Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

ESTAMOS ANTE UNHA EMERXENCIA LINGÜÍSTICA?

Persoas segundo a lingua que falan habitualmente / IGE
Un dato expón por enriba de calquera outro o envellecemento do galego: en Galicia, só o 14,27% dos mozos de entre 5 e 14 anos falan sempre galego, fronte ao 48,48% das persoas de máis de 65. Dito doutra maneira: o galego é sobre todo patrimonio dos baby boomers, a xeración dos que agora teñen en torno a 60 anos ou máis. Así o reflicte con claridade o último informe do Instituto Galego de Estatística (IGE), que tamén revela que só o 18,89% dos menores de 15 anos aprenderon a falar en galego, fronte ao 65,72% dos de 65 ou máis anos. O profesor da Universidade de Vigo (UVigo) Benigno Salgado explica que estamos ante unha situación de “emerxencia lingüística”.

O estudo foi publicado en 2019 a partir dunha enquisa estrutural a fogares sobre o coñecemento e uso do galego, unha análise idiomática nas súas distintas formas e o seu uso en distintos ámbitos sociais. Os resultados plasman con claridade como a medida que se retrocede en idade, o galego como idioma exclusivo vai descendendo con forza. Así, entre os que teñen entre 50 e 64 anos fálano sempre o 32,78%, porcentaxe que baixa ao 20,66% entre 30 e 49 e ao 18,94% entre 15 e 29. Coa lingua de aprendizaxe ocorre algo similar: pasa ao 46,88% nos que teñen entre 50 e 64 anos, ao 33,46% entre 40 e 49, ao 30,42% nos que están na trintena e ao 27,82% entre os 15 e os 29 anos. A evolución é similar entre os que usan máis o galego que o castelán ata os 49 anos, aínda que as diferenzas a partir dos 50 anos son menos acusadas.

Persoas que estudan en Galicia segundo a lingua na que reciben as clases / IGE

O castelán úsase como único idioma polo 44,13% nas persoas de entre 5 e 14 anos, para baixar progresivamente ata o 13,65% dos maiores de 65. O dato máis prometedor para o futuro do galego é que un 44,34% da poboación o usa para falar cos seus fillos, fronte ao 31,20 que usa o castelán. Entre os que combinan ambos idiomas, iso si, abundan máis os que dan preferencia ao castelán (13,85%) que os que llo dan ao galego (9,50%). Sorprende tamén as diferencias entre provincias. Así, fronte ao 24,25% do colectivo de entre 5 e 14 anos que fala sempre en galego en Lugo, a porcentaxe baixa ao 7,99% en Ourense e ao 5,32% en Pontevedra. 

Persoas de 5 a 16 anos que estudan en Galicia segundo a lingua na que reciben as clases / IGE

Benigno Salgado considera que esta situación era “previsible” dende os anos 80. “Houbo un período de transición, pero dende 2010 as cousas van de mal en peor, como as mensaxes que se lle trasladan á xente”, alega. Segundo explica, a situación que sofre o galego na actualidade é comparable a outras comunidades, como Cataluña, Valencia ou País Vasco. “Cando un idioma baixa na capital, que é de onde saen as innovacións, o español trasládase a todos os sitios. É importante investigar a transmisión lingüística familiar“.

Na súa opinión, o envellecemento da poboación non foi o factor decisivo para abandonar a lingua. A partir dos anos 70 as persoas empezaron a trasladarse a núcleos de poboación máis grandes e o rural foise baleirando, á vez que se foron instaurando prexuízos contra o galego de pais a fillos. “No rural era onde residía a forza da lingua. Agora, o lugar físico do galego desapareceu”, sostén o profesor. Tamén cre que a emigración “continua” foi un elemento clave que explica a deterioración da lingua no país e insiste na necesidade dos cambios de “arriba cara abaixo” e viceversa. “A xente ten que concienciarse de que as linguas son riqueza, de que che dan a posiblidade de imaxinar, de crear. É unha ferramenta para facer cousas. Se pensamos todos da mesma maneira non imos solucionar os problemas, nin o da lingua nin o do quecemento global”, alega.

FONTE: Víctor García/gciencia.com

DÍA DAS LETRAS FALEGAS 2023: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Hoxe, o 17 de maio, o Día das Letras Galegas, esta adicado a Francisco Fernández del Riego. Naceu en Vilanova de Lorenzá-Lugo, o 7 de xaneiro de 1913 e morreu, en Vigo, o 26 de novembro de 2010​. Foi un escritor, intelectual e político español que desenvolveu desde a década de 1930 un traballo constante e recoñecido a favor da cultura galega, o que fixo del una das personalidades máis destacadas de Galicia. Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director, xunto a Ramón Piñeiro López, de revísta Grial nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, foi autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega.

