Blogia
vgomez

COMUNICADOS

COMEZA O VERÁN 2020

 

Hoxe, 20 de xuño,  ás 23 horas e 44 minutos hora oficial peninsular, comezará o verán.

Esta estación durará 93 días e 15 horas, e rematará o 22 de setembro co comezo do outono.

Aínda que sexa atípico, disfrutádeo, iso si, seguindo as indicacións sanitarias. Con sentidiño!

CAMBIO DE HORAR: HORARIO DE VERÁN 2020

Esta note, na madrugada do sábado 28 ao domingo 29 de marzo de 2020, producirase o cambio de hora, comenzando o horario de verán. Ás 2:00 horas haberá que adiantar os reloxos ás 3:00 horas, polo que durmiremos 1 hora menos e o día terá 23 horas. Por desgraza, nesta ocasión, a maioría da poboación pouco lle importa, pois estamos confinados.

Cando remataremos con esta historia!

Imaxe: noticiascyl.com

MANCOMÚN: SOLIDARIDARIDADE UNIVERSITARIA

En tempos de corentena, a solidariedade é vital. E máis cando o curso académico segue en marcha a través dos campus virtuais. O banco de apuntamentos creado durante o curso pasado por Asolaga ( Asemblea Nacional das Estudantes Galegas) rexistrou un aumento do material compartido estes días polos estudantes das tres universidades galegas e, nalgúns casos, desde carreiras que aínda non formaban parte do catálogo.

"Creamos a plataforma Mancomún para xerar comunidade na contorna académica e fomentar o compañeirismo fronte a venda de apuntamentos e a competitividade que se fomenta na universidade. E agora relanzámola porque é unha ferramenta moi útil tamén para contrarrestar a falla de clases presenciais. Estamos recibindo máis material e irémolo subindo estes días", comenta o vigués Bruno Arias, alumno de Comunicación Audiovisual na USC e un dos encargados de xestionar o banco.

O acceso aos apuntamentos é completamente libre e os "doantes" poden descargar o seu material en calquera formato: pdf, power point, audios e mesmo vídeos.

Desde Asolaga tamén están moi pendentes de que a implantación da  teledocencia nas tres universidades fágase con garantías e responden a todas as dúbidas que lles xurdan aos estudantes nestes momentos.

Se estás interesado preme AQUÍ.

FONTE: Sandra Penelas/farodevigo.es

TVG: BLOQUE EDUCATIVO

A TVG enite, dende hoxe luns 23,  pola súa segunda canle, a G2, un bloque de programación educativa. De luns a venres, entre as 11.00 e as 13.00 horas, este bloque emitirase mentres os centros escolares permanecen pechados atendendo as restricións para loitar contra coroavirus.

Deste xeito, os medios públicos galegos facilitarán aos estudantes unha nova vía para recibir contidos complementarios aos que reciben dos seus centros. En colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a iniciativa arranca cunha variada oferta de programas en áreas tan diversas coma a xeoloxía, a historia, a experimentación ou o mundo animal, e que se irá ampliando con achegas do sistema educativo galego.

Deste xeito, divulgarase o programa “Xeoclip”, creado por docentes e no que se abordan temas incluídos nos currículos de Xeoloxía e Bioloxía e de Xeografía e Historia. Trátase dun espazo destinado especialmente a alumnado de Secundaria e de Bacharelato, que explica de maneira sinxela e atractiva o que agocha a xeoloxía galega e permite ademais descubrir a riqueza paisaxística da Comunidade.

Outra das apostas didácticas é “Aquelando tamén quedamos na casa”, unha versión do programa de divulgación científica “Aquelando”, creada para as actuais circunstancias de estadía nos fogares. Con el búscase que a rapazada aprenda de xeito entretido, con explicacións, experimentos e trucos nos que se manexan conceptos e ideas de todas as materias que se poden atopar nos diferentes ciclos educativos.

Os pequenos poderán gozar tamén das clásicas series divulgativas de animación como “Era unha vez... o home” e “Era unha vez... os exploradores”, creadas por Albert Barillé e nas que se aborda a historia da humanidade e dos grandes descubrimentos xeográficos. Pola súa banda, o programa “Criaturas”, achegaralle ao público máis novo o medio natural e os animais desde diversas perspectivas, como a relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, doenzas ou o labor que desenvolven os veterinarios, entre outras-

FONTE: www.crtvg.es

RTVE: APRENDEMOS NA CASA

RTVE lanza, dende hoxe luns 23,  Aprendemos na casa, unha iniciativa do Ministerio de Educación e Formación Profesional para facilitar a educación desde a televisión pública durante o tempo que duren as medidas de illamento para conter o coroavirus.

Hoxe comezará a emisión deste espazo na franxa de mañá de Clan e a 2, que reforzan así o papel da televisión lineal con este proxecto destinado a toda a poboación, especialmente ás familias con menos recursos, territorios con maiores dificultades de conexión á rede e cidadáns que por motivo das condicións impostas polo illamento teñen problemas para compartir o ancho de banda.

Clan, de 6 a 12 anos (de 09:00 a 12:00 horas)

De 6 a 8 anos (09:00 a 10:00 horas)

De 8 a 10 anos (10:00 a 11:00 horas)

De 10 a 12 anos (11:00 a 12:00 horas).

