Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

O INDIVIDUALISMO LEVOUNOS A OLVIDAR AO OUTRO

O home contemporáneo, o home moderno, non quería ver ao outro como un igual. Vivimos nunha espiral de individualismo que nos levaba a un tipo de vida que, coa corentena e o confinamento, viuse modificado. Sorpréndenos a solidariedade, a empatía e o recoñecemento do veciño: saber que hai un tecido social no que se pode confiar”. O filósofo e profesor David Pastor Vico reflexiona sobre as leccións de humildade e humanidade que nos deu o virus.

Como os seus homólogos da antiga Grecia, Vico é un filósofo totalmente inmerso na sociedade do seu tempo. Cambiou a túnica polo look metaleIro e preocúpanlle cuestións como a perda de confianza interpersoal ou o individualismo. Actualmente é profesor na Universidade Nacional Autónoma de México. En ‘Filosofía para desconfiados’, o seu último libro, utiliza o humor satírico e a cotidianidade para analizar a sociedade e fomentar o pensamento crítico. “Coñeces o nome dos fillos dos teus veciños?”, expuña, sinalando que “a desconfianza é o trazo principal dunha sociedade profundamente individualista”. A pandemia deu resposta á súa pregunta.


HUMOR REAL: UN ANTES E UN DEPOIS

Os denominados acontecementos importantes da historia son aqueles que supuxeron un cambio rotundo no mundo no que se produciron, e tras os cales a vida na Terra non volveu ser a mesma. A lista podería ser infinita, dende o descubrimento do lume ou a invención da roda, pasando pola Ilustración  ou a chegada do home a Lúa e rematndo pola irrupción de internet e as novas tecnoloxías.

A esta reducida lista, que podería ser máis ampla, hai que engadirlle outro acontecemento: a pandemia do coroavirus que vivimos. Si, marcará un antes e un despois, unha nova realidade que aínda non acabamos de asimilar.

Este é o tema da viñeta do xenial El Roto (Andrés Rábago García-Madrid, 1947), publicada onte no xornal El País.

Como será ese despois?

Un cambio rotundo, unha nova e incerta realidade!

HUMOR REAL: O PLANETA "RESPIRA"

O parón brusco das actividades humanas ten, paradoxalmente, un gran beneficiado: o medio ambiente. O descenso da cantidade de desprazamentos en vehículos de motor, a diminución da produción industrial e o consumo tradúcese en menos contaminación, augas máis limpas e ceos máis claros.

Esta é a idea que recolle Davila (Luis Davila Malvido-Pontevedra, 1972), na xúa viñeta diaria no xornal Faro de Vigo.

O planeta "respira"!

HUMOR REAL: REPOSTAS AO COMPOTAMENTO HUMANO

A viñeta de onte, no xornal El País de El Roto (Andrés Rágafo García-Madrid, 1947), plama a resposta do noso planeta ao ataque constante por parte do home.

O medio ambiente está ameazado polas accións do home, o desenvolvemento industrial e económico das nacións influíron na deterioración das condicións de vida na Terra.

Debido ao crecemento demográfico e os cambios nos usos do chan os establecementos humanos están máis preto das poboacións silvestres de animais, e auméntase a exposición a enfermidades infecciosas. Ao redor de dous terzos das enfermidades infecciosas humanas orixínase nos animais: concretamente, máis do 60 por cento das 400 novas enfermidades infecciosas humanas que apareceron nos últimos 70 anos. Ditas enfermidades, causadas  polos máis diversos patóxenos: virus, bacterias, fungos e/ou parasitos, denomínanse zoonose.

Ago estamos facendo mal!

HAI QUE INVENTAR UN MODO DISTINTO DE ESTAR NO MUNDO


Como será o mundo e a sociedade despois desta época de incerteza? A doutora en Ciencias Políticas e catedrática de Socioloxía, María Ángeles Durán, sostén que os cambios afectarán o corazón mesmo das sociedades que hoxe coñecemos. Non só haberá que adaptarse ao teletraballo e o distanciamento social, senón que tamén haberá que repensar como protexer aos nosos maiores de futuras crises sanitarias.

Esta pandemia creo que afectará á idea do que é a calidade de vida, o dereito que cada persoa teña a decidir que é o que quere e que é o que non quere en relación cos últimos anos da súa vida. Temos que pensar que, cando sexamos dous mil millóns de persoas maiores de 65 anos, o grupo de idade que máis medra en toda a poboación mundial, haberá que inventar un modo distinto de estar no mundo para as persoas maiores", reflexiona.

