Blogia

vgomez

OS TEUS COÑECEMENTOS SOBRE MEDIO AMBIENTE XII

A contestación correcta á pregunta do día anterior, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre medio ambiente, é ata 3.000. É importante non tirar as pilas ao lixo, no campo ou na rúa; evitar que cheguen aos ríos e xamais queimalas, pois os metais tóxicos desprendidos irán á atmosfera. Tampouco enterralas, xa que contaminan a terra, o subsolo e a auga unha vez que se oxide a súa cuberta de metal.

E Imos coa pregunta de hoxe!

12. A que contedor vai o papel de aluminio?

- Cos plástico, polo tanto contedor amarelo.

- Co papel, como o seu nome indica, e polo tanto contedor azul.

- Non se recicla, é biodegradable. 

A solución mañá e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e ecoembesdudasreciclaje.es

O CEO DO MES: XANEIRO 2020

Eclipse penumbral de Lúa do día 10-01-2020 / Imaxe: elheraldo.co

3 de xaneiro: Cuarto Crecente

10 de xaneiro: Lúa Chea. Eclipse penumbral de Lúa

17 de xaneiro: Cuarto Minguante

24 de xaneiro: Lúa Nova

Chuvia de meteoros: Cuadrántidas: do 28 de decembro 2019 ao 12 de xaneiro 2020, con máximo a noite do 3 ao 4 de xaneiro. O seu proxenitor é o asteroide 2003 EH1. Os meteoros radian da constelación do Boiero ou Boötes. Porén, reciben o nome da desaparecida constelación de Quadrans Muralis, que ocupaba parte do actual Boiero.

FELIZ 2020

 

Non me gustan os finais, pero este ano chegou ao seu fin.

Quero acordarme de todos os que estades

e lembrar con agarimo aos que vos fostes do meu lado,

para permanecer no meu corazón.

Por todo o vivido e o que está por vir.

Feliz Aninovo!

A CASA MÁIS PEQUENA DO MUNDO

 

En Nadal é común que a decoración se volva excesiva, con grandes xogos de luces, adornos visibles por todos lados e mesmo figuras a tamaño natural no xardín no caso dos máis ousados. Con todo, Travis Casagrande optou pola opción contraria: crear a casa do Nadal máis pequena do mundo. Este investigador asociado do Centro Canadense de Microscopía Electrónica da Universidade McCaster (Canadá) creou a miniatura dun fogar aposentado sobre a cabeza dun boneco de neve que apenas ten o tamaño do grosor dun cabelo.

Casagrande construíu unha casa de pan de xengibre de silicona con todo luxo de detalles: pódense observar os ladrillos e os adornos ben definidos. E mesmo ten un  felpudo no que o enxeñeiro gravou a bandeira de Canadá. Seguramente sexa a construción máis pequena do mundo, xa que ten a metade de tamaño que unha homóloga feita en Francia.

A microscópica marabilla ten os seus cimentos  aposentados sobre un boneco de neve que, ao seu lado, parece monstruoso. Con todo, a foto final revela que, en comparación, o boneco mide aproximadamente o mesmo que o grosor que un cabelo humano, que e aparece case como un tronco de secuoia.

A escalas microscópicas e grazas a un equipo formado por un conxunto de dez microscopios electrónicos,  Casagrande utilizou un feixe de ións de galio cargados, que actuaron como un chorro de area, para construír o edificio. Non era a primeira vez que utilizaba esta técnica: en 2017 saltou aos medios por construír unha pequena bandeira canadense que voaba desde un poste dentro dun pequeno buraco case imperceptible tradeado nunha moeda dun centavo.

FONTE: abc.es/ciencia

PALABRA ESPAÑOLA DO ANO 2019: EMOTICONOS E EMOJIS

As linguas non deben temer ao progreso. Ao longo da súa historia, o español adaptouse aos cambios tecnolóxicos de cada época e estes, lonxe de minar a súa integridade lingüística, serviron para fortalecelo e para alargar as súas fronteiras. Desde a invención da imprenta ata as redes sociais, o español e os seus falantes souberon e saben convivir cos cambios e aproveitar as novas formas de difusión e comunicación en todas as súas vertentes.