Fernández del Riego pertenceu á xeración de intelectuais xurdidos ao redor do grupo Nós. Durante a República foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, e formou parte do Consello galego de Galeuzca (1934).

Foi, xunto con Ramón Piñeiro e Jaime Isla Couto, un dos principais impulsores da Editorial Galaxia (fundada en 1950), empresa que liderou o proceso de recuperación cultural na posguerra. En 1963 xurdiu desta editorial revísta Grial, que Fernández del Riego codirixiu e para a que escribiu de forma asidua recensións literarias e artigos.

Ingresou en 1960 na Real Academia Galega cun discurso titulado Un país e unha cultura. A idea de Galicia nos nosos escritores. En 1997 presidiu esta institución.

O seu traballo no ámbito cultural e a súa extensa obra convérteno nun dos principais intelectuais galeguistas do século XX e comezos do século XXI. Entre os seus libros destacan ensaios sobre a cultura e a literatura galegas como Historia da literatura galega, Galicia no espello, Dicionario de escritores en lingua galega ou A xeración Galaxia e estranxeiras, e estranxeiras como Letras do noso tempo e Escritores de Portugal e Brasil.

Cultivou tamén a narrativa (O cego de Pumardedón) e a literatura de viaxes (As peregrinacións xacobeas, O camiño de Santiago e Galicia). Editou antoloxías poéticas e libros de vocabulario, escribiu gran número de artigos poéticos e biografías. Tamén é autor dun libro de memorias, O río de tempo (1991). En 2003 recompilou a súa correspondencia con Cunqueiro e editouna en Galaxia co título Cartas ao meu amigo. Epistolario Mindoniense. En 2004 publicou con Galaxia as súas memorias baixo o título de Camiño andado.

En 1995 doou á cidade de Vigo a súa colección de libros, que constitúe a Biblioteca-Museo Francisco Fernández del Riego. Ata decembro de 2009 foi director da Biblioteca da Fundación Penzol en Vigo.

Como unha das principais figuras de Galicia, foi recoñecido con numerosos galardóns (Premio Trasalba, Premio Pedrón de Ouro, Medalla de Ouro da Cidade de Vigo, Premio de creación Cultural da Xunta de Galicia, Premio Celanova Casa dos Poetas, Medalla Castelao, Premio das Artes e das Letras de Galicia etc.)/ etc.). Foi nomeado Doutor honoris causa pola Universidade de Vigo e Gallego Egrexio pola Fundación dos Premios da Crítica.

Para máis información preme AQUÍ.

WORLS PRESS PHOTO 2023

A imaxe gañadora do World Press Photo / EVGENIY MALOLETKA (Associated Press)

Esta imaxe do sufrimento causado pola guerra en Ucraína gañou o concurso World Press Photo 2023, organizado pola fundación holandesa do mesmo nome. Elixida por unanimidade polo xurado, o autor é o xornalista, fotógrafo e cineasta ucranio Evgeniy Maloletka (1987).

Mostra o traslado en padiola de Irira Kalinina, unha muller embarazada que resultou ferida cando estaba ingresada no hospital materno infantil da cidade de Mariupol. O 9 de marzo de 2022, as tropas rusas cercaron e bombardearon a zona, e Maloletka captou o momento en que a vítima era trasladada nunha padiola a outro centro médico. A piques de dar a luz no momento do ataque, o bebé naceu morto e ela, de 32 anos, faleceu media hora despois coa pelvis esnaquizada.

Xunto á traxedia persoal, a foto, publicada pola axencia Associated Press, mostrou a destrución causada polo ataque ruso contra obxectivos civís, o que se considera un crime de guerra para a xustiza internacional.

Unha traxedia!

A ORIXE DAS PALABRAS: TIRAR A CASA POLA FIESTRA

Dise que alguén tira a casa pola xanela cando de súpeto comeza a efectuar gastos superiores aos que facía ou incluso dilapidar os cartos.

Tan contundente expresión nace dá o costume que existía no século pasado de tirar literalmente pola xanela os aveños do fogar cando a alguén lle tocaba a Lotería Nacional en España.

Esta naceu (en España) baixo o reinado de Carlos III, quen a instaurou por Orde do 30 de setembro de 1763. As primeiras oficinas abriron as súas portas ao público nunha casa da praza de San Idelfonso, en Madrid. A estrutura actual en décimos e sorteos periódicos foi instaurada en 1812 polas Cortes de Cádiz.

