869, publicou no xornal local Neue Freie Presse un artigo titulado Über eine neue Art der Korrespondenz mittels der Post ("Sobre un novo modo de correspondencia postal") no que propoñía a posibilidade de enviar tarxetas do tamaño dun sobre por correo. Nun lado, escribiríase a dirección; no outro, a mensaxe. Irían sen sobre, polo que serían adecuadas para mensaxes con "información ordinaria" como anuncios comerciais curtos, ou recordos e saúdos. Nada moi íntimo, persoal ou confidencial. As tarxetas postais serían todo un aforro, defendía Herrmann: en cuestión de tempo, ao non ter que buscar papel, sobre e selo (iste iría impreso xa na tarxeta), e en cuestión de diñeiro. Ademais, abrirían mercado: as cartas seguían unhas fórmulas de cortesía moi complicadas que non estaban ao alcance de persoas cun nivel de alfabetización básico. Nas postais só tiñas que garabatear unha mensaxe de non máis de 20 palabras, sen espazo para formalismos.

En setembro dese mesmo ano, unha orde ministerial aprobou as Korrespondenzkarte, tarxetas de correspondencia, e o 1 de outubro de 1869 enviouse a que se considera a primeira postal da historia. Viaxou da localidade austríaca de Perg á de Kirchdorf, e tardou só un día en chegar.

Primeira tarxeta postal de 1869 / Imaxe: ausstellung-postkarte.de

A idea das postais, non habería que falar só de Emanuel Herrmann, senón tamén de Heinrich von Stephan, director xeral de correos do Imperio alemán na segunda metade do século XIX. En 1865, catro anos antes do texto de Herrmann, Von Stephan presentou na Conferencia Postal Austroalemana unha idea moi similar á que describiría o economista austríaco pouco despois. Cría que as cartas tradicionais eran algo obsoleto e que era o momento de evolucionar cara a algo máis eficaz e rápido: tarxetas postais que servirían para "calquera tipo de comunicación".Non se sabe se Emanuel Herrmann coñecía a proposta de Von Stephan, pero o seu gran acerto foi especificar que as postais servirían para comunicacións que non necesitaban ocultarse tras un sobre. E que serían simplemente unha opción máis, non o substituto das cartas.

Ese mesmo ano, as autoridades de Suíza e o Reino Unido tamén aprobaron as postais; en 1871, chegaron a Bélxica, Holanda, Dinamarca, Noruega, Suecia e Rusia. Por España xa circulaban en 1873. Tamén chegaran xa a Estados Unidos.

En Estados Unidos, por certo, xa en 1861 presentárase unha idea similar. Tratábase de postais privadas, é dicir, non as emitía o Estado. Impresas pola compañía de H. L. Lipman, o dono da patente, e que estaban á venda nalgúns establecementos. Con todo, o seu uso non se estendeu ata 1873, cando o Servizo Postal de Estados Unidos empezou a producir e vender postais xa seladas. Ata 1898, só o Estado podía comercializar postais co selo impreso directamente nelas.

Nin a idea orixinal de Herrmann nin a de Von Stephen incluían ilustracións nin fotos, pero artistas e fotógrafos enseguida viron o potencial: en 1870 xa se enviaban postais nas que un dos lados estaba dedicado a unha imaxe. Como o negocio das tarxetas postais disparouse con tanta rapidez, moitas pequenas compañías impresoras empezaron a producir as súas propias postais e algunhas incluían imaxes ou ilustracións.

Á esquerda, primeira tarxeta postal española de 1873 / Imaxe: researchgate.net  Á dereita, postal da torre Eiffel, en torno a 1900 / Roger Viollet / Imaxe: verne.elpais.com

A época do xurdimento das postais coincidiu coas primeiras décadas do turismo de masas, que se considera que naceu en 1851, cando o empresario Thomas Cook organizou o transporte duns 150.000 turistas de Yorkshire e as  Midlands á Exposición Universal de Londres. A aparición das postais poucos anos despois enseguida encaixou con ese novo mundo, polo que non tardaron en relacionarse coas viaxes e o turismo.

Lamentablemente, hoxe en día, nin cartas nin postais. As novas tecnoloxías acabaron con todo isto, salvo para os coleccionistas!

FONTE: verne.elpais.com

#DígochoEu: Non digas *esquela nin *esquelete

 

Por moi simpática que resulte a palabra *esquelete con eses 4 ’e’, non deixa de ser incorrecta. O mesmo pasa con *esquela, que tampouco existe en galego. Esther Estévez Casado danos as alternativas.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL? VII

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é Batalla de Somme. A ofensiva ou batalla do Somme (rexión da Alta Francia, con capital en Amiens) foi unha das maiores operacións desta guerra. Organizouse coma a batalla que rompería as liñas xermanas. O resultado non foi claramente favorable para ningún dos dous bandos. Os aliados non puideron avanzar máis de 8 quilómetros pero os alemáns sufriron moitas baixas. Hoxe estímase en 623.000 baixas aliadas e en 465.000 a 600.000 as alemás.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Que exército usou por primeira vez armas químicas?

- Alemaña (cloro)

- Italia (gas mostaza)

- Francia (gases irritantes)

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org