Blogia

vgomez

BILLETES DO MUNDO XXXVIII

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Madagascar (República de Madagascar / Repoblikan’i Madagasikara), é un país insular situado no océano Índico, fronte á costa sueste do continente africano. A súa moeda de curso legal é o ariary malgache (MGA). Cada unidade divídese en cinco iraimbilanja. Existen moedas de 1, 2, 5, 10 e 20 iraimbilanja e 1, 2, 5, 10, 20  e 50 ariarys. En canto aos billetes hainos de 100, 200, 500, 1.000, 2.000, 5.000, 10.000 e 20.000 ariarys. 1 chelín keniato = 0,0002 €. O banco emisor é o Banco Central de Madagascar / Banky Foiben’i Madagasikara).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 50 chelíns kenianos.

Mañá un novo billete e outro país!

FONTE: conmochila.com e wikipedia

EMPATÍA

 

É unha das maiores expertas mundiais en empatía. Esta educadora canadense é a fundadora e presidenta de ‘Roots of Empathy’ e ‘Seeds of Empathy’, dous revolucionarios programas educativos baseados no desenvolvemento da empatía e en promover a alfabetización emocional dende a infancia. Para Mary Gordon, “moitos dos problemas que arrastra a sociedade, como a violencia e a pobreza, son consecuencia da falta de empatía”. E engade: “Se a empatía é a solución ás situacións inxustas do mundo, por que non facemos nada?”.

Mary Gordon colaborou con numerosas institucións educativas e organismos internacionais, como a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), a Organización Mundial da Saúde (OMS), o goberno de Estados Unidos e a Fundación Nelson Mandela. Tamén se reuniu en dúas ocasións co Dalai Lama, quen chegou a asegurar que programas como ‘Roots of empathy’ serven para construír a paz mundial. En 2009, a Federación Canadense de Mestres outorgoulle o ‘Premio de Defensa da Educación Pública’. Na actualidade, Gordon forma parte da xunta directiva da ‘Fundación Ashoka’, unha organización internacional que apoia a emprendedores sociais de todo o mundo.

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XVIII

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XVIII

VERTICAIS: 1. Bulimia 4. Catarata 5. Difteria 7. Lupus 8. Eccema.

HORIZONTAIS: 2. Rubéola 3. Acne 6. Meninxite 9. Gota 10. Sarcoma.

O segundo de enfermidades!

CRUCIGRAMA XVIII

CRUCIGRAMA XVIII

VERTICAIS: 1. Trastorno psicolóxico e alimentario caracterizado por un excesivo consumo de comida en períodos de tempo moi curtos, e polo intento de eliminación do exceso de alimento por medio de vómitos, purgas ou laxantes 4. Falta de transparencia do cristalino que pode impedir total ou parcialmente a visión 5. Doenza contaxiosa, producida por un bacilo, que ocasiona a formación dunhas falsas membranas na mucosa da larinxe e da traquea, e causa unha sensación de afogamento 7. Enfermidade da pel ou das mucosas caracterizada pola produción de tubérculos que se ulceran e pola súa tendencia á extensión 8. Afección da pel que se caracteriza por presentar manchas encarnadas e pequenas vexigas que ao secaren forman bostelas e escamas.

HORIZONTAIS: 2. Enfermidade contaxiosa que se manifesta de maneira semellante ao xarampón e que resulta especialmente perigosa para as embarazadas xa que pode provocar malformacións no feto 3. Enfermidade da pel, sobre todo da cara e das costas, que se caracteriza pola formación de espiñas e de grans 6. Inflamación das meninxes 9. Doenza aguda ou crónica caracterizada polo exceso e a acumulación de ácido úrico no organismo e pola inflamación dolorosa das articulacións 10. Tumor maligno do tecido conxuntivo.

Mañá a solución!

A 10.620 KM/H

 

O Air Force Test Center publicou na súa páxina de Facebook a proba na que un vehículo hipersónico logrou poñerse a 10.620 km/h (6.599 mph), o que sería unha velocidade de Mach 8,6.

Segundo informan desde o Arnold Engineering Development Complex’s, situado na base Holloman da Forza Aérea de EE. UU., o vehículo hipersónico superou a velocidade dunha milla (1,6 quilómetros) por segundo.

FONTE: marca.com

BILLETES DO MUNDO XXXVII

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Kenya (República de Kenya / Jamhuri ya Kenya), é un país da África Oriental. A súa moeda de curso legal é o chelín keniato /Kenyan shilling (KES). Divídese en 100 cents. Existen moedas de 50 cents e 1, 5, 10 e 20 chelíns. En canto aos billetes hainos de 50, 100, 200, 500 e 1.000 chelíns. 1 chelín keniato = 0,0088 €. O banco emisor é o Banco Central de Kenya / Benki Kuu ya Kenya / CBK).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 50 chelíns kenianos.

