Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

CONTO: A MULLER QUE ANDABA AO REVÉS

CONTO: A MULLER QUE ANDABA AO REVÉS

Foto: Museo virtual de vellas fotos .20 minutos.es

Era unha muller que andaba ao revés, quérese dicir, que non sabía senón atricar a todos, e máis aínda co se home que era un Xaniño que sempre había facer o que ela quixera pois era a que mandaba na casa.

Un ano, polo verán, chegou unha romaría e o home quixo ir ver, e como el tamén tiña a súa aquela, ordenou unha astucia e, cando estaba no traballo, púxose a falar coa muler e díxolle:

- Ti non quererás ir á romaría! Porque eu tampouco vou.

- Que non quererei...! Que non quererrei...! Pois si que quero ir. E ti que non vas? Vaiai se vas, tes que ir, e senón xa veremos, cando eu fale.

E, ao chegar o día, o home, que ben sabía o que facía, xa de mañá cedo, dedicouse a manter os cabalos e, cando foron horas díxolle á muller:

- Vou levar os cabalos ao monte.

-Ai!-fixo ela-.Non levas, non levas, que vas vir conmigo a romaria!

- Pero muller, como queres que vaia con tanto labor como hai?

- Pois has ir, máis que che pese. Mantén logo os cabalos.

O home fixo como que mantiña os cabalos e logo engadíu:

-Para ti aparelleiche o cabalo branco, pois o roán levareino eu, que é moi bravo.

- Non, o roán levareino eu, máis que sexa bravo, e ti levarás o branco.

- Mira que é moi bravo e vaite tirar!

- Aínda que me tire, levareino eu!

E marcharon cada un montado no seu cabalo e, cando chegaron ao pasal río grande que levaba algo de chea, o cabalo da muller quíxose espantar e tirou con ela que, abraiada ao se ver guindada nas augas, non se puido poñer de pé e levouna a corente. O home, daquela ao vela desaparecer marchou río arriba pola ribeira e atopou cun veciño que lle preguntou:

-E logo, home, que é o que che trae por aquí?

-Caeume a muller ao río no pasal.

-E como non vas na súa procura río abaixo, home?

- Non, carafio! Que ela sempre andou ao revés e ten que estar río arriba.

FONTE:Almanaque Agrícola ZZ Ano LXVII

NFC

NFC

NFC son as inicias de Near Field Communication, unha nova tecnoloxía que está comenzando a usasrse e que é un novo sistema de validación por radio frecuencia.

Cousas tan frecuentes como acceder a un caixeiro sen insertar a tarxeta ou comprar unha bebida nunha máquina sen levar cartos en metálico, pagar o autobús pasando só o móbil por un lector, son cousas que permite esta tecnoloxía NFC.

Near Field Communication (NFC) é unha tecnoloxía de interconexión de dispositivos, similar ao coñecido bluetooth, que empezou a desenrolarse no ano 2002, a través dun acordo entre as empresas Philips e Sony.

Sen estás interesado en coñecer mellor o que é e as súas aplicacións pincha agora en NFC, unha infografía Consumer Eroski.

POLBO

POLBO
Varias personas ’pican’ del plato con la tapa más grande. | Efe

Penso que cada persoa presume da súa terra. Eu son ourensán, de Punxín , preto de Carballiño, onde moitas veces resido cos meus pais.

Se A Guarda ten bos polbos, Carballiño ten as mellores polbeiras para preparalo. A noticia é que onte esta localidade recibíu o visto bo do notario para entrar no libro Guinnes dos récords por conseguir preparar a tapa de pulpo máis grande do mundo, con 126 quilos.

O diámetro do prato superó en 17 centímetros a anterior marca, que ostentaba o récord de 2,03 metros de diámetro, a falta de la confirmación oficial dos responsables do Guinnes.

No prato de madeira de 2,20 metros de diametro colocáronse os 126 quilogramos de polbo, 18 litros de aceite, un quilogramo de pimentón e 2 quilogramos de sal.

Por certo o próximo domingo, 8 de agosto, como todos os 2º domingos de agosto, celebrase a Festa do Polbo, que este ano chega á 48 edicción (arriba tedes o cartel deste ano).

Estades invitados!

CONTO: QUERES CASAR CONMIGO?

CONTO: QUERES CASAR CONMIGO?

Hai xa tempo, coñecín a un mozo co que hoxe estou casada. Entón estaba namorada no silencio deste rapaz que daquela tiña só 19 anos, pero tal era a anguria que tiña por contarlle os meus sentimentos que, un día, na miña tolemia, decidín romper o meu silencio e, como vivía cerca de min, armeime de valor e dirixinme á súa casa.

Ao chegar a ela, encontreime coa súa nai, pregunteille onde se atopaba Xan e indicoume que estaba no faiado. Alí me dirixín moi disposta, pero cando xa estaba a punto de abrir a porta, escoitei un ruído tras dela. Dando por seguro que el se atopaba dentro, na miña covardía que entón me invadía, pensei que era mellor e máis fácil declararlle o meu amor a través da porta sen dar a cara.

Cando terminei a miña confesión sorprendeume que Xan non reaccionase, pero como o ruído seguía, abrín de súpeto a porta e topeime con dúas grandes ratas que fuxiron de contado e a min escapóuseme un berro, ao que acudíu Xan dende o piso de abaixo.

A miña tribulación foi tal, que non me permitíu ese día facerlle a declaración e pensei que a miña confesión só foi escoitada polas dúas ratas espantadas por tal acontecemento.

