Blogia

vgomez

CALENDARIO ESCOLAR 2020/2021

Hoxe publicoase no DOGA o calendario escolar para o curso 2020/2021 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 10 de setembro de 2020 ao 22 de xuño de 2021, ambos inclusive.

Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional, a impartición efectiva de clases realizarase do día 16 de setembro de 2020 ao 22 de xuño de 2021, ambos inclusive.

Os períodos de vacacións serán: Nadal (desde o día 23 de decembro de 2020 ata o día 7 de xaneiro de 2021, ambos inclusive), Entroido (días 15, 16 e 17 de febreiro de 2021) e Semana Santa (desde o día 27 de marzo ata o 5 de abril de 2021, ambos inclusive).

Días non lectivos: Día do Ensino (7 de decembro de 2020) e ata 2 días propostos polo Centro (nos centros en que unha ou as dúas festas laborais de carácter local non coincidan con días de clase).

Para máis información sobre iste calendario preme AQUÍ.

Iso si, con permiso da pandemia!

ESTORNINA

 

Este confinaconto, escrito e realizado por Ángeles González-Sinde, con ilustracións de Joseba Díez-Iriondo e música de Chani Martín, transpórtanos da estrañeza do confinamento á estrañeza da nova normalidade, onde un síntoma misterioso e mal comprendido como un esbirro, pode illarnos de novo sen buscalo.

CHEGA O COMETA NEOWISE

Imaxe do cometa Neowise / Peter Komka/EFE/elpais.com

Os afeccionados á astronomía poderedes gozar da observación do cometa C/2020 F3, descuberto o pasado marzo e renomeado NEOWISE polo telescopio que o viu. Iso si, haberá que madrugar.

O momento exacto para gozar de iste cometa é ao amencer. A hora ideal para botar a vista ao ceo sería a partir das 4:30 da madrugada, aproximadamente, mirando cara o nordeste. O importante é pasar o tempo suficiente na escuridade como para que os ollos afáganse. Deste xeito, o feixe de luz será moito máis visible. Será visible a primeira ollada ata o vindeiro mércores 15 de xullo a magnitude 2.

Se madrugar non é o teu, a partir do 15 de xullo empezará a ser observable polo noroeste, xusto despois do atardecer, baixando a magnitude 4.

Bo avistamento!

CANTO SABES DE MONUMENTOS? XI

 

Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: O Cristo Rei (Polonia). A Estatua de Cristo Rei de Świebodzin (Polonia) é a máis alta do mundo, cunha altura total de 36 metros; séguenlle moi de preto o Cristo da Concordia de Cochabamba (Bolivia) que ten 34,20 m de altura (e un pedestal de 6,24 metros) e o Cristo Redentor do Corcovado en Río de Xaneiro (Brasil) con 30 metros e foi instalada sobre un outeiro duns 16 metros de altura.

E imos co monumento de hoxe!

11. Onde se atopa a Aspírea Tower?

- Dubai

- Catar

- Bahrein

Mañá a solución e un novo monumento!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *finca

 

Dependendo do significado exacto ao que nos refiramos podemos cambiar *finca por varias opcións que temos no galego. Ollo que tampouco vale *afincado! Esther Estévez Casado acláranolo! 

#DígochoEu

O SOL NON ESTÁ NO CENTRO DO SISTEMA SOLAR

Situaron o centro de gravidade cunha precisión de 100 metros grazas a púlsares, estrelas de neutróns que emiten escintileos cunha periodicidade moi precisa / David  Champion

Se che pido que penses no Sistema Solar probablemente imaxinarás un debuxo de oito planetas apiñados moi preto dun Sol plácidamente colocado no centro, sobre un inmóbil fondo escuro. Pero a realidade é outra. O Sistema Solar é tan inmenso e os planetas tan minúsculos, en comparación, que resultaría imposible poder velos nun esquema fiel á realidade. Por outra banda, o Sol non está quieto: xira ao redor da galaxia a unha velocidade de 828.000 km/h, co que tarda uns 225 millóns de anos en completar unha volta completa. Se se puidese ver o sistema solar desde un lateral, parecería que todo o conxunto móvese nunha marabillosa hélice.

Pero é que nin sequera o Sol está exactamente no centro. Todo o sistema solar xira ao redor do que se coñece como centro de gravidade ou baricentro, un punto no que a influencia da masa de todos os obxectos equilíbrase. Como o Sol non é o único obxecto que constitúe o sistema solar, aínda que el só aglutina o 99,8% por cento da súa masa, o centro do conxunto non coincide co centro da estrela. De feito, o mesmo pasa na Terra: a Lúa non vira ao redor do noso planeta; en realidade, ambos viran ao redor dun centro de gravidade común, que está a uns 4.600 quilómetros do centro da Terra.

Un planeta (en azul) y una estrella (en blanco) giran alrededor del centro de gravedad o baricentro, vistos desde arriba. Los astrónomos pueden medir el cabeceo de estrellas para detectar planetas y hasta medir su masa y su órbita
Un planeta (en azul) e unha estrela (en branco) viran ao redor do centro de gravidade ou baricentro, vistos desde arriba. Os astrónomos poden medir o cabeceo de estrelas para detectar planetas e ata medir a súa masa e a súa órbita / spaceplace.nasa. gov

Esta semana, un grupo de investigadores deu coa localización precisa do centro de gravidade ou baricentro do Sistema Solar. Lográrono grazas á referencia dunha decena de púlsares, estrelas de neutróns que viran a gran velocidade e envían pulsos de radiación á Terra con tanta precisión que serven como auténticos reloxos galácticos. Os autores confían en que os seus avances, que se publicaron na revista Astrophysical Journal, teñan aplicación para detectar as ondas gravitacionais que atravesan o Sistema Solar e que proceden de buracos negros supermasivos no centro de galaxias afastadas.

O centro de gravidade do Sistema Solar calculouse antes por medio de transmisores e estimacións das posicións e traxectorias dos planetas. Con todo, captar as ondas  gravitacionais dos buracos negros esixe unha precisión maior.

Os autores situaron a posición do centro do Sistema Solar cunha precisión de 100 metros. Para facerse unha idea do que isto significa, se o Sol tivese o tamaño dun balón de fútbol os autores localizarían o centro cunha marxe comparable ao grosor dun cabelo.

Onde está ese centro? A influencia de Xúpiter e Saturno, que aglutinan o 90% da masa de todos os planetas, desprázao desde o centro do Sol cara á súa superficie.

FONTE: abc.es/ciencia

#DígochoEu: Non confundas 'urna' e 'furna'

 

Dentro duns días celebraranse as eleccións en Galicia. As papeletas métense en ’urnas’ ou en ’furnas’? As dúas palabras existen pero non significan o mesmo! Esther Estévez Casado acláranolo.

#DígochoEu

CANTO SABES DE MONUMENTOS? X

 

Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Castelo de Bran (Romanía). Localizado nun outeiro da aldea de Bran moi preto da vila de Braşov, na raia entre as rexións de Transilvania e Valaquia. É sen dúbida un dos castelos máis famosos e tamén máis visitados do mundo. O motivo ten que ver cunha asociación misteriosa, escura e sobrenatural. O autor Bram Stoker inspirouse neste castelo para situar o fogar do escuro Conde Vlad Tepes, o “Conde Drácula”.

E imos co monumento de hoxe!

10. A estatua de Xesucristo máis alta do mundo é...

- O Cristo do Corcovado (Brasil)

- O Cristo da Concordia (Bolivia)

- O Cristo Rei (Polonia)

Mañá a solución e un novo monumento!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org