Blogia

vgomez

BILLETES DO MUNDO XXII

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a México (Estados Unidos Mexicanos), país de América ubicado na parte meridional de América do Norte. A súa moeda de curso legal é o peso mexicano (MXM). Está dividida en 100 centavos. Existen moedas de 5, 10, 20 e 50 centavos e 1, 2, 5, 10 e 20 pesos (esta última conmemorativa). En canto aos billetes hainos de 20, 50, 100, 200, 500 e 1.000 pesos. 1 peso mexicano = 0,0449 €. O banco emisor é o Banco de México (Banxico).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 20 pesos mexicanos.

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com e wikipedia

ENCLAVES DE ESPAÑA X

Continuo coa serie ENCLAVES DE ESPAÑA, na que estamos a coñecer estes caprichos xeográficos que son unha parte de territorio dunha xurisdición territorial que está completamente rodeado polo territorio doutra xurisdición.

10. Enclaves de Navarra

Petilla de Aragón. Este enclave pertenceu a Aragón ata o século XIII. Entón, Pedro II de Aragón contraeu unha débeda de 20.000  maravedíes co rei de Navarra, Sancho VII. O monarca aragonés ofreceu Petilla e outras poboacións como aval da débeda. O préstamo non foi devolto e, en 1231, Petilla pasou a formar parte do reino de Navarra. Tres quilómetros ao sur de Petilla está Bastanes, un enclave navarro que tamén se atopa na provincia de Zaragoza e pertence a Petilla.

Continuará!

FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/Verne/elpais.com

BILLETES DO MUNDO XXI

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Rusia (Federación de Rusia), o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. A súa moeda de curso legal é o rublo (RUB). Tamén é o medio de pago nas repúblicas de Abjasia, Osetia del Sur, Crimea e a cidade especial de Sebastopol. Está dividida en 100 kopeks. Existen moedas de 1, 5, 10 e 50 kopeks e 1, 2, 5 e 10 rublos. En canto aos billetes hainos de 5, 10, 50, 100, 500, 1.000, 2.000 e 5.000 rublos. 1 rublo = 0,0135 €. O banco emisor é o Banco Central da Federación Rusa (Центральный банк Российской Федерации).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 1.000 rublos rusos.

FONTE: cambiator.es e wikipedia

ENCLAVES DE ESPAÑA IX

Continuo coa serie ENCLAVES DE ESPAÑA, na que estamos a coñecer estes caprichos xeográficos que son unha parte de territorio dunha xurisdición territorial que está completamente rodeado polo territorio doutra xurisdición.

9. Enclaves de Ciudad Real

Anchuras é o terceiro enclave máis grande de España, despois do Rincón de Ademuz e Treviño. Ata 1833, este territorio pertencía a Talavera, agora parte de Toledo. Agora é territorio de Ciudad Real.

Continuará!

FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/Verne/elpais.com

O ROSTRO DO AUSTRALOPITHECUS ANAMENSIS

Cranio achado en Etiopía e reconstrución do aspecto do Australopithecus anamensis / DÁLLE OMORI/MATT CROW/JOHN GURCHE


En 2016, un pastor da tribo Afar chamado Ali Bereino atopou un óso fosilizado na rexión de Woranso-Mille, en Etiopía. Ensinoullo ao paleontólogo Yohannes Haile-Selassie, que estaba en plena campaña de escavación no país africano. É frecuente que os habitantes da zona leven aos científicos que traballan nos xacementos restos humanos que cren que poden ser interesantes para que os analicen. En canto o viu, Haile-Selassie pediulle que lle ensinase o lugar exacto onde o recollera. E foi alí onde descubriu o cranio case completo dun individuo que resultou ser un Australopithecus anamensis que viviu hai 3,8 millóns de anos.

Para o paleontólogo etíope Yohannes Haile-Selassie, o achado foi un momento  eureka e un soño feito realidade: "Non podía crer o que vían os meus ollos", declarou o investigador do Museo de Historia Nacional de Cleveland (EEUU). E é que non todos os días un atópase cun cranio case completo dun antepasado humano tan primitivo e do que se sabe tan pouco como Australopithecus anamensis, a especie máis antiga do xénero Australopithecus.

Os científicos cren que moi probablemente algunha das especies do xénero Australopithecus deu orixe ao xénero Homo, ao que pertencemos nós, pero debido á escaseza de fósiles non teñen a certeza de que así fóra.

Ata o de agora só se acharon algúns restos dentais e anacos de mandíbula de hai entre 4,2 e 3,9 millóns de anos que permitiran describir á especie A. anamensis pero que resultaban insuficientes para poñerlle cara. Un rostro que agora si puido ser reconstruído grazas a este cranio, denominado oficialmente  MRD-VP-1/1, e que os seus descubridores presentan esta semana en dous artigos publicados na revista Nature.

Os individuos do xénero Australopithecus medían menos de metro e medio (entre 1,2 e 1,4 metros aproximadamente), eran delgados e o tamaño do seu cerebro era comparable ao dun chimpancé (un terzo do dos humanos máis ou menos) pero tiñan xa unha característica moi importante para entender o complexo proceso da evolución humana: camiñaban ergueitos.

FONTE: Teresa Guerrero/elmundo.es/ciencia

SOLUCIÓNS MATEMÁTICAS

 

É un dos maiores divulgadores de matemáticas do mundo: Keith Devlin. El asegura que as matemáticas do século XXI baséanse na creatividade: “A maioría da xente segue pensando que as matemáticas son só fórmulas e cálculos, pero iso agora fano as máquinas”. E engade: “A mente humana non debe aspirar a converterse nunha calculadora”. Para Devlin, o problema é que séguese ensinando só a parte aburrida. Pero non se explica aos alumnos como son as matemáticas apaixonantes, aquelas que se basean na análise e a creatividade: “É como cociñar. Se te limitas a seguir unha receita paso a paso, como nunha fórmula, nunca chegas a gozar da parte divertida da cociña, na que podes experimentar”. Keith Devlin é autor de máis dunha trintena de libros de divulgación. Este matemático e profesor, é ademais cofundador do ‘Instituto de Investigación Avanzada de Ciencias humanas e tecnoloxías’ da Universidade de  Stanford. A súa investigación céntrase no uso de diferentes medios para ensinar matemáticas ao público xeral. Tamén é o creador da rede de investigación ‘Stanford  mediaX’ e de ‘BrainQuake’, unha compañía que crea videoxogos para facilitar a aprendizaxe das matemáticas.

BILLETES DO MUNDO XX

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Guatemala (República de Guatemala), un país situado na América Central. A súa moeda de curso legal é o quetzal (GTQ). Está dividida en 100 centavos. Existen moedas de 1, 5, 10, 25, 50 centavos e 1 quetzal. En canto aos billetes hainos de 1, 5, 10, 20, 50, 100 e 200 quetzal. 1 quetzal = 0,1178 €. O banco emisor é o Banco de Guatemala (Banguat).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 1 quetzal.

 

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com e wikipedia

ENCLAVES DE ESPAÑA VIII

Continuo coa serie ENCLAVES DE ESPAÑA, na que estamos a coñecer estes caprichos xeográficos que son unha parte de territorio dunha xurisdición territorial que está completamente rodeado polo territorio doutra xurisdición.

8. Enclaves de Andalucía

Villar é un dos enclaves máis pequenos de España. Esta pequena porción de Córdoba está na provincia de Sevilla.

Continuará!

FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/Verne/elpais.com