Blogia

vgomez

A NATUREZA QUEIXASE: KRAKATOA

 

O volcán Anak Krakatoa, en Indonesia, entrou en erupción e expulsou unha columna de cinzas de ata 500 metros cara ao ceo. En plena crise mundial pola pandemia do coroavirus, o volcán rexistrou unha explosión na madrugada do sábado sen que polo momento coñézanse vítimas.

Segundo indican os científicos trataríase de maior erupción rexistrada desde 2018, cando unha forte erupción colapsou a illa e causou un tsunami na costa de Sumatra e Xava que acabou coa vida de 430 persoas.

Éramos poucos e pariu a avoa!

CANTO SABES DE GALICIA LV

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Astronomía. Comezou a súa afección á observación astronómica cun anteollos de 75 mm de apertura que lle regalara a súa avoa  cando era seminarista. A este primeiro instrumento engadiu un teodolito, tamén regalado. Estes foron os primeiros instrumentos que montou no observatorio que instalou na galería da súa casa. Con eles, e algún outro instrumento auxiliar como un cronómetro da Mariña, realizou as primeiras observacións sistemáticas de cosmos que chegaron a ser recollidas no Anuario do Observatorio de Madrid. En 1912 constrúe en Lalín o primeiro observatorio astronómico de Galicia. Logo realizou unha serie de observacións xunto con estudos teóricos que foron publicadas na Revista da Sociedade Astronómica de España e América. En 1943 constrúese un observatorio na Universidade de Santiago onde trasladan os instrumentos de Lalín e en 1944 créase a Cátedra de Astronomía para el. O 30 de xuño de 1943 presenta a súa tese doutoral na Universidade de Madrid co tema Algunhas experiencias que convén realizar nas observacións de pasos por verticais e ese mesmo ano é nomeado Director do Observatorio Astronómico e edita Introdución á Astronomía, obra que viña preparando desde a súa mocidade. Amplía o observatorio cun telescopio de pasos que achegue o Consello Superior de Investigacións Científicas. En 1945 crea a sección de Astronomía Teórica e Matemáticas Durán Loriga xerme do que logo sería a Facultade de Matemáticas. Durante os anos 40 e 50 o observatorio atópase en pleno rendemento publicándose eses traballos en publicacións do observatorio de Santiago. Nese tempo é tamén cando se crea a cátedra de astronomía que dirixe Aller ata 1949 que é nomeado Catedrático extraordinario de astronomía. En 1948 é nomeado membro da Comisión 26 da Unión Astronómica Internacional de Zúric e publica o libro Astronomía a primeira ollada. hai que indicar que foi un gran matemático.

E imos coa pregunta de hoxe!

55. Á vista da imaxe superior, que sería O couto misto/O couto mixto?

- Un camino empregado para o contrabando entre Galicia e Portugal

- Un microestado.

-Un parque natural formado por teritorios galego e portugués.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Imaxe: Fabio Mendes/wikipedia.org

O ALTRUÍSMO É PODEROSO



O escritor e monxe budista Matthieu Ricard é considerado un dos pensadores máis influentes do noso tempo e “o home máis feliz do planeta”. Despois de doutorarse en Bioloxía Molecular, da man do Premio Nobel de Medicina, François Jacob, Ricard abandonou a carreira científica e trasladouse aos Himalaias para estudar cos grandes mestres tibetanos. Hoxe desenvolve a súa investigación humanista e neurocientífica no Mind and Life Institute, co-fundado polo Dalai Lama, de quen foi intérprete durante décadas.

Despois de moitos anos escoitando a homes e mulleres sabias, despois de 50 anos nos Himalaias, e despois de relacionarme con científicos... cheguei á conclusión de que entre todas as calidades humanas que contribúen á felicidade, a máis importante é ter unha mente bondadosa, desexar o ben aos demais, aliviar o seu sufrimento”, afirma  Ricard, quen reuniu o seu pensamento en libros como ‘A arte da meditación’, ‘En defensa da felicidade’ e o recente ‘En defensa do altruísmo’.

Precisamente o altruísmo é a súa resposta aos tempos incertos que vivimos. “Necesitamos un concepto común para traballar xuntos e construír un futuro mellor. E con egoísmo non se logrará. O único que funcionará é ser máis considerados cos demais, poñer o benestar dos cidadáns como prioridade. O altruísmo, a benevolencia, non é unha idea utópica. É o único concepto, o máis pragmático, para construír un mundo mellor. Temos que atrevernos a ser altruístas, ensinar a selo, fomentalo. Ten que ser a revolución pacífica do altruísmo”, conclúe.

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS DA PANDEMIA I

Todo fai falta!

Grazas equipos médic@s!

SOPA DE LETRAS DA PANDEMIA I

COROAVIRUS          MÁSCARA          EPI          LUVAS

RESPIRADOR          MÉDICO             UCI          LENTES

DESINFECTANTE     ENFERMEIRA

UNHA REVISTA PARA O CONFINAMENTO

Aquí tes unha nova proposta para o confinamento, unha revista á que podes acceder gratuitamente BUENAVIDA, dedicada ao benestar. Nada coa idea de que o ser humano é un todo no que mente, corpo e contorna están unidos.

Se che apetece ler a revista do mes de abril, preme AQUÍ.

Grazas!

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XXVII

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XXVII

 

VERTICAIS: 1. Cacea 2. Nasa 3. Palangre 6. Liña 7. Corricán 9. Raño.

HORIZONTAIS: 4. Ganapán 5. Fisga 8. Madiomundo 9. Rastro.

Artes e aparellos da pesca galega!

CANTO SABES DE GALICIA LIV

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Carballiño. Antonio Palacios, comezou as obras en 1943 coi idea dunha gran igrexa do tipo de peregrinación medieval, con xirola e capelas radiais, mesturando artes como o románico e o gótico. Con todo o arquitecto non viu nunca acabada a súa obra pois faleceu en 1945. A descomunal torre constrúese en 1949 acabándose en 1957, despois dun longo parón. Con todo o templo xa fora aberto ao culto uns anos antes, oficialmente o 17 de setembro de 1952, con motivo da celebración do patrón da vila, San Cibrán. Denomínase Igresa da Santa Cruz por que alberga un pedazo da reliquia da Cruz, que chegou desde Terra Santa ao Carballiño en 1901 como agasallo do Patriarca de Xerusalén.

E imos coa pregunta de hoxe!

54. Ramón María Aller Ulloa (Lalín-Pontevedra, 3 de febreIro de 1878-28 de marzo de 1966) foi un sacerdote católico, que como dato curioso estudou nos Xesuitas da Pasaxe (A Guarda). En que ámbito científico destacou?

- Xeoloxía

- Botánica

- Astronomía

- Medicina

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Imaxe: Retrato por Eulogia Merle/wikipedia.org