FONTE:Almanaque Agricola ZZ. Ano XLIV.

CONTO: A VISITA DO SEÑOR INSPECTOR

CONTO: A VISITA DO SEÑOR INSPECTOR

Enciclopedía que eu empreguei na escola

Alvariño era un neno desconfiado e fuxidizo. Todo por mor dun sinxelo problema fisiolóxico que o tiña maiormente acomplexado. Coma outros nenos da súa idade padecía incontinencia, e ás veces..., mexaba por el. Cando ía ir á escola por primeira vez, voltou para a casa na metade do camiño por medo a que o resto de cativos se mofasen del ao se decataren do seu defecto. Os nenos xa se sabe!

Súa nai tivo que convencelo e acompañalo días máis tarde para falar coa mestra e explicarlle a situación.

Dona Olga, muller de experiencia e moi sensibleira para os pícaros, fíxose cargo do cadro e tamén de como arranxalo.

- Alvarito -díxolle-,será muy fácil mantener la discreción. Un juego que tú y yo pactamos. Cuando hacéis una pregunta, levantáis la mano. Pues bien, si tú levantas el dedo índice de tu mano derecha, yo entiendo lo que quieres y asiento con la cabeza. Sales a hacer tus necesidades, no hemos mediado palabra y nadie ha de enterarse.

O plan deu un bo resultado. Cantas veces levantou o cativo aquel dediño, e cantas veces saíu correndo con el levantado sen dicir nada, ata chegar á xeteira que había a carón da escola. Trocoulle o crácter, volveuse cariñoso e garuleiro e mesmo aquel defecto se foi corrixindo paseniñamente.

Un bo día chegoulle á mestra unha carta do Ministerio de Madrid, avisando da próxima visita do Señor Inspector de Educación. Meu Deus! Daquelas, habíalle medo a todo, pero os mestres tremían cando viñan os inspectores. Dicían que ás veces viñan acompañados da garda civil. Aquelo era peor ca se o demo rompese un corno.

Así foi. Tal día como dicía a carta, apareceu na escola, e despois de respectuososos saúdos tratou de coñecer o nivel do ensino facendo varias preguntas aos cativos. Non houbo sorte: preguntou polos tempos verbais, polos Reis Católicos, polos ángulos do trapecio ou a lonxitude da circunferencia e, mesmo pola vida do Caudillo (Franco). Pero os nenos non souberon respostar axeitadamente.

A dona Olga fóralle mudando a faciana, tamén a cor e ata tremaba coma unha vara de freixo. Coa regra na man, fungaba, nunha mestura de medo ó visitante e rabia contida contra os raparigos por deixala coa faltriqueira ao aire.

O inspector, vendo o panorama, tratou de amañalo quitando leña do lume. Dirixíuse a unha neniña moi cativa da primeira meda e díxolle:

- A esta niña tan bonita voy a hacerle una pregunta sencilla. Vosotros estáis nerviosos pero ya veréis como ella sabe responderme...

Veamos pequeña, ¿cuántos dioses hay?

A cativa calou. Púxose colorada e seria, amurolada coma un pote. Non sabía a resposta.

A mestra non o puído evitar e tenta de axudala e por detrás do señor inspector, levantou o dedoí ndice da man dereita para que a pequena se decatase de que Deus era único. Só había un.

- Eu seino, eu seino... -dixo Alvariño., vendo as indicacións da mestra.

- Si lo sabes, dilo, dinos... ¿Cuántos dioses hay? -engadíu o inspector.

Volvendo mirar o dedo levantado da mestra dixo Alvariño:

- Señor inspector. É moi dificil saber o número exacto de deuses. Habería que ir aos decimais; pero a parte diso a min o que me parece polo xesto é que Dona Olga xa mexa por ela.

FONTE: Almanaque Agrícola ZZ. Ano LII

O QUIOSCO

O QUIOSCO

Un  quiosco, segundo o diccionario da Real Academia Galega é unha pequena contrucción instalada ao aire libre para a venda de periódicos, revistas, caramelos, etc.

A internet proporcionanos un verdadeiro quiosco (no referente a revistas, xornais, comics) e sen gastar cartos. Seguramente gústanche máis as revistas: motor, xogos, música, corazón...

Pois agora tes a oportunidade de lelas sen pagar nada. Si, dixen ben, e non só as de España, senón as de toda Europa.

Paréceche interesante? Pois so tes que pinchar AQUÍ. De calquera xeito terás sempre a opción en ENLACES: O QUIOSCO.

CINE: LOL

CINE: LOL

A Asociación Érguete Baixo Miño en colaboración co Concello de A Guarda e a Consellería de Traballo e Benestar, Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado,  está a celebrar un Ciclo de Cine e Saúde dirixido á mocidade da comarca do Baixo Miño.

Este domingo, 6 de xuño, ás 5 da tarde e no Centro Cultural proxectarase a película "LOL" (2008) da directora Lisa Azuelos. A entrada é de balde.

Estás invitad@!

 

 

CINE: "JUNO"

CINE: "JUNO"

A Asociación Érguete Baixo Miño en colaboración co Concello de A Guarda e a Consellería de Traballo e Benestar, Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado,  organiza un Ciclo de Cine e Saúde dirixido á mocidade da comarca do Baixo Miño.

Este domingo, 23 de maio, ás 5 da tarde e no Centro Cultural proxectarase a película "Juno" (2007). A entrada é de balde.

Estás invitad@!