Blogia

vgomez

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS XXXVII

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS XXXVII

 

Todos, grandes artistas galegos: pintores, escultores...

COLMEIRO (Manuel Colmeiro Guimerais)

LAXEIRO (José Otero Abeledo)

LODEIRO (José Lodeiro)

MASIDE (Julio Maside)

QUESADA (Xaime Quesada)

LEIRO (Francisco Leiro)

ASOREY (Francisco Asorey)

PICALLO (Maxín Picallo)

CAXIGUEIRO (Daniel Río Rubal)

CELEIRO (Emilio Celeiro)

CANTO SABES DE GALICIA XLIV

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é...

O río nace nos montes de Olveda no concello de Antas de Ulla (Lugo). Os seus dous afluentes principais pola esquerda son o Arnego e o Deza, pola dereita recibe as augas do Pambre, Furelos e preto da súa desembocadura o río Sar, un pouco antes de recibir as augas do Pambre forma as correntes de Macara. Desembocando na ría de Arousa á altura de Catoira tras percorrer 132 km. A súa conca é de 2.764 km², a segunda máis importante de Galicia despois da do Miño.

E imos coa pregunta de hoxe!

44. "Grupos Nós". Baixo esta denominación, incluímos un grupo de autores que, aglutinados arredor da revista Nós, constrúen un dos proxectos culturais colectivos máis singulares non só da Galicia de preguerra, senón de toda a historia da literatura galega. Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Antonio Losada Diéguez ou Florentino L. Cuevillas son algún dos nomes máis relevantes que se adoitan incluír baixo esta etiqueta; tamén debemos citar a Afonso Rodríguez Castelao, aínda que posúa características parcialmente diferentes a respecto dos anteriores. A revista foi impulsada e dirixida por Vicente Risco, con contidos literarios, lingüísticos, artísticos, etnográficos, filosóficos e de pensamento político. En que ano apareceu o seu primeiro número?

- 1918

- 1920

- 1922

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es e aelg.gal Imaxe: mapasinteractivos.didactalia.net e galiciaunica.es

O CEO DO MES: ABRIL 2020

Radiante das Líridas / Imaxe: youtube.com

1 de abril: Cuarto Crecente

8 de abril: Lúa Chea

15 de abril: Cuarto Minguante

23 de abril: Lúa Nova

30 de abril: Cuarto Crecente

Chuvia de meteoros: Líridas, do 16 ao 25, con máximo o día 22. O seu radiante é a constelación de Lira e o corpo proxenitor é o cometa Thatcher (C/1861 G1).

PARA EDUCAR BEN A UN NEN@ FAI FALTA UNHA BOA TRIBO



Non permitas que ninguén che quite as ganas de ser o mestre estupendo que levas dentro. Non esquezas ao servizo de quen e para que estás. Debes lembrar que es unha persoa  importantísima na sociedade, porque os mestres somos “facilitadores de humanización” e ninguén nos pode quitar iso. Ensinamos a ser críticos, a pensar, a xestionarse ben, contaxiamos valores e ganas de vivir aos alumnos: esa é a  grandísima labor do profesorado”.

A mestra e pedagoga Nélida Zaitegi, hoxe presidenta do Consello Escolar de Euskadi, leva máis de catro décadas investigando e desenvolvendo programas de innovación educativa, baseados na convivencia positiva e a resolución de conflitos. Conflitos que se pode transformar en aprendizaxes despois dunha reflexión consciente e pausada.

Algunhas das claves do seu pensamento pedagóxico inclúen a educación en valores, a  coeducación e a participación do alumnado. Como aprende un neno para convivir? Convivindo. Coma se a escola fose unha sociedade a pequena escala, onde o profesorado axuda a desenvolver a intelixencia interpersoal e intrapersonal. “Entre o mono de Darwin e o home ou a muller autorrealizados de Maslow, que temos no medio? Un profesor. Nós debemos axudar a que os mozos sigan subindo chanzos na humanización para conseguir unha sociedade mellor”, conclúe Zaitegi.


SOPA DE LETRAS XXXVII

SOPA DE LETRAS XXXVII

 

COLMEIRO     LAXEIRO     LODEIRO     MASIDE

QUESADA       LEIRO         ASOREY       CAXIGUEIRO

PICALLLO       CELEIRO

UN CÓMIC PARA O CONFINAMENTO (IV)

UN CÓMIC PARA O CONFINAMENTO (IV)

 

GP Edicións contribúe a este confinamento poñendo en Calaméo para lectura en liña o seu cómic Blanquito.

Para acceder preme AQUÍ.

Grazas! 

CANTO SABES DE GALICIA XLIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Araño. Atópasen Rianxo (A Coruña). É de pedra, con cuberta de tella e a dúas augas. Posúe por dimensións exteriores 37,05 metros de longo, 2,40 de ancho e 2,70 de altura media. Séguelle o de Lira con 36,53 mentros de longo e o terceiro en o de Carnota (chamado así, pero o anterior tamén está en Carnota, pero na parroquia de Lira) con 34,74 metros. Outra cousa e a súa fermosura arquitectónica.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

43. Na imaxe tes a ubicación dos principais ríos galegos.

Localiza o río Ulla.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es e elviajeroaccidental.com Imaxe: mapasinteractivos.didactalia.net

CANDO PASE TODO ISTO...

 

Cando pase todo isto.... Así dá comezo o último anuncio de Gadis que busca animar a todos os galegos e galegas nesta corentena. Como? Facéndolles ver todas e cada unha das cousas das que poderán gozar unha vez termine este período de confinamento pola pandemia do coronavirus.

Ánimo!