Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

GALICIA VISTA DOUTRO XEITO

GALICIA VISTA DOUTRO XEITO

Este ano, 2010 ANO XACOBEO, Galicia está de moda, e hai que promocionala. Unha forma de vela é visitar o noso país virtualmente, en paseos de 360 graos. É posible mediante a páxina http://www.descubregalicia.com. Nela podes controlar todo co cursor. Preme no mapa da cidade galega que queiras visitar. Por certo se premes nos puntos vermellos podes aproximarte máis. Move o cursor para xirar e ver todo o entorno.

Seguro que ver A Guarda deste xeito  é algo precioso: O Monte, o Porto,...

Interésache? Pois imos alá, preme AQUÍ

CONTO: O DOS MECHEIROS

CONTO: O DOS MECHEIROS

Certo paneiro leonés percorría acotío Galicia, ofrecendo a súa mercadoria en todo tipo de aldeas e vilas.

Un día, ao viaxante paroulle o coche nunha pequena aldea dos máis altos cumios da montaña ourensán.

Baixouse e perguntoulle a unha señoriña que se acercou:

- ¿Puede decirme dónde vive el mecánico?

- Ai, filliño! Aquí estámoslle na fin  do mundo. Non temos nin luz eléctrica. Mecánico non lle hai. A non ser o Pepiño, que é moi mañoso e axeitado para todo. Arranxa a  máquina de mallar, remacha os caldeiros e cántaros, fai fechaduras de portas, ferra as cabalerías e solda pucheiros; pero sobre todo, é un fóra de serie amañando chisqueiros. Chamámoslle Pepiño o chisqueiro.

- Bueno; sea. Si no hay mecánico, avíseme por favor a ese Pepiño de los mecheros.

Chegou Pepe e saudou. Moi serio. Cigarro na esquina da boca, mans nos petos, gorra de viseira ladeada, deulle ata tres voltas ao redor ao coche mirándooo de esquello. pegoulle unha pequena patada a unha roda e preguntou.

- E logo, este vehículo ten gasolina?

- Sí, desde luego. Esta misma  mañana le he llenado el depósito.

- Pois daquela, non hai ningunha dúbida. Te que ser da pedra.

Fonte: Almanaque Agrícola ZZ Ano 2010

XACOBEO 2010

O ano 2010 que acaba de escomenzar é ANO XACOBEO, xa que o 25 de xullo (Festa de Santiago, Día de Galicia) cae en domingo. O 1º Xacobeo celebrouse en 1126 (instituído polo Papa Calixto II), o último foi no ano 2004 e o próximo será no ano 2021.

Seguramente será unha forma de dar a coñecer a Galicia no mundo enteiro e desexo que sexa tamén outra forma de superar a crise económica nestas terras, pois moitos millóns de persoas pasarán por aquí, e eso no económico nótase. Espero que a xente que veña non se quede só en Compostela, lugar obrigado de visita, senón que tamén coñezan o resto de Galicia, deste xeito os euros tamén quedarán máis repartidos. É importante este ano, xa que pode ser unha boa tarxeta de visita para que en próximos anos, vacacións ou fins de semana volvan ou polo menos falen ben destas terras, facendo boa propaganda para que outros veñan.

Este Xacobeo é pór a Galicia de moda. Boa sorte!

HUMOR: NADAL

HUMOR: NADAL

Nesta viñeta de O Carrabouxo (Xosé Lois) publicada no xornal La Región (26/12/09) mostránse as simpatías por dous dos grandes do tenis: Nadal e Federer. Eso si, o de Nadal é moi común nos saúdos nestas datas. É coincidencia!

CONTO: O LOBO E O GRILO

CONTO: O LOBO E O GRILO

Unha vez ía andando o lobo por un camiño, e estaba un grilo cantando na beira do burato. O lobo puxo un pé no burato. O grilo díxolle:

- Escapa de aí, ou seica non me ves?

O lobo miraba e miraba e non vía nada. E volveu dicirlle ao grilo:

- Escapa de aí, que che vou pegar unha patada.

O lobo andivo un pouco para adiante e entón víuno. Como o grilo díxeralle que lle ía pegar unha patada, díxolle:

- Bueno, xa que te fas tan valente, calquera día imos ter unha liorta!

O grilo díxolle que si. O lobo buscou toda clase de feras e o grilo buscou avespas, avellas e abesouros.

Chegando o zorro diante, como era o máis listo, achegándose onda o grilo, e díxole:

- Ariba, grilo!

O grilo saíu moi contento, e vai o zorro e déulle co rabo e tirouno patas arriba. O grilo dixo:

- Saian as do cu marelo!

E pegan as avespas co zorro. Este dicía entón:

- Al río, al río, que la gente viene con brío!

LENDA: ATENAS

LENDA: ATENAS

Estando a Terra nun principio cuberta de auga e xurdindo a luz por primeira vez, Atenea e Poseidón profiaban en fundar unha cidade cos seus propios nomes. Entón Zeus quixo acabar coa deboura e díxolles que quen de ámbolos dous lle dese á cidade o ben máis prezado sería o dono dela. Así, Poseidón enfeitouna con peiraos e fondeadoiros; mentres, Atenea fixo abrollar na acróplole unha vizosa oliveira chea de froitos, que cinguíu ademais nunha coroa, e cando a viron todos, conseguíu a victoria e chamaron á cidade polo seu nome : Atenas. Poseidón, derrotado, arredouse aos seus dominios.

Poseidón: Na mitoloxía grega era o deus do mar e dos terremotos.  Atenea: Na mitoloxía grega era a deusa sa dabiduría, da estratexia e da guerra xusta. Zeus: Na mitoloxía grega era o rei dos deuses do Olimpo, deus do ceo e do trono.  Atenas: Capital de Grecia.

ADIVIÑAS: ACEITUNA E ACEITE

ADIVIÑAS: ACEITUNA E ACEITE

Verde foi como nacín

e de loito me vestín

e para atormentarme

ouro fino me volvín.

 

Ten esférica figura

e por veces alongada

e a calquera persoa honrada

merca e procura.

 

Eu frito

eu tosto

e na cociña

teño o meu posto.

CONTO : O ACEITE E O SANCRISTÁN

CONTO : O ACEITE E O SANCRISTÁN

En certo lugar, de sona polo cultivo da oliveira, o sancristán recibía o encargo de recoller o aceite, que todos os anos ofrecían ao santo patrón os fregueses; pero quixo ter unhas ganancias, por ser o ano en que ía moi caro, e mesturouno con auga. Non obstante, o crego, que sempre andaba ao axexo, pois non era a primeira falcatruada que o sancristán lle facía, descubriuno e dixo, dirixíndose a el aproveitando a misa do domingo:

- Este ano o aceite semella auga e ata o punto que as ras poderían nadar nel.

O que fixo que o rostro do sancristán avermellase ata as orellas. Os olivareiros deseguida se decataron e, como o día coincidira co Domingo de Ramos, agardaron ao sacristán á saída da misa e comenzaron a darlle unha malleira cos ramos, naturalmente de oliveira. Entón o sacristán pedíu axuda dicindo:

- Señor cura, válgame que me van deixar derrengado.

Ao que lle respondeu moi sereno o crego:

- Quen foi agudo para roubar o aceite, que o sexa agora para librarse dos paus.