Blogia

vgomez

BANDEIRAS DO MUNDO LXXVII

Esta é a bandeira de San Vicente e as Granadinas (Saint Vincent and the Grenadines), un país insular en América, situado ao norte de Venezuela e da illa de Granada, na cadea das Antillas Menores do mar Caribe. Conta cunha poboación que rolda os 200.000 habitantes, sendo a súa capital Kingstown. O seu idioma oficial é o inglés.

A bandeira está composta por tres franxas verticais de cor azul (a máis próxima ó mastro), amarela (a central) e verde (a exterior). A franxa amarela é de dobre anchura respecto ás outras dúas e contén, na súa parte central a letra V (inicial de San Vicente que da nome ao país), formada con tres rombos ou diamantes verdes, dous situados nos extremos e o terceiro no centro. A cor verde representa a vexetación exuberante de San Vicente e a permanente vitalidade da súa poboación. Esta cor tamén alude ó termo que define a San Vincente e as Granadinas como "as xemas das Antillas". A cor azul simboliza o ceo e o mar que rodea as illas. O amarelo representa a cordialidade, o espírito alegre dos seus habitantes e as douradas praias das Granadinas.

FONTE: gal.wikipedia.org

OS TEUS COÑECEMENTOS SOBRE MEDIO AMBIENTE XIV

A contestación correcta á pregunta do día anterior, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre medio ambiente, é satisfai as necesidades do presente sen comprometer as posibilidades das xeracións futuras. O desenvolvemento sustentable é a capacidade dunha sociedade para cubrir as necesidades básicas das persoas sen prexudicar o ecosistema nin ocasionar danos no medio ambiente. Deste xeito, o seu principal obxectivo é perpetuar ao ser humano como especie, satisfacendo as súas necesidades presentes e futuras, mediante o uso responsable dos recursos naturais.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Sabes cal destes obxectos non deben tirarse no contedor de vidro (iglú verde)?

- Un vaso

- Unha lámpada

- Ambos

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e nationalgeographic.com.es


SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XXIX

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XXIX

 

VERTICAIS: 1. Puigdemont (Carles) 2. Thuberg (Greta) 5. Nadal (Rafa) 7. Sánchez (Pedro) 8. Casado (Pablo).

HORIZONTAIS: 2. Trump (Donald) 3. Iglesias (Pablo) 4. Junqueras (Oriol) 6. Bolsonaro (Jair) 9. Rivera (Albert).

Algúns personaxes do 2019!

CRUCIGRAMA XXIX

CRUCIGRAMA XXIX

 

Este crucigrama recolle algúns dos personaxes importante de España e do mundo en 2019, iso si, só aparecen os apelidos.

VERTICAIS: 1. Presidente que fora da Generalitat de Catalunya, fugado da xustiza española e que a espera de recuperar o escano no Parlamento Europeo 2. Activista medioambiental sueca, de 16 anos, nomeada persoa do ano pola revista Time 5. Depotista de Manacor, que ocupa a primeira posición do ranking ATP 7. Presidente en funcións á espera da investidura 8. Lider da oposición do noso país.

HORIZONTAIS: 2. Presidente americano sometido a xuízo político ou impeachment 3. Político español, de 41 anos, que espera ser vicepresidente do goberno, se o hai 4. Político catalán, preso pola xustiza, que espera ser excarcerado 6. Presidente dun pais sudamericano, en contra da homosexualidade e que cre que o cambio climático é unha cousa de activistas que berran 9. Expolítico español e catalán unido sentimentalmente coa cantante María Lucía Sánchez Benítez (Malú).

Mañá a solución!

OS TEUS COÑECEMENTOS SOBRE O MEDIO AMBIENTE XIII

A contestación correcta á pregunta do día anterior, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre medio ambiente, é contedor amarelo. Aínda que o aluminio é o terceiro elemento máis común sobre a cortiza terrestre, ao estar xeralmente mesturado en estado natural con outros materiais a súa produción require un alto consumo enerxético.  Con todo, para a súa reciclaxe requírese menos dun cuarto da enerxía empregada na súa elaboración inicial e pode ser reutilizado un número indefinido de veces sen que a súa calidade véxase afectada no máis mínimo.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Desenvolvemento sustentable é aquel que:

-Satisfai as necesidades do presente sen poñer en perigo o medio ambiente.

-Satisfai as necesidades do presente realizándoo da maneira máis económica posible.

-Satisfai as necesidades do presente sen comprometer as posibilidades das xeracións futuras.

Mañá a solución e unha nova pregunta! 

FONTE: Ideas orixinal muyinteresante.es Imaxe:expoknews.com

BANDEIRAS DO MUNDO LXXVI

Esta é a bandeira da República do Congo (République du Congo/Repubilika ya Kongo/Republiki ya Kongó), un país da África Central, tamén chamado Congo-Brazzaville para distinguilo da veciña República Democrática do Congo. Conta cunha poboación que rolda os 5 millóns de habitantes, sendo a súa capital Brazzaville. O seus idiomas oficiais son o francés, lingala e congo.

A bandeira está formada por dous triángulos opostos, separados por unha franxa diagonal amarela. O  trángulo esquerdo é verde e o dereito é vermello. Estas cores son as tradicionais do panafricanismo e proveñen da bandeira de Etiopía: o vermello significa a loita pola liberdade, o verde representa a natureza do país e o amarelo simboliza a riqueza da natureza.

FONTE: gal.wikipedia.org

AXUDAR NA CASA NON É SUFICIENTE, HAI QUE COMPARTIR A CARGA MENTAL

 

Alberto Soler é Psicólogo e Máster en Psicoloxía Clínica e da Saúde. Con máis de 10 anos de experiencia clínica e asesoramento a pais, Soler é conferenciante e colaborador habitual en prensa, radio e televisión. No seu videoblog, Pílulas de Psicoloxía e no libro “Fillos de pais felices”, do que é  co-autor, dá resposta ás dúbidas universais sobre educación, crecemento persoal e crianza. “No momento no que temos unha etiqueta posta, acabamos comportándonos de acordo con esa etiqueta…Debemos ser conscientes de que as expectativas que poñemos sobre os nenos acaban condicionando a súa conduta”, explica. Alberto Soler advirte dos perigos do ensino con “etiquetas” e da obediencia cega: o futuro dos nenos pasa pola educación en valores como a asertividade, o pensamento crítico e a autonomía.

BANDEIRAS DO MUNDO LXXV

Esta é a bandeira de Panamá (República de Panamá), un país localizado no istmo do mesmo nome, franxa que une a América do Sur con América Central, cun territorio montañoso soamente é interrompido pola conca da Canle de Panamá, a vía interoceánica que une ao océano Atlántico co océano Pacífico. Conta cunha poboación que rolda os 4 millóns de habitantes, sendo a súa capital Cidade de Panamá. O seu idioma oficial é o español.

A bandeira consiste nun rectángulo dividido en catro cuarteis: o superior esquerdo é unha estrela azul de cinco puntas sobre fondo branco; o superior dereito é de cor vermella; o inferior esquerdo é de cor azul, e o inferior dereito é unha estrela vermella de cinco puntas sobre fondo branco. Representa aos partidos Liberal (a cor vermella) e Conservador (a cor azul). O branco simboliza a paz á que chegaron ambos os dous partidos e as estrelas sinalan a rectitude e forza do país.

FONTE: gal.wikipedia.org