Blogia

vgomez

BILLETES DEL MUNDO XVII

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Corea do Norte (República Popular Democrática de Corea do Norte), país de Asia Oriental que ocupa a porción setentrional da península de Corea. A súa moeda de curso legal é o Won (KPW). Divídese en 100 chon. Existen moedas de 1, 5, 10 e 50 chon e 1 won. En canto aos billetes hainos de 5, 10, 50, 100, 200, 500, 1.000 e 5.000 won. 1 won norcoreano = 0,0007 €. O banco emisor é  Banco Central da República Democrática de Corea do Norte (조선민주주의인민공화국 중앙은행).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 200 won norcoreanos.

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com e wikipedia

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XV

Elementos do traxe tradicional galego masculino!

CRUCIGRAMA XV

VERTICAIS: 1. Peza de roupa aberta por diante, xeralmente con colo e mangas, que cobre a parte superior do corpo e se usa como vestimenta exterior ou debaixo da chaqueta ou do chaleco 2. Pantalón antigo masculino, que ía da cintura ao xeonllo 3. Tira de tea que se enrola á cintura 7. Peza de vestir que cobre desde o pé ata o xeonllo ou a coxa 10. Peza de vestir exterior, con mangas e aberta por diante, que cobre a parte superior do corpo normalmente por debaixo da cintura aproximadamente ata a cintura 11. Peza de vestir sen mangas para pór por riba da camisa, que vai dos ombros á cintura ou á cadeira e se abotoa por diante.

HORIZONTAIS: 4. Antiga peza de abrigo para a cabeza feita de pano ou la, xeralmente sen viseira 5. Especie de media ou de botín feito de pano, que cobre a perna desde o nocello ata un pouco máis arriba do xeonllo e que, xeralmente, levan unha ringleira de botóns na parte exterior, en plural 6. Peza de vestir para cubrir a cabeza, sen viseira, e que xeralmente ten aba 8. Peza de roupa que cobre desde o pé ata o xeonllo ou ata o van, en plural 9. Peza de vestir axustada, con ou sen mangas, que cobre a parte superior do corpo 10. Calzado co piso de madeira e a empeña de coiro, que se ata con cordóns e ten forma de botina.

BILLETES DO MUNDO XVI

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Estados Unidos (Estados Unidos de América), un estado federal composto por 50 estados e un distrito federal. A súa moeda de curso legal é o Dólar (USD), a moeda máis poderosa do mundo, empregándose  como divisa internacional e nas transaccións internacionais de ouro ou petróleo. É utilizado noutros países como moeda oficial: Ecuador, O Salvador, as Caribe Neerlandés, as illas Turcas e Caicos, as illas Virxes Británicas e Panamá en América, Timor Oriental en Asia, Zimbabwe en África e nas antigas dependencias oceánicas das Illas Marshall, nos Estados Federados de Micronesia e na República das Palaus. Divídese en 100 cents. Existen moedas de 1 cent (penny), 5 cent (nickel), 10 cent (dime) , 25 cent (quarter), 50 cent e 1 dolar. En canto aos billetes hainos de 1, 2, 5, 10, 20, 50 e 100 dólares. 1 dólar estadounidense = 0,902429 €. O banco emisor é  Sistema de Reserva Federal dos Estados Unidos (Federal Reserve System).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 1 Dólar.

Mañá outro billete e o seu país!

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com e wikipedia

ENCLAVES DE ESPAÑA IV

Continuo coa serie ENCLAVES DE ESPAÑA, na que estamos a coñecer estes caprichos xeográficos que son unha parte de territorio dunha xurisdición territorial que está completamente rodeado polo territorio doutra xurisdición.

4. A provincia de Palencia é a que máis enclaves ten fóra do seu territorio. Cezura e Lastrilla están en Cantabria e Villodrigo en Burgos. Xusto ao sur de Villodrigo hai outro enclave moi pequeno, tamén en Burgos: Aguanares. Berzosilla está na fronteira de Burgos e Cantabria.

Continuará!

FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/Verne/elpais.com

BILLETES DO MUNDO XV

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Basil (República Federativa do Brasil)), un país de América do Sur que comprende a metade oriental do subcontinente e algúns grupos de pequenas illas no océano Atlántico. A súa moeda de curso legal é o Real (BRL), dividida en 100 centavos. Existen moedas de 1, 5, 10, 25 e 50 centavos e 1 real. En canto aos billetes hainos de 2, 5, 10, 20, 50 e 100 reais. 1 real brasileiro = 0,221439 €. O banco emisor é o Banco central do Brasil.

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 10 reais.

Mañá outro billete e o seu país!

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com e wikipedia

ENCLAVES DE ESPAÑA III

Continuo coa serie ENCLAVES DE ESPAÑA, na que estamos a coñecer estes caprichos xeográficos que son unha parte de territorio dunha xurisdición territorial que está completamente rodeado polo territorio doutra xurisdición.

3. Enclaves do Cantábrico

Orduña é un enclave de Bizkaia, cuxas fronteiras delimitan con Áraba no norte e Burgos no sur. Este municipio ten media hectárea do seu termo municipal en Burgos, pero é un enclave tan pequeno que nin sequera aparece nos mapas. Coñécese como a Cerca de  Villaño.

Valle de Villaverde, que ata 2005 chamábase Villaverde de Trucios, é un enclave de Cantabria completamente rodeado pola provincia de Bizkaia. Neste enclave, o prefixo telefónico é biscaíño, pero o código postal é cántabro. Ata mediados do século  XV, este territorio foi parte do Señorío de Bizkaia. Unha transacción de territorios entre familias separou este territorio do País Vasco.

Continuará!

FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/Verne/elpais.com

LAVUELTA 2019

Hoxe, 24 de agosto, comeza a 74ª edición da Volta a España en bicicleta (lavuelta 2019), rematando o domingo, 15 de setembro. Recorrerase 3.272,2 quilómetros en 21 etapas.

Nela participan 22 equipos, cun total de 176 ciclistas.

ESte é o seu percorrido:

Percorrido da Volta a España 2019 / Imaxe: elpais,com

Lamentablemente, iste ano non pasa por Galicia. Para estar ao día neste evento deportivo preme AQUÍ.