Por aquel entón (a partir do último cuarto do século XVIII) aqueles que ansiaban ser os afortunados gañadores da lotería non tiñan soños como os que hoxe en día podemos ter (viaxar, comprar un coche, unha casa nova, deixar de traballar…) senón que aspiraban a cousas como facer algunha reforma e cambiar os mobles, roupas e aveños da casa.

Por iso é polo que cando a alguén lle tocaba un bo tanto na lotería o primeiro que facía era desfacerse de todo aquilo que xa non quería tirándoo pola xanela.

FONTE: blogs.20minutos.es         Imaxe: Fernado Serra/.ui1.es

É O SEU DÍA

A vida é coma unha montaña rusa. O mesmo estás nun momento álxido, coma de repente saltas ao baleiro. Pero a vida ten que seguir!

Hai pouco máis dun ano asistín ao enterro do meu pai Sergio e hoxe asisto ao casamento da miña filla maior, Nuria. Momentos distintos da vida, pero no que a presencia familiar é necesaria.

É só unha ceremonia familiar á espera, en datas próximas, dunha grande festa (bodorrio) onde nos xuntaremos familiares, amigos e achegados.

Nuria e Alejandro (Alex) forman unha boa parella. Traballadores natos e grandes loitadores na vida. Espero que esta nova etapa véñalles de cara porque o merecen.

Para min e a miña familia, e como non para a súa, é un día importante, pero para eles é o seu día.

Desexámosvos todo o mellor!

Víctor e familia

PEGADA XIGANTE DUN DINOSAURO DE HAI 160 MILLÓNS DE ANOS

A arqueóloga inglesa Marie Woods foi quen atopou a rara pegada grande de dinosauro con díxitos acolchados con garras en abril de 2021 na Formación Scalby, na conca de Cleveland de Yorkshire, Reino Unido.

Non podía crer o que estaba a ver, tiven que facer unha dobre toma. Vin algunhas pegadas máis pequenas cando saio con amigos, pero nada como isto”, dixo Woods, coautora do estudo que foi publicado na revista Proceedings of the Yorkshire Geological Society. "Xa non podo dicir que ’os arqueólogos non fan dinosauros’. No momento do descubrimento, xerou moito interese público e atafegáronme as mensaxes nas redes sociais de persoas de todo o mundo".

A pegada mide 80 centímetros de longo e o responsable da mesma foi un dinosauro terópodo de gran tamaño, probablemente megalosáurido hai, polo menos, 166 millóns de anos durante o Xurásico.

O período Xurásico foi un período xeolóxico que ocorreu hai aproximadamente 201 millóns a 145 millóns de anos. O clima nesta época era cálido e húmido, non había casquetes polares e os dinosauros dominaban a Terra, incluídos estegosaurio, braquiosaurio e, por suposto, Tyrannosaurus rex. Atopáronse fósiles do período Xurásico en todo o mundo, mesmo en lugares como China, Arxentina e Reino Unido, como nesta ocasión.

"A costa este de Yorkshire coñécese como a Costa dos Dinosauros por moi boas razóns", apuntou Mike Romano, paleontólogo da Universidade de Sheffield e coautor da investigación. “Descubriuse unha gran cantidade de pegadas de dinosauros, que van por miles. Como resultado, este tramo de costa considérase un dos mellores lugares do mundo para atopar pegadas de dinosauros”.



A pegada xigante atopada en Yorkshire / Hudson et al.

Segundo comentan os investigadores, Megalosaurus foi o primeiro dinosauro en ser descrito formalmente, en 1824, por iso é polo que o seu achado sexa tan rechamante.

Este espécime non só representa a pegada de terópodo máis grande atopada en Yorkshire, senón que ao estudar o ángulo da pegada, a súa forma e as impresións das garras, o fósil proporciona información sobre o comportamento deste individuo hai uns 166 millóns de anos. De feito, as características da pegada poden mesmo suxerir que este gran depredador púxose en crequenas antes de poñerse de pé”, conclúen os expertos.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

UN ESTUDO DO 2019 XA ADVERTIU DO TERREMOTO DE TURQUÍA

Devastación / as.com/IHLAS NEWS AGENCY (IHA)via REUTERS

O recente terremoto que afectou a Turquía e a Siria, e deixou milleiros de mortos e feridos, tiña que suceder tarde ou cedo.

Os terremotos son un fenómeno xeolóxico que provoca unha sacudida da codia terrestre. Ocorren a diario en todo o mundo, aínda que moitos deles son imperceptibles. A web estadounidense USGS, que monitorea e informa sobre terremotos no mundo, mostra 52 sismos tan só nas últimas 24 horas.

