Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Existe a conxunción 'i' en galego?

Existe a conxunción ’i’ en galego? Esther sácanos de dúbidasas

#DígochoEu 

#DígochoEu: Non digas *o sinto

I’m sorry but... en galego non podes dicir *o sinto.

#DígochoEu

CANTO SABES DE MARROCOS? VIII

Continúo coa serie adicada a Marrocos, un país ao que moitos chaman a porta a África. É o país veciño alén do mar, que é realmente sorprendente, é cor, cheiro, sabor, grandes montañas, deserto, mar e medinas, tranquilidade e caos…

A contestación correcta á pregunta onte é Monarquía constitucional. Con lexislatura bicameral e un sistema multipartidista con sufraxio universal. O rei Mohammed VI de Marruecos (1)  é o xefe do Estado. É o xefe das Forzas Armadas, nomea ao Xefe do Goberno (Aziz Ajanuch)(2), que será o elixido polo poder lexislativo e correspóndelle a presidencia do Consello de Ministros. O Parlamento de Marrocos está composto de dous cámaras: a Cámara de Representantes e a Cámara de Conselleiros. Ao parlamento corresponde o poder lexislativo e o control do goberno. A Cámara de Representantes é elixida por sufraxio universal, libre, directo e secreto entre todos os cidadáns rexistrados no censo por un período de cinco anos. A Cámara de Conselleiros é un cámara de segunda lectura ou cámara alta que representa ás rexións e municipios de Marrocos por un sistema de representación de segundo grao.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Na súa organización territorial, Marrocos está dividida en cantas rexións, incluídas as Provincias Meridionais?

- 7

- 9

- 10

- 12

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org e google.com

#DígochoEu: 'Regañar' non é o que pensas en galego

Regañar! Coidado con esta palabra pois non ten o mesmo significado no castelán ca no galego!

#DígochoEu

CANTO SABES DE MARROCOS? VII

Continúo coa serie adicada a Marrocos, un país ao que moitos chaman a porta a África. É o país veciño alén do mar, que é realmente sorprendente, é cor, cheiro, sabor, grandes montañas, deserto, mar e medinas, tranquilidade e caos…

A contestación correcta á pregunta onte é Draa. É o río máis longo de Marrocos e de Alxeria (un 1.100 km). Nace no alto Atlas e desemboca no océano Atlántico. Séguelle en loxitude o Oum Er-Rbia.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal é a forma de gobernó en Marrocos?

- Dictadura

- República

- Monarquía constitucional

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org

PALABRA DO ANO DE FundéuRAE: POLARIZACIÓN

A Fundación del Español Urgente (FundéuRAE), promovida pola Real Academia Española e a Axencia EFE, escolleu polarización como a súa palabra do ano 2023.

O termo polarización impúxose ao resto das candidatas debido á súa gran presenza nos medios de comunicación e á evolución de significado que experimentou. Nos últimos anos estendeuse o uso desta voz, que está recollida desde 1884 no dicionario académico, para aludir a situacións nas que hai dúas opinións ou actividades moi definidas e distanciadas (en referencia aos polos), en ocasións coas ideas implícitas de crispación e confrontación.

É habitual atopar nos medios exemplos que aluden a diversas formas de polarización, a nivel mundial: a polarización da sociedade, da política, da opinión pública, das posturas nas redes sociais etc. E é que tanto o verbo polarizar como o seu correspondente substantivo polarización utilízanse con frecuencia para expresar a idea de división en dous bloques, posicións ou opinións enfrontadas.

Segundo o Dicionario da lingua española, polarizar é, entre outras cousas, orientar en dúas direccións contrapostas, e no Dicionario esencial ofrécese o seguinte exemplo: A guerra polarizou a sociedade.

Ademais do seu interese lingüístico, o outro motivo para a elección deste termo foi a súa elevada presenza nos medios de comunicación durante os últimos meses. Aplicada á política e ao ámbito ideolóxico, ao mundo deportivo, ao debate nas plataformas dixitais e, en xeral, a calquera escenario no que sexa habitual o desacordo, a voz polarización estendeuse ao longo de 2023.

Esta palabra aparece recollida no dicionario académico desde a edición de 1884 coa mesma definición que ten actualmente: ‘acción e efecto de polarizar ou polarizarse’. Con todo, hai máis dun século, polarización incluía a marca física, que indicaba que era un termo restrinxido á linguaxe desta ciencia, en relación cos polos.

En 1985, incorporouse un engadido a esa definición, que non se conserva na edición actual, e que ía dando pistas sobre como este termo comezaba a estenderse máis aló da física: En linguaxe da economía, proceso polo cal nunhas determinadas zonas dun territorio concéntranse a maioría das industrias. Para a edición do ano 2001, polarizar —e, en consecuencia, polarización— estendeuse á linguaxe xeral tras adquirir o sentido de ‘orientar en dúas direccións contrapostas’, xa empregado en ámbitos moi diversos.

A gañadora deste ano foi escollida entre doce candidatas, varias delas relacionadas coa tecnoloxía e o medioambiente ou as catástrofes naturais: amnistía, ecosilencio, euribor, FANI, fediverso, fentanilo, guerra, humanitario, macroincendio, sismo e ultrafalso

FONTE: fondeu.es      Imaxe: publico.es

CANTO SABES DE MARROCOS? VI

Continúo coa serie adicada a Marrocos, un país ao que moitos chaman a porta a África. É o país veciño alén do mar, que é realmente sorprendente, é cor, cheiro, sabor, grandes montañas, deserto, mar e medinas, tranquilidade e caos…

A contestación correcta á pregunta onte é Tubqal.  É o pico máis alto de Marrocos e de toda África do Norte. Está situado no Atlas, acadando os 4.165 m s. n. m. É un dos poucos picos do país no que se pode atopar neve, que cobre a súa cima a maior parte do ano.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal é o maior río de Marrocos?

- Sus

- Muluya

- Oum Er-Rbia

- Draa

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: twitter.com/aprendegeo e es.wikipedia.org



#DígochoEu: Como é? 'Triunfo' ou 'trunfo'?

Triunfo é trunfo son dúas palabras distintas! E que significan? Esther acláraolo!

#DígochoEu