Blogia
vgomez

NOMES PROPIOS

MÓNICO SÁNCHER MORENO

 

O home que nos ocupa hoxe, é un deses que saíndo na nada, da máxima humildade, chega ao máis alto, con aportacións ao mundo da ciencia e ao seu propia lugar de nacemento, volvendo, no remate da súa vida, ao mundo real e ás dificultades económicas. Falo de  Mónico Sánchez Moreno.

Mónico Sánchez Moreno naceu en Piedrabuena (Ciudad Real), o 4 de maio de 1880. Foi inventor e enxeñeiro eléctrico, pioneiro da radioloxía (inventou un aparato portátil de raios X), telecomunicacións sen cables (teléfonos móbiles do pasado) e electroterapia. Morreu no seu pobo natal o 6 de novembro de 1961.

Neste vídeo-documental podeder coñecer, polo miúdo, este presonaxe tan singular.

TIKTAALIK ROSEAE: UN HÍBRIDO ENTRE PEIXE E CROCODILO

TIKTAALIK ROSEAE: UN HÍBRIDO ENTRE PEIXE E CROCODILO

Reconstrución artística do aspecto do Tiktaalik roseae / NEIL SHUBIN

As extremidades dos animais vertebrados son un dos grandes fitos na historia da evolución. Cando e como xurdiron? O achado no norte de Canadá de máis restos fósiles dunha especie de transición entre os peixes e os primeiros animais vertebrados con patas achegou novos datos para este debate científico.

Segundo sostén un equipo de investigadores da Universidade de Chicago (EUA), as patas probablemente tiveron a súa orixe nas aletas traseiras dos peixes, que foron evolucionando e perfeccionándose ata facerse máis robustas. Unha proposta que rebate outras teorías previas que sosteñen que as grandes extremidades traseiras e articuladas comezaron a desenvolverse unha vez que xurdiron os primeiros animais vertebrados terrestres.

A descrición completa desta especie, que viviu hai uns 375 millóns de anos e foi bautizada como Tiktaalik roseae, publícase esta semana na revista Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS)      . Foi en 2004 atoparon por primeira vez fósiles desta especie. Os restos foron desenterrados preto de Bird Fiord, ao sur da illa de Ellesmere, que pertence ao territorio de Nunavut e está situada ao nordés de Canadá.

Non obstante, a maior parte dos restos que encontraron entón pertencían á parte frontal do esqueleto dun individuo. Seguiron escavando ata que nas posteriores campañas de 2006, 2008 e 2013, no mesmo depósito, encontraron máis fósiles da pelve e as aletas traseiras doutros catro exemplares da mesma especie. O óso dunha pelve en bo estado de conservación, e parte dunha aleta traseira axudoulles a reconstruír o aspecto deste animal dun xeito bastante fiable.

Segundo aseguran, trátase da especie transicional entre peixes e tetrápodos terrestres (vertebrados con dous pares de extremidades) mellor coñecida ata agora.

Os científicos describen a Tiktaalik roseae como unha sorte de híbrido entre un peixe e un crocodilo. Tiña aletas lobuladas e unha cabeza ancha e plana, dotada de afiados dentes. Segundo os seus cálculos, un exemplar adulto podía medir máis de dous metros de lonxitude. Cren que era un peixe de auga doce e que cazaba as súas presas en augas profundas.

As articulacións das súas patas dianteiras tamén sorprenderon os investigadores, que cren que permitían a estes animais sosterse no chan. De feito, cren que é razoable supoñer que usaba as súas aletas para nadar pero tamén é posible que lle permitisen camiñar polo fondo do mar.

Os investigadores explican que os peixes pulmonados ou dipnoos que viven na actualidade, como o peixe pulmonado africano, teñen unha pelve parecida á desta especie fósil e, como mostraron en 2011, estes animais son capaces de camiñar polo fondo do mar.

FONTE: Teresa Guerrero / Xornal El Mundo/Ciencia

FREDERICK SANGER

FREDERICK SANGER

Frederick Sanger / Imaxe:encyclopedia.com 

O bioquímico británico Frederick Sanger morreu en Cambridge o pasado martes 19 de novembro. Sanger, considerado o  pai da genómica, gañou dous Premios Nobel de Química, en 1958 e en 1980, polo seu traballo sobre a estrutura das proteínas e polos seus estudos fundamentais da bioquímica dos ácidos nucleicos, respectivamente.

Frederick Sanger naceu no pobo de Rendcombe, en en condado de Gloucestershire, no sueste de Inglaterra, onde o seu pai era practicante médico. Como el mesmo narrou na web dos Nobel, "probablemente influenciado" por el, interesouse pola bioloxía e o seu método científico.

