Blogia
vgomez

ZONA VERDE

MITOS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO XI

Seguimos con esta serie adicada a intentar desmontar algúns dos enganos e falsas afirmacións que circulan relacionados co cambio climático.

11. TODOS OS FENÓMENOS METEOROLÓXICOS EXTREMOS SON CONSECUENCIA DO CAMBIO CLIMÁTICO


Da mesma maneira que unha onda de frío non demostra que o cambio climático non exista, é demasiado atrevido afirmar que cada fenómeno extremo sexa consecuencia directa do mesmo. Furacáns, tornados, ondas de frío… todos son procesos dinámicos que teñen lugar de forma natural no noso planeta. Iso si, parece que o cambio climático pode provocar que algúns destes eventos sexan máis devastadores. No Mediterráneo, por exemplo, espérase que a cantidade de precipitación media descenda, pero é posible que as choivas que se produzan teñan un carácter moito máis torrencial.

Mañá outro mito!

FONTE: Victoria González/muyinteresante.es

MITOS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO X

Seguimos con esta serie adicada a intentar desmontar algúns dos enganos e falsas afirmacións que circulan relacionados co cambio climático.

10. AS ONDAS DE FRÍO AMOSAN QUE O PLANETA NON SE QUENTA

Iste mito débese en parte á confusión que existe entre meteoroloxía, que se refire ao que sucede na atmosfera a curto prazo, e climatoloxía, que é a ciencia que se encarga do estudo da evolución dos fenómenos meteorolóxicos a longo prazo. Por exemplo, o 2020 foi o ano máis cálido en España, empatado con 2017, desde que teñen rexistros para o efecto (1961), e as series tamén están a indicar esta subida progresiva das temperaturas medias anuais en todo o mundo. Aínda que o clima cambie, isto non quita que haxa ondas de frío ou nevadas, que son fenómenos meteorolóxicos puntuais propios da variabilidade interanual do clima.

Mañá outro mito!

FONTE: Victoria González/muyinteresante.es

MITOS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO IX

Seguimos con esta serie adicada a intentar desmontar algúns dos enganos e falsas afirmacións que circulan relacionados co cambio climático.

9. A LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO PODE ESPERAR


É lexítimo dubidar sobre a orde de urxencia dos grandes problemas que nos incumben  como especie, pero o certo é que a emerxencia climática non pode esperar, debido a que xa estamos a sufrir os seus efectos. Cada ano que se atrasan as medidas para facer fronte á crise climática conta, e pérdese un tempo precioso para evitar as consecuencias máis desastrosas.

Mañá outro mito!

FONTE: Victoria González/muyinteresante.es

MITOS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO VIII

Seguimos con esta serie adicada a intentar desmontar algúns dos enganos e falsas afirmacións que circulan relacionados co cambio climático.

8. HAI QUE ELIXIR ENTRE COIDAR A ECONOMÍA E COIDAR O PLANETA


Esta é unha falsa dicotomía que vai en liña co que dixemos onte. O planeta é, de momento, a nosa única casa, e non haberá economía posible se non o coidamos. O problema é que o actual sistema económico funciona sobre a falsa premisa de que vivimos nun planeta de recursos ilimitados. Os recursos son finitos e isto debe terse en conta na ecuación, xa que actualmente estámolos extraendo a unha velocidade moito maior da que o planeta é capaz de repoñer.

Mañá outro mito!

FONTE: Victoria González/muyinteresante.es

MITOS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO VII

Seguimos con esta serie adicada a intentar desmontar algúns dos enganos e falsas afirmacións que circulan relacionados co cambio climático.

7. A SUPERPOBOACIÓN É O PROBLEMA

Esta afirmación debe ser matizada. É certo que somos moitos e isto ten un impacto ambiental obvio, pero tamén sucede que en torno ao 10 % da humanidade (as persoas máis ricas) emite preto do 50 % da emisións de gases con efecto invernadoiro, así que o problema é máis ben en que puntos do planeta prodúcese o incremento demográfico, pois non consome o mesmo, por exemplo, un cidadán europeo que un nado nunha aldea de India.

Mañá outro mito!

FONTE: Victoria González/muyinteresante.es

MITOS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO VI

Seguimos con esta serie adicada a intentar desmontar algúns dos enganos e falsas afirmacións que circulan relacionados co cambio climático.

6. FREAR O CAMBIO CLIMÁTICO VAI EMPEORAR A NOSA CALIDADE DE VIDA


Esta afirmación non ten moito sentido se temos en conta que o cambio climático xa está a ter consecuencias negativas sobre a nosa vida e que, de non detelo, estas irán a peor. Ademais, moitas das accións destinadas a deter as emisións tamén nos beneficiarán noutros aspectos: por exemplo, respirar un aire de mellor calidade e máis san nas nosas cidades.

Mañá outro mito!

FONTE: Victoria González/muyinteresante.es

MITOS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO V

Seguimos con esta serie adicada a intentar desmontar algúns dos enganos e falsas afirmacións que circulan relacionados co cambio climático.

5. ISTO É ALGO CÍCLICO, XA HOUBO OUTROS CAMBIOS CLIMÁTICOS ANTES


Aínda que, polo menos no ámbito científico, o negacionismo xa parece superado, nalgunhas contornas aínda se escoitan ese tipo de comentarios que parecen restar importancia ao problema. Efectivamente, non é a primeira vez que cambia o clima na historia da Terra, pero está demostrado que a actividade humana acelerou iste proceso. Ademais, sexa de quen sexa a culpa, sabemos que de non frealo as consecuencias serán catastróficas así que máis nos vale facelo.

Mañá outro mito!

FONTE: Victoria González/muyinteresante.es

MITOS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO IV

Seguimos con esta serie adicada a intentar desmontar algúns dos enganos e falsas afirmacións que circulan relacionados co cambio climático.

4. A TECNOLOXÍA VAI SOLUCIONAR O PROBLEMA


O tecnoptimismo é outro pensamento moi perigoso supón delegar toda a esperanza en que alguén invente unha solución tecnolóxica que nos libre do cambio climático. Ese ‘algo inventarán’ implica crer nun remedio máxico e milagroso que seguramente non chegue nunca. O cambio climático é un problema complexo e por iso non hai unha solución única.

Mañá outro mito!

FONTE: Victoria González/muyinteresante.es