Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

NA NATUREZA NON HAI QUEIXAS

 

Levo preto de 35 anos viaxando ás rexións polares, dende Groenlandia ata a Antártida. O primeiro que un sente na natureza é que non hai queixas. A quen te vas queixar? A túa morte é irrelevante. Isto cámbiache a perspectiva das cousas porque estás en comunicación directa coas forzas verdadeiras. Para sobrevivir hai que entender os tempos da natureza e enfrontarche a ela con humildade e  estoicismo”.

O explorador Ramón Larramendi, autor de libros como ‘Tres anos a través do Ártico’ e ‘Esquimais’, foi testemuña presencial do cambio climático e do final da última xeración de homes libres: os cazadores inuit. Colaborador de ‘Ao fío do imposible’, entre as súas fazañas destaca ser un dos españois que chegou por primeira vez con esquís ao Polo norte xeográfico e magnético. A súa paixón pola exploración e a aventura converteulno nun dos maiores expertos nas rexións polares, gañador de varios premios como recoñecemento á súa traxectoria e labor divulgativa.

Larramedi, que vive a metade do ano en Groenladia, tamén puxo en marcha proxectos como a Expedición  Circumpolar, a Fundación Polar Internacional en España e a Zorra de Vento, o primeiro e único vehículo científico non motorizado, co que percorreu máis de 18.000 quilómetros por desertos de xeo.

A CULTURA PONNOS EN CONTACTO CO NOSO POTENCIAL

 

Leva máis de 50 anos subido aos escenarios e defínese a si mesmo como “un xograr”. Un orador e un contador de historias que cre no poder da palabra. Rafael Álvarez, coñecido como ‘O Bruxo’, asegura que tivo que inventar "a súa propia forma de facer teatro” para poder transmitir ao público aquilo que lle importa. Actor de teatro, cinema e televisión, caracterizouse sempre pola súa peculiar interpretación e posta en escena de grandes personaxes do teatro clásico español, como o Lazarillo de Tormes ou O Quixote. Místico e profundo, pero tamén cheo de humor, desde hai uns anos produce e representa a obra ‘Autobiografía dun yogui’. Unha adaptación do libro de quen considera o seu mestre, o yogui hindú Paramahasanda Yogananda. Rafael Álvarez recibiu numerosos premios pola súa traxectoria e interpretación teatral. Entre eles destacan o ‘Premio Nacional de Teatro Pepe Isbert’ en 2009 e a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes en 2002, máximo galardón que concede o Ministerio de Cultura español.

CINE: ELCANO E MAGALLANES, A PRIMEIRA VOLTA AO MUNDO

 



 

Esta fin de semana chega aos cines a película "Elcano e Magallanes, a primeira volta ao mundo", unha cinta de animación "non documental" sobre "unha das fazañas multiculturais máis importantes da historia, co fin de resaltar a España e a figura de Juan Sebastián Elcano que é pouco coñecida no  mundo. Esta é a súa ficha técnica:

Título: Elcano e Magallanes, a primeira volta ao mundo

Título Orixinal: Elcano y Magallanes, la primei¡ra vuelta al mundo

Xénero: Animación

Nacionalidade: España

Ano: 2019

Produtora: Dibulitoon Studio / TVE / ETB

Duración: 89 minutos

Director: Anxo Alonso

Guión: José Antonio Victoria, Garbiñe Losada

Música: Joseba Beristain


Sinopse: Unha das aventuras máis emocionantes xamais contada: A Primeira Volta ao Mundo. Unha viaxe circular que empeza onde acaba, pero a partir do cal nada será igual. Esta é a crónica de dous navegantes que colleron o temón da historia para cambiar o rumbo da humanidade. Unha viaxe que se iniciou baixo o mando de Fernando de Magallanes e que concluíu Juan Sebastián Elcano, o verdadeiro protagonista desta historia. Tormentas, fame, tribos e todo tipo de incribles aventuras interpoñeranse no seu camiño. Cinco embarcacións partiron do porto de Sevilla en 1519. Tres anos despois só unha conseguiu volver, completando así unha aventura ao redor dun planeta cuxa  redondez quedou finalmente demostrada.

Interesante!

OS PREXUÍZOS COMBÁTENSE CON FEITOS E VERDADES

 

Ranga Yogeshwar é o divulgador científico máis prestixioso de Alemaña. Licenciado en física, durante 25 anos conduciu un dos programas de divulgación máis exitosos da televisión alemá. Ao longo da súa traxectoria profesional, recibiu máis de 60 premios, entre os que destacan un doutoramento honorario da Universidade de Wuppertal, a Cruz Federal de Mérito da RFA, a Orde do Mérito do Estado de Renania do Norte-Westfalia e a Orde de Mérito du Grand-Duchei de Luxemburgo. No seu libro ‘Próxima estación: futuro’, arroxa unha mirada optimista respecto a todas as posibilidades que ofrece a tecnoloxía, á vez que alerta da necesidade de establecer unhas normas éticas que a regulen: “Coa intelixencia artificial, poderiamos acabar dándonos conta de cal é o noso verdadeiro valor como humanos”, conclúe.

