Blogia

vgomez

MÚSICA "SANTA" PARA O CONFINAMENTO: JOAN M. SERRAT+ANTONIO MACHADO

 

O gran cantautor Joan Manuel Serrat Teresa (Barcelona, 1943) adicou en 1969 un álbum ao poeta Antonio Machado (Sevilla 1875-Colliure-Francia, 1939), titulado Dedicado a Antonio Machado, poeta.

Dos doce temas que contén, hai un "La saeta" que sempre me impresionou e que nin pintado vai para estas datas de confinamento e datas, para moitos, de interioridade relixiosa.

Na parte superior tedes o video e aquí abaixo a súa letra:

Dijo una voz popular:
¿Quién me presta una escalera
para subir al madero
para quitarle los clavos
a Jesús el Nazareno?

Oh, la saeta, el cantar
al Cristo de los gitanos
siempre con sangre en las manos,
siempre por desenclavar.

Cantar del pueblo andaluz
que todas las primaveras
anda pidiendo escaleras
para subir a la cruz.

Cantar de la tierra mía
que echa flores
al Jesús de la agonía
y es la fe de mis mayores.

¡Oh, no eres tú mi cantar
no puedo cantar, ni quiero
a este Jesús del madero
sino al que anduvo en la mar!

Que a disfrutedes!

IMAXE DUN CHORRO DE MATERIA EMERXENDO DUN BURACO NEGRO

Ilustración da estrutura de chorro do 3C 279 de lonxitude de onda múltiple en abril de 2017. En cada panel obsérvanse as épocas de observación, as matrices e as lonxitudes de onda /  J.E. Kim (MPIfR), Boston University Blazar Program (VLBA e GMVA) e Event Horizon Telescope Collaboration/eventhorizontelescope.org

Un chorro de materia a alta velocidade emerxendo dun buraco negro supemasivo é a nova imaxe captada polo Telescopio Event Horizont (EHT), o mesmo que hai un ano deu a coñecer a primeira fotografía dun buraco negro.

A observación proporcionou ao equipo internacional de investigadores, entre eles españois, algunha sorpresa sobre a forma dese tipo de chorros e que se recolle nun estudo que publica este martes a revista Astronomy & Atrophysics.

O fenómeno foi rexistrado a 5.000 millóns de anos luz, nunha galaxia da constelación de Virgo chamada 3C 279, que ten no centro un buraco negro mil millóns de veces máis masivo que o Sol.

Os expertos consideran á galaxia 3C 279 un cuásar porque no seu centro brilla intensamente un punto que parpadea cando cantidades masivas de gases e estrelas caen no xigantesco buraco negro do seu núcleo (un cuásar é unha galaxia que no seu centro alberga un buraco negro  supermasivo).

Ese buraco negro absorbe gases e estrella a través dun disco que o rodea, tritúraos e expulsa parte desa materia por dous finos chorros de plasma, tamén chamados jets.

Eses chorros "emerxen como mangueiras de lume, case á velocidade da luz, das inmediacións do seu horizonte de sucesos, a fronteira que rodea ao buraco negro e onde o espazo e o tempo se  deforman infinitamente e deixan de funcionar", segundo comunicado da colaboración internacional EHT.

A análise de novos datos da campaña de observación realizada polo EHT en 2017 permitiron rastrexar o chorro ata o seu punto de lanzamento. Os novos datos analizados mostran que o chorro normalmente recto ten unha "inesperada forma retorta na súa base", agrega a nota do EHT.

O estudo suxire diferentes posibilidades para a explicación do fenómeno relacionadas "coa presenza doutro buraco negro compañeiro ou con efectos de arrastre do espazo-tempo", explica pola súa banda a Universidade de Valencia, que forma parte da colaboración  EHT.

Ademais, observaranse por primeira vez estruturas perpendiculares ao chorro, que poderían corresponder á zona onde nacen, o que achegaría información sobre "os misteriosos procesos de formación dos jets e abriría novos camiños para seguir aprendendo como se comporta a natureza nestes escenarios extremos", agrega.

