Blogia

vgomez

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO XLIV

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO XLIV

 

VERTICAIS: 1. Menta 2. Azar 3. Fiúncho 4. Manzanilla 8. Ourego.

HORIZONTAIS: 5. Romeu 6. Canela 7. Herba luísa 9. Coandro 10. Tomiño.

Herbas para facer a augardente de herbas!

OBRIGATORIEDADE DO USO DAS MÁSCARAS

O DOGA de hoxe, publica a normativa sobre a obrigatoriedade do uso de máscaras. A obriga xeral será para as persoas de seis ou máis anos o seu uso, en todo momento, tanto cando se estea na vía pública e en espazos ao aire libre como cando se estea en espazos pechados de uso público ou que se encontren abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

Para coñecer as regras específicas do seu uso, así como as excepcións do seu uso prema AQUÍ.

Este acordo producirá efectos desde o día seguinte á data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir esta madrugada, ás 00:00 do domingo 19 de xullo.

A saúde ben merece unha mácara!

ENCRUCILLADO XLIV

ENCRUCILLADO XLIV

 

VERTICAIS: 1. Planta da familia das labiadas, moi recendente, semellante á estruga, coa que se preparan infusións que poden tomarse como remedio para trastornos do estómago ou dos intestinos, e da que existen diversas especies 2. Flor da laranxeira, do limoeiro, e doutras árbores da familia das rutáceas, de cor branca e recendo moi intenso 3. Planta, co nome científico   Foeniculum vulgare, da familia das umbelíferas de talo delgado, follas fendidas en tiras finas coma fíos e flores amarelas en umbela, de cheiro agradable e gusto doce, moi abundante en Galicia e utilizada en medicina e como condimento 4. Planta herbácea, de nome científico Chamaemelum nobile, perenne da familia das compostas, aromática, con talos débiles que acadan os trinta centímetros, follas alternas e flores amarelas con lígulas brancas, coñecida en Galicia como macela 8. Herba olorosa perenne da familia das labiadas, de follas pequenas ovadas e flores brancas ou rosadas en espiga, moi usada como condimento.

HORIZONTAIS: 5. Arbusto aromático da familia das labiadas, de follas pequenas e lineais, tomentosas polo envés, e flores azuis ou abrancazadas, tamén pequenas 6. Canela 7. Especie da familia Verbenaceae, de nome científico Aloysia citriodora, que se caracteriza por un aroma que recorda o do limón, utilízada para preparar unha infusión dixestiva 9. Planta herbácea anual da familia das umbelíferas, de follas e talo glabro, flores brancas en umbelas de catro a oito raios e froito redondo, con sementes aromáticas e que ten por nome científico Coriandrum sativum 10. Planta perenne da familia das labiadas, de talos leñosos, follas ovadas pequenas e flores brancas ou rosas, moi aromática, utilizada en cociña, farmacia e perfumaría e de nome científico Thymus vulgaris.

#DígochoEu: Non digas *cercanía

 

En galego temos a palabra ’cerca’, pero non *cercanía. Como será? Esther Estévez Casado resólvenos esta  dúbida.

#DígochoEu

CANTO SABES DE MONUMENTOS? XX

Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Santuario Fushimi Inari-Taisha. É o principal santuario  sintoísta  adicado ao espírito de Inari, e situado en Fushimi-ku, un dos distritos de Kioto (Xapón). Ubicado na base dunha montaña tamén coñecida como "Inari", que inclúe varios carreiros para chegar a outros santuarios máis pequenos. Desde as épocas máis antigas de Xapón,  Inari era vista como patroa dos negocios (en tanto que cada Torii existente no santuario foi doado por algún home de negocios xaponés) aínda qu e Inari en primeiro lugar fose deusa do arroz. Os comerciantes e artesáns ofrecían culto a Inari a cambio de obter riqueza nos seus negocios, polo que doaban numerosos torii que actualmente forman parte da vista panorámica do templo. Deste famoso templo dise que posúe máis de 32.000 pequenos torii, formando un pasadizo teitado de preto de 4 km que amosaba a imaxe da pregunta do día anterior.

