Blogia

vgomez

PENSAMENTO LATERAL



As matemáticas poden ser divertidas? Como poden axudarnos no noso día a día? En definitiva, cal é o poder que nos dá as matemáticas? Ninguén mellor que Adrián Paenza para responder a estas preguntas. Doutor en matemáticas e profesor na Universidade de Bos Aires durante máis de 20 anos, Paenza está considerado como un dos grandes divulgadores matemáticos do mundo, recibindo, entre outros, o prestixioso premio Leelavati en 2014 outorgado pola Unión Matemática Internacional, pola súa contribución e labor divulgativa.

A súa paixón por ciencia, a política e o deporte levouno, a compaxinar a súa faceta como matemático co xornalismo. Profesión que desenvolveu con éxito durante máis de corenta anos nos grandes medios arxentinos de prensa, radio e televisión na que destacaron os populares programas: Científicos Industria Arxentina e especialmente Alterados por Pi, programa que se mantivo en antena durante máis de dez anos.

É autor de numerosos libros, entre os que destacan a exitosa serie: Matemática, estás aí?, Matemagia (2015), Matemáticas para todos (2017) e A porta equivocada (2018). A través de historias, retos e enigmas, Adrián Paenza logra espertar a nosa curiosidade, desafiar a nosa imaxinación e contaxiarnos o seu entusiasmo polo coñecemento e a aprendizaxe, demostrando que as matemáticas ademais de moi útiles son tremendamente divertidas.

BANDEIRAS DO MUNDO VII

Esta é a bandeira de Gabón (República Gabonesa), un país situado na costa oeste de África central. Cunha poboación que supera o 1,5 millóns de habitantes, a súa capital é Libreville. Oseu idioma oficial é o francés.

A bandeira sstá composta por tres franxas horizontais do mesmo tamaño. A cor da franxa superior é o verde, que simboliza a flora do país. A franxa central, de cor amarela, representa a luz do sol. A franxa inferior é azul, o mesmo cor do Océano Atlántico que baña as costas do país.

Mañá outra bandeira e outro país!

FONTE: gl.wikipedia.org

A CULTURA QUE CONTEÑEN AS MOEDAS DO EURO VI

Continúo con esta serie que recolle a información cultural que amosan as distintas moedas do euro.

6. Grecia: O rapto de Europa

Europa, na mitoloxía grega, era unha muller fenicia de Tiro, secuestrada por Zeus, de cuxo nome deriva o do continente europeo. O mito relata que foi raptada por Zeus transformado nun touro branco, quen a levou a Creta sobre o seu lombo. Este relato foi racionalizado por Heródoto; quen indica que foi secuestrada por mariños  cretenses, quen a levou á súa patria. As referencias máis antigas deste mito son un texto da Ilíada e un fragmento do Catálogo das Mulleres de Hesíodo.

As moedas de 2 euros reproducen iste pasaxe mitolóxico. Inspírase nun mosaico aparecido en Esparta e o deseño é de Georges Stamatopoulos.

Mañá outra moeda, neste caso, do mesmo país e máis coñecementos!

FONTE: Clara González Freyre/Verne/elpais.com e es.wikipedia.org

ENIGMAS MATEMÁTICOS DE MARTIN GARDNER (I)

Martin Gardner (1914-2010) foi un divulgador científico e filósofo da ciencia estadounidense, moi popular polos seus libros de matemática recreativa. Escribiu máis de 90 libros e non todos foron de matemáticas: escribiu sobre ciencia recreativa, filosofía, escepticismo e tamén sobre ilusionismo. De feito, en case todos os seus libros incluía algún capítulo con xogos de maxia matemática. 

Propóñoche agora un dos pasatiempos que tanto gustaban a Martin Gardner:

Trátase de dividir a seguinte figura cun único corte de tesoira de modo que queden dúas formas idénticas, é dicir facer unha única liña (non necesariamente recta) que divida a figura en dous partes con igual forma.

Non é difícil, pero hai que pensar un pouco.

Maña a solución e un eneiga matemático deste divulgador científico, do que se está acelebrar o aniversario do nacemento, o 21 de outubro de 1914.

