Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE APICULTURA? XII

Continúo coa serie adicada á apicultura, a actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas.

A contestación correcta á pregunta de onte é Si, con un método de traballo de dobre raíña.Todo o mundo sabe que as raíñas son particularmente exclusivas, pero hai excepcións e sucede que algúns apicultores observan nas súas visitas  que hai colmeas con dúas raíñas que cohabitan na mesma colmea, xeralmente a nai e a filla, pero a filla esta alí como un fenómeno temporal. É posible que convivan sosteniblemente dúas raíñas nunha mesma colmea? A vantaxe é evidente, o problema dunha colmea zanganeira veríase facilitado e a colonia, probablemente sería máis forte por tanto, máis produtiva. Así os picultores utilizan el método dobre raíña vertical núcleo-nucleo, onde dúas colonias traballan separadas, unha da outra, por unha reixa de dobre tecido mosquiteiro que deixa pasar olores e feromonas para que compitan entre si, evitando que as raíñas se maten. O segredo  do éxito diste método é que a colmea de dobre raíña produce máis porque hai maior cantidade de abellas destinadas á recolección de néctar e pole.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Que tipo de organismo é a varroa?

- Un insecto

- Un microbio

- Un ácaro

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: apiculturaymiel.com e  agriculturers.com    Imaxe: campogalego.es

CANTO SABES SOBRE APICULTURA? XI

Continúo coa serie adicada á apicultura, a actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas.

A contestación correcta á pregunta de onte é Método de reprodución das abellas: as raíñas poden poñer ovos fecundados e sen fecundar. A partenoxénese é unha forma de reprodución asexual na que os gametos femininos desenvólvense por si sós, sen ser fecundados por gametos masculinos. Isto significa que, mediante procesos químicos ou ambientais, un óvulo divídese sucesivamente ata chegar a formar un novo individuo completo. As células xerminais ou sexuais conteñen a metade de cromosomas que as células somáticas (o resto de células do organismo). Así, un organismo partenoxenético, como é un zángano, presenta en todas as súas células a metade de cromosomas que a súa nai, a abella raíña. O ciclo reprodutivo das abellas pódese resumir da seguinte maneira: unha abella raíña pode ou ben ser fecundada por un zángano e ter descendentes diploides todos femia, ou ben reproducirse ela soa dando lugar a machos haploides.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Pode haber unha colmea con dúas raíñas?

- Non, en cada colmea só hai unha raíña

- Só en ocasións moi raras, entre relevos de raíñas

- Si, con un método de traballo de dobre raíña

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: apiculturaymiel.com e  genotipia.com    Imaxe: coronaapicultores.blogspot.com

#DígochoEu: Non digas *modosa nin *modosita

 

En galego podemos ter malos modos, pero non podemos ser *modosito!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *subsanar

 

*Sanar é un castelanismo así que *subsanar tamén, claro!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE APICULTURA? X

Continúo coa serie adicada á apicultura, a actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas.

A contestación correcta á pregunta de onte é Unha soa vez (con varios machos). O apareamento das abellas iníciase cando unha abella raíña virxe voa a un sitio onde miles de abellas machos (zánganos) están a esperala. Alí aparéase con varios machos en voo. Un zángano monta á raíña e encaixa a súa endofalo, exaculando seme. Despois de exacular, o zángano sepárase da raíña pero o seu endofalo, arrincado do seu corpo, permanece atado á raíña fecundada. O próximo zángano que fertiliza á raíña elimina o endofalo anterior e despois de exacular, no mesmo proceso, perde o seu propio endofalo. O zángano só é capaz de aparearse entre sete e dez veces durante un voo nupcial. Despois da copulación os zánganos morren rapidamente dado que o seu abdome é aberto cando o seu endofalo é removido. Os zánganos que sobreviven ao voo nupcial son expulsados das súas colonias porque despois de participar no voo nupcial xa cumpriron co seu único propósito na colonia. As abellas virxes participan nun único voo nupcial, cedo na súa vida. Despois de aparearse con varios zánganos durante o voo nupcial, a raíña almacena até 100 millóns de espermatozoides dentro dos seus oviductos. Con todo, tan só 5 ó 6 millóns dos espermatozoides son almacenados dentro da espermateca da raíña. A raíña utiliza só algúns destes espermatozoides para fertilizar os ovos a través de toda a súa vida. Pero si unha raíña queda sen espermatozoides nalgún momento da súa vida, novas xeracións de raíñas se aparean para crear novas colonias. As raíñas das abellas controlan o xénero dos seus crías: cando os ovos pasan polo ovario cara ao oviducto, unha raíña pode determinar fertilizar un ovo ou non. Os ovos non fertilizados chegan a ser zánganos mentres que os ovos fertilizados convértense en obreiras ou raíñas. As obreiras non participan nos voos nupciais pero poden pór ovos infértiles que se converten en zánganos. As raíñas pon os seus ovos en celas, as cales se pegan ao teito dos niños. As obreiras enchen cada cela con xelea real para evitar que as larvas caian. As futuras obreiras son alimentadas con xelea real durante os dous primeiros días mentres que as futuras raíñas reciben xelea real durante todo o período larval. O desenvolvemento de cada membro da colonia varía segundo a caste designada: os zánganos necesitan 24 días para pasar de ovo a adulto, as obreiras necesitan 21 días e a raíña só require 16 días.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Que é a partoxenese?