Aínda que  tivo a intención de estudar medicina, ao chegar á Universidade de Cambridge interesouse pola bioquímica en canto oíu falar dela a través do bioquímico Ernest Baldwin e outros membros do departamento desta disciplina. Parecíalle que era un xeito para entender de verdade a materia vivente e desenvolver unha base máis científica para moitos problemas médicos.

Tras licenciarse en 1939 e facer un curso avanzado en Bioquímica, Sanger foi obxector durante a Segunda Guerra Mundial e estudou un doutorado especializado no metabolismo da lisina e nun problema práctico relacionado co nitróxeno das patacas. Alí aprendeu a investigar e a facer da ciencia un "xeito de vida".

Así foi como se uniu a un grupo que traballaba as proteínas e en particular a insulina. Xunto a outros científicos, a posibilidade de determinar a estrutura química destes compoñentes fíxose realidade. Conseguiu desenvolver novos métodos para secuenciar aminoácidos e usounos para deducir a secuencia completa da insulina, o que lle valeu o Premio Nobel de Química en 1958.

Tras o achado da insulina, Sanger desenvolveu  máis métodos para estudar as proteínas e os núcleos activos dalgunhas encimas. Cara a 1960 interesouse polos ácidos nucleicos, o ácido ribonucleico (ARN) e o ácido desoxirribonucleico (ADN).

Así secuenciou o ARN e rematou por desenvolver o "método didesoxi" para secuenciar ADN en 1975, que pode ler entre 500 e 800 bases ao mesmo tempo. Esta técnica conseguiu que gañase o Nobel de Química en 1980 xunto aos investigadores Paul Berg e Walter Gilbert.

Como recolle o Instituto Sanger, o seu auspiciador estaba considerado como o pai da genómica. Defíneno como un home calado, modesto e con poderosas opinións. O instituto que leva o seu nome abriuse en outubro de 1993 para abrir o camiño a unha nova xeración de xenetistas. Frederick Sanger retirárase dez anos antes e levaba unha vida caseira, especialmente dedicada ao seu xardín.

O investigador casou en 1940 con Margaret Joan Howe, non dedicada á ciencia, pero que contribuíu a outorgar tranquilidade ao fogar e polo tanto ao traballo científico de Sanger. Tiñan tres fillos, Robin e Peter, nacidos en 1943 e 1946, respectivamente e Sally Joan, nacida en 1960.

Descanse en paz!

FONTE: rtve.es 

PREMIO NOBEL DE QUÍMICA 2013

PREMIO NOBEL DE QUÍMICA 2013

Galardoados co premio Nobel de Química 2013 / Imaxe:rpp.com.pe 

A Real Academia de Ciencias de Suecia outorgou o Nobel de Química 2013 ao investigador austríaco Martin Karplus, o sudafricano Michael Levitt  e o israelí Arieh Warshel, "polo desenvolvemento de modelos multiescala de sistemas químicos complexos".

Martin Karplus, naceu en Viena (Austria) en 1930 pero nacionalizado estadounidense dende 1945. Universidade de Harvard (EEUU).

Michael Levitt, naceu en Pretoria (Sudáfrica) en 1947, aínda que moi pronto transladouse ao  Reino Unido. Posúe as nacionalidades británica, estadounidense e israelí. Universidade de Stanford (EEUU).

Arieh Warshel, naceu en Sde-Nahum (Israel) en 1940. Posúe a nacionalidade israelí e estadounidense. Universidade do Sur de California, Los Angeles (EEUU).

PREMIO NOBEL DE FÍSICA 2013

PREMIO NOBEL DE FÍSICA 2013

Englert e Higgs / Imaxe: AFP/abc

A Real Academia Sueca das Ciencias en Estocolmo concedeu o Premio Nobel de Física 2013 aos “pais” do famoso bosón de Higgs, o físico escocés Peter Higgs e o seu colega belga François Englert, polo descubrimento desta escorregadiza partícula que dá masa a todas as demais e que reafirma o Modelo Estándar da Física. Sen a súa existencia, o Universo non existiría tal e como o coñecemos.

Peter Higgs, naceu en Newcastle upon Tyne (Reino Unido) en 1929. Universidade de Edinburgo en Escocia.

François Englert, naceu en Etterbeek (Bélxica) en 1932. Universidade Libre de Bruxelas.

Ámbolos dous recibiron este mesmo ano o premio Príncipe de Asturias de Investigación.

Se aínda non coñeces o descrubrimento do Bosoón de Higgs, podes facelo agora premendo AQUÍ.

