Blogia

vgomez

CANTO SABES DOS INSECTOS? XV

Continúo coa serie Canto sabes dos insectos?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre os seres máis abundantes no noso planeta, xa que estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.

A contestación á pregunta de onte é Traqueas. O sistema respiratorio dos insectos introduce gases respiratorios dentro do organismo e realiza o intercambio de gases. O aire entra por unha serie de aberturas externas chamadas espiráculos que levan a unha rede de tubos chamados traqueas. Estas traqueas ramifícanse repetidamente ata chegar ás traqueolas. Estes son fondos de saco de menos dun  micrómetro (0,2 a 0,5μm) de diámetro.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Os vagalumes están emparentadas con...

- Os saltamontes

- Os escaravellos

- Os mosquitos

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/natureza Imaxe: misanimales.com

COMEZA O VERÁN 2020

 

Hoxe, 20 de xuño,  ás 23 horas e 44 minutos hora oficial peninsular, comezará o verán.

Esta estación durará 93 días e 15 horas, e rematará o 22 de setembro co comezo do outono.

Aínda que sexa atípico, disfrutádeo, iso si, seguindo as indicacións sanitarias. Con sentidiño!

CANTO SABES DOS INSECTOS? XIV

Continúo coa serie Canto sabes dos insectos?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre os seres máis abundantes no noso planeta, xa que estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.

A contestación á pregunta de onte é Patas. Os insectos non teñen unha lingua para saborear nin nariz para cheirar, senón que contan con detectores de moléculas, tanto sólidas como líquidas e gasosas, nuns pelos que saen por poros a través da súa cuberta externa. Estes quimiorreceptores (sensilla uniporus), xeralmente atópanse na cabeza, con algunhas excepcións. A bolboreta en particular evolucionou con estes sensores nas patas para poder degustar as follas que pisa e así saber se é propicia para depositar os seus ovos. As moscas tamén proban a comida coas súas patas, polo que adoitan estender o seu aparello bucal cando se pousan sobre unha substancia que xa saben que é comestible.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. O órgano polo que respiran os insectos vhámase...

- Pulmóns

- Branquias

- Traqueas

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/natureza Imaxe: recursostic.educacion.es

#DígochoEu: Non digas *noraboa

 

Alucina! Tantas veces que dixeches ’noraboa’ e estabas metendo a zoca. Esther Estévez Casado danos a solución.

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *tweet

 

Tweet’ é unha palabra do inglés e ten o significado de emitir os paxaros o seu son. Tamén son as mensaxes que se publican no Twitter. Pero para estes mesmos significados temos no galego outros termos. Esther Estévez Casado dinos cales son ises termos. 

#DígochoEu

OS PAIS NON DEBEN SER AXENDAS VIRTUAIS DOS FILLOS

 

Se institucionalizamos que os pais axuden cos deberes aos seus fillos estariamos a crear dous tipos de alumnos con diferentes posibilidades de evolucionar. Xa non só porque os teus pais póidanche axudar, ou non, a facer os deberes, senón porque non todas as familias, por desgraza, debido á fenda dixital e social, teñen a posibilidade de que os seus fillos teñan un computador ou un espazo físico para estudar”.

O enxeñeiro e profesor David Cale reflexiona sobre os cambios que o confinamento e a escola online introduciron na educación. Reivindica a autonomía e responsabilidade dos estudantes, para que os pais non se convertan en “as axendas virtuais” dos seus fillos.  Resiliencia, esforzo e concentración foron postos a proba nesta crise. O seguinte reto será apoiar aos profesores, familias e alumnos para que a escola a distancia sexa unha ferramenta máis e non unha educación a dúas velocidades.

David Cale é autor dos libros ‘Non te rendas nunca’ e ‘Canto pesan as nubes?’ sobre curiosidades científicas. Formouse e exerceu como enxeñeiro de telecomunicacións, aínda que nas últimas dúas décadas reorientou o seu traballo á docencia como profesor presencial e virtual, a través da canle Unicoos.com , unha plataforma educativa a través de videotutoriais. Foi finalista nos premios Global Teacher Prize 2017 e a revista Forbes destacoulle como unha das 100 persoas máis creativas do mundo.

CANTO SABES DOS INSECTOS? XIII

Continúo coa serie Canto sabes dos insectos?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre os seres máis abundantes no noso planeta, xa que estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.

A contestación á pregunta de onte é Belgica antarctica. É unha especie de mosquito non voador da familia Chironomidae, endémica del continente Antártico. Acada os 12 mm de longo, e é realmente a única especie animal plenamente terrestre do continente e o seu único insecto verdadeiro.​ A ausencia de ás pode ser unha adaptación para evitar que o vento o desprace a lugares inhóspitos.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. As bolboretas teñen as papilas gustativas nas...

- Ás

- Patas

- Antenas

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/natureza Imaxe: cienciaybiologia.com

#DígochoEu: Non digas *crucigrama

 

Seguro que moitos de vós pasastes a corentena con este xogo ou pasatempo, pero non é un *crucigrama! Como lle chamamos en galego? Esther Estévez Casado ten a solución. 

#DígochoEu