Blogia

vgomez

ENCLAVES DE ESPAÑA VIII

Continuo coa serie ENCLAVES DE ESPAÑA, na que estamos a coñecer estes caprichos xeográficos que son unha parte de territorio dunha xurisdición territorial que está completamente rodeado polo territorio doutra xurisdición.

8. Enclaves de Andalucía

Villar é un dos enclaves máis pequenos de España. Esta pequena porción de Córdoba está na provincia de Sevilla.

Continuará!

FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/Verne/elpais.com

A ORIXE DAS PALABRAS: DESASTRE

Que é un desastre? Pois unha calamidade, unha catástrofe, un accidente grave, acontecemento desgraciado e consecuencia negativa que comporta. En sentido figurado, persoa que fai mal as cousas ou cousa de mala calidade ou mal feita.

Cal é a súa orixe?

A palabra desastre vén do francés,  désastre, e esta, á súa vez, do antigo italiano,  disastro, que orixinalmente vén do grego. Dis (prefixo desfavorable) e aster (estrela), dá lugar a “sen–astro” que vén ser “mala estrela”, imos, unha desgraza.


Os gregos antigos estaban fascinados polo ceo e a astronomía, e crían firmemente na influencia dos astros nos acontecementos da vida terrestre. Usaban esta palabra para queixarse das inclemencias do tempo ou das posicións desfavorables dos planetas e como estas repercutían na vida do día ao día dos gregos antigos.

FONTE: es.babbel.com

BILLETES DO MUNDO XIX

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Curaçao (País de Curaçao), é un territorio autónomo do Reino dos Países Baixos, situado no sur do mar das Antillas. A súa moeda de curso legal é o florín antillano neerlandés (ANG). Está dividida en 100 cent ou centen. Existen moedas de 1, 5, 10, 25, 50 cent e 1, 21/2 e 5 floríns. En canto aos billetes hainos de 5, 10, 25, 50, 100, 250 floríns. 1 florín antillano neerlandés = 0,51 €. O banco emisor é o Banco Central de Curaçao e Sint Maarten (Centrale Bank van Curaçao en Sint Maarten)

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 10 floríns antillanos neerlandeses.

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com e wikipedia

ENCLAVES DE ESPAÑA VII

Continuo coa serie ENCLAVES DE ESPAÑA, na que estamos a coñecer estes caprichos xeográficos que son unha parte de territorio dunha xurisdición territorial que está completamente rodeado polo territorio doutra xurisdición.

7. Enclaves do Centro Peninsular

O único enclave de Castela-A Mancha noutra comunidade autónoma é unha pequena parte do termo municipal de Torrejón del Rey: Los Barrancos e La Canaleja. Está rodeado do territorio da Comunidad de Madrid. Esta rexión ten un enclave ao leste. A Dehesa da Cepeda está na fronteira entre Ávila e Segovia.

Continuará!

FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/Verne/elpais.com

PEIXE BORRÓN

Psychrolutes marcidus / Imaxe: muyinteresante.es

O peixe borrón ou peixe pinga (Psychrolutes marcidus) é unha especie de peixe  escorpeniforme da familia Psychrolutidae.

Este peixe, que acada os 30 cm de lonxitude, é unha especie bentónica, de augas tépedas, nun rango de temperaturas entre 2,67 e 9,25ºC, atopándose exclusivamente nas profundidades entre as costas de Australia e Tasmania, nas que a presión é varias decenas de veces superior á do nivel da superficie.

A carne deste peixe é maiormente unha masa xelatinosa cunha densidade lixeiramente menor á da auga, o que lle permite flotar sobre o fondo sen gastar enerxía nadando, non tento vexiga natatoria.

A falta de músculo non supón un impedimento para alimentarse, xa que principalmente inxere calquera materia comestible que flote no seu camiño, preferentemente crustáceos de augas profundas.

Como curiosidade este péixe aséntase sobre os seus ovos ata o momento da eclosión.

Debido á inaccesibilidade do seu hábitat foi raramente fotografado en liberdade.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e wikipedia

BILLETES DO MUNDO XVIII

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Corea do Sur (República de Corea), país de Asia Oriental que ocupa a parte sur da península de Corea. A súa moeda de curso legal é o Won surcoreano(KRW). Está dividida en 100 chon, aínda que non existen moedas desta denominación. Existen moedas de 1, 5, 10, 50, 1oo e 500 won. En canto aos billetes hainos de 1.000, 2.000, 5.000, 10.000 e 50.000 won. 1 won surcoreano = 0,000894 €. O banco emisor é  Banco de Corea (한국은행).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 1.000 won surcoreanos.

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com e wikipedia

ENCLAVES DE ESPAÑA VI

Continuo coa serie ENCLAVES DE ESPAÑA, na que estamos a coñecer estes caprichos xeográficos que son unha parte de territorio dunha xurisdición territorial que está completamente rodeado polo territorio doutra xurisdición.

6. Enclaves de Valencia

Coa aprobación da Constitución de 1812 e a volta dos Borbóns, a comarca pasou a formar parte da moderna provincia de Teruel (de 1822 a 1823). Definitivamente, en 1823, pasa a pertencer a Valencia, adquirindo a categoría de enclave”, explica a web da Mancomunidade do Rincón de Ademuz. Iste enclave, situado entre Teruel (Aragón) e Cuenca (Castela-A Mancha) é máis grande de España.

Continuará!

FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/Verne/elpais.com

ENCLAVES DE ESPAÑA V

Continuo coa serie ENCLAVES DE ESPAÑA, na que estamos a coñecer estes caprichos xeográficos que son unha parte de territorio dunha xurisdición territorial que está completamente rodeado polo territorio doutra xurisdición.

5. Enclaves de Valladolid

Os enclaves de Valladolid están en provincias coas que comparte autonomía (Castela e León). Roales e Quintanilla están na fronteira de Zamora e León. Dehesa de San Llorente está completamente rodeada por territorio leonés.

Continuará!

FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/Verne/elpais.com