Blogia

vgomez

BANDEIRAS DO MUNDO XCII

Esta é a bandeira de Tonga (Reino de Tonga/Pule’anga Fakatu’i ’o Tonga/Kingdom of Tonga), un pequeno país situado ao leste de Australia e ao nordés de Nova Zelandia, ao sur do Océano Pacífico. Conta cunha poboación que rolda os 110.000 habitantes, sendo a súa capital Nukuʻalofa.

A bandeira é de cor vermella cunha cruz vermella en negrita nun rectángulo branco na esquina do alzar-lado superior, a cruz reflicte o cristianismo arraigado en Tonga, o vermello representa o sangue de Cristo e o seu sacrificio, o branco significa pureza. É moi semellante á da Cruz Vermella; de feito, nun principio era idéntica a esta, mais para evitar a confusión, foi substituída de xeito que o cruceiro vermello aparecese como un cantón similar ó das bandeiras da mariña mercante británica dende o século XVII. 

FONTE: gal.wikipedia.org e si-educa.net

BANDEIRAS DO MUNDO XCI

Esta é a bandeira de Serbia (República de Serbia/Република Србија), un país situado na península balcánica, no sueste de Europa. Conta cunha poboación que rolda os 7 millóns de habitantes, sendo a súa capital Belgrado.

A bandeira é tricolor, con tres franxas horizontais iguais, sendo vermella a de arriba, azul a do medio e branca a de abaixo. Son as cores do paneslavismo, que representan a liberdade e os ideais revolucionarios. O escudo de armas de Serbia aparece centrado verticalmente e desprazado cada o lado do mastro unha sétima parte da lonxitude total do pavillón, representa un aguia bicéfala de cor branca que sostén un escudo vermello colocado sobre o fondo vermello. Por encima da cabeza da aguia, atópase unha coroa inspirada na coroa dos tsares de Serbia.

FONTE: gal.wikipedia.org

CRUCIGRAMA XXX

VERTICAIS: 1. Este invento, fundamental para a comunicación, estivo disputado entre Antonio Meucci e Alexander Graham Bell, ata que o 11 de xuño de 2002, o Congreso dos Estados Unidos de América aprobou a resolución 269, na que se recoñece como o verdadeiro inventor a Antonio Meucci 2. Guglielmo Marconi foi un inventor italiano, ao cal se lle atribuíu a invención deste invento que nos ocupa, nun principio, pero pouco despois demostrouse que usara 17 das patentes de Nikola Tesla. En 1943, por votación do Congreso dos Estados Unidos, a invención deste aparato de información e ocio, foi dada definitivamente a Nikola Tesla 4. Este invento, de transporte, foi inventado e patentado por un dos nosos inventores en 1887: o enxeñeiro cántabro Leonardo Torres Quevedo (1852-1936) 7. Este invento, doce, correspóndelle a Enric Bernat Fontlladosa (1923-2003), e artista surrealista Salvador Dalí realizou un dos logos do produto 9. Este invento, esencial para a limpeza na época para o mundo femenino e hoxe para todos, foi inventado en España en 1964​ por Manuel Jalón Corominas (1925-2011).

HORIZONTAIS: 3. A paternidade deste invento atribúeselle ao barón Karl Drais, inventor alemán nado en 1785. O seu rudimentario artefacto, creado ao redor de 1817, hoxe en día utilizase tanto como medio de transporte como vehículo de lecer 5. Este invento, precursor  do actual helicóptero, é dun  enxeñeiro de  camiños,  canais e  portos e aviador español, Juan de la Cierva  Codorniu (1895-1936) 6. Adóitaselle dar a autoría deste invento a un só home, ao fotógrafo e pintor Samuel Finley Beese Morse, que conseguiu crear en 1837 o primeiro aparello, pero realmente foi o resultado dunha cadea de achegas realizadas por varios investigadores. Algúns deses exemplos son Francisco Calvá e Campillo, Guillermo Eduardo Weber, Carlos Federico Gauss ou Carlos Augusto Steinhelque 8. Este invento, un dispositivo para gravar e reproducir sons, chegou da man de Eldridge R. Johnson e Emile Berliner 10. ESte invento, que cada vez vese menos nos tellados, realizouno en 1753 Benjamín Franklin.

