Blogia

vgomez

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XXXVI

VERTICAIS: 1. Pondal (Eduardo María González-Pondal e Abente) 2. Castelao (Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao) 4. Cunqueiro (Álvaro Cunqueiro Mora) 6. Señardá 7. Vieiros.

HORIZONTAIS: 3. Maliaxe 5. Cabanillas (Ramón Cabanillas Enríquez) 8. Tertulia 9. Ferrín (Xosé Luís Méndez Ferrín) 10. Curros (Manuel Curros Enríquez).

Literatura galega!

NON FOI O FRÍO QUEN MATOU AOS DINOSAUROS, SENÓN A ESCURIDADE

A comunidade científica acepta como certo que hai uns 66 millóns de anos un asteroide impactou na punta da península de Iucatán, no México actual, provocando un inverno global que durou varios anos e acabou co 75% das especies sobre a Terra, incluíndo os dinosauros. Con todo, non estivo tan claro cal foi o mecanismo exacto que arrasou coa vida. Foi o frío insoportable? A escuridade na que se sumiu o mundo? Agora, un novo estudo na revista Geophysical Research Letters cre ter a resposta.

O novo estudo simula as contribucións das emisións de xofre, po e feluxe do impacto á escuridade e os frío extremos do que se chama un inverno de impacto. E os resultados non deixan lugar a dúbidas: o frío sería severo pero probablemente non o suficientemente devastador como para provocar unha extinción masiva. Con todo, as emisións de feluxe dos incendios forestais mundiais escureceron o ceo o suficiente como para matar os vexetais na base da rede alimentaria durante máis dun ano. Aí está a clave.

O impacto do asteroide de Chicxulub arroxou material á atmosfera superior que logo choveu de regreso á Terra. As partículas de regreso tiñan suficiente enerxía para asar, literalmente, a superficie terrestre e desatar incendios forestais globais. A feluxe dos incendios, xunto cos compostos de xofre e o po, bloquearon a luz solar e causaron un inverno que durou varios anos. Investigacións anteriores estiman que as temperaturas globais media caeron en polo menos 26º C.

Os científicos saben que a extrema escuridade e o frío foron devastadores para a vida, pero aínda están a separar que compoñente foi o máis daniño. No novo estudo, os investigadores utilizaron un modelo climático sofisticado para simular os efectos climáticos da feluxe, os sulfatos e o po do impacto.

Os seus resultados suxiren que as emisións de feluxe dos incendios mundiais absorberon a maior cantidade de luz solar durante o maior tempo posible. Ata o punto de que os niveis de fotosíntesis caeron por baixo do 1% do normal durante máis dun ano. «En comparación co po, que non permaneceu na atmosfera tanto tempo, e o xofre, que non bloqueou tanta luz, a feluxe podería impedir que case toda a luz chegue á superficie durante polo menos un ano», di o autor principal do novo estudo. «Parece que estas condicións de pouca luz son unha explicación probable para gran parte da extinción», engade.

A escuridade sería devastadora para a fotosíntesis e podería explicar a extinción masiva a través dun colapso da rede alimentaria, segundo os investigadores. Toda a vida na Terra depende de fotosintetizadores como plantas e algas que cultivan enerxía da luz solar.

Curiosamente, a caída de temperatura probablemente non foi tan perturbadora para a vida como a escuridade. En rexións como as altas latitudes, os resultados suxiren que os océanos non se arrefriaron significativamente máis do que o fan durante un ciclo normal das estacións.

Como resultado, as rexións costeiras de latitudes altas poden ser refuxios para a vida nos meses posteriores ao impacto. Segundo os investigadores, as plantas e os animais que viven no Ártico ou na Antártida xa están afeitos a grandes cambios de temperatura, frío extremo e pouca luz, polo que poderían ter unha mellor oportunidade de sobrevivir ao impacto do inverno.

Os resultados tamén proporciona información sobre o que podería suceder nun escenario de inverno nuclear. «O principal impulsor é en realidade a feluxe nunha situación de tipo similar», apuntan os investigadores. «O que realmente destaca é canto potencialmente impactante pode ser a feluxe no sistema climático».

FONTE: abc.es/cencia

CANTO SABES DE GALICIA XLII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Petróglifo. É unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras. Tradicionalmente os petróglifos galegos foron datados na Idade de Bronce, aínda que algúns investigadores cínguena ao cambio do III ao II milenio, no inicio da Idade de Bronce. Existen dous tipos de deseños: naturalistas ou figurativos, que son respectivamente aqueles nos que é posíbel adiviñar que representan, como por exemplo os cervos, os cabalos, figuras humanas e armas; e os xeométricos ou abstractos, aqueles que non sabemos que representan, como son as combinacións circulares. Por certo, o petroglifo da imaxe da pregunta do día de onte está en As Neves (Pontevedra)

E imos coa pregunta de hoxe!

42. Un hórreo é unha construción destinada a gardar e conservar os alimentos afastados da humidade e dos animais para mantelos nun estado óptimo para o seu consumo. Caracterízase por manterse sobreelevado sobre pés, co fin de evitar a entrada de humidade e animais dende o chan e por permitir a ventilación a través de rañuras nas paredes perimétricas. A imaxe superior amosa o hórreo máis grande de Galicia. Onde se atopa?

- Poio (Pontevedra)

- Carnota (A Coruña)

- Araño ( A Coruña)

- Lira (A Coruña)

- A Merca (Ourense)

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Imaxe: arousa-norte.es

UNHA PELÍCULA PARA O CONFINAMENTO (II)

A distribuidora ADSOFILMS a través de adso.tv/yomequedoencasa fai a súa aportación ao confinamento coa película “Profesor en Groenlandia” (Une année polaire - 2018).

