Blogia

vgomez

UN NOVO ESTUDO APOIA QUE O OCÉANO DA LÚA EUROPA PODE SER HABITABLE

Imaxe da superficie de Europa tomada a finais dos 90 pola sonda Galileo, procesada iste ano / NASA/JPL-Caltech/SETI

Cos seus 3.100 quilómetros de diámetro, Europa é un pouco máis pequena que a nosa Lúa, aínda que é moito máis fría. Os 780 millóns de quilómetros que separan este satélite xeado de Xúpiter do noso Sol fan que a temperatura na súa superficie non suba dos 160 graos baixo cero, aínda que alberga un gran océano subterráneo de 100 quilómetros de profundidade cuxa temperatura exacta descoñécese.

Esa gran masa de auga líquida baixo a súa espesa superficie conxelada é un dos poucos lugares do Sistema Solar que os científicos cren que podería ser habitable, entendendo a vida dunha maneira moi ampla e probablemente distinta á que temos na Terra. Desde que foi descuberto ese océano, varios estudos realizados coas imaxes das naves Voyager e Galileo que a sobrevoaron foron atopando indicios que suxiren que alí se dan as condicións para a vida. Agora, un equipo da NASA ofreceu unha nova proba que apoia esa hipótese.

Os investigadores do Jet Propulsion Laboratory desenvolveron un novo modelo sobre os depósitos xeoquímicos que hai no interior de Europa, cuxos resultados se presentaron na Conferencia de Xeoquímica de Goldschmidt, a máis importante neste campo. Ía ter lugar este ano en Hawai pero, debido á crise do coronavirus, está a celebrarse virtualmente.

"Europa é unha das nosas mellores oportunidades para atopar vida no noso sistema solar. A nave Europa Clipper da NASA lanzarase nos próximos anos, polo que o noso traballo pretende axudar a preparar esta misión que investigará a habitabilidade de Europa", sinala Mohit Melwani Daswani, líder deste traballo que aínda non foi publicado nunha revista científica.

Para facer este estudo sobre a orixe e a composición do seu océano, baseáronse nos datos recolleitos pola misión espacial Galileo, denominada así en honra ao astrónomo italiano que descubriu a lúa en 1610.


Europa, unha das lúas de Xúpiter / NASA

A súa hipótese é que os mundos oceánicos como Europa orixináronse pola descomposición de minerais que conteñen auga debida ás forzas das mareas ou a desintegración radioactiva, un fenómeno denominado metamorfismo. O quecemento e a presión liberarían a auga atrapada neses minerais. 

"Modelamos a composición e propiedades físicas do núcleo, a capa de silicato e o océano. Descubrimos que diferentes minerais perden auga e compoñentes volátiles a distintas profundidades e temperaturas. Engadimos estes compoñentes volátiles que se estima que se perderon do interior da lúa, e vimos que eran consistentes coa masa prevista do océano actual, o que significa que probablemente estean presentes no océano", explica Mohit Daswani.

"Os nosos modelos lévannos a pensar que os océanos noutras lúas, como Ganímedes ou Titán (un satélite de Saturno), tamén poden formarse por procesos similares. Con todo, aínda necesitamos entender varios puntos, como a forma en que os fluídos  migran a través do interior rochoso de Europa", propón o investigador da NASA.

FONTE: Teresa Guerrero/elmundo.es/ciencia

#DígochoEu: Non escribas *estánse

 

Non escribas *estánse. Os acentos son moi importantes! E hai que aprender a colocalos ben. Esther Estévez Casado axúdanos a facelo ben!

#DígochoEu

CANTO SABES DE MONUMENTOS? XIII

 

Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Catar. Aspírea Tower atópase en Doha, Catar. É a torre número 106 máis alta do mundo, cunha altura de 300 metros. Foi construída para os 15º Xogos Asiáticos de 2006 (xa que ía ser o lugar onde se colocase a chama olímpica) e é actualmente a estrutura máis alta en Doha. O exterior do edificio está cuberto cunha rede de aceiro. O seu custo foi de máis de 133 millóns de euros. Deseñado polo arquitecto Hadi Simaan, AREP e o enxeñeiro Ove Arup, inclúe un hotel de cinco estrelas, salón de conferencias, centro comercial, un restaurante, un ximnasio, salóns e un museo deportivo.

E imos co monumento de hoxe!

13. É a igrexa bizantina máis importante do mundo, e atópase en…

- Kiev (Ucraína)

- Ravena (Italia)

- Istambul (Turquía)

Mañá a solución e un novo monumento!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org  Imaxe: elle.com

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS XLI

Eleccións!

O PENSAMENTO ADOLESCENTE



Egoístas, imaxinativos e invulnerables. Así son, segundo o psicopedagogo Javier Valverde, os adolescentes. Leva máis de trinta anos traballando con eles. En particular, con familias con moz@s que presentan dificultades de aprendizaxe e coas que -a través da orientación educativa- promove a integración socioafectiva tanto na casa como na escola.

Licenciado en Ciencias da Educación na Universitat Autònoma de Barcelona e cunha mestría como Formador de Formadores, Valverde recomenda a empatía para entender as características do pensamento adolescente. “Sintámonos tamén contentos de ter un mozo rebelde”, sostén Valverde. O educador asegura que este peculiar momento da vida “é o que nos fai únicos no universo: a narrativa, a fábula que nos construímos como adolescentes”.

O educador propón pautas educativas e de comportamento en ‘40 marróns con fillos adolescentes e como afrontalos con agarimo’. Un libro-guía para facer fronte á incerteza ante os fillos que inician o tránsito á vida adulta. Javier Valverde convida os pais non esquecer o seu ’eu’ adolescente. “Se perdemos esta parte do adolescente que fomos, perderemos a capacidade de asombro, a alegría de vivir, a improvisación, perderemos vida no fondo”, conclúe.


SOPA DE LETRAS LXI

VOTO          ELECTORES             GAÑADOR

VOGAIS      PROPAGANDA         ESCRUTINIO

CARTEIS     INTERVENTORES    CANDIDATO

MITIN         PRESIDENTE           URNA

#DígochoEu: Non digas 'teño *hipo'

En galego non temos *hipo! Esther Estévez Casado cóntanos hoxe que formas tes para dicilo ben en galego!

#DígochoEu

CANTO SABES DE MONUMENTOS? XII

 

Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Catar. Aspírea Tower atópase en Doha, Catar. É a torre número 106 máis alta do mundo, cunha altura de 300 metros. Foi construída para os 15º Xogos Asiáticos de 2006 (xa que ía ser o lugar onde se colocase a chama olímpica) e é actualmente a estrutura máis alta en Doha. O exterior do edificio está cuberto cunha rede de aceiro. O seu custo foi de máis de 133 millóns de euros. Deseñado polo arquitecto Hadi Simaan, AREP e o enxeñeiro Ove Arup, inclúe un hotel de cinco estrelas, salón de conferencias, centro comercial, un restaurante, un ximnasio, salóns e un museo deportivo.

E imos co monumento de hoxe!

12. Podemos visitar Chichén Itzá se viaxamos a...

- Chile

- Perú

- México

Mañá a solución e un novo monumento!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org