Os emoticonos e emojis lograron a distinción de palabra de 2019 que concede a Fundación do Español Urxente, promovida por Axénciaa Efe e BBVA.

Segundo anunciou a Fundación, "os  emoticonos e  emojis (e as súas evolucións: bitmojis, memojis, animojis…) forman parte xa da nosa comunicación diaria e conquistan día a día novos espazos máis aló das conversacións privadas en chats e aplicacións de mensaxería nos que comezou o seu uso".

O dicionario da lingua española define emoticono como "representación dunha expresión facial que se utiliza para aludir ao estado de ánimo do remitente", especialmente nas redes sociais e outros medios de comunicación dixital.

FONTE: fundeu.es

BANDEIRAS DO MUNDO LXXIV

Esta é a bandeira de Nicaragua (República de Nicaragua), un país ubicado no istmo centroamericano. Conta cunha poboación que rolda os 6 millóns de habitantes, sendo a súa capital Managua. O idioma oficial é o español.

A bandeira está formada por tres franxas horizontais do mesmo tamaño, de ton azul as exteriores, e de cor branco a central, en cuxo centro, figura o Escudo Nacional. As franxas azuis simbolizan a xustiza, a lealdade, a fraternidade, a fortaleza, o valor, o ceo, a cor dos lagos Xolotlán e Cocibolca, o Mar Caribe e o Océano Pacífico que bañan as costas do leste e o oeste do país, respectivamente. A franxa branca simboliza a pureza, a integridade, a igualdade, a bondade, a paz e a nación. Na parte central da franxa branca atópase o escudo, que consta de dous elementos, o central e o periférico, sendo o primeiro un triángulo equilátero de ouro que representa a igualdade e a rectitude da Patria e as súas institucións. Na parte inferior, unha cordilleira de cinco volcáns verde amarelados, entre dous océanos en ton azul ultramar, representan a unidade e a fraternidade das cinco repúblicas centroaméricanas do mesmo xeito que os volcáns e cordilleiras do país. Os mares representan o Mar Caribe e o Océano Pacífico que bañan as costas do Leste e o Oeste do país respectivamente. Un gorro frigio en ton vermello  bermellón ilumina a escena con raios brancos de luz, desde a parte central do triángulo, representando a liberdade, tendo como fondo un ceo en ton azul pálido que simboliza a gloria, o  heroísmo e o sacrificio pola liberdade.

FONTE: gal.wikipedia.org

OS TEUS COÑECEMENTOS SOBRE MEDIO AMBIENTE XI

A contestación correcta á pregunta do día anterior, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre medio ambiente, é a calor do Sol non pode disiparse no espazo exterior. A maior parte da enerxía que chega ao noso planeta procede do Sol. Vén en forma de radiación electromagnética. A radiación entrante solar pódese dispersar na atmosfera ou ser reflectida polas nubes e os aerosois. A superficie terrestre pode reflectir ou absorber a enerxía solar que lle chega. A enerxía solar de onda curta transfórmase na Terra en calor. Esa enerxía non se disipa, atópase como calor sensible ou calor latente, pódese almacenar durante algún tempo, transportarse en varias formas, dando lugar a unha gran variedade de tempo e a fenómenos  turbulentos na atmosfera ou no océano.Finalmente volve ser emitida á atmosfera como enerxía radiante de onda longa.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Cantos litros de auga pode chegar a contaminar unha pila común?

- Ata 1.000

- Ata 2.000

- Ata 3.000

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e cambia.pe Imaxe: eleconomista.com

OS TEUS COÑECEMENTOS SOBRE MEDIO AMBIENTE X

A contestación correcta á pregunta do día anterior, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre medio ambiente, é 17 árbores. Son moitísismos! Cada ano tállanse 4.000 millóns de árbores no mundo para fabricar papel, unha cifra humillante. É un terzo de toda a madeira que se procesa a nivel mundial. De aí a importancia da reciclaxe!

E imos coa pegunta de hoxe!

10. O quecemento global existe, por moito que diga Donald Trump. Sabes cal destas afirmacións ao redor deste fenómeno é certa?

- A calor do Sol non pode disiparse no espazo exterior.

- Prodúcese por culpa do buraco da capa de ozono: o Sol quenta máis.

- É responsable da choiva aceda.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e verne.elpais.com Imaxe: caracteristicas.co