Mañá a solución!

BANDEIRAS DO MUNDO XC

Esta é a bandeira da República Dominicana, un país que ocupa algo máis dos dous terzos orientais da illa de Santo Domingo ou A Española, no arquipélago das Antillas. Conta cunha poboación que rolda os 10 millóns de habitantes, sendo a súa capital é Santo Domingo de Guzmán. O idioma oficial é español.

A bandeira ten unha cruz no centro que se estende cara as extremidades e divide a bandeira en catro rectángulos: os de arriba son azul (no lado do mastro) e vermello, e os de abaixo son vermello (no lado do mastro) e azul. No centro da cruz ten un escudo cunha póla de oliveira (esquerda) e unha póla de palma (dereita). Enriba do escudo hai unha cinta azul co lema nacional: Deus, Patria, Liberdade. Debaixo do escudo hai outra cinta, desta volta vermella, coas palabras República Dominicana escritas nela. O vermello representa o sangue derramado polos patriotas nas batallas por alcanzar a independencia do país. O azul simboliza o ceo que cobre a patria e desde o cal Deus protexe e coida a nación e os ideais dos dominicano. O branco representa a paz e unión entre o pobo dominicano.

FONTE: gal.wikipedia.org e significados.com

O AMOR É A FORZA MÁIS PODEROSA PARA CAMBIAR O MUNDO


Desde a publicación do seu título máis mítico, ‘A casa dos espíritos’ (1982), Isabel Allende conquistou o corazón e a mente de 74 millóns de lectores en todo o mundo. Na actualidade, é a escritora viva máis lida en lingua española.

Dona dun humor irónico e burlón, pero tamén dunha visión espiritual e revolucionaria da vida, aos seus 78 anos segue defendendo os ideais que marcaron a súa mocidade como xornalista: o feminismo e a xustiza social. Algo que se pode lograr, asegura, co amor: “Din que as forzas que moven o mundo son a cobiza, o poder ou o medo. Pero eu creo que a máis poderosa, o verdadeiro motor de cambio, é o amor”.

As súas novelas e relatos, traducidos a 42 idiomas, unen o pasado co presente e o fantástico co real. Narran as historias daqueles que enfrontan a vida con risco e paixón: “Os personaxes que me interesan son persoas que fan tolemias, que corren aventuras, porque a xente que fai cousas extraordinarias é a xente que ten paixón”, afirma.

Crítica co racismo, a violencia e a falta de solidariedade, para Isabel Allende “vivimos tempos de escuridade”. Por iso, o seu últimas tres novelas contan historias de exilio, desarraigamento e conflitos armados: “Sobre estes temas, que volven estar no aire e que levan a masas de xente a deixalo todo para salvar a vida, non podo evitar escribir”. E non é de estrañar, viviuno en primeira persoa cando escapou da ditadura de  Pinochet en Chile.

ONDA RADCLIFFE

Na ilustración, os datos da Onda Radcliffe superpóñense nunha imaxe da Vía Láctea / Imaxe do telescopio WorldWide, cortesía de Alyssa Goodman

Astrónomos da Universidade de Harvard descubriron na Vía Láctea unha estrutura gasosa en forma de onda, a máis grande xamais vista na nosa galaxia, que contén varios grupos de estrelas recentemente nadas. Alcumado Onda Radcliffe polo instituto de investigación que o descubriu, este impresionante tsunami cósmico esténdese por 9.000 anos luz e ten unha masa equivalente á de 3 millóns de soles. Atópase sorprendentemente preto do Sol. "Estivo fronte aos nosos ollos todo o tempo, pero ata o de agora non podiamos velo", recoñecen os científicos.

