Blogia
vgomez

DOCENCIA

PALABRA DO ANO 2023: CIBERCARRACHO

O lema ciberdelincuente figura dende hai un tempo no Dicionario da Real Academia Galega para designar a persoa que comete un acto delituoso por medio das tecnoloxías da información e da comunicación, pero a inventiva para sensibilizar sobre o problema dos ciberataques e outros delitos informáticos creou nos últimos meses un neoloxismo de rexistro coloquial que tira do humor para gañar eficacia neste desafío: cibercarracho, -a! E esta é a voz que elixistes Palabra do Ano 2023, nun momento en que grandes empresas de múltiples sectores e institucións públicas e privadas de todo o mundo están a ser obxecto de graves agresións deste tipo de delicuentes, que tamén afectan cada vez máis particulares.

O vocábulo fíxose con máis do 40 por cento dos votos rexistrados na votación que organizamos dende o Portal das Palabras. A segunda voz máis apoiada foi feitiño, -a, con algo máis do 30 % dos votos, seguida de biodiversidade, dereitos humanos, educación emocional e cooficialidade.

Cibercarracho fórmase partindo do prefixo ciber-, resultante do acurtamento cibernético, e o substantivo carracho, que nomea un arácnido da orde dos ácaros do que existen varias especies e que se alimenta do sangue de mamíferos e aves, tamén denominado carracha, carraza, carrapato ou carrapata.

Da idoneidade de elixir este becho capaz de transmitir distintas enfermidades para se referir a quen delinque dá conta o refraneiro, que confirma a mala sona da que gozou tradicionalmente. As molestias e os danos que ocasionan as carrachas reflíctense en proverbios como Gando cativeiro, de carrachos cheo ou Ano pobre e ovella fraca, todo é carrachas. E as calidades negativas que se lles atribúen tamén están presentes dalgún xeito nesoutro dito que se aplica a quen presume do que non ten: Chufa, carracha, que logo vén o verán!

Retirarlles as carrachas a un animal require de moita paciencia, de aí que o nome deste ácaro tamén estea presente noutra expresión ben diferente, aplicable a unha persoa moi perfeccionista: Ándalle catando os carrachos ao can.

Cibercarracho, -a incorpora agora esta palabra popular nun novo tempo marcado pola tecnoloxía, chea de oportunidades pero tamén de ameazas, que van deixando pegada no Dicionario.

FONTE: portaldaspalabras.gal

CANTO SABES DE MARROCOS? V

Continúo coa serie adicada a Marrocos, un país ao que moitos chaman a porta a África. É o país veciño alén do mar, que é realmente sorprendente, é cor, cheiro, sabor, grandes montañas, deserto, mar e medinas, tranquilidade e caos…

A contestación correcta á pregunta onte é Casablanca. No último censo de 2014 a súa poboación era de 4.270.750 habitantes. Séguelle Fez e Tánxer. A capita, Rabat, tina por esas datas 645.500 habitantes. No total do país hai unha poboación estimada para iste ano de 37.840.052 habitantes.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é a montaña máis alte de Marrocos?

- Afella

- Ouanoukrim

- M’Goun

- Tubqal

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org e worldpopulationreview.com



#DígochoEu: Palabras de Nadal

Aquí tes unha relación de palabras que debes recordar neste Nadal!

#DígochoEu

#DígochoEu: Cal é a diferenza entre 'duelo' e 'dó'?

Non confunas duelo e ! Esther pon as cousas claras!

#DígochoEu

CANTO SABES DE MARROCOS? IV

Continúo coa serie adicada a Marrocos, un país ao que moitos chaman a porta a África. É o país veciño alén do mar, que é realmente sorprendente, é cor, cheiro, sabor, grandes montañas, deserto, mar e medinas, tranquilidade e caos…

A contestación correcta á pregunta onte é Rabat. Está situada no litoral Atlántico do país, sobre a beira esquerda da foz do río Bu Regreg, enfronte da cidade de Salé.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Cal é a cidade máis poboada de Marrocos?

- Casablanca

- Rabat

- Tánxer

- Fez

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org

CANTO SABES DE MARROCOS? III

Continúo coa serie adicada a Marrocos, un país ao que moitos chaman a porta a África. É o país veciño alén do mar, que é realmente sorprendente, é cor, cheiro, sabor, grandes montañas, deserto, mar e medinas, tranquilidade e caos…

A contestación correcta á pregunta onte é 2. A saber…

 

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é a capital de Marrocos?

- Casablanca

- Rabat

- Agadir

- Fez

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org e sobremarruecos.com

CANTO SABES DE MARROCOS? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a Marrocos, un país ao que moitos chaman a porta a África. É o país veciño alén do mar, que é realmente sorprendente, é cor, cheiro, sabor, grandes montañas, deserto, mar e medinas, tranquilidade e caos…

A contestación correcta á pregunta onte é Ao norte co mar Mediterráneo e as cidades autónomas españolas de Ceuta e Melilla, ao leste con Alxeria, ao oeste co océano Atlántico e ao sur co territorio non autónomo do Sahara Occidental, que administra nun 80% e denomina provincias Meridionais, que fai fronteria con Mauritania. A saber…

 

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal é a bandeira de Marrocos?

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org

CANTO SABES DE MARROCOS?

Hoxe comezo unha serie adicada a Marrocos, un país ao que moitos chaman a porta a África. É o país veciño alén do mar, que é realmente sorprendente, é cor, cheiro, sabor, grandes montañas, deserto, mar e medinas, tranquilidade e caos…

Animáste a coñecelo algo mellor? Si! Pois comezamos!

1. Cales son límites de Marrocos?

- Ao norte co mar Mediterráneo, ao leste con Alxeria, ao oeste co océano Atlántico e ao sur co territorio non autónomo do Sahara Occidental.

- Ao norte co mar Mediterráneo e as cidades autónomas españolas de Ceuta e Melilla, ao leste con Alxeria, ao oeste co océano Atlántico e ao sur co territorio non autónomo do Sahara Occidental, que administra nun 80% e denomina provincias Meridionais, que fai fronteria con Mauritania.

- Ao norte co océano Atlántico e as cidades autónomas españolas de Ceuta e Melilla, ao leste con Alxeria, ao oeste co mar Mediterráneo e ao sur co territorio non autónomo do Sahara Occidental, que administra nun 80% e denomina provincias Meridionais.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: turismomarruecos.net e es.wikipedia.org