Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

Durmir no pallar, traballar no campo: a vida en Castela dos segadores galegos de Órrea

A historia de Galicia está marcada polo esforzo e a capacidade de moitas persoas traballadoras que, dende tempos antigos, deixaron a súa terra para buscar unha vida mellor. Nunca mellor dito no caso dos segadores galegos, mozos que, dende moi novos, marchaban a Castela para gañar uns cartos cos que poder sobrevivir. Co obxectivo de recuperar esta memoria, o grupo de investigación HISTAGRA da Universidade de Santiago (USC) e o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) únense á Asociación de Veciños de Santa Comba de Órrea (Riotorto) para contar a historia dos seus segadores. 

Así nace o documental Segadores da Órrea en terras de Castela. Unha historia de heroes, dirixido por Vanesa Gómez Lourido e Laura Alonso. Cun enfoque etnográfico, histórico, antropolóxico e cultural, a peza reconstrúe un fenómeno que atravesou a historia de Galicia dende o século XVII ata os anos sesenta. 

Estreado en maio de 2025, aínda que producido en 2023, o documental de 50 minutos dá voz aos protagonistas: 29 homes que participaron nas campañas de sega e dúas mulleres que relatan a vida que quedaba na aldea. Grazas a eles pódese coñecer de primeira man as experiencias, as dificultades e a resistencia dos nosos antepasados, neste caso, os dunha pequena vila de Lugo. Esta é a súa historia. 

Os segadores de Órrea (Riotorto) / Imaxe extraída do documental ’Segadores da Órrea en terras de Castela. Unha historia de heroes’.

Era pobre, non era nada rico”, comeza a relatar Alberto Fernández Gómez, un dos moitos segadores de Órrea. Na súa infancia, non acudir un día á escola para coidar das vacas era algo habitual, e estes mozos lucenses estaban afeitos a estas rutinas. Non só iso: dende moi novos tamén eran enviados ao monte a sachar nos meses de marzo, abril e maio para garantir a comida na casa. 

José María Sobrado Casabella, outro dos protagonistas do documental, lembra que cavar era un traballo moi duro: “Había que deixar o monte recto para que curara e, despois, queimalo”. Co paso do tempo e a chegada de produtos químicos, a carga de traballo reduciuse, pero a miseria seguía presente. Para labrar as leiras, moitas veces había que transportar o abono na cabeza. “Vivíase moi mal, non había camiños”, engade.

Pero todos os entrevistados coinciden en que marchar a Castela a segar non foi unha opción, senón unha necesidade. Un costume transmitido de avós a pais e de pais a fillos. Eles foron andando a Castela”, explica Alberto Fernández, poñendo de manifesto a continuidade ano tras ano. 

A última xeración de segadores de Órrea chegaba á estación de tren de Lugo con idades entre os 10 e os 14 anos, acompañados dos seus pais, irmáns ou tíos. Hai quen o vía como unha oportunidade para afastarse da casa por un tempo, pero recibían un aviso claro dos maiores: “Vas contento, pero cando chegas alá, non tanto”, lembra Manuel Penedo Otero, repetindo as palabras dos seus irmáns. “Por aquí hai poucas casas nas que non houbera xente indo a Castela, resume Gumersindo Gómez Couso.

Cando vin chegar aquela locomotora co carbón, o lume e os maquinistas negros, dixen: Ai, pobre de min!”, lembra Jose María Fernández Dasrribas. Así agardaban na plataforma coa súa maleta, non sen antes recibir o aviso da cantidade de rateiros que había no tren. Aos pequenos subíannos polas ventás, xunto coas súas equipaxes e sacos. Mais, que levaban sempre aqueles futuros segadores?

En primeiro lugar, o calzado: ían pasar moitas horas de pé. As chaparritas, sandalias feitas cun anaco de neumático de coche e unhas tiras, xunto coas zocas, eran o calzado típico para viaxar a Castela: “Non molestaban e, se lles entraba auga ou terra, saía por outro lado”, explica Gabriel Gómez Expósito. Na maleta tamén había dúas ou tres camisas que se lavaban cada 15 días ou cada noite nas prazas das vilas.

A isto sumábase o material de traballo: catro ou cinco fouciños para ir renovando, pois ao chegar a Castela só atopaban unha pedra para afialos. “O penúltimo ano que traballei fixen 1.000 eu só”, conta Benigno López, que tamén traballaba na forxa. Levaban, ademais, uns coiros chamados didiles para non cortarse e unha zoqueta de madeira para acadar maior alcance.

