Blogia

vgomez

CRUCIGRAMA XIV

VERTICAIS: 1. Peza de tecido que empregan as nulleres para cubrir a cabeza  2. Peza de roupa aberta por diante, xeralmente con colo e mangas, que cobre a parte superior do corpo e se usa como vestimenta exterior ou debaixo da chaqueta ou do chaleco 3. Calzado rústico coa sola de madeira e a empeña de coiro, que se amalloa e cobre o nocello, en plural  5. Peza do vestiario feminino que se leva sobre a cabeza e que cobre as costas completamente ou só en parte 7. Peza de vestir interior feminina parecida a unha saia 8. Peza de vestir para cubrir a cabeza, que consta de copa e abas no caso dos homes e pode ter formas moi diversas no caso das mulleres 9. Peza de vestir feminina que parte da cintura, á que vai cinguida, e que pode ser máis ou menos longa 12. Peza do traxe tradicional feminino semellante a unha esclavina de pano adornado con veludo e abelorios, con puntas longas que se cruzan sobre o peito e se abrochan por detrás.

HORIZONTAIS: 4. Peza de vestir que cobre desde o pé ata o xeonllo ou a coxa, en plural 6. Peza de vestir sen mangas para pór por riba da camisa, que vai dos ombros á cintura ou á cadeira e se abotoa por diante 10. Peza interior de abrigo que levaban as mulleres por debaixo da saia e que tiña a forma desta 11. Peza de roupa que, atada á cintura e ás veces tamén ao pescozo, se pon sobre a outra roupa para non manchala por diante.

BILLETES DEL MUNDO V

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Bahamas (Mancomunidade das Bahamas), un estado independente situado nas Antillas. Un arquipélago de 24 illas habitadas, 600 deshabitadas e máis de 2 000 penedas e escollos. Sitúanse no océano Atlántico, ao norte de Cuba. A súa moead é o Dólar (BSD), abréviase como $ ou B$ para diferencialo doutros tipos de dólar. Divídese en 100 céntimos (cents). Ten paridade co dólar americano (USD) dende 1966, cando sustiyuíu á libra das Bahamas. 1 dólar bahamés = 1,1216 €. As moedas existentes son de 1, 5, 10, 15, 25, 50 cents e 1 dólar. Os billetes son de 1/2, 1, 3, 5, 10, 20, 50, 100 B$. O banco emisor é o Banco Central das Bahamas.

A modo de exempos, aquí tes 1 dólar bahameño.

Mañá outro billete e o seu país!

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com e wikipedia

ESPAÑA VISTA DESDE O CEO IX

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é Ourense. Esta cidade, capital da provincia do mesmo nome, é a terceira cidade máis poboada da comunidade autónoma de Galicia despois de Vigo e A Coruña. O detalle para identificar a fotografía é o río Miño ao seu paso pola cidade e a cantidade de pontes, de diversos estilos que o atravesan, especialmente a ponte Romana (ou ponte Vella, do século I e con restauración no século XIII) e a ponte do Milenio (construción do ano 2001).

E Imos coa proposta de hoxe!

9. Identifica esta cidade:

- Madrid

- Barcelona

- Bilbao

- Valencia

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal e imaxes verne.elpais.com

O PAPAGAIO MÁIS GRANDE DO MUNDO DE HAI 19 MILLÓNS DE ANOS

Recreación do aspecto do Heracles inexpectatus / BRIAN CHOO

O papagaio máis grande do mundo, de case un metro de altura e 7 quilos de peso, viviu hai uns 19 millóns de anos en Nova Zelandia, un lugar coñecido polas súas aves xigantes prehistóricas, segundo un estudo publicado na revista científica Biology Letters .

O papagaio extinto foi bautizado co nome de Heracles inexpectatus. "Heracles, ao ser o papagaio máis grande, sen dúbida tivo un enorme pico que podía abrir de par en par o que se lle antollase, e poida que alimentásese con algo máis que comida convencional para papagaios, incluídos outros papagaios", dixo un dos autores o estudo.

Ao estar na cúspide a cadea alimenticia, Heracles puido desenvolver unha dieta moi variada que ía máis aló das froitas, comenta un dos autores, que puxo como exemplo aos papagaios keas neozelandeses, de 48 centímetros, que "desenvolveron un gusto polas ovellas desde que foron introducidas polos colonos europeos en 1773".

Os expertos sinalaron, con todo, que hai 20 millóns de anos non había grandes mamíferos en Nova Zelandia e que, como a maioría de papagaios, probablement  Heracles alimentábase principalmente de plantas.

O papagaio xigante viviu nun bosque subtropical rico e diverso con moitas especies de palmeiras e loureiros que, sen dúbida proporcionaba unha rica variedade de froita importante na dieta do  Heracles e outros papagaios e pombas coas que convivía.