A 2, de 12 a 16 anos (de 12:00 a 14:00)

De 12 a 14 anos (12:00 a 13:00 horas)

De 14 a 16 anos (13:00 a 14:00 horas).

Materias: Contará cun completo programa de contidos no que cada día da semana Clan e a 2 ofrecerán clases das seguintes materias para todas as idades: lóxica e matemáticas os luns; ciencias sociais os martes; educación artística e educación física os mércores; lingua e idiomas os xoves; e ciencias naturais os venres.

Educlan e ‘Móvete en casa’

RTVE amplía así a experiencia de Educlan, posta en marcha o pasado luns cun gran éxito. É xa o contido máis visto nos medios dixitais de Clan (web, app e televisións conectadas) por encima dos líderes habituais como ‘Peppa Pig’. Máis de 236.000 nenos accederon e consultaron máis de 1.150.000 vídeos desde o luns. A canle conta xa con máis de 300 vídeos destinados a nenos de 4 a 10 anos.

As iniciativas de servizo público de RTVE crecen durante esta crise do coroavirus e esténdense tamén ao exercicio físico con ‘Móvete en casa’, o novo espazo da 2, conducido polo profesor de fitness de OT Cesc Escolà, que a partir de hoxe animará a todos os cidadáns a coidar a súa forma física desde os seus domicilios.

FONTE: ww.rtve

DESMENTIR OS MITOS DO COROAVIRUS

 

Neste vídeo de Darwin, necesítote, a serie científica de Materia e El País Vídeo que separa os mitos da realidade, repasamos as claves para entender este novo  patóxeno. O vídeo aborda tres cuestiones principais: como infecta o virus a unha persoa, como se propaga entre a poboación e que medidas preveñen o contaxio. Ademais, desméntense algúns bulos e mitos comúns que circulan sobre o coonavirus e a enfermidade Covid-19.

As cousas claras!

ESTADO DE ALARMA

O artigo 116.2 da Constitución prevé declarar o ESTADO DE ALARMA, en todo ou parte do territorio nacional, cando se produzan crises sanitarias que supoñan alteracións graves da normalidade. 

Ante a situación sanitaria do COVID-19 como pandemia internacional, o Goberno acaba de declarar iste estado de alarma, mediante un real decreto coas medidas imprescindibles para facer fronte á situación, proporcionadas á extrema gravidade da situación e que non supoñen a suspensión de ningún dereito fundamental, tal e como prevé o artigo 55 da Constitución.

Aquí tes o contido íntegro, bulicado no BOE na pasada noite. Para velo preme AQUÍ.

MEDIDAS DE PREVENCIÓN ADOPTADAS POLO CONCELLO DE A GUARDA FRONTE AO COVID-19

• A evolución do COVID-19 nos últimos días ten como consecuencia a adopción de medidas de contención extraordinarias.

Responsables municipais están facendo un seguimento en tempo real en base ás recomendacións do Estado, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, para establecer os protocolos a seguir ante a evolución do coronavirus COVID-19.

O Concello da Guarda vai a priorizar nos servizos de atención ao público municipais a atención de xeito telefónica e telemática, limitando na medida do posible a atención presencial e garantindo a prestación dos diferentes servizos.

Medidas adoptadas en relación aos espazos municipais e atención ao público:
• Inclusión de monográficos sobre unha axeitada técnica de hixiene das mans e informacións de interese para evitar posibles infeccións nos espazos municipais que permanezan abertos.
• Recomendación aos traballadores municipais de extremar as medidas de hixiene.
• Indicación aos servizos de limpeza a extremar a hixiene dos dos espazos municipais que permanezan abertos.
• Limitar a presenza de traballadores favorecendo o teletraballo.
• Na web municipal habilitouse un apartado específico para incorporar todas as recomendacións e informacións de interese de xeito que se dispoña dunha información actualizada.

Medidas adoptadas en canto ós servizos e actividades:
• Peche da Rede de Museos Municipal: Museo MASAT do Monte Santa Trega, Museo do Mar e Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz.
• Peche dos centros sociocomunitarios, do Conservatorio Municipal, do Centro Cultural, do Campo de Fútbol da Sangriña, da Piscina Municipal e do Pavillón Municipal.
• Suspensión de todas as actividades culturais, deportivas e, en definitiva, todas aquelas xuntanzas e reunións que non sexan estrictamente necesarias.
• Suspendense tamén todas as accións formativas e cursos previstos nas vindeiras datas, así coma os procesos selectivos.
• Suspensión do servizo da Escola Infantil Municipal.
• Suspensión do mercadillo semanal dos sábados.

  

Recomendacións:
• Recomendación a todos os colectivos sociais, deportivos e culturais a evitar a realización de actividades públicas e o peche dos seus locais.
• Recomendación a toda a cidadanía de evitar a asistencia aos espazos privados e públicos onde exista concentración de persoas (parques, etc.).

As medidas adoptadas estarán vixentes dende o venres día 13 de marzo ata próxima comunicación en función da evolución do COVID-19. A única execpción é o servizo da Escola Infantil Municipal que permanecerá pechará a partir do luns día 16 para dar tempo as familias a organizarse.

FONTE: aguarda.es