Para capturar a nova imaxe, EHT usou unha técnica chamada interferometría de liña de base moi longa (VLBI), que sincroniza e enlaza as antenas de radio de todo o mundo, para crear un  enrome telescopio virtual de tamaño da Terra.

As observacións nas últimas décadas de 3C 279 con VLBI permitiron establecer un modelo físico capaz de explicar como estes buracos negros supermasivos poden converterse nos obxectos máis enerxéticos do Universo.

O EHT é capaz de captar obxectos tan pequenos como 20 micro-segundos no ceo, o que sería coma se unha persoa na Terra puidese localizar e identificar unha laranxa na Lúa.

A colaboración EHT está formada por 290 investigadores de 62 institucións de todo o mundo, entre elas da Universidade de Valencia e do Instituto de Astrofísica de Andalucía.

As campañas de observación do EHT pódense facer unha vez ao ano durante a primavera no hemisferio norte, pero a deste ano, que debería desenvolverse entre marzo e abril, tivo que ser suspendida debido á pandemia de Covid-19.

FONTE: elmundo.es/ciencia

CRUCIGRAMA XXXVII

CRUCIGRAMA XXXVII

 

VERTICAIS: 1. Aparello de pesca que se compón dunha liña cun ou varios cebos, xeralmente artificiais, que o barco vai arrastrando pola popa 2. Aparello de pesca que consiste nunha especie de gaiola, normalmente de forma cilíndrica, feita de madeira, metal, xunco ou vimbio e recuberta de rede, disposta de tal maneira que permite a entrada do peixe ou do marisco pero non a súa saída 3. Arte de pesca que consiste nunha tralla longa, chamada madre, da que colgan as brazoladas 6. Arte de pesca consistente nun fío ou tanza, xeralmente de nailon, cunha chumbada e un ou varios anzois empatados no extremo 7. Arte de pesca que se emprega na captura do atún, do bonito e da cabala, e que consiste, polo común, nunha vara de madeira flexible que leva un cordel de 10 a 15 m de longo cun anzol na punta e que se lanza polo costado ou pola popa 9. Aparello para mariscar que consta dun angazo que se arrastra sobre a area, levantando así os berberechos ou as ameixas, que quedan depositados nunha especie de rede de metal.

HORIZONTAIS: 4. Aparello formado por un aro que leva pendurada unha rede en forma de saco, unido a un mango longo 5. Arte de pesca similar ao arpón, pero de forma e número de dentes variable segundo as zonas e as variedades de peixes ou moluscos que se pretendan capturar 8. Arte de pesca consistente nunha rede que se estende desde unha pequena embarcación, formando un cerco redondo no que quedan atrapados os peixes 9. Arte de pesca formado por un angazo de ferro que se arrastra polo fondo para levantar o marisco, o cal queda depositado nunha rede que vai detrás.

CANTO SABES DE GALICIA LIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é 1.Punta Estaca de Bares 2.Cabo Prior 3.Cabo Finisterra 4.Cabo Corrubedo.

E imos coa pregunta de hoxe!

53. Fíxate na imaxe superior. É un templo católico coñecido como “a igresa nova”, pasoulle algo parecido como A Sagrada Familia de Barcelona, unha das últimas obras inacabadas do arquitecto galego Antonio Palacios, neste caso. Atópase na provincia de Ourense, pero en que concello?

- Ribadavia

- Ourense

- Carballiño

- Celanova

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Imaxe: tripadvisor.es

COROAVIRUS, UN DESAFÍO AO NOSO MODELO SOCIAL

 

Vivimos de costas á natureza, pero a nosa saúde depende dela moito máis do que pensamos. Virán máis virus e non haberá sistema sanitario que poida contelo. Só unha natureza rica e funcional, cos adecuados niveis de biodiversidade, poderá regular e amortecer os impactos das futuras zoonosis na humanidade. Se realmente aspiramos a un mundo máis feliz, se nos propoñemos mellorar o noso benestar e o das xeracións futuras non temos máis remedio, non existe outra alternativa, que conservar, restaurar e consentir os ecosistemas que nos rodean, asegurándonos de non deixar … a ningunha especie fóra!