PREMIO NOBEL DE MEDICINA 2013

PREMIO NOBEL DE MEDICINA 2013

James E. Rothman, Thomas C. Südhof e Randy W. Schekman / Imaxe: EFE / AFP

Tres investigadores, James E. Rothman, Randy W. Schekman e Thomas C. Südhof, que traballan nos Estados Unidos reciben este ano o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina "polos seus descubrimentos da maquinaria molecular que regula o tráfico vesicular, un sistema de transporte fundamental nas nosas células," segundo anunciou o Instituto Karolinska de Estocolmo, que outorga cada ano os galardóns.   

James E.Rothman naceu en 1950 en Massachusetts (EEUU), exerce no departamento de bioloxía da Universidade estadounidense de Yal.

Randy W.Schekman naceu en 1948 en Minnesota (EEUU) e traballa na Universidade estadounidense de Berkeley, no departamento de bioloxía celular.

Thomas C.Südhof naceu en 1955 na ciudade alemana de Gotinga e exerce na Universidade estadounidense de Stanford.

A orixe dos premios Nobel está vinculada ás circunstancias persoais do seu fundador: Alfred Nobel (1833-1896), un magnate que acumulou unha fortuna cos seus inventos, pero a quen lle atormentaban as consecuencias funestas do máis famoso dos froitos do seu enxeño: a dinamita. Nobel legou a súa fortuna para premiar a benfeitores da humanidade, establecendo que o diñeiro se investise en valores inmobiliarios e que os intereses se dividisen en cinco partes iguais, tantas como premios creou.


APAGOUSE A VOZ CRÍTICA DE SOLE LUIS SAMPEDRO

APAGOUSE A VOZ CRÍTICA DE SOLE LUIS SAMPEDRO

José Luis Sampedro / Imaxe: Xornal abc

O escritor José Luis Sampedro faleceu, o pasado luns, aos 96 anos tras deixar un legado literario, artístico e económico á humanidade. As protestas sociais que xurdiron en España en maio de 2011(15Mencumbraron a súa figura, pois escribiu o prólogo español do libro considerado como o precursor do movemento, o "Indignádevos!" de Stéphane Hessel.

Nacido en Barcelona en 1917. Era membro da Real Academia Española e obtivo o Premio Nacional das Letras.

Para coñecer a súa forma de pensar e actuar nada mellor que ler o seu "Credo persoal":

Credo persoal (Tradución ao galego)

Creo na Vida nai Todopoderosa,
creadora dos ceos e da terra.
Creo no Home, o seu avanzado fillo,
concibido en ardente evolución,
progresando a pesar dos Pilatos
e inventores de dogmas represores
para oprimir a Vida e sepultala.
Pero a Vida sempre resucita
e o Home segue en marcha cara ao mañá.
Creo nos horizontes do espírito,
que é a enerxía cósmica do mundo.
Creo na Humanidade sempre ascendente,
Creo na vida perdurable.
Amén.

Descanse en paz!

JANE LUBCHENCO: PREMIO FRONTEIRAS DO COÑECEMENTO BBVA

JANE LUBCHENCO: PREMIO FRONTEIRAS DO COÑECEMENTO BBVA

Jane Lubchenco / Imaxe: heinzawards.net

Jane Lubchenco (nacida o 4 de decembro de 1947, en Denver-Colorado- EEUU, de familia ucrano-americana) é unha referencia mundial no campo da Ecoloxía Mariña. Oito das súas investigacións están consideradas como Science Citation Classics (Clásicos da Cita Científica), unha categoría que alberga os traballos que van máis alá, que abre novos camiños e se converte en piares nos que se apoian outras investigacións. Ela foi a primeira que demostrou como a luz, os nutrientes e os organismos que consumen organismos vexetais controlan os ecosistemas mariños, un paso clave para sentar as bases do deseño de reservas mariñas. O seu abraiante currículo e a súa paixón pola divulgación científica e por facilitar á sociedade a comprensión dos avances da investigación fixo que o presidente de EUA, Barack Obama, fixésea formar parte do seu equipo científico de cabeceira en 2008 e nomeásea directora da Administración Nacional para o Océano e a Atmosfera (NOOA) en 2009.

Debido á súa enorme achega científica ao seu campo de investigación, e non polo seu labor dentro da esfera política norteamericana, a Fundación BBVA outorgoulle o Premio Fronteiras do Coñecemento na categoría de Ecoloxía e Bioloxía da Conservación: "É un líder global, un dos ecólogos máis citados do mundo e con maior impacto sobre a sociedade.  O seu traballo supuxo un cambio de paradigma e sentou as bases dun sistema de deseño de reservas mariñas baseado no coñecemento científico", sinalou o xuradao destes premios.

Parabéns!

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia