Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

CINTAS DE VIDEO

 

Continúo cos novos episodios de Órbita Layka, programa de divulgación científica divertido e sorprendente, cheo de curiosidades e de sentido do humor, presentado polo matemático e profesor de Linguaxes e Sistemas Informáticos Eduardo Sáenz de Cabezón Irigaray.

Na sección de física deste programa, adicado á década dos 80, Javier Santaolalla, físico, enxeñeiro, doutor en física de partículas e divulgador científico, fala acerca dun fenómeno físico clave para realizar gravacións en cintas de vídeo e cassettes: o magnetismo.

Moi didáctico!

ORDENADORES DOS 80

 

Continúo cos novos episodios de Órbita Layka, programa de divulgación científica divertido e sorprendente, cheo de curiosidades e de sentido do humor, presentado polo matemático e profesor de Linguaxes e Sistemas Informáticos Eduardo Sáenz de Cabezón Irigaray.

Amstrad CPC, Sinclair ZX Spectrum, Apple II, Commodore 64... Neste programa adicado á década dos 80, a inxeñeira informática Nerea Luis Mingueza realiza un percorrido tecnolóxico por algúns dos ordenadores e consolas máis míticos daquela época.

Canto cambiaron!

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller conmemórase anualmente tal día coma hoxe, o 25 de novembro, para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.

A convocatoria foi iniciada polo movemento feminista latinoamericano en 1981, en conmemoración da data na que foron asasinadas, en 1960, as tres irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa), na República Dominicana.​ En 1999, a xornada de reivindicación foi asumida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa resolución 54/134, o 17 de decembro de 1999, entendendo por violencia contra a muller "todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública como na vida privada", e convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a convocar actividades dirixidas a sensibilizar á opinión pública sobre o problema da violencia contra as mulleres.​

 A violencia contra as mulleres converteuse nun problema estrutural. Diríxese cara ás mulleres co obxectivo de manter ou incrementar a súa subordinación ao xénero masculino.​ A súa orixe atópase na falta de equidade nas relacións entre homes e mulleres en diferentes ámbitos e na discriminación persistente cara ás mulleres. Trátase dun problema social presente tanto no ámbito doméstico como no público, en diferentes vertentes: física, sexual, psicolóxica, económica, cultural e outras, e afecta as mulleres desde o nacemento ata a idade avanzada. Non está confinada a unha cultura, rexión ou país específico, nin tampouco a grupos específicos de mulleres na sociedade.

Todos podemos colaborar para erradicala!

Denuncia!

RISCO DE XORDEIRA

 

Uns 25 decibeles son unha conversación en voz baixa nunha biblioteca. A 50 ou 60 decibeles soa o tráfico dunha rúa fragorosa e, a máis de 100, está unha discoteca ou o ruído dunha taladradora. Para a comunidade científica, toda exposición prolongada a un son que supere os 80 decibeles empeza a poñer en risco a saúde auditiva, xa sexa a curto, medio ou longo prazo. O oído sofre e dánase. Unha revisión científica publicada na revista British Medical Journal Global Health calcula que entre 670 e 1.350 millóns de adolescentes e adultos novos no mundo están en risco de perder audición por expoñerse a prácticas de escoita inseguras. En concreto, o 23,8% dos mozos que empregan dispositivos de audio persoais a intensidade elevada, como música alta polos auriculares, e case a metade dos que acoden a lugares de entretemento ruidosos, como bares ou discotecas, corren perigo de sufrir algún tipo de xordeira ou dano auditivo. Os expertos advirten de “a necesidade urxente” de impulsar hábitos de escoita seguros.

No dano á saúde auditiva inflúe a intensidade do ruído e o tempo de exposición. Segundo un informe da Organización Mundial da Saúde (OMS), as persoas que usan dispositivos de audio portátiles poden expoñerse, en 15 minutos de música a 100 decibeles, ao mesmo nivel de son que un obreiro do sector industrial nunha xornada de oito horas de traballo a 85 decibeles. Os límites de volume do oínte típico están entre os 75 e os 105 decibeis, uns limiares que, para a OMS, son “motivo de preocupación”.

A intensidade e o tempo de exposición van da man e, aínda que o limiar de susceptibilidade varía en cada persoa, alcanzar altos decibeles durante un longo tempo pasa factura á saúde. En concreto, é a cóclea, esa estrutura en forma de caracol no oído interno, a que máis acusa o impacto do ruído: as súas células ciliadas, que son as que transmiten a información ao cerebro a través do nervio auditivo, sofren esa exposición e cristalizan o dano, por exemplo, a través dos acúfenos (un asubío intenso no oído). A OMS estima que máis de 430 millóns de persoas no mundo teñen unha perda auditiva discapacitante.

Os autores do estudo consideraron prácticas auditivas inseguras exceder, por exemplo, os 80 decibeles durante 40 horas semanais. E focalizáronse en dous fenómenos de risco: o uso de dispositivos de audio, como teléfonos móbiles ou reprodutores de música con auriculares, e a asistencia a lugares de entretemento ruidosos, como discotecas, bares ou clubs. Os científicos revisaron a evidencia dispoñible desde principios de século en catro idiomas e recompilaron unha trintena de estudos a partir dos cales podían recalcular a prevalencia de mozos expostos a prácticas auditivas de risco.

Tras analizar a mostra e tendo en cuenta que a poboación global estimada de persoas de entre 12 e 34 anos é, en 2022, de 2.800 millóns, os investigadores concluíron que entre 670 e 1.350 millóns de persoas en todo o mundo “poderían estar en risco de perda de audición debido a prácticas de escoita recreativas voluntarias e inseguras”. “Se as persoas están expostas a sons fortes, as células sensoriais e outras estruturas no oído poden fatigarse e eventualmente danarse. A fatiga das células sensoriais a miúdo resulta en tinnitus [acúfenos] e/o perda temporal da audición. Se as persoas están expostas regularmente a sons fortes ou prolongados, este dano pode volverse permanente, o que pode provocar unha perda auditiva irreversible, tinnitus ou ambos”, explica Lauren Dillard, investigador postdoutoral da Universidade de Carolina do Sur e autor do estudo.

A ter moi en conta!

FONTE: Jessica Mouzo/elpais.com          Imaxe: Oscar Corral/elpais.com

A CAPTURA DO DIÓXIDO DE CARBONO

 

Continúo cos novos episodios de Órbita Layka, programa de divulgación científica divertido e sorprendente, cheo de curiosidades e de sentido do humor, presentado polo matemático e profesor de Linguaxes e Sistemas Informáticos Eduardo Sáenz de Cabezón Irigaray.

Na sección de química do programa de hoxe dedicado aos refugallos, a química, investigadora en ciencia de materiais e divulgadora, Deborah García Bello, realiza unha demostración do proceso de captación de CO2 por postcombustión por absorción química.

Moi visual!

FONTE: Rtve

O PARRULIÑO DE GOMA

 

Continúo cos novos episodios de Órbita Layka, programa de divulgación científica divertido e sorprendente, cheo de curiosidades e de sentido do humor, presentado polo matemático e profesor de Linguaxes e Sistemas Informáticos Eduardo Sáenz de Cabezón Irigaray.

Hoxe, Xosé Miguel Viñas, físico do aire, comunicador científico, especialista en Meteoroloxía, falanos da dinámica das augas oceánicas.  En 1993, un cargamento de parruliños de goma abriuse no Océano Pacífico durante un temporal. Miles de parruliños dispersáronse a mercé das correntes oceánicas De forma inesperada, isto permitiu comprender mellor a dinámica das augas oceánicas.

Curioso!

FONTE: rtve

COMO É POSIBLE FACER DESAPARECER UNHA MOEDA?

 

Continúo cos novos episodios de Órbita Layka, programa de divulgación científica divertido e sorprendente, cheo de curiosidades e de sentido do humor, presentado polo  matemático e profesor de Linguaxes e Sistemas Informáticos Eduardo Sáenz de Cabezón Irigaray.

Hoxe, el mesmmo, Eduardo, explica como é posible facer "desaparecer" unha moeda? A resposta rápida é si. Esta ilusión óptica fundaméntase na refracción, e máis concretamente, na coñecida como "Lei de Snell".

Pero ten truco!

FONTE: rtve

O VALOR DE COMPARTIR

 

A campaña publicitaria do sorteo da Lotería de Nadal,xa é un clásico cada ano. Baixo o título ’O valor de compartir’, Loterías e Apostas do Estado preséntanos os tres anuncios creados pola axencia de publicidade Contrapunto BBDO.

Nesta ocasión, a campaña baséase en tres historias reais diferentes que teñen un mesmo nexo común: compartir un décimo da Lotería de Nadal.  

O primeiro deles, titulado ’Tres orquídeas’, narra a historia dun fareiro ao que un refacho de vento fai que chegue ata a súa casa un décimo da Lotería de Nadal. No reverso, pon: "Para Julia, tres orquídeas". Casualmente, ese décimo resulta premiado. A partir de aí, comeza unha procura para dar coa dona do décimo, ata que se atopa cunha furgoneta dunha florería que se chama ’As tres orquídeas’, polo que decide levarllo.  

O segundo, leva por nome ’Vika’. Neste anuncio, desenvólvese a amizade que xorde entre Marta e Vika. Ambas traballan nunha fábrica de luces de Nadal. Marta encárgase de ensinarlle a Vika, unha emigrante que non fala español, as tradicións españolas. Entre elas está a de compartir un décimo da Lotería de Nadal.

A viaxe’ é o título do terceiro dos anuncios da campaña. Nesta ocasión, o protagonista é Esteban, un pastor xubilado que vive nas montañas e decide emprender unha viaxe co seu rabaño para visitar a un amigo ao hospital para levarlle un décimo da Lotería de Nadal.

Os tres anuncios da campaña do Nadal foron gravados en Asturias. Para iso, elixíronse localizacións no municipio de Salinas e a contorna da ría de Avilés, ademais dun polígono industrial en Lugones.

Compartir é fermoso!