É O MOMENTO DE ENSINAR AOS NENOS A ENTENDER O MUNDO



Hai mentes brillantes e  inconformistas que axitan, cuestionan e enfróntanse co que unha gran parte da sociedade do seu tempo dá por sentado. É o caso do gran intelectual Noam Chomsky, un dos pensadores máis relevantes e influentes do noso tempo. Os seus traballos de análises e investigación influíron notablemente en disciplinas como a ciencia cognitiva, a filosofía, a psicoloxía, a informática, as matemáticas, a educación infantil ou a antropoloxía.

Considerado o fundador da lingüística moderna, Chomsky é autor de numerosos ensaios que deron a volta ao mundo. No campo da lingüística, introduciu a chamada ‘Xerarquía de Chomsky’, a gramática xenerativa e a teoría da ‘Gramática universal’.

Noam Chomsky traballou desde 1952 como profesor de Lingüística no Instituto Tecnolóxico de  Massachusetts (MIT). Desde 2017 forma parte do departamento de Lingüística da Universidade de  Arizona, onde é profesor titular emérito. É membro da Academia Americana das Artes e as Ciencias e tamén da Academia Nacional de Ciencias estadounidense. Está considerado un dos intelectuais máis citados da historia e é autor de máis de 100 libros, entre os que destacan títulos como ‘Linguaxe e entendemento’, ‘Os gardiáns da liberdade’ e ‘Quen domina o mundo?’. Recibiu numerosos premios, incluído o ‘Premio Kyoto’ en Ciencias Básicas, a ‘Medalla Helmholtz’ e a ‘Medalla Ben Franklin’ en Computación e Ciencias Cognitivas. En 2019 foi recoñecido co ’Premio Fronteiras do Coñecemento’ da Fundación BBVA, pola súa inestimable contribución ao estudo da linguaxe humana.


UN BISCOITO PARA O CONFINAMENTO

Hai días, propúxenvos algunha receita para facer cos rapaces na casa durante o confinamento. Cocinar pode ser unha actividade en familia perfecta para entreterse ao non poder saír á rúa; iso si, nunca os nen@s sós, sempre baixo a vixiancia dun adulto.

Hoxe imos facer un biscoito de iogur!

Ingredientes:

- 1 iogur

- 4 ovos

- 240 gramos de azucre (a medida dun vasiño de iogur)

- 120 gramos de aceite (medio vasiño de iogur)

- 300 gramos de fariña

- 1 sobre de sal

- 1 belisco de sal

Preparación:

1.- Prequenta o forno a 200 ºC. Engrasa o molde ou pon papel de enfornar.

2.- Pon o iogur, os 4 ovos, os 240 g de azucre, os 120 g de aceite, os 300 g de fariña, o sobre de fermento e o sal nun recipiente e mestura ben cunha espátula. Verte a mestura nun molde de 24 cm. de diámetro.

3.- Enforna a 180 ºC durante 30 minutos. Comproba se o biscoito de iogur está feito cun escarvadentes, méteo dentro do biscoito e, se está feito, sairá limpo.

E a disfrutalo!

FONTE: lasprovincias.es

CANTO SABES DE GALICIA LII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Mozárabe. É unha arte desenvolvida polos cristiáns hispánicos que viviron en territorio musulmán no período que abarca desde a invasión musulmá (711) ata finais do século  XI conservando a súa relixión e unha certa autonomía eclesiástica e xudicial. No caso que nos ocupa, a capela de San Miguel, presenta características do estilo mozárabe, con numerosos arcos de ferradura, moi pechados e con dovelas de eixo descentrado e rodeadas por  alfiz.  Iníciase a súa construción no 937 e finalízase no ano 942, é a xoia do conxunto e un dos edificios relixiosos máis singulares de España.

E imos coa pregunta de hoxe!

52. Identifica os cabos sinalados no mapa con 1, 2, 3 e 4.

- Cabo Finisterra

- Cabo Corrubedo

- Cabo Prior

- Estaca de Bares

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Imaxe: es.educaplay.com