De feito, en 2016 detectouse en Turquía o que se coñece como un terremoto lento. Durou 50 días, e aínda que tiña unha magnitude de 5,8 na escala de Richter, non foi percibido por ninguén. Con todo, o país tamén sufriu outros terremotos devastadores, como o de Erzincan de 1939, de magnitude 7,8, que custou a vida a máis de 32.000 persoas, ou o de Izmit de 1999, cunha magnitude de 7,4 na escala de Richter, e que segou as vidas de máis de 17.000 persoas.

O terremoto da madrugada do luns día 6, con hipocentro (o punto interior da Terra no que se orixina un movemento sísmico) a 18km de profundidade, epicentro na poboada cidade de Gaziantep, e con máis de 125 réplicas, é un dos máis potentes da historia de movementos sísmicos da zona.

En realidade, foron dous sismos distintos os que azoutaron a varias cidades turcas e sirias. O primeiro deles durou 30 segundos e tivo unha magnitude 7,8 na escala de Richter. O segundo situouse a un 80km ao norte do sismo inicial e tivo unha magnitude de 7,6.

O feito de que o hipocentro do terremoto fose bastante superficial fixo que fose máis forte, xa que, a menor profundidade, maior é a propagación das ondas sísmicas. Ademais, sucedeu en xeral en cidades moi poboadas, e que en moitos casos non posúen edificios sismorresistentes.

Turquía está situada nun punto quente de actividade sísmica. Ten ao norte a placa euroasiática, en pártea sur a placa africana e en pártea sueste a placa de Anatolia.




A placa de Anatolia ou arábiga é unha placa tectónica continental cuxas fallas percorren todo o territorio turco. As fallas son os puntos nos que as distintas placas entran en contacto.

As placas tectónicas móvense continuamente, a razón de 3 a 6 centímetros ao ano. Co movemento, vaise acumulando enerxía nos puntos de contacto, ou fallas, das placas. Cando a enerxía acumulada en fállalas libérase bruscamente, prodúcense ondas sísmicas que viaxan quilómetros a través das rochas fracturadas ata chegar á superficie terrestre. A terra treme.

Os eventos sísmicos non son predicibles. Non hai instrumental ou tecnoloxía que permita poñerlles data, por máis que se haxa viralizado un tweet que supostamente advertía da inminencia do terremoto de Turquía. Só pódense calcular as probabilidades de que ocorran terremotos significativos en zonas específicas dentro dun período determinado de anos. Os sismólogos saben onde poden ocorrer, pero non cando, polo menos con precisión.

Jordi Díaz, sismólogo do Geo3Bcn-CSIC, explica que non se poida predicir a ocorrencia dun terremoto, “nas zonas especialmente sensibles danse cunha periodicidade que se mide en décadas, de maneira que se non ocorreu un en moitos anos pódese dicir que está ao caer”. Para Diaz, a mellor protección é investir na construción de edificios mellor preparados para resistir tremores intensos.

Un estudo de 2019 publicado na revista Nature fixo observacións xeodésicas en alta mar, e mostrou que un segmento de Fállaa de Anatolia do Norte no Mar de Mármara central estaba bloqueado e, por tanto, acumulaba tensión.

Os investigadores usaron unha rede de dispositivos transpondedores acústicos que mediron a deformación da codia con precisión milimétrica no leito mariño durante 2,5 anos, sen detectar desprazamentos de falla. A ausencia de deformación e a baixa sismicidade monitoreada por sismómetros do fondo do océano indicaron un bloqueo completo de fállaa ata polo menos 3 km de profundidade, e presumiblemente, ata 5,5 km de profundidade.

Segundo o estudo, estes dous factores no Mar de Mármara equivalerían a un terremoto de magnitude entre 7,1 e 7,4, e urxía a valorar o perigo na zona e a realizar estudos mariños similares en rexións cun alto potencial de perigo por fallas activas mar dentro.

Pase o que pase, debido a que non poden aproximarse o suficiente ás datas en que ocorrerán os tremores, os expertos coinciden en que a mellor forma de prepararse para un posible terremoto, sobre todo en zonas propensas, é construír infraestruturas e edificios que soporten sismos, e así evitar no posible os mortos e feridos que, no caso do terremoto do 6 do que estamos a falar, cífranse en miles, e que sen dúbida aumentarán cando se vaian recuperando corpos.