Argumento: Anders, un profesor recentemente licenciado, decide deixar a súa Dinamarca natal en busca dunha aventura laboral en  Groenlandia. Ao chegar alí séntese estraño e afastado dos seus habitantes, ao ser unha comunidade moi pechada. Grazas a unha serie de curiosas circunstancias, Anders cuestionará as súas conviccións  centroeuropeas e aceptará o seu novo estilo de vida polar.

Se che interesa preme AQUÍ.

Grazas!

CRUCIGRAMA XXXVI

VERTICAIS: 1. Autor galego do libro de poemas Queixume dos pinos, publicado no ano 1.886 2. Autor galego do relato curto Un ollo de vidro.Memorias dun esquelete, publicado en 1.922 4. Autor galego da novela Merlín e Familia, publicada no ano 1.955 6. Título do primeiro poemario, publicado en Lugo en 1.930, por Aquilino Iglesias Alvariño 7. Título do libro de poemas, publicado en 1.931, do escritor Ricardo Carballo Calero, a quen se lle adica iste ano o Día das Letras Galegas.

HORIZONTAIS: 3. Título da novela, publicada en Pontevedra en 1.922, do autor Luis Amado Carballo 5. Autor galego do libro de poemas Da terra asoballada, publicado en 1.817 8. Título da novela, publicada en 1.985, por Xavier Alcalá 9. Autor do libro de relatos O crepúsculo e as formigas, publicado en 1.961 pola editorial Galaxia 10. Autor galedo do poema O divino sainete, subtitulado Poema en oito cantos, publicado en 1.888.

Mañá a solución!

UN POSTRE PARA COMBATIR O CONFINAMENTO

O pasado día, proponía que a cociña pode converterse nunha fórmula perfecta para combater a monotonía do confinamento a que estamos sometidos, sobre todo para os nen@s, iso si, baixo a supervisión dalgún adulto.

Hoxe propoñovos outra experiencia, un poste, que a eles tanto lles gusta:

Mug Cake’ de chocolate

Ingredientes

    - Catro culleradas rasas de fariña de repostería
    - Catro culleradas de azucre branco
    - Dúas culleradas de cacao en po
    - Media cullerada de fermento químico en po
    - Un ovo mediano
    - Tres culleradas de leite enteiro
    - Tres culleradas de aceite de oliva ou de xirasol
    - Azucre glass para adornar

Elaboración

Esta receita ten dous dos principais atractivos para que un neno colla o gusto pola cociña: obterá os resultados de maneira inmediata e ademais poderá gozar dunha deliciosa sobremesa ao finalizar. A elaboración é sinxela, xa que só hai que engadir os ingredientes a unha cunca grande na orde sinalada arriba e mesturalos ben cunha culler. Tres minutos no microndas á máxima potencia e o mug cake estará listo para ser adornado con azucre glass e comerlo na mesma cunca cunha culler.

A disfrutalo!

CALTO SABES DE GALICIA XLI

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Praia da Lanzada. Atópase no lado suroeste do istmo que une a península do Grove con terra firme, pertencente aos concellos de Sanxenxo e O Grove (Pontevedra). A súa lonxitude de 2,5 km pasa a 3 se se teñen en conta os tramos adxacentes de Areas Gordas e Lapa. Alí fórmase un complexo dunar e intermareal, o Espazo Intermareal Umia-O Grove.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

41. Fíxate na fotografía. Que é?

- Triscere

- Petróglifo

- Torque

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Imaxe: Eloy Martínez

UNHA RECEITA DE COCIÑA PARA O CONFINAMENTO

A punto de cumpriros 15 primeiros días do confinamento pola expansión do coronavirus, empezan a esgotarse as ideas para combater o aburrimento, en espacial a aqueles que teñen fillos. Agora, os nenos pasan 24 horas en casa e a pesar de ter as súas rutinas e obrigacións, aínda quedan moitos momentos de lecer nos que non teñen máis entretemento que o que lles ofrece a televisión.

A cociña pode converterse nunha fórmula perfecta para combater a monotonía, evitando o sedentarismo e aprendendo cousas que lles serán útiles no futuro con toda seguridade. Grazas a isto, non só poderán coñecer técnicas culinarias, tamén pode ser un bo momento para que adquiran hábitos sans de alimentación e tentar que gocen máis comendo alimentos saudables como as froitas e as verduras. Á súa vez,

Evidentemente, baixo ningún concepto deben entrar sós na cociña polos diversos perigos que poden supoñer que manexen os fogóns, as placas de indución ou os coitelos. A supervisión dun adulto é fundamental, algo que, ademais de axudarlles a coñecer os hábitos de hixiene e limpeza necesarios para cociñar e o uso dos diferentes utensilios, permitirá que pasen máis tempo cos seus pais e teñan unha afección que compartir con eles. Esta sinxela receita pode ser perfecta para que os pequenos da casa iníciense na cociña:

Ovos recheos

Ingredientes (12 unidades)

    - Seis ovos tamaño  L
    - 200  g de bonito,  atún ou  ventresca en conserva
    - Unha lata de pemento  morrón
    - Sal
    - Maionesa
    - Olivas verdes sen óso

Elaboración

Un clásico no que calquera neno pode participar en todos os procesos de elaboración. En primeiro lugar, cócense os ovos e retíraselles a casca. Unha vez pelados córtanse á metade e sácanse as xemas con moito coidado para non romper as claras. Doutra banda, mestúrase o  atún con maionesa e pemento ata conseguir unha pasta case homoxénea. Enchemos as claras coa mestura e engadimos unha oliva en cada unha delas. Como toque final, un pouco máis de maionesa, xema relada e un anaco pequeno de pemento.

E a disfrutalo!

FONTE: elmundo.es