María Ángeles Durán é doutora ’honoris causa’ polas universidades Autónoma de Madrid, Valencia e Selecta, dirixiu o Departamento de Análise Socioeconómica do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e na actualidade imparte cursos de posgrao e realiza traballos de asesoramento para diversos organismos e institucións internacionais.

Foi a primeira muller que logrou unha cátedra de Socioloxía en 1982, a primeira que recibiu o Premio Pascual Madoz para Ciencias Xurídicas, Sociais e Económicas, a primeira presidenta da Federación Española de Socioloxía e tamén a pioneira que recibiu o Premio Nacional de Investigación en Socioloxía e Ciencia Política 2018. Publicou máis de 200 obras sobre envellecemento poboacional, desigualdade, feminismo e saúde, con títulos como ‘A riqueza invisible do coidado’, ‘Os custos non sanitarios das enfermidades crónicas’ ou ‘Se Aristóteles levantase a cabeza’. Na última década desenvolveu o seu traballo de investigación sobre o “cuidatoriado”, unha clase social emerxente formada por “as que coidan”, normalmente mulleres que atenden aos seus maiores dependentes, sen remuneración nin dereitos nin visibilidade.

OS ESTUDANTES NECESÍTANNOS AGORA MÁIS CA NUNCA


Os ollos desta nova profesora brillan con forza cando fala de educación. E un breve conto de Kafka sérvelle de exemplo para explicar a importancia e as dificultades da docencia, unha profesión tan vocacional como necesaria para a sociedade. Carmen Chacón García é profesora de Lingua e Literatura nun colexio madrileño e forma parte do Departamento de Lingua e Teoría da Literatura da Universidade Complutense de Madrid (UCM).

Para ela, esta nova situación pon aos profesores “en primeira liña” cos seus estudantes e co compromiso educativo, humano e social que a docencia supón: “O escenario cambiou, os profesores coámonos nas casas e temos este labor precioso nas mans”, explica con entusiasmo. Considera que este “tempo incerto” pode converterse nunha gran oportunidade para reinventar a educación e regresar á súa esencia. Por iso, anima aos profesores para “prepararse mellor e demostrar ao mundo por que é tan importante o labor dos docentes”. Como broche final, unha mensaxe para reflexionar: “Este cambio fíxonos lembrar o que significa aprender de cero, e entender que ‘aprender’ non é algo que só fan os estudantes, senón algo que facemos todos ao longo de toda a vida”.

Carmen Chacón García é licenciada en Filoloxía Hispánica e doutora en Lingua española e Lingüística xeral. Foi profesora das universidades Panthéon Assas, Paris-Dauphine e o Instituto Cervantes de París. Actualmente é profesora na Universidade Complutense de Madrid e no Colexio Montserrat FUHEM. Dirixe cursos de formación de profesores na Universidade de Burgos e imparte docencia na UNED.


HUMOR REAL: "OUTRA FORMA DE VIVIR"

A viñeta de onte de El Roto (Andrés Rábago García-Madrd, 1947), publicada no xornal El País, plantéxanos unha reflexión que nos leva aunha realidade que non  queremos aceptar.

Si, pensamos en desconfinamenteo e volta a normaalidade. Non, non volveremos a normalidade, esto cambiou, o mundo cambiou e temos que darnos conta que é una nova realidade, unha nova forma de vida, mellor dito, unha nova forma de vivir.

Cousas como distanciamento social, máscaras, lavado de mans..., van formar parte, de aquí en diante desa nova forma de vivir e o peor de todo é que de non aceptalo as consecuencias serán aínda peores: caer no pozo, coma no xogo do parchis para moitos e para o resto, volta á casilla de partida.

Necasitamos tempo e facelo pouco a pouco. Formación neste paso e gañas de facelo ben.

Nas nosas mans está!

HUMOR REAL: MAÑÁ É O GRAN DÍA

Xenial a viñeta de Davila (Luis Davila Malvido- Pontevedra, 1972) no xornal Faro de Vigo, sobre a saída dos menores de 14 anos que se plicará a partir de mañá, domingo.

Será beneficioso para eles? Terá consecuencias para eles e para os que conviven con el na casa? O tempo nolo dira!

Premendo AQUÍ terás as condicións nas que se deben realizar os desprazamentos por parte da poboación infantil, publicados hoxe no BOE.

Mañá é o gran día día!