O achado, dado a coñecer na revista Nature, foi posible grazas a unha nova análise de datos da sonda espacial Gaia da Axencia Espacial Europea (ESA), lanzada en 2013 coa misión de medir con precisión a posición, a distancia e o movemento das estrelas. O equipo combinou os datos súper precisos de Gaia sobre mil millóns de estrelas con outras medicións para construír un mapa 3D detallado do materia interestelar na Vía Láctea. Durante esta tarefa, decatouse da existencia dun patrón inesperado no brazo espiral máis próximo á Terra.

Desta maneira, os investigadores descubriron unha estrutura longa e delgada, de aproximadamente 9.000 anos luz de longo e 400 anos luz de ancho, con forma de onda, cunha crista de 500 anos luz arriba e abaixo do plano medio do disco da nosa galaxia. A onda inclúe moitas das garderías estelares que anteriormente se pensaba que formaban parte do Cinto de Gould, unha banda de rexións  formadoras de estrelas duns 3.000 anos luz de diámetro, que se cre que están orientadas ao redor do Sol nun anel.

O ocorrido aínda é un misterio. "O que si sabemos é que o noso Sol interactúa con esta estrutura. Pasou xunto a un festival de  upernovas cando cruzou Orión hai 13 millóns de anos, e noutros 13 millóns de anos volverá cruzar a estrutura, coma se estivésemos ’surfeando a onda’", indican os investigadores.

FONTE: abc.es/ciencia

BANDEIRAS DO MUNDO LXXXIX

Esta é a bandeira de Papúa Nova Guinea (Estado Independente de Papúa Nova Guinea/Independent State of Papua New Guinea/Independen Stet bilong Papua Niugini/Papua Niu Gini)), un país de Oceanía que ocupa a metade oriental da Illa de Nova Guinea, e unha serie de illas e arquipélagos, ao leste e ao nordeste, aínda que sempre na Melanesia. Conta cunha poboación que rolda os 8 millóns de habitantes, sendo a súa capital Poto Moresby. Os idiomas oficiais son o Inglés, tok pisin e hiri motu.

A bandeira está dividida pola súa diagonal descendente (respecto ao lado máis próximo ao mastro). A metade superior da bandeira é de cor vermella e no seu interior figura a silueta dunha ave do paraíso de cor amarela. A metade inferior da bandeira é de cor negra e nela aparece representada por cinco estrelas brancas de cinco puntas a constelación da Cruz do Sur. O vermello e o negro son dúas cores moi usados por moitas tribos de Papúa e Nova Guinea.

FONTE: gal.wikipedia.org

HISTORIA DUN MESTRE E DUN RECTÁNGULO CON OLLOS

 

Soño co que ensina, o espertar para o que aprende; construíndo a escola que non existe, para o alumno que non chega”, é a carta de presentación de José Antonio Fernández Bravo. Doutor en Ciencias da Educación, investigador e escritor, este docente madrileño tamén conta con tres mestrías sobre lóxica, formación do profesorado e deseño  educacional. Aínda que a palabra que mellor define a Fernández Bravo é “mestre”.

O seu pensamento educativo aliméntase a partes iguais de amor e de humor. Observar e “ensinar desde o cerebro do que aprende” son os alicerces da súa fórmula pedagóxica. “Dedico a miña vida para escoitar aos nenos. Trátase de amar o que fas, amando a aquel ao que dirixes o que fas”, asegura. 

É autor de máis dun centenar de obras sobre educación e aprendizaxe. Goza de recoñecemento nacional e internacional polo seu carácter innovador e pola brillante adaptación da función docente na didáctica da matemática. Mestre de mestres, Fernández Bravo está convencido de que “unha das finalidades da educación é adquirir coñecemento, pero tamén o é a de desenvolver a observación, a intuición, a creatividade, o razoamento, e as emocións”. E sentenza: “Hoxe damos moito contido e xeramos pouco coñecemento”.