Blogia
vgomez

ZONA VERDE

SOSTIBILIDADE IX

Estás averiguando o que sabes sobre a sotibilidade e o que significa realmente.

A contestación á pregunta de onte é Si, pódese mellorar o illamento térmico tanto dos muros como das xanelas, ademais de instalar sistemas de climatización sostibles. Estas son 10 obras de rehabilitación enerxética que se poden realizar tanto no exterior dun edificio como no interior dunha vivenda para gañar en sustentabilidade, eficiencia e confort: Instalar placas solares, instalar xanelas illantes, proteccións solares, sistemas de ventilación mecánica controlada, instalar un sistema de aerotermia, sistemas de xestión da enerxía, electrodomésticos eficientes, cambio da iluminación, illamento térmico da fachada e punto de recarga para coches eléctricos.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Que podes facer para evitar o consumo de plásticos de maneira indiscriminada?

- Unha vez que usas algo de plástico, tírao ao lixo e olvídate.

- Sempre que sexa posible, opta por artigos reutilizables, como bolsas de tea para a compra, botellas de auga, cuncas de café e fiambreras.

- Compra unha máquina que corte o plástico en anacos e lévaos a planta de reciclaxe.

Mañá a solución e última pregunta!

FONTE: farodevigo.es/sociedade e elperiodico.com     Imaxe:cordobahoy.es

SOSTIBILIDADE VIII

Estás averiguando o que sabes sobre a sotibilidade e o que significa realmente.

A contestación á pregunta de onte é Valores R, que son medidas da Resistencia do illamento á transferencia de calor. O valor R indica a capacidade de illamento térmico dunha capa de material, a miúdo emprégase como valor illante para dobres acristalamentos, paredes, chans e tellados. O valor R é a resistencia á calor dunha capa de material e exprésase en m 2 K / W. Canto maior sexa R, maior será a resistencia que experimenta o paso da calor e mellor illará o material. O cálculo do valor R depende dos materiais que se atopen na estrutura en cuestión. O espesor do material (d), en metros, divídese polo valor λ (o coeficiente de condución térmica). Canto maior sexa o valor, mellor é o illamento, unha capa o dobre de grosa terá unha resistencia térmica dobre. A fórmula é R = d / λ

E imos coa pregunta de hoxe!


8. Existe algún tipo de obra de rehabilitación que me permita reducir a miña factura enerxética?

- Si, pódese mellorar o illamento térmico tanto dos muros como das xanelas, ademais de instalar sistemas de climatización sostibles. 

- Si, pódense instalar sistemas de climatilizacion sostibles, aínda que non se pode actuar sobre muros e xanelas.

- No futuro poderase, pero a tecnoloxía aínda non esta desenvolvida.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: farodevigo.es/sociedade e recticelinsulation.com     Imaxe: certicalia.com/blog

SOSTIBILIDADE VII

Estás averiguando o que sabes sobre a sotibilidade e o que significa realmente.

A contestación á pregunta de onte é Novas formas de reducir a cantidade de plástico na túa vida. Artigos como as botellas, os contedores e as bolsas de plástico poden reciclarse ou converterse en algo novo.  A suprarreciclaxe, o upcycling, tamén coñecido como reutilización creativa, é o proceso de transformar subproductos, materiais de refugallo, produtos inútiles ou non desexados en novos materiais ou produtos percibidos como de maior calidade, como valor artístico ou valor ambiental.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Que conceptos hai que ter en conta á hora de illar unha vivenda?

- Valores B. que son medidas do Binita que é a fachada da casa e o Barato que foi.

- Valores R, que son medidas da Resistencia do illamento á transferencia de calor.

- Valores Q, que indican onde Queda a casa en cuestión e Que pesar facer con ela no futuro.

Maña a solución e unha nova pregunta!

FONTE: farodevigo.es/sociedade e climatica.lamarea.com     Imaxe: aislamientodefachadas.com

SOSTIBILIDADE VI

Estás averiguando o que sabes sobre a sotibilidade e o que significa realmente.

A contestación á pregunta de onte é Hidróxeno verde, biometano e gasa natural sintético.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Que é a reciclaxe e o upcycling?

- Novas fórmulas de montar en bici

- Novas formas de reducir a cantidade de plástico na túa vida. Artigos como as botellas, os contedores e as bolsas de plástico poden reciclarse ou converterse en algo novo

- Intercambios onde seconsiguen puntos de reciclaxe por facer a upgrade dunha app

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: farodevigo.es/sociedade e climatica.lamarea.com     Imaxe: bonsaidejengibre.es

SOSTIBILIDADE V

Estás averiguando o que sabes sobre a sotibilidade e o que significa realmente.

A contestación á pregunta de onte é 1,5 garos, preferiblemente, e 2 graos como máximo.

E imos coa pregunta de hoxe!


5. Que son gases renovables?

- Hidróxeno verde, biometano e gasa natural sintético

- Helio, neón e argon

- Hidróxeno, osixeno e CO2

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: farodevigo.es/sociedade e climatica.lamarea.com     Imaxe: mundocompresor.com

SOSTIBILIDADE IV

Estás averiguando o que sabes sobre a sotibilidade e o que significa realmente.

A contestación á pregunta de onte é Comprar a granel é unha forma estupenda de aforrar diñeiro. Entre outras recomendacións suxerímosche consumir produtos de tempada, levar bolsas de tea, preparar un menú semanal, reciclar os envases e comprar a granel. 

E imos coa pregunta de hoxe!


4. Cal é o límite de incremento de temperatura media no planeta que se fixou nos Acordos de París para evitar as consecuencias máis negativas do cambio climático? 

- 1,5 garos, preferiblemente, e 2 graos como máximo

- 2 graos, prefereiblemente, e 2,5 graos como máximo

- 2,5 garos, preferiblemente, e 3 graos como máximo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: farodevigo.es/sociedade e climatica.lamarea.com     Imaxe: centrourbano.com

SOSTIBILIDADE III

Estás averiguando o que sabes sobre a sotibilidade e o que significa realmente.

A contestación á pregunta de onte é Transporte. Neste sentido, o transporte por estrada representa a maior parte, un 25% de todas as emisións. O segundo dos sectores máis contaminantes é a industria, quen representa un 19% das emisións. Séguenlle a xeración de electricidade, cun 17%, e o sector agrícola, cun 12%.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Á hora de facer a compra cal destas afirmacións dirías que é a menos consecuente?

- Comprar a granel é unha forma estupenda de aforrar diñeiro

- Presta atención ás datas de caducidade dos alimentos e tenta planificar as túas comidas

- Compra o que necesites, pódescho permitir a todos os niveis

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: farodevigo.es/sociedade e climatica.lamarea.com     Imaxe: sabervivirtv.com

   

SOSTIBILIDADE II

Estás averiguando o que sabes sobre a sotibilidade e o que significa realmente.

A contestación á pregunta de onte é É unha economía que fomenta a reutilizacion e que os produtos teñan unha segunda vida, como o plástico reciclado. Lonxe do actual sistema lineal de ‘usar e tirar’, aposta por outro moito máis respectuoso co medio ambiente que permite estender a vida útil dos produtos e darlles unha segunda vida mediante a prevención, a reutilización, reparación e reciclaxe, convertendo os residuos en recursos.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Que sector xera máis emisións contaminantes en España?

-Industria

- Agricultura e gandería

- Transporte

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: farodevigo.es/siciedade      Imaxe: euroganaderia.eu