E imos co monumento de hoxe e último desta serie!

20. Esta imaxe, vista en multitude de películas americanas, amosa unha famosa ponte situada en California, Estados Unidos, que une a península de San Francisco polo norte co sur do condado de Marin. Como se hama?

- Bay Bridge

- Golden Gate

- Richmond–San Rafael Bridge

Mañá a solución!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org

OS BENS MÁIS VALIOSOS QUE TEMOS: O TEMPO E A SAÚDE



Un é aventureiro como outro é poeta, porque ten unha visión romántica da existencia e pensa que a vida ten que ser algo máis que simplemente pasar polo mundo”. O naturalista e aventureiro Nacho Dean foi a primeira persoa da historia en dar a volta ao mundo a pé e en solitario, completando un total de 31 países e 33.000 quilómetros en tres anos. “O meu obxectivo non foi facer unha paréntese na miña vida, senón abrazala máis intensamente que nunca”, asegura. Anos despois propúxose outro reto: unir nadando os cinco continentes co obxectivo de lanzar unha mensaxe de conservación dos océanos. Un fito que completou na chamada ‘Expedición Nemo’: “O mar é o gran esquecido, atopouse lixo onde non chega nin a luz solar”, advirte.

Fillo de mariño e amante da natureza, de neno Nacho Dean creceu lendo a Xulio Verne e vendo os documentais de Félix Rodríguez de la Fuente. Deles aprendeu a súa paixón pola exploración e a visión do mundo como un todo. “A natureza é o lugar ao que pertencemos, o que lle facemos a ela facémosnolo a nós mesmos”, reflexiona. As súas expedicións servíronlle para visibilizar a degradación do planeta e incidir na nosa responsabilidade ante o cambio climático.

Para el, camiñar, viaxar e observar son escolas de vida porque nos ensinan que as cousas poden ser de moitas maneiras diferentes. O seu inquebrantable compromiso coa natureza é o seu motor de inspiración e o que condiciona a súa visión reveladora da existencia: “Tes que realizar un verdadeiro exercicio de desprendemento e desapego, tes que deixalo todo: a túa casa, o traballo, a familia, os amigos, os teus bens materiais. Tamén os medos dunha cultura que valora máis o benestar, o confort, a seguridade, a estabilidade, por encima doutros valores como son emprender, arriscarse, a paixón de estar vivo”.

CANTO SABES DE MONUMENTOS? XIX

Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: 21.196 km. A Gran Muralla Chinesa é unha serie de fortificacións, construídas e reconstruídas por diferentes dinastías durante máis de 1.000 anos, desde o século V a.C., de pedra, ladrillo, terra apisoada, madeira, e outros materiais, en xeral, ao longo dunha liña de leste a oeste a través das fronteiras históricas do norte da China para protexer aos estados chineses e o imperio da China dos ataques dos bárbaros de Mongolia e Manchuria. O principal propósito do muro non era impedir que fora atravesado, senón máis ben impedir que trouxeran cabalos con eles. De media, mide de 6 a 7 metros de alto e de 4 a 5 metros de ancho. No seu apoxeo, durante a dinastía Ming, foi custodiada por máis dun millón de guerreiros.

E imos co monumento de hoxe!

19. Este monumento é un dos templos sintoístas más importantes e coñecidos de Xapón, situado nas aforas de Kioto. Como se chama?

- Santuario de Shimogano

- Santuario Fushimi Inari-Taisha

- Templo de Kinkaku-ji

Mañá a solución e un novo monumento!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org

#DígochoEu: Como é? 'Para' ou 'pra'?

 

Para’ ou ’pra’? Esther Estévez Casado resólvenos esta dúbida. Pero ollo porque hai unha explicación para a escrita

#DígochoEu