Pero a maleta non sempre quedaba con eles: non eran unhas vacacións. “Ao chegar, quedaba aparcada na casa do amo, e o que levabamos era un saco de roupa”, explica Oliverio Leivas Fernández. Para estes desprazamentos, os segadores usaban bicicletas, indo dun lado a outro coas súas pertenzas. Pasaban toda a noite e o día no tren, e tras un transbordo en Medina del Campo e outro tren a Segovia, chegaban finalmente a vilas como Ortigosa de Pestaño.

Dende xuño ata principios de agosto estes mozos traballaban nas terras de Castela en plena época estival. Distinguíanse dous cargos: os que segaban e os que ían detrás atando. Non obstante, as condicións eran duras para todos: “Traballabamos de sol a sol, dende as nove da mañá ata as oito da tarde”, lembra Cándido Rodríguez Cerdeira

O día comezaba cedo. Cando o amo os espertaba ás cinco da mañá, almorzaban chocolate, sopas e un vaso de augardente. “Unha vez tiña unha sede da virxe, tomei tres vasos de viño e púxenme a atar… Parecía que andaba no aire!”, conta un deles. Ás nove comezaba a faena, cando chegaban ao lugar da sega, pois ían “dun sitio a outroen carros ou bicicletas.  

Ao mediodía facían unha pausa dunha hora: “O de comer quentando o sol sentado nun mollo… Iso si que era duro”, di Manuel Folgueira Pérez. O menú non variaba: garavanzos cada día, en contraste co caldo que comían en Galicia. Ás veces, os amos levábanlles comida; noutras, eran eles quen a traían nunha perola. Formaban un círculo e cada quen collía a súa parte, pero non se podía comezar ata que o maioral cortase o pan e servise o viño. 

Coa calor, a auga era imprescindible. Uns lembran que a traían en porróns de barro para mantela fresca, outros que tiñan que ir eles mesmos por ela. Para asearse, a pouca auga dispoñible estaba nas casas dos amos: Ás veces non nos deixaban porque lles manchabamos a auga, explica Cándido Rodríguez. Ao final do día, improvisaban un colchón con palla, cubríano cunha saba e unha manta traída da casa e deitábanse a durmir, ás veces compartindo espazo coas pitas.

En Castela o traballo era moi escravo”, lembra Gabriel Fernández Dasrribas, pois rapaces coma eles tiñan que atar unha leira de ata catro quilómetros de longo. Hai quen ía, pero non soportaba o ritmo e tiña que regresar a casa. As condicións dependían moito do maioral: “Habíaos que eran moi animaliños: se enfermaba un, quedaba no pallar, e se morría, morría”. 

En tempadas de moita colleita, todos ían ao límite. Comezaban de mañá a recoller veza, un cereal para o que había que agacharse continuamente. “Era unha planta moi baixiña, tiña moita humidade do orballo da noite e as mans poñíanse brandas e sangraban”, explica José Braña Cerdeira. Ese era o seu día a día.

Os segadores de Castela tiñan que atar unha leira de ata catro quilómetros de longo. Imaxe extraída do documental ‘Segadores da Órrea en terras de Castela. Unha historia de heroes‘.

Para regresar cada verán, buscaban os mesmos amos do ano anterior. Escribíanlles, anunciaban que volverían a Castela e enviaban un telegrama coa data de saída. “Sempre iamos os compañeiros xuntos cada ano”, lembra un deles, destacando a unión dos segadores de Órrea. 

De súpeto, chegaba o momento máis esperado: o día de cobro. O soldo repartíase por categorías: no posto máis baixo gañábanse 3 pesetas, e a cifra aumentaba ata chegar ao maioral, quen recibía 21. Os cartos colocábanse nunha manta no rancho e repartíanse, cos atadores cobrando sempre a metade que os segadores.

O primeiro ano, un atador podía gañar arredor de 6.000 pesetas en dous meses, mentres que un segador podía chegar ás 18.000. Nun contexto no que con 5.500 pesetas se podían mercar dúas vacas, o diñeiro era tentador. “Moita xente ía a Castela porque alí comíase mellor, pero a vantaxe económica non sempre era grande”, lembra Enrique Fernández Lorido. Aínda así, a necesidade obrigaba: había que manter á familia e buscar ingresos “fose onde fose”.

A experiencia implicaba risco físico e deixaban atrás nais, irmás e fillos, que traballaban como podían ata o regreso. “Miña nai quedaba moi triste, pero había necesidade e facer de tripas corazón”, contaba Pura Díaz Linares, unha das nenas que quedaba na casa.

En Castela tamén lles quedaba unha familia. “Os casteláns non abusaban da xente”, recorda Folgueira Pérez, aínda que sempre había quen quería sacar máis proveito ca outros. Alí veñen os galegos!, berraban cando chegaban. Algúns segadores mesmo atoparon o amor alí, como aquel que, tras cortar un pé cun fouciño, coñeceu á enfermeira do hospital. 

Todo cambiou coa chegada das primeiras recolledoras. “Valseca era unha vila grande, e vin probar a primeira máquina que se pedía para a provincia de Segovia”, conta un dos segadores. Aquela máquina, moderna para a época, segaba tanto coma 12 homes: un auténtico milagre para quen pasaba longas xornadas ao sol. 

Pouco a pouco, as máquinas foron invadindo os campos e o oficio do segador quedou no recordo. Algúns deixaron de ir en 1966, aínda que moitos pensan que, de non ser polas recolledoras, seguirían marchando uns anos máis. “Ti sabes o que é durmir durante o verán nun pallar, enriba de palla rolada, cunha saba que picaba debaixo, e levantarte ás catro da mañá para traballar de sol a sol?”: así lembran os segadores galegos de Órrea, que cada verán marchaban a Castela na procura dunha vida un pouco mellor.

FONTE: Andrea Veiga/gciencia.com

OUTONO 2025

Caída da folla / grupocrece.es

O outono de 2025 no hemisferio norte comezará o día 22 de setembro ás 20 horas 19 minutos hora oficial peninsular segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible). Esta estación durará aproximadamente 89 días e 21 horas, e terminará o 21 de decembro co comezo do inverno.

O inicio do outono no hemisferio norte está definido polo instante en que a Terra pasa polo punto da súa órbita desde o cal o centro do Sol cruza o ecuador celeste no seu movemento aparente cara ao sur. O día en que isto sucede a duración do día e a noite practicamente coinciden. A esta circunstancia chámase tamén equinoccio de outono.

 

No momento en que o outono comeza no hemisferio norte, no hemisferio sur comeza a primavera.

FONTE:astronomia.ign.es

ADEUS A ROBERT REDFORD

 

Onte, faleceu Charles Robert Redford Jr. (Santa Mónica, California; 18 de agosto de 1936-Provo, Utah; 16 de setembro de 2025). Actor, ecoloxista e director de cine. Foi gañador dos premios Óscar e Globo de Ouro. Á súa extensa e apreciada carreira, hai que sumar a súa condición de sex symbol e sedutor para varias xeracións, título que compartiu co seu colega e amigo Paul Newman, con quen rodou películas de gran éxito. 

Aquí tedes unha homenaxe a través dalgunhas das súa mellores películas: Pacto de silencio (trailer), Memorías de África (trailer), Dous homes e un destino (trailer), Brubaker (película completa) e O golpe (trailer).

Que as disfruetes!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxe: elmundo.es

CINE: ROMERÍA

Esta fin de semana chega aos cines a película Romería. Película sobre a memoria familiar que pecha a triloxía da súa directora, composta por Verán 1993 e Alcarràs. Estreda no Festival de Cine de Cannes de 2025 en Francia, en maio, e que hoxe estréase en España. Esta é a súa fiche técnica:

Título orixinal: Romería

Ano: 2025

Duración: 115 min.

País: España

Xénero: Drama

DirecciónCarla Simón

GuiónCarla Simón

Produtora: Elastica films

Coprodución España-Alemania: Ventall Cinema, Dos Soles Media, Movistar Plus+, RTVE, 3Cat, ZDF/Arte

DistribuciónAd Vitam Distribution, MK2

MúsicaErnest Pipó

FotografíaHélène Louvart

RepartoTristán Ulloa, Sara Casasnovas, Llúcia Garcia,José Ángel Egido, Miryam Gallego, Mitch Martín,Celine Tyll,Janet Novás, Marina TroncosoAlberto Gracia, Sergio Quintana, David Saraiva...

Sinopse: Mariña viaxa a Vigo para coñecer á familia do seu pai biolóxico, que morreu da SIDA, do mesmo xeito que a súa nai, cando ela era moi pequena. A través dos encontros cos seus tíos, tías e avós, a moza tenta reconstruír un relato dos seus pais, pero todos senten demasiada vergoña cara aos conflitos de drogas da parella, algo que Mariña lémbralles coa súa presenza. Será a historia de amor adolescente que vive co seu curmán o que lle permite reimaxinar aos seus pais e conectar con eles. Desta forma, inventa un conto, grazas ao diario da súa nai, que a libera do estigma que a súa familia sente por eles e cumpre o desexo de entender o pasado... 

Profunda, arriscada pero fermosa!

Galicia presente na película!

HUMOR: CHUVIA E INCENDIOS

Viñeta do xenail Gogue (José Ángel Rodríguez López, O Grove-1953) publicado no xornal Faro de Vigo).

