Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

NOVAS ESPECIES 2016 (IV)

Los ejemplares más grandes de esta raya pueden pesar 20 kilos

Os exemplares máis grandes desta raia poden pesar 20 quilos / M. R. de Carvalho

Continuamos co repaso das 10 novas especies  que o grupo de taxonomistas do Instituto Internacional para a Exploración de Especies (IISE) seleccionou de todas as descubertas en 2016. Hoxe falaremos da gran raia de auga doce.

Esta gran raia de auga doce (Potamotrygon rex)é endémica ao río Tocantins Brasil. O espécime de tipo mide 1,11 m de lonxitude e os exemplares grandes poden pesar 20 kg. É outra das 350 especies deste río que non é atopan en ningún outro lugar da Terra. É de cor pardo negruzco e con motivos sorprendentes amarelos e alaranxados.

A súa taxonomía sería: 

Reino: Animalia     

Filo: Chordata       

Clase: Chondrichtiyes 

Orde: Myliobatiformes        

Familia: Potamotrygonidae     

Xénero: Potramotrygon 

FONTE: Araceli Acosta/Xornal abc/ciencia e Wikipedia

NOVAS ESPECIES 2016 (III)

El saltamontes rosa, experto en camuflaje

O saltón rosa, experto na camuflaxe /Peter Kirk

Continuamos co repaso das 10 novas especies  que o grupo de taxonomistas do Instituto Internacional para a Exploración de Especies (IISE) seleccionou de todas as descubertas en 2016. Hoxe falaremos da femia de saltón rosa.

A femia de saltón rosa (Eulophophyllum kirki), experta da camuflaxe, foi descuberta mentres os investigadores buscaban tarántulas e serpes en Borneo. A femia destes saltamontes aproveita a súa cor e a súa capacidade para mimetizarse (tanto o corpo como as patas parecen follas) para esconderse entre a follaxe. Mide uns catro centímetros e fronte ao rosa brillante que exhiben, os machos da especie son completamente verdes.

Debido a que a zona na que vive está altamente protexida, os investigadores non puideron recadar ningún exemplar e só as fotografías proban a súa existencia. Ás veces o avance da ciencia choca coas medidas que se impoñen para protexer áreas naturais.

FONTE: Araceli Acosta/Xornal abc/ciencia

A RA DE CRISTAL Á QUE SE LLE VE O CORAZÓN

La rana Hyalinobatrachium Yaku, con el corazón a la vista

A ra Hyalinobatrachium Yaku, co corazón á vista / Jaime Culebras/Ross Maynard

As chamadas ras de cristal do Amazonas son extremadamente rechamantes porque baixo a pel transparente da súa barriga poden verse os seus órganos con claridade. Pero a que descubriu recentemente un equipo de científicos da Universidade San Francisco de Quito, Ecuador, é aínda máis asombrosa: mostra o seu corazón latente baixo o peito.

O novo anfibio, chamado Hyalinobatrachium yaku (yaku tradúcese como auga no idioma local kichwa), mide apenas 2 cm de lonxitude e tamén pode distinguirse polas manchas de cor verde escura relativamente grandes da parte posterior da súa cabeza e a súa chamada característica, segundo explican os investigadores na revista ZooKeys. O seu comportamento reprodutivo é bastante inusual. Os machos adoitan realizar as súas chamadas baixo as follas e coidan dos ovos.

FONTE: Xornal abc/ciencia

O AVIÓN MÁIS GRANDE DO MUNDO

 

En desenvolvemento desde 2010, Stratolaunch Systems acaba de presentar en público o Scaled Composites Model 351, aínda que todo o mundo chámao Roc, un peculiar avión de dobre fuselaxe e seis motores, o máis grande do mundo.

Fabricado fundamentalmente en materiais compostos, mide 117 metros dunha punta a outra das súas ás, o que o fai o avión máis grande do mundo en canto a envergadura, aínda que con só 72 metros de longo é máis curto que un Boeing 747 ou un Airbus A380. Todo isto fai que poida cargar ata 250 toneladas baixo a sección central da súa á, que será onde vaian colocados os foguetes que lance desde un pouco menos de 11 quilómetros de altitude.

Lanzar un foguete desde un avión ten sentido porque permite usar foguetes máis sinxelos e menos potentes que prescinden da primeira etapa que tradicionalmente se perde nos lanzamentos, o que aumenta considerablemente o custo; o avión é o que fai, pouco máis ou menos, a función da primeira etapa, coa diferenza de que se pode volver utilizar. Ademais, desde a altitude á que lanzará os foguetes o Roc a maioría dos fenómenos meteorolóxicos, causa moi frecuente de cancelacións de lanzamentos, deixan de ser un factor porque se producen por baixo.

