Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

POR QIE AS LAPELAS DE OMBREIRO DAS CHAQUETAS LEVAN BOTÓNS?

solapa_result

No mundo da moda podémonos atopar con que as chaquetas de coiro, as chaquetas tipo militar, as de tipo  biker e mesmo os abrigos incorporan nos seus deseños unhas lapelas nos ombreiros que se abrochan cun botón. Simplemente moda ou ten algunha utilidade?

A contestación tela na imaxe superior. Tecnicamente falando, unha lapela ou correa de ombreiro portadora é unha lonxitude de tea ou outro material flexible que se utiliza para suspender un artigo, a miúdo de certo peso, dos ombreiros e asegurarse de que non caia.

Dentro deste tipo de lapelas de ombreiro portadoras atópanse as correas de ombreiro militar. Moitas camisas de uniforme militar, chaquetas, túnicas ou abrigos levan este tipo de lapelas nos ombreiros. Foron deseñadas orixinalmente para evitar que as mochilas, as bolsas de municións ou as  baionetas saísense do ombreiro. Nestas lapelas tamén adoitan mostrarse as insignias de rango, de rexemento...

FONTE: laregion.es

INVENTOS ESPAÑOIS QUE FIXERON FITO XI (FIN)

Remato, hoxe, coa serie adicada aos inventos españois que marcaron un fito na innovación e o coñecemento en ámbitos como a ciencia, a medicina, a aviación ou resolvendo problemas da vida cotía.

11. O LIBRO ELECTRÓNICO



A tinta electrónica non se coñecía en 1949, pero iso non impediu que a mestra e inventora Ángela Ruiz Robles (León, 1895 - A Coruña, 1975 )inventase o que hoxe se considera o precursor do libro electrónico. Ela chamábao enciclopedia mecánica e chegou a supervisar persoalmente a construción dun prototipo que hoxe se conserva no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña.

FONTE: es.gizmodo.com e wikipedia

INVENTOS ESPAÑOIS QUE FIXERON FITO X

Continuo coa serie adicada aos inventos españois que marcaron un fito na innovación e o coñecemento en ámbitos como a ciencia, a medicina, a aviación ou resolvendo problemas da vida cotía.

10. O TALGO

 

Primer tren experimental talgo I / Imaxe:aecientificos.es

O Tren Articulado Lixeiro  Goicoechea Oriol, máis coñecido como Talgo, foi unha auténtica revolución no mundo do ferrocarril. Inventado en 1942 por Alejandro  Goicoechea (Vizcaya, 1895 - Madrid, 1984​) e impulsado por José Luis Oriol, alcanzou fama internacional durante os anos 60.

O seu maior avance supuxo un sistema de rodaxe completamente diferente ao dos trens convencionais, que permitía lograr unha maior velocidade coa mesma potencia.

Como curiosidade o prototipo Talgo I acadou en 1942 os 115 km/h entre Madrid e Guadalaxara.

A súa evolución foi moi imprtante ao longo do tempo co Talgo II e sucesivos ata chegar ao Talgo AVE actual.

Mañá o último invento!

FONTE: aecientificos.es e wikipedia

INVENTOS ESPAÑOIS QUE FIXERON FITO IX

Continuo coa serie adicada aos inventos españois que marcaron un fito na innovación e o coñecemento en ámbitos como a ciencia, a medicina, a aviación ou resolvendo problemas da vida cotía.

9. A XIRINGA DESBOTABLE

Jeringuilla desechable

 

O mesmo personaxe autor da fregona, da que falamos o primeiro día desra sección, Manuel Jalón Corominas (Logroño, 1925 – 2011) , inventou a xiringa hipodérmica desbotable en 1975. Grazas a ela evitáronse moitas enfermidades.

Mañá un novo invento!

FONTE: metrópoli/elmundo.es e wikipedia

INVENTOS ESPAÑOIS QUE FIXERON FITO VIII

Continuo coa serie adicada aos inventos españois que marcaron un fito na innovación e o coñecemento en ámbitos como a ciencia, a medicina, a aviación ou resolvendo problemas da vida cotía.