Sempre con moito tino!

HUMOR: FIN DE AGOSTO

Viñeta do xenail Gogue (José Ángel Rodríguez López, O Grove-1953) publicado no xornal Faro de Vigo).

Sempre con moito tino!

LA VUELTA 2025

Hoxe, 23 de agosto, comeza La Vuelta 2025 en Turín (Italia). Componse de 21 etapas e cubrirá unha distancia total de 3.151 quilómetros, rematando o 14 de setembro de 2025 en Madrid. O percorrido está distribuido en:

- 4 etapas chairas (1 con final no alto)
- 6 etapas de media montaña
- 5 etapas de montaña
- 1 contrarreloxo individual
- 3 etapas onduladas con final no alto
- 2 días de descanso

Un total de 162 participantes en 23 equipos loitarán por estar no podio de Madrid.

Se queres siguila preme AQUÍ.

Sorte a todos!

Perseidas 2025: cando e onde ver a choiva de estrelas de agosto?

O ceo prepárase para ofrecer, como cada ano, o espectáculo astronómico máis cegador da época estival. As perseidas, coñecidas como as bágoas de San Lorenzo, alcanzarán o seu máximo esplendor durante a cálida noite do 12 de agosto. Nese momento, millóns de partículas de po e gas atravesarán o firmamento a 60 quilómetros por segundo.

A mellor choiva de meteoros ao norte do Ecuador nace da cola do cometa Swift-Tuttle que foi descuberto en 1862, un obxecto xeado que completa a súa órbita cada 133 anos. Segundo explica César González, divulgador do Planetario de Madrid, preto das dez da noite da hora peninsular española os fragmentos desprendidos deste corpo celeste se desintegrarán ao entrar en contacto coa atmosfera terrestre, xerando brillantes escintileos de luz.

Quéimanse e póñense incandescentes e é cando ti ves no ceo un trazo luminoso que non é nin máis nin menos que a rocha desintegrándose”, detalla. Tal como un viaxeiro que se sacode a neve dos ombreiros. Este fenómeno ocorre porque a Terra atravesa esa zona do espazo repleta de residuos deixados polo paso do Swift-Tuttle que literalmente traga e varre con todas as partículas suspendidas na súa traxectoria.

Un cometa, indica González, é unha mestura de po e xeo: se tomas coas mans un puñado de cada un e únelos, terás a esencia do que é. Cando se achega ao astro rei, a calor derrite ese xeo que vai deixando gases e tamén finas partículas. “Non son estrelas caendo”, complementa Miguel Rodríguez Alarcón, investigador predoctoral do Instituto de Astrofísica de Canarias. “O que temos é un cometa cunha órbita chea de po. É coma se nos aera area”, exemplifica.

Son tan diminutos que moitos non superan o tamaño dun gran de arroz. Aínda que cada verán varía tanto a intensidade como o número de meteoros, desafortunadamente as perseidas alcanzarán o seu máximo esplendor pouco despois da lúa chea, o que afectará a cantidade de meteoros visibles.

A Lúa é unha fonte de contaminación lumínica natural. Entón, lamentablemente este ano non é o mellor para ver as estrelas”, agrega Rodríguez Alarcón. O satélite natural da terra actúa como un enorme foco de luz que dificultará a visibilidade doutro corpo celeste.

Desde calquera lugar do hemisferio norte é visible a choiva de meteoros. Ás 10 da noite haberá bastante luz crepuscular e ademais o lugar do ceo do cal parecen provir todos os meteoros (e que se chama radiante) aínda estará baixo con respecto ao horizonte. Ambos os expertos coinciden en que os mellores sitios para poder velas, son os lugares que teñen un ceo moi escuro, onde haxa a menor cantidade de contaminación lumínica posible, é dicir, o máis lonxe que se poida das cidades.

Non se recomenda usar ningún tipo de instrumento que faga aumento nin prismáticos nin telescopio, asegura Miguel Rodríguez Alarcón. “En Canarias témolo fácil, os mellores sitios son os cumes das illas de Tenerife e da Palma”, agrega.

No caso da península, as zonas rurais con pouca contaminación lumínica son as ideais para apreciar este fenómeno. “O campo está ben”, suxire o divulgador César Campos e as zonas montañosas que teñan horizonte máis despexado.

O mellor que se pode facer é levar unha tumbona ou unha manta, tombarse no chan e unicamente cos ollos estar pendente de todas as zonas do firmamento”, conclúe. Eso si mirando cara o norte.

FONTE: Constanza Cabrera/elpais.com     Imaxe: Diego Radamés (Europa Press)