Blogia

vgomez

CANTOS ANOS HUMANOS TEN O TEU CAN?

CANTOS ANOS HUMANOS TEN O TEU CAN?

 

Seguramente, moitos teredes nas vosas casas un can. Probablemente coñezas o vello método de multiplicar por sete para coñecer a súa idade en "anos humanos". Desta maneira, un can de catro anos sería equiparable a unha persoa de 28. É iso verdade? En absoluto, segundo concluíron investigadores da Facultade de Medicina da Universidade de California en San Diego (EE. UU.). O equipo creou unha nova fórmula que compara con maior precisión as idades de cans e humanos atendendo aos cambios no ADN ao longo do tempo. Os seus resultados indican que o noso "novo" compañeiro de catro anos (Non era un cachorro hai nada?) equivale en realidade a un maduro cincuentón.

 

O gráfico calcula a idade dun can en "anos humanos" / Cell Press

 O novo método, publicado en Cell Systems, é o primeiro que se pode transferir dunha especie a outra. Atende á metilación do ADN, uns cambios químicos que determinan o nivel de expresión dos xenes, a súa capacidade para xerar ou non proteínas. Proporciona un novo reloxo epixenético para determinar a idade dunha célula, tecido ou organismo. Eses cambios  epixenéticos dan pistas aos científicos sobre a idade dun individuo, algo similar a cando vemos engurras na cara dunha persoa.

FONTE: abc.es/ciencia  Imaxe collage de cans: wikipedia.org

#DígochoEu: Os avións non *despegan

 

Esther Estévez Casado explícanos hoxe que os avións aterran pero non *despegan.

#DígochoEu

CANTO SABES DE MONUMENTOS? XVIII

Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Arco do Triunfo de París (Francia). É un dos arcos do triunfo máis famosos do mundo. Atópase na praza Charles de Gaulle, no extremo oeste da avenida dos Campos Elisios. Napoleón Bonaparte decidiu construír este arco trala súa vitoria na batalla de Austerlitz (1805), tras prometer aos seus homes: «Volveredes a casa baixo arcos triunfais». Foi deseñado por Jean Chalgrin, inspirado na arquitectura romana, e acada unha altura de 49 metros e 45 de ancho.

E imos co monumento de hoxe!

18. Pregunta polo nome diste monumento, penso que sería absurdo, pois tod@s a coñecedes: A gran muralla chinesa. Pero unha gran pregunta sobre ela é a súa lonxitude, contando as súas ramificacións e construcións secundarias, desde a fronteira con Corea, ao bordo do río Yalu (Yalu Jiang), ata o deserto de Gobi, abarcando sete provincias, ao longo dun arco que delinea aproximadamente o bordo sur da Mongolia Interior, aínda que hoxe en día só se conserva un 30% dela. Douche tres posibilidades:

- 11.196 km

- 21.196 km

- 41.196 km

Mañá a solución e un novo monumento!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org

UNHA DÉCADA DE SOL

 

O Observatorio de Dinámica Solar da NASA que leva xa máis de 10 anos en funcionamento, capta unha imaxe da nosa estrela cada 0,75 segundos. O instrumento AIA (Atmospheric Imaging Assembly) captura imaxes cada 12 segundos a 10 lonxitudes de onda de luz diferentes.

Así que, que son 10 anos para o noso Sol de 4.600 millóns de anos? Probablemente moi pouco; con todo, cada década na que arde o noso vello Sol é unha década de cambios  turbulentos que podemos contemplar neste novo timelapse do Observatorio de Dinámica Solar (SDO) da NASA.

No vídeo titulado "Unha década de Sol", os astrónomos recompilaron 425 millóns de imaxes de alta definición do Sol, tomadas unha vez cada 0,75 segundos entre o 2 de xuño de 2010 e o 1 de xuño de 2020. Cada segundo do vídeo representa un día na vida do Sol, e toda a década pasa nuns 60 minutos.

Durante esa década, o Sol sufriu cambios radicais, desde manchas solares alcanzando novos máximos ata a quietude da nosa estrela, nese ciclo de 11 anos mais ou menos no que os polos magnéticos do Sol cambian de lugar de súpeto; o mínimo solar.