Yogeshwar, entende a educación como o vehículo principal para converternos na persoa que queremos ser. “A educación é moito máis que aprender algo para ter un traballo, proporciónanos unha visión do mundo. Temos que aprender a vivir nun mundo cambiante, e iso significa que habemos de ter unha educación máis sutil, diferente á educación que coñecemos e coñecemos nas nosas escolas”, sostén.

REPLANTEXAMENTO

Comparto con vós, esta viñeta do humorista gráfico Andrés Rabago García, "El Roto" (Madrid, 1947), que hoxe publica no xornal EL País.

Penso que co que estamos a ver o que está pasando cos trapicheos, pactos ..., despois das últimas eleccións, tanto europeas, xerais, como autonómicas e locais, é normal que moita xente diga o mesmo que o que a viñeta reclama.

Non sei cal será a solución no noso país, pero outros, e non hai que mirar moi lonxe, téñeno resolto. Aprendamos deles e incluso mellorémolo seu sistema. Ou é que non interesa?

O TALENTO NON SERVE DE NADA SE NON HAI TRABALLO E ESFORZO DETRÁS DISO

 

Ten 28 anos e dende os 14 xoga na elite. Ricky Rubio, un dos mellores xogadores na historia do baloncesto español, foi desde a súa infancia un talento sen igual. Un neno prodixio que medrou á velocidade dun adulto, e aprendeu rapidamente a valorar que “o talento non serve de nada se non hai traballo e esforzo detrás de iso”. Tras gañalo todo en Europa deu o salto á NBA, onde tivo que lidar coa fugacidade do éxito e tamén coa crueza dos fracasos. “Antes non sabía o que era o fracaso, pero ensinoume, aprendín del”, di o xogador.

O punto de inflexión na súa vida chegou en 2012, cando á súa nai diagnosticáronlle un cancro de pulmón. Nunha das súas últimas conversacións, Ricky prometeulle que faría todo o posible para axudar aos demais. E hoxe está a cumprir esa promesa a través da súa Fundación.

Falar de Ricky Rubio é falar dunha estrela da  NBA, pero tamén dunha persoa que superou importantes obstáculos e que sabe aproveitar a oportunidade que lle brinda o deporte profesional para mellorar a vida de moita xente. E non pode ocultar o seu sorriso ao compartir os momentos que lle ensinaron a competir contra os mellores do mundo: "Como se xoga contra LeBron James ou Kevin Durant? Sen medo, pero con respecto".

NON HAI NADA MÁIS IMPORTANTE CA EDUCACIÓN

 

Meu querido compañeiro refuxiado, nunca deixes de aprender, nunca deixes de soñar. Nunca perdas a esperanza”. Así comeza a carta que Muzoon Almellehan dedica aos nenos e nenas que sofren os estragos dos conflitos armados. Ela tamén tivo que fuxir. Con 14 anos escapou de Siria coa súa familia, rumbo a un campo refuxiados en Xordania. Como equipaxe levaba só o imprescindible para ela: os seus libros do colexio. “A educación dá esperanza e estabilidade, porque a educación significa futuro”, afirma. Durante os tres anos que pasou en campos de refuxiados, loitou por concienciar ás familias de que os nenos e as nenas debían continuar estudando. A súa inspiradora historia, a súa valentía e o seu firme defensa da educación fixeron que moitos se refiran a ela como a ‘Malala siria’. En 2017 converteuse na primeira Embaixadora de boa vontade de Unicef con status de refuxiada. Na actualidade reside en Reino Unido, onde estuda Relacións Internacionais. “A miña mensaxe para os líderes mundiais e os organismos internacionais é que é deben centrar o seu esforzo en que os nenos e nenas teñan acceso a unha educación de calidade, sexa cal for a situación na que se atopen”, conclúe.

TODO O MUNDO PODE APRENDER

 

Como pode axudar a neurociencia a mellorar a educación? E se puidésemos entender o cerebro para saber como funciona a atención ou a memoria? O físico e neurocientífico arxentino Mariano Sigman, especializado en Ciencias Cognitivas e fundador do Laboratorio de Neurociencia Integrativa da Universidade de Buenos Aires, explica as claves para descifrar os misterios do cerebro e a aprendizaxe. “Que é educación? Que significa aprender? A maioría da xente diríache que aprender é adquirir coñecemento. Pero o proceso vital de aprendizaxe está máis relacionado co uso que damos a ese coñecemento,  discernir que é importante e saber transmitilo. Os nenos non estudaron pedagoxía, pero teñen a pulsión por compartir o que saben, é dicir, son grandes mestres en potencia”, explica o investigador.

Mariano Sigman é autor dos libros ‘A vida secreta da mente’ e ‘A lousa de Babel’, e publicou máis de 150 investigacións en revistas científicas, con grandes avances nas estratexias educativas. O seu traballo especializouse na área da  neuroeducación, con iniciativas como o programa ‘One Laptop per Child’ e a ‘School of Education, Cognitive and Neural Sciences’. Foi galardoado con premios académicos internacionais como o Premio ao Mozo Investigador 2006, o Career Development Award outorgado por Human Frontiers Science Program, o Premio Enrique Gaviola 2011 da Academia Nacional de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, que entrega a Academia Nacional de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de Arxentina e o Scholar Award outorgado por James S. McDonnell Foundation Scholar.