- Método de reprodución das abellas: as raíñas poden poñer ovos fecundados e sen fecundar

- O método de críar raíñas a partir da clonación do material xenético dunha raíña selecta

- Forma de críar zánganos especialmente seleccionados para mellorar a xenética do apaiario.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: apiculturaymiel.com e  guadanatur.es    Imaxe: misanimales.com

#DígochoEu:#AquíDicímoloAsí: A gheada

 

Na nosa viaxe polas variedades dialectais xa vimos os diferentes bloques do galego, así que hoxe toca facer unha parada na gheada. #AquíDicímoloAsí

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE APICULTURA? IX

Continúo coa serie adicada á apicultura, a actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas.

A contestación correcta á pregunta de onte é Unha avespa (Vespa velutina). Tamén coñecida como avespa asiática, é unha especie de avespa orixinaria de Asia. Procede da China, a India e Indonesia. Considérase unha especie invasora en Galicia. Triplica en tamaño a abella europea, pois as raíñas chegan a medir 40 mm, aínda que o resto dos individuos non pasan dos 30 mm. O seu abdome é negro ou marrón cunha franxa caudal amarela e a cabeza negra coa fronte laranxa. Os extremos das súas patas tamén son amarelos. É depredadora da Apis mellifera, a abella doméstica, á que mata por decapitación para alimentar con ela as súas larvas. Tamén devoran as crías de abella dentro da colmea. Aniñan no alto das árbores en colonias de máis de mil individuos.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Cantas veces se aparea a raíña na súa vida?

- Unha soa vez (con varios machos)

- Unha soa vez (con un só macho)

- Cada dúas primaveras

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: apiculturaymiel.com e  es.wikipedia.org     Imaxe: curiosfera-animales.com

CANTO SABES SOBRE APICULTURA? VIII

Continúo coa serie adicada á apicultura, a actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas.

A contestación correcta á pregunta de onte é O nivel de frescura do mel. O hidroximetilfurfural (HMF) trátase dun aldehído e un furano, é un dos compostos formado pola degradación dos produtos azucarados, en particular por deshidratación da fructosa. Nin o néctar nin os meles frescos conteñen HMF, por conseguinte este composto non é unha propiedade intrínseca do mel. Este composto aparece de forma espontánea e natural no mel debido ao pH acedo, á auga e á composición rica en monosacáridos (fructosa e glicosa), aumentando a súa concentración co tempo e outros factores. Os niveis de HMF aumentan significativamente cando o mel é sometida a tratamentos térmicos inadecuados. O contido de HMF no mel é un indicativo das condicións en que a mesma foi almacenada, o tratamento recibido e a idade do mel. Iste parametro debe mantenerse nuns niveis inferiores a 40 mg de HMF/Kg de mel.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Que é a velutina?

- Unha avispa (Vespa velutina)

- Unha abella (Apis velutina)

- Unha ferramenta para colleitar o mel

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: apiculturaymiel.com e jovenesconinvestigadores.files.wordpress.com       Imaxe: es.wikipedia.org