Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: A historia da letra x

 

A raíz do fenómeno Tanxugueiras, non só en Galicia, recupero este vídeo, xa emitido, que vén ao pelo. Sabes dende cando se leva usando a letra x en galego? E como evolucionou a súa pronuncia noutras linguas? Poucas letras hai máis xenuínas en galego!

#DígochoEu

#DígochoEu: Un par de dúbidas: o mel ou a mel? Zudre?

 

Esther Estévez segue a resolver dúbidas sobre lingua no TikTok! Mel é masculino ou feminino? Que significa zudre?

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *pulpeira

 

Esther Estévez segue a resolver dúbidas dos seguidores do #DígochoEu en TikTok! Como se di correctamente *pulpeira?

#DígochoEu: Non digas *pandereteira

 

En galego temos pandeireteiras, pero non *pandereteiras.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE APICULTURA? XV (FIN)

Remato coa serie adicada á apicultura, a actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas.

A contestación correcta á pregunta de onte é Mel de Centaury, de Turquía. Iste mel, extraído das covas de 2.500 metros sobre o nivel do mar, lonxe dos asentamentos humanos e outras colonias de abellas en Turquía, entrou no Libro Guinness das Marcas como o mel máis caro do mundo cuxo un quilogramo véndese por 10.000 euros.



A centaurea amarela (centaurea collina), medra nos outeiros altos das rexións mediterránea e egea en Turquía, é a fonte do mel máis caro do mundo. Mentres que o mel cultívase 2 ou 3 veces ao ano noutras prácticas de apicultura, o mel de centaurea cultívase só unha vez ao ano. Iste mel, que ten unha cor escura e un sabor amargo moi diferente ao mel tradicional, ten propiedades medicinais ricas en magnesio, potasio, fenol, flavonoides e antioxidantes. Cultívanse soamente os produtos con máis alta calidade das mostras enviadas ao Comité Científico de Turquía para verificar a calidade e o valor da mestura.

Así remato a serie, esperando que servise para coñecer algo máis do mundo fascinante que rodea ás abellas e que é a apicultura.

Ata a próxima serie!

FONTE: apiculturaymiel.com    Imaxe: trt.net.tr

CANTO SABES SOBRE APICULTURA? XIV

Continúo coa serie adicada á apicultura, a actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas.

A contestación correcta á pregunta de onte é Mel elaborado a partir das secrecións vexetais e animais. Para facer o mel, as abellas utilizan o néctar que segregan as flores. Isto é así de forma xeral, pero hai algúns meles que non proceden do néctar das flores, ou non só do néctar. Trátase dos meles de melada, a miúdo denominadas meles de melato, rocío de mel, ligamazas e tamén meles de bosque. Hai dous tipos principais de melada ou mela: Melada de orixe vexetal (Son consecuencia dunha gran cantidade de humidade no terreo e de altas temperaturas. As plantas xeran tanta savia que rezuma por diferentes partes, especialmente polos peciolos. Árbores como o carballo, a aciñeira, o al, o piñeiro, o tilo, o olmo ou o salgueiro son habitualmente produtores de meladas. De feito, é moi frecuente ver no verán como as landras de carballos ou aciñeiras segregan grandes cantidades de melada en forma de espuma que as abellas recollen ávidamente) e Melada de orixe animal (Estes melatos son producidos por pequenos insectos, como pulgóns ou psilas, que se alimentan da savia de árbores e plantas. Consumen grandes cantidades de savia para aproveitar o seu contido en proteínas e azucres e, despois, excretan unha parte que se acumula sobre follas e ramas. Esas excrecións, líquidas ou espesas, conteñen unha boa parte dos carbohidratos da savia, co que resultan moi atractivas para as abellas, que as recollen e transforman en mel).

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

14. Cal é o mel máis caro do mundo?

- A de manuka (Leptospermum scoparium)

- A de ulmo (Eucryphia cordifolia)

- O mel Centaury, de Turquía

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: apiculturaymiel.com    Imaxe: ecodiario.eleconomista.es

CANTO SABES SOBRE APICULTURA? XIII

Continúo coa serie adicada á apicultura, a actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas.

A contestación correcta á pregunta de onte é Un ácaro. A varroa é un xénero de ácaros que produce a enfermidade denominada varroose ou tamén chamada varroase. Este ácaro é un ectoparásito (parásitos externos), forético obrigado das especies de abellas Apis mellifera e Apis cerana reproducíndose sobre os seus estadios larvais e pupais (cría aberta e operculada). Foi descrito por A. C. Oudemans en 1904, dedicando o nome xenérico a Marco Terencio Varrón e a E. Jacobson (o colector) o nome específico. Despois de 100 anos pescudouse que o ácaro que atacaba Apis mellifera era diferente ao descrito por Oudemans para Apis cerana na illa de Xava, (Indonesia). Tamén afecta a abella en estado adulto vivindo en estado forético sobre ela. Críase que o ácaro absorbía a hemolinfa do insecto diminuíndo a súa masa corporal (peso). Recentemente na investigación de Ramsey establécese que os ácaros Varroa aliméntanse principalmente do tecido corporal graso da abella melífera, un órgano nos insectos que cumpre unha función similar ao fígado humano. En estado larval é máis crítico debido a que os adultos nacen con menos do 30 % de peso dun adulto non parasitado.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Que é a melada?

- Un refugallo da produción do mel

- Mel elaborado a partir das secrecións vexetais e animais

- Un mel típico do norte de Brasil

Mañá a solución e última pregunta da serie!

FONTE: apiculturaymiel.com e es.wikipedia.org   Imaxe: pajueloapicultura.com/P.Lobez

#DígochoEu: É correcto ren e res?

 

Preguntan se é correcto substituír ’nada’ por ’ren’ ou ’res’. Pois Esther Estévez acláranolo neste vídeo!

#DígochoEu