Heracles foi descuberto preto da localidade de St Bathans, no extremo meridional da Illa Sur neozelandesa entre fósiles que datan de hai 19 millóns de anos.

O xacemento, que é coñecido por aloxar fósiles de aves do período do Mioceno, é a única xanela a un hábitat prehistórico con animais e paxaros terrestres que poboaron Nova Zelandia desde que os dinosauros poboaron a terra hai 66 millóns de anos.

Nova Zelandia acolleu aves xigantes como a extinta moa, parecida ao avestruz e que puido medir tres metros, de dúas especies de gansos xigantes, entre outras especies non voadoras de gran tamaño que vivían nos bosques da illa.

FONTE: abc.es/ciencia

BILLETES DO MUNDO IV

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Bahrain (Reino de Bahrain). Situado no Golfo Pérsico, é un dos máis pequenos da rexión e está integrado por cinco illas, das cales a maior é a illa de Bahréin e existen entre 25 e 28 illotes menores. A súa moeda oficial é o Dinar (BHD). 1 dinar barení = 2,3697 €. Está dividido en 1.000 fils. En moeda, existen de 5, 10, 25, 50, 100 e 500 fils. En billetes, de 1/2, 1, 5, 10 e 20 dinar. O banco emisor é o Banco Central de Bahrain.

A modo de exemplo aquí tes o de 5 dinar.

Mañá outro billete e o seu país!

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com e wikipedia

ESPAÑA VISTA DESDE O CEO VIII

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é Murcia. Esta cidade, capital da provincia do mesmo nome, é a capital da comunidade autónoma da rexión de Murcia. O detalle para identificar a fotografía é o río Segura ao seu paso pola cidade e a cantidade de pontes, de diversos estilos que  o atravesan.

E Imos coa proposta de hoxe!

8. Identifica esta cidade:

- Zamora

- Valladolid

- Ourense

- Murcia

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal verne.elpais.com e imaxe belaguaediciones.com/vivirgalicia

UNHA MONTAÑA DE PLUTÓN: ELCANO MONTES

Elcano Montes, na parte inferior da imaxe / NASA/JHUAPL/SwRI/Ross Beyer

O 18 de febreiro de 1930 o astrónomo Clyde Tombaugh descubriu o que foi considerado, daquela, como o noveno planeta do Sistema Solar. Pronto, as caixas de correos do Observatorio Lowell (Estados Unidos), onde traballaba, enchéronse de suxerencias para poñerlle nome ao novo mundo: rexeitouse chamalo Cronos, Zyxmal ou Minerva, entre outras moitas propostas. Ao final gañou a idea dunha nena británica de 11 anos afeccionada á mitoloxía clásica, Venetia  Burney, que quixo nomear ao planeta en honra ao deus romano do inframundo: Plutón.

A exploración incansable dos descoñecido segue facendo necesaria unha das actividades humanas máis primitivas: a de poñerlle nome ás cousas. Por iso, esta semana a Unión Astronómica Internacional (IAU) nomeou 14 fitos xeográficos de Plutón, descubertos pola sonda New Horizons, da NASA, en 2015. Un deles, unha rexión montañosa situada ao sur do planeta, fai honra ao mariño español Juan Sebastián Elcano, o explorador que completou a primeira  circunnavegación da Terra no 1522. Dáse a circunstancia de que onte, 10 de agosto, cúmpríronse 500 anos desta odisea, iniciada por Fernando de Magallanes en 1519.

Desde agora, a rexión montañosa de Elcano Montes levántase ao sur de Wright Mons, a poucos quilómetros ao norte do descoñecido, nunha zona escura que os instrumentos da sonda New Horizons non puideron varrer cando fixo a súa pasada histórica, fai xa catro anos. Esta rexión forma parte dun complexo montañoso situado ao sur da famosa planicia Sputnik, unha chaira de xeo de nitróxeno que, xunto á rexión Tombaugh, xeran en Plutón unha curiosa forma de corazón.

FONTE: Gonzalo López Sánchez/abc.es/ciencia

 

  


BILLETES DO MUNDO III

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Bután (Reino de Bután), uha nación pequena e montañosa do sur de Asia, localizada na cordilleira do Himalaia oriental, entre a India e a China. A súa moeda oficial é o ngultrum (BTN) 1 ngultrum = 0,0126 €. Divídese en 100 chhertum. En moeda existen de 1, 20, 25 e 50 chhertum. En billetes, hainos de 1, 5, 10, 20. 50, 100, 500 e 1000 ngultrum. O banco emisor é a Autoridad Monetaria Real de Bhután. É unha moeda relativamente nova, xa que en 1974, o ngultrum foi introducido substituíndo á rupia butanesa.

A modo de exemplo, aquí tes o de 1 ngultrum.

Mañá outro billete e o seu país!

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com e wikipedia