Finalmente Roc será utilizado "se non hai outro cambio de plans" para lanzar foguetes Pegasus XL de Orbital. Pero son foguetes relativamente pequenos "cada un pesa unhas 23 toneladas" o que desaproveita moito as capacidades do Roc por moito que vaian ser lanzados de tres en tres; ademais, cada Pegasus XL só é capaz de colocar en órbita cargas útiles de pouco máis de 400 quilos, o que queda moi lonxe das seis toneladas previstas inicialmente.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

NOVAS ESPECIES 2016 (II)

A formiga espiñenta Pheidole drogon / MASAKO OGASAWARA

Continuamos co repaso das 10 novas especies  que o grupo de taxonomistas do Instituto Internacional para a Exploración de Especies (IISE) seleccionou de todas as descubertas en 2016. Hoxe falaremos da formiga espiñenta.

Os doutores Georg Fischer e Eli Sarnat, xunto ao profesor Evan Economo do Instituto de Ciencia e Tecnoloxía de Okinawa, descubriron polo menos dúas especies novas de Pheidole entre os chans de Papúa Nova Guinea. Unha delas é a Pheidole drogon (o seu nome fai honor a “Drogon” un dos dragóns da serie de TV Game of Thronesque), que utiliza as súas espiñas para triturar sementes e así poder comelas.

A súa taxonomía sería:

Reino: Animalia          Filo: Arthropoda       Clase: Insecta       Orde: Hymenoptera

Familia: Formicidae    Xénero: Pheidole      Especie: Pheidole drogon

FONTE: Xornal El País/Ciencia e Wikipedia

NOVAS ESPECIES 2016

Un exemplar de Eriovixia gryffindori, unHa araña con forma de chapeu de mago / SUMUKA J. N.

Os expertos estiman que quedan ao redor de 12 millóns de especies animais e vexetais por descubrir. Esta abafadora cifra faise aínda máis colosal se se ten en conta que as especies que xa se coñecen supoñen só unha quinta parte. En 2016 catalogáronse unhas 18.000 especies novas e, delas, un grupo de taxonomistas do Instituto Internacional para a Exploración de Especies (IISE) seleccionou, por décimo ano consecutivo, as 10 máis destacadas.

Iniciamos o repaso desta lista cunha araña de menos de dous milímetros. Foi descuberta en 2016 en Karnataka, India (onde vive nos seus bosques húmidos), por Javed Ahmed, Rajashree Khalap e Sumukha Javagal. Os descubridores desta nova araña pensaron que se parecía ao chapeu seleccionador dos libros de Harry Potter. Así que o nomearon en honra a Godric Gryffindor, o dono orixinal do chapeu de clasificación: Eriovixia gryffindori. Ata agora, só se descubriron exemplares femia.

A súa taxonomía sería:

Reino: Animalia        Filo: Arthropoda       Clase: Arachnida       Orde: Araneae

Familia: Araneidae    Xénero: Eriovixia      Especie: Eriovixia gryffindori

FONTE: Xornal El País/Ciencia e Wikipedia

A NAI DE TODAS AS ARAÑAS

A NAI DE TODAS AS ARAÑAS

 

Unha araña australiana de 20 x 25 centímetros, deixou impresionado ata ao empregado de control de pragas da empresa All Year Pest Solutions. Foi o valente exterminador o que acuñou a denominación de "nai de todas as arañas" tras asegurar que non vira cousa semellante en 17 anos de profesión.

O animal é un esparásido ou araña cangrexo xigante, unha araña cazadora sen tea capaz para comer ata lagartixas e que é a maior en diámetro do mundo (chega ata os 30 centímetros) aínda que a supera en peso a bonita tarántula Goliath (Theraphosa blondi).

A araña cangrexo king size é capaz de saltar e mesmo de facer o flip flap (non é broma, ten unha locomoción espectacular); ataca se a molestas, que é un concepto moi elástico nunha araña, e o seu veleno non é perigoso se es unha persoa sa.

FONTE: Jacinto Antón/Xente/Xornal El país

NEBULOSA DA HÉLICE

NEBULOSA DA HÉLICE

 

Continuamos co percorrido por algunhas das nebulosas máis curiosas, grazas as fotografías da NASA. Hoxe, a Nebulosa da Hélice.

Trátase dunha nebulosa planetaria situada na constelación de Acuario. Grazas a esta imaxe de telescopio Spitzer e do observatorio GALEX podemos contemplar esta nebulosa como unha estrela moribunda que lanza unha rabieta cósmica. Así, a nebulosa formouse por unha estrela similar ao Sol nos últimos momentos da súa vida. A Nebulosa da Hélice atópase a 694,7 anos luz de distancia da Terra.

FONTE: Revista Muy Interesante/Ciencia