8. O TELEFÉRICO

Teleférico

 

 

 

Leonardo Torres Quevedo (Cantabria, 1852 - Madrid, 1936), citado xa nesta serie, tamén consagrou a súa vida ao estudo de transbordadores, funiculares ou teleféricos. Estes proxectos presentounos sobre todo en Suíza, país moi interesado neste transporte pola súa orografía... pero o proxecto foi rexeitado. A piques de caducar a patente en 1903, retomou a idea: en 1907 construíu o primeiro transbordador apto para persoas no Monte  Ulía de San Sebastián.

Pero é sen dúbida o Spanish  Aerocar nas cataratas do Niágara, en Canadá, o que lle deu a maior fama nesta área de actividade, aínda que desde un punto de vista científico non sexa a máis importante (1914-1916).

Como curiosidade a experimentación de Torres Quevedo na área de transbordadores, funiculares ou teleféricos, comezou moi pronto durante a súa residencia no seu pobo natal,  Molledo. Alí, en 1887, construíu na súa casa o primeiro transbordador, ao que chamou "transbordador de  Portolín", para salvar un desnivel duns 40 metros: duns 200 metros de lonxitude e tracción animal, unha parella de vacas, e unha cadeira a modo de  barquilla.

Mañá un novo invento!

FONTE: metrópoli/elmundo.es e wikipedia

INVENTOS ESPAÑOIS QUE FIXERON FITO VII

Continuo coa serie adicada aos inventos españois que marcaron un fito na innovación e o coñecemento en ámbitos como a ciencia, a medicina, a aviación ou resolvendo problemas da vida cotía.

7. A CALCULADORA DIXITAL

Calculadora digital

 

 

 

Nos seus Ensaios sobre automática, o matemático Leonardo Torres Quevedo (Cantabria, 1852 - Madrid, 1936) formulou en 1914 o que no futuro sería unha nova rama da enxeñería: a automática. Neste Ensaios, desenvolve a teoría do que posteriormente será o seu aritmómetro: unha máquina electromecánica capaz de realizar cálculos de forma autónoma cun dispositivo de entrada de comandos (unha máquina de escribir), unha unidade de procesamento e rexistros de valores (un sistema de listóns,  poleas, agullas,  escobillas,  electroimanes e  conmutadores), e un dispositivo de saída (de novo unha máquina de escribir). É en definitiva o que "debería consagrar internacionalmente ao noso enxeñeiro como o inventor do primeiro computador no sentido actual da historia".

Mañá un novo invento!

FONTE: metrópoli/elmundo.es e wikipedia

INVENTOS ESPAÑOIS QUE FIXERON FITO V

Continuo coa serie adicada aos inventos españois que marcaron un fito na innovación e o coñecemento en ámbitos como a ciencia, a medicina, a aviación ou resolvendo problemas da vida cotía.

5. O AUTOXIRO

Juan de la Cierva e o autoxiro / Imaxe: arlay.net

O autoxiro ou xirocóptero é nvención do enxeñeiro español Juan de la Cierva y Codorníu (Murcia, 1895 - Croydon-Inglaterra, 1936), quen desenvolveu o  rotor articulado que máis tarde usarían os helicópteros. O seu primeiro voo fíxoo en 1923 (de apenas 200 m). Un ano despois realizou a súa primeira viaxe entre os aeródromos de Xetafe e Catro Ventos.

Mañá un novo invento!

FONTE: metrópoli/elmundo.es e wikipedia

CAL É O ANIMAL QUE MÁIS HORAS DORME AO DÍA?

Coala / Imaxe: ocasoenelreinoanimal.wordpress.com

O certo é que hai uns cuantos  especímenes caracterizados polos seus longos soños diarios. Excluíndo o período de  hibernación, o animal que dorme máis horas é sen dúbida ise mamífero da orde dos marsupiais, de pelo espeso cinsento, orellas arredondadas, patas prénsiles e uñas afiadas, propio de Australia: o coala (Phascolarctos cinereus), cun total de 22 horas cada día. O certo é que case nin se esperta e as dúas horas restantes dedícaas a comer e ao seu aseo.

Non é, nin moito menos, o único animal da natureza que dorme tanto. Séguenlle moi de preto estoutros: o preguiceiro (que dorme unhas 20 horas ao día), o  armadillo (19 horas ao día), a  sarigüeia (19 horas ao día), o  lémure (16 horas ao día), o  hámster (14 horas ao día), o esquío (que iguala as 14 horas ao día), o gato (13 horas ao día) ou o porco (13 horas ao día).

FONTE:Sarah Romero/muyinteresante.es