Mañá un novo billete e outro país!

FONTE: numismatica-visual.es e wikipedia

DÚAS ENORMES BURBULLAS DE ENERXÍA ENCIMA E DEBAIXO DO CENTRO DA NOSA GALAXIA

A ilustración mostra unha radioimaxe do centro da galaxia sobre unha parte do  radiotelescopio MEERKAT, que aparece en primeiro plano / SERÁN/Oxford/ NRAO

Un equipo internacional de astrónomos acaba de facer público o descubrimento de dúas xigantescas «burbullas» de electróns de alta enerxía xusto encima e debaixo do centro da nosa galaxia. Ambas, moi similares, miden preto de 700 anos luz, e seguen medrando. Os investigadores, que aínda non saben cal é a orixe destas dúas estruturas, cren que poderían ser consecuencia dun violentísimo evento ocorrido hai apenas uns poucos millóns de anos no centro da nosa galaxia. O espectacular achado publicouse esta semana na revista Nature.

Segundo o estudo, un posible desencadenamento puido ser un forte estalido de Saxitario A* o buraco negro que ocupa o centro da Vía Láctea. Unha violenta emisión de materia e enerxía causada por un aumento súbito da cantidade de materia da que o «monstro», que ten 4 millóns de veces a masa do Sol, aliméntase. Sería o equivalente cósmico dun forte eructo despois dunha comida demasiado copiosa.

Outra posibilidade é que as dúas burbullas de enerxía procedan dun aumento repentino de nacementos de estrelas ao redor do centro galáctico, o que resultaría nun incremento de explosións de supernovas. En total, o evento liberou unha cantidade de enerxía similar á que o Sol emitirá durante toda a súa existencia (uns 10.000 millóns de anos).

Os científicos, ademais, cren que as burbullas recentemente descubertas poderían estar relacionadas con outras, moito máis grandes e enerxéticas aínda, vistas por primeira vez en 2010 e coñecidas como «Burbullas de Fermi» en honra do instrumento utilizado, o Telescopio espacial Fermi de Raios Gamma. Aquelas dúas burbullas, que emiten enormes cantidades de raios X e gamma, a radiación máis enerxética que existe, esténdense ao longo de 25.000 anos luz por encima e por  debjo do centro galáctico. E proceden dun evento moito máis antigo e violento do que se supón que alimenta ás dúas recentemente atopadas.

Resulta moi significativo, ademais, que mentres as dúas enormes burbullas de Fermi só emiten, como se dixo, raios X e gamma, as dúas recentemente descubertas fano xusto no outro extremo do espectro electromagnético, moito menos enerxético, o das ondas de radio. Están estas dúas novas e recentes burbullas alimentando dalgunha forma ás anteriores? Ou son, pola contra, o inicio dunha explosión moito maior que acaba de comezar? Os científicos non terminan de poñerse de acordo sobre este punto.

Ao examinar a extensión e a morfoloxía case idénticas das novas burbullas xemelgas, os investigadores pensan que se formaron a partir dunha  erupción violenta que, durante un curto período de tempo, atravesou o medio  interestelar en direccións opostas. 

Con todo, o que si fixeron estas dúas novas estruturas é aclarar un misterio que levaba 35 anos atormentando aos científicos. En 1984, en efecto, un equipo de  radioastrónomos descubriu unha serie de longos filamentos de emisións de radio de alta enerxía, estendéndose cara a fóra desde o centro da galaxia. Tratábase dunha especie de «tubos magnéticos» cheos de electróns moi enerxéticos e cuxa fonte se descoñecía por completo.

Pero as novas imaxes, obtidas co radiotelescopio MEERKAT, en Suráfrica, demostran que os filamentos están estreitamente relacionados coas propias burbullas, o que indica que proceden do mesmo evento. Coñécense máis de cen destes filamentos, e segundo explican no estudo, "case todos están confinados no interior das burbullas de radio".

Na imaxe que acompaña este artigo, o plano da galaxia, que vai desde a parte inferior dereita ata o centro da parte superior, está marcado por unha serie de elementos brillantes, estrelas en explosión e rexións nas que nacen novas estrelas.

Sagitrio A*, o buraco central da Vía Láctea, ocúltase detrás desas rexións brillantes. As burbullas de redio recentemente descubertas esténdense preto da esquina superior dereita da imaxe. No seu interior apréciase un gran número de filamentos magnéticos, que corren xunto ás burbullas.

FONTE: José M. Nieves/abc.es/ciencia

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS XVII

Algunhas rúas de A Guarda!