Estes cambios son difíciles de detectar desde a Terra a primeira ollada, pero o satélite SDO da NASA veos claramente mentres  monitorea a nosa estrela en luz ultravioleta extrema.

É un espectáculo impresionante de observar!

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

CANTO SABES DE MONUMENTOS? XVII

Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Lincoln Memorial de Washington (Estados Unidos). Iste monumento está situado nun dos extremos horizontais do National Mall de Washington D.  C., e foi creado para honrar a memoria do presidente Abraham Lincoln. Inagurado en 1922, o edificio adopta a forma clásica dos templos dóricos gregos, afastándose do típico estilo triunfalista romano que predomina en Washington. Ten 36 columnas, cun tamaño de 10 metros de altura e rodean completamente unha cella ou naos que se eleva por encima do pórtico.

E imos co monumento de hoxe!

17. Podes identificar iste moumento?

- Arco de Constantino de roma (Italia)

- Porta de Alcalá de Madrid (España)

- Arco do Triunfo de París (Francia)

Mañá a solución e un novo monumento!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org

#DígochoEu: Sabes distinguir ''como' e 'coma'?

 

Na maioría dos casos podemos usar as conxuncións ’como’ ou ’coma’ indistintamente, pero hai algunha excepción. Esther Estévez Casado acláranos as dúbidas.

#DígochoEu

OUTRO SISTEMA SOLAR PODE ESTAR A TIRO DE PEDRA

Científicos da Universidade de Granada (UGR) e outros centros internacionais descubriron que unha das estrelas da nosa veciñanza solar presenta un sistema de planetas tan complexo como o noso, con capacidade de albergar vida nun deles, e con presenza de multitude de corpos menores.

A estrela chámase GJ 273, tamén denominada Luyten en honra ao astrónomo Willem J. Luyten que estudou os seus movementos. Localízase a 12,23 anos luz, o que sitúa ao seu sistema planetario cunha zona habitable como o cuarto máis próximo a nós, xusto detrás do de Próxima Centauri (a 4,24 anos-luz), Ross-128 (a 10,99) e GJ 1061 (a 11,96).

Ao redor da estrela Luyten orbitan dous planetas confirmados, chamados  GJ 273b e GJ 273c, e outros dous por confirmar máis afastados, cuxos nomes serían  GJ 273d e  GJ 273e. Os investigadores predín que estes dous candidatos serían ’minineptunos’, con masas algo menores que Neptuno pero entre 9 e 12 veces a da Terra.

A análise dinámica global realizado polos investigadores revela que este sistema é altamente estable e, por tanto, moi probable. Os detalles publícanos na revista Astronomy & Astrophysics.

Respecto a GJ 273c, ten unha masa similar á da Terra, aínda que o planeta que centra maior interese é algo maior: GJ 273b. Está considerado unha  superterra e localízase preto do bordo interior da zona de habitabilidade da súa estrela anfitrioa, unha rexión onde o fluxo de radiación permite a presenza de auga líquida. Ademais, este planeta sofre un quecemento por mareas, o mesmo fenómeno polo que existen mareas na Terra debido á interacción  gravitatoria coa Lúa e o Sol, sendo un excelente candidato para a procura de trazas de vida coas futuras misións espaciais.

Segundo o estudo, o sistema planetario de Luyten tamén presenta outra similitude co noso sistema solar: a presenza de depósitos de corpos menores. Trátase de asteroides como os que se atopan no cinto de asteroides (entre Marte e Xúpiter) ou no cinto de Kuiper (máis aló de Neptuno), cuxo impacto na presenza de auga ou a produción de produtos orgánicos podería ser relevante.

Os científicos predín depósitos deste tipo ao redor de Luyten, o que, de confirmarse, podería desempeñar un importante papel na aparición e mantemento da vida no GJ 273b.

Ademais de investigadores da UGR e a Universidade de Lieja, neste estudo participaron outros do Instituto de Astrofísica de Andalucía (CSIC), a Universidade Nacional da Prata (Arxentina), a Universidade de Chile, o MIT en Estados Unidos, a Academia  Austriaca de Ciencia e o Observatorio de París (Francia)

FONTE: es.noticias.yahoo.com

#DígochoEu: É correcto ter 'ciúmes'?

 

É correcto ter ’ciúmes’ en galego? Esther Estévez Casado explicánolo.

#DígochoEu