FONTE: Maite Sanz/quo.eldiario.es/naturaleza

ATOPADA NO FONDO DO RÍO LIMIA UNHA DAS EMBARCACIÓNS MÁIS ANTIGAS DO MUNDO

Piragua atopada no río Limia

Os ríos e os mares son uns grandes reveladores da historia. Miles de anos más tarde seguen achegando claridade aos modos de vida da antigüidade, descubrindo obxectos que axudan a comprender o pasado. O río Limia, ao seu paso por Viana do Castelo, leva 38 anos contándonos que na Idade de Ferro había piraguas monóxilas, é dicir, feitas do tronco dunha soa árbore. O achado non queda aí, xa que isto revela que os bosques estaban acondicionados e preparados polos habitantes do lugar. Hai unhas semanas apareceu unha sétima piragua neste río que nace en Galicia e desemboca en Portugal, e os expertos auguran que seguirán aparecendo máis. Unha das cousas que máis sorprenden é o seu bo estado de conservación. Semella que estaban agardando a ser atopadas.

Cando apareceu esta última embarcación os bombeiros e os arqueólogos do municipio achegáronse para retirala da beira do río. Contruíuse unha estrutura ríxida para colocala na parte superior e conducila ata o porto da cidade para ser enviada ao Centro Nacional de Arqueoloxía Náutica e Subacuática (CNANS). Agora está mergullada nun tanque con auga coa sanilidade exacta que ten o Limia e que precisa a piragua para seguir manténdose. “Conservouse grazas á lama. Agora vai ter que esperar 10 anos a que seque, a madeira ten unhas condicións específicas. As embarcacións están feitas de carballo, por aquel entón cultivaban carballeiras porque se a madeira tiña nós xa non servía”, conta o divulgador Paco Boluda.

O conxunto de piroaguas que se levan atopado dende 1985 están clasificadas como Conxunto de Interese Nacional (CIN) e están recoñecidas como tesouros nacionais, son algo único no sur de Europa. “Trátase dun conxunto que, no contexto da península ibérica, non teñen paralelo tendo en conta o número de embarcacións involucradas, constituíndo un notable testemuño da navegación que se practicaba no río Limia dende a Idade de Ferro ata a Baixa Idade Media, datacións obtidas por radiocarbono“, sinala un documento da administración lusa.

Curiosamente, as piraguas apareceron nun lugar que se coñece hoxe como o topónimo Lugar da Passagem. “Esta tradición, historicamente probada por unha inscrición gravada nun bloque de granito con data de 1742, que aínda hoxe se conserva, refírese ao lugar onde se transportaban persoas e mercancías e onde, máis tarde, xurdiu unha ponte de conexión entre as dúas beiras do Limia”. E é que por aquel entón, “os ríos eran as autopistas que había”, conta Boluda, e aínda que non se atopasen as piraguas no noso país, “non significa que non as houbese”.

Os estudos enmarcaron a construción desta serie embarcacións no Neolítico por estar feitas dunha soa árbore, xa que existen precedentes en Europa e teñen un valor indiscutible para o estudo da cultura castrexa. As máis antigas que se atoparon en Viana do Castelo datan entre os séculos IV e III a.C. De feito, son unha das embarcacións máis antigas do mundo e das que hai un rexistro físico —probablemente si aparezan representadas en pinturas rupestres—. O diario Público conta que ademais das achadas no Limia atopáronse tres en todo o planeta: China, Nixeria e Holanda, con 8.000 anos de antigüidade.

Entre as sete piraguas atopadas no Limia tamén hainas máis recentes, como do período da Reconquista e da Idade Media. Porén, non todas estas embarcacións foron correctamente construídas nin se remataron de fabricar, é o caso da quinta piragua, que se abandonou no río porque de ter saído a navegar produciríase un varamento debido a súa morfoloxía.

Extremo da piragua que imita a un golfiño.

A cuarta embarcación que se atopou ten unha “protuberancia zoomórfica” no seu remate. Evoca, segundo concluíron os antropólogos, á cabeza dun golfiño. A embarcación ten un orificio de menos de catro centímetros de diámetro que atravesa os dous extremos e que parece un ollo. Esta circunferencia pode ser moi práctica para introducir unha corda e arrastrar a piragua ata a terra. Unha análise realizada polos investigadores Álvaro Garrido e Francisco Alves conclúe que ademáis do valor estético ten unha importancia simbólica e incluso “máxica”. “Tallar a proa dunha piragua en forma de cabeza de golfiño non podería lembrar o lexítimo desexo de protexer a embarcación e á súa tripulación, apropiándose así dunha parte da personalidade benéfica do golfiño, facéndose próximo deses animais salvadores dos mariñeiros?“, cuestionan nun artigo. Mais esa é unha pregunta para a que de momento non hai resposta, e aínda haberá que esperar unha década para saber que nos veu contar desta vez a piragua número sete.

FONTE: Alba Tomé/gciencia.com/retro