FONTE: Fernando Blasco/abc.es/ciencia

WILDLIFE PHOTOGRAPHER OF THE YEAR 2019

"Night glow", foto gañadora da categoría de 11 a 14 anos. Cruz Erdmann (Nova Zelandia)

O Wildlife Photographer of the Year 2019, seguramente o certame fotografa de natureza máis destacado a nivel internacional (non en balde vai pola edición número 55) deu a coñecer os gañadores absolutos entre os que, por certo, hai un español, Luis Villarino López, na categoría Entornos da Terra.

Organizado polo Museo de Historia Natural de Londres, este ano anunciaron unha cifras de participación superiores ao anterior: 48 mil entradas de fotógrafos profesionais e afeccionados de 100 países distintos. De entre todos eles saíron os gañadores dalgunha das 19 categorías a concurso.

Se queres coñecer os gañadores das distintas categorías preme AQUÍ.

FONTE: elpaís.com/un país de blogs

BANDEIRAS DO MUNDO VI

 

Esta é a bandeira das Filipinas (República de Filipinas), un país insular situado no sueste asiático, sobre o océano Pacífico.  Cunha poboación superior aos 88.000.000, a súa capital é Manila. O idioma oficial é o filipino (Tagalo) e o inglés, que conviven con 170 linguas autóctonas.

A bandeira de está composta por dúas franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor azul a superior e de vermello a inferior. No bordo máis próximo ao mastro figura un triángulo equilátero de cor branca que contén no seu centro un sol dourado ou amarelo con dezaseis raios que rodean a outro oito de maior grosor e tres estrelas do mesma cor con cinco puntas cada unha, situadas preto dos vértices do triángulo. A cor vermella da bandeira simboliza o sangue, o valor e a coraxe de quen loitaron pola independencia do país; o azul representa a unidade nacional e os ideais, e o branco é a cor da pureza e da paz. O sol representa o nacemento dunha nova era iniciada coa independencia do país. O oito raios do sol simbolizan ao oito provincias que iniciaron a revolta contra o dominio colonial español. O tres estrelas de cinco puntas representan o tres áreas xeográficas máis importantes das Illas Filipinas: Luzón, Visayas e Mindanao.

Mañá outra bandeira e outro país!

FONTE: gl.wikipedia.org

A CULTURA QUE CONTEÑEN AS MOEDAS DO EURO V

Continúo con esta serie que recolle a información cultural que amosan as distintas moedas do euro.

5. Malta: Templo de Mnajdra

Mnajdra é un templo megalítico que se atopa na costa sur de Malta, a 500 m da estrutura homóloga de Ħaġar Qim. Atópase preto dun cantil e desde el é posible ver o illote de Filfla. Foi construído no 3000 a. C. e é, por conseguinte, unha das máis antigas estruturas autónomas do mundo, anterior mesmo ás pirámides de Exipto e a  Stonehenge. Está composta por pedra calcaria de orixe coralino, a cal é moito máis forte que a do veciño Ħaġar Qim. En 1992, a Unesco declarou o conxunto de  Mnajdra, xunto a outros catro sitios megalíticos no arquipélago de Malta, Patrimonio da Humanidade.

As moedas de 1, 2 e 5 céntimos representan estra estrutura megalítica.

Mañá outra moeda, outro país e máis coñecementos!

FONTE: Clara González Freyre/Verne/elpais.com e es.wikipedia.org

A CULTURA QUE CONTEÑEN AS MOEDAS DO EURO IV

Continúo con esta serie que recolle a información cultural que amosan as distintas moedas do euro.

4. Eslovenia: Proposta para o Parlamento Esloveno

A pesar de estar morto, Jože  Plečnik (1872-1957) é frecuentemente citado como o maior arquitecto de Eslovenia. Quixo construír un novo parlamento esloveno, unha estrutura estatal que albergase ao poder lexislativo da República Socialista de Eslovenia (1945-1991), constituínte da República Federativa Socialista de Iugoslavia.

Cando a proposta foi rexeitada polas autoridades,  Plečnik propuxo un segundo deseño coñecido popularmente como a "Catedral da Liberdade" a realizar en capital eslovena: Liubliana, coroada por una cúpula cónica de 120 m de altura.

As moedas de 10 céntimos amosan este proxecto que nuncha se chegou a realizar.

Mañá outra moeda, outro país e máis coñecementos!

FONTE: Clara González Freyre/Verne/elpais.com e es.wikipedia.org