Blogia

vgomez

OS SUBSTITUTOS DOS ANIMAIS NO CIRCO: HOLOGRAMAS

 

Varias xeracións de españois saberían responder sen dubidar un segundo á pregunta de “Como están vostedes?”. Este saúdo foi popularizado no seu show de Televisión Española polos Pallasos da Tele, quen durante unha década aproximadamente (entre 1972 e 1981) foron un verdadeiro fenómeno sociolóxico cun gran éxito que converteu á familia Aragón nunha das máis populares da historia do espectáculo no noso país. Millóns de nenos creceron con Gaby, Fofó, Miliki e o resto da saga, así que se se quere consultar algo sobre o circo, o mellor é dirixirse a un dos que máis sabe no noso país, Alfonso Aragón. E iso é o que fixo Alonso Trenado, preguntar a Fofito que lle parece a idea do Circus Roncalli de substituír os tradicionais números con animais por sofisticados hologramas. E o veterano pallaso non puido mostrarse máis entusiasmado: “quen ía pensar que poderiamos chegar a ter un elefante que está na pista pero non o podes tocar”.

Aos habituais acróbatas, malabaristas, pallasos, funambulistas ou magos, únense neste circo alemán xigantescos animais holográficos de máis de seis metros de altura. Para conseguilo na súa carpa instalaron once láser que proxectan unha imaxe en alta definición de 13.000 por 1.900 píxeles. A máis alta tecnoloxía inserida nun espectáculo tradicional con varios séculos de historia, que se actualiza desta maneira e evita unha das maiores polémicas que perseguiu ao circo nos últimos anos, a do trato inadecuado aos animais. E o mellor é que ao final, o espectáculo que se ofrece sobre a pista do Roncalli a través dos seus seres virtuais consegue o seu obxectivo. Un obxectivo que, este si, manterase inalterado por moitos anos que pasen: ilusionar, emocionar, entreter.     

FONTE: José  L. Álvarez Cedena/elpais.com

A TAPA DE PULPO MÁIS GRANDE DO MUNDO

 

Unha vintena de pulpeiras participaron onte, martes, en Carballiño na elaboración da Tapa de Pulpo máis Grande do Mundo, con motivo da celebración o vindeiro domingo da Festa do Pulpo, que sempre coincide co Domingo do Monte. Para iso, en plena  Praza Maior, cocéronse 500 quilos do cefalópodo, 50 máis que o pasado ano, e a continuación procedeuse a cortar sobre un gran prato de madeira, de 5,35 metros de diámetro.

Do mesmo xeito que en anteriores edicións, o centro urbano encheuse de xente, unha gran maioría visitantes, que seguiron con atención as hábiles mans destes profesionais que lograron acabar a faena en 11 minutos e 7 segundos, algo máis que en 2018, que foran 10 minutos e 8 segundos, pero tendo en conta que engadiron 50 quilos máis ás caldeiras.

En cuestión de pulpo... Carballiño!

FONTE: laregión.es

A VÍA LÁCTEA NON É COMO PENSABAMOS

Telescopio da Universidade de Varsovia e as Cefeidas descubertas / K. Ulaczyk/J. Skowron/OGLE/Universidade de Varsovia

Científicos da Universidade de Varsovia (Polonia) crearon o mapa máis vasto da Vía Láctea ata o momento. Os investigadores trazaron un modelo tridimensional a partir das estimacións das distancias a miles de Cefeidas, estrelas variables dispersas pola galaxia. Os seus resultados publicáronse en Science e mostran que o disco da Vía Láctea non é plano, senón que está  curvado.

As estrelas variables ou Cefeidas son estrelas superxigantes moi novas que se caracterizan por experimentar variacións de brillo periódicas (dun a 100 días) moi intensas. Grazas a isto, pódese observar os seus cambios de «humor» mesmo a través dunha galaxia enteira.

 Comparación de una simulación (izquierda) y de las observaciones (derecha) de las Cefeidas distribuidas por los brazos espirales

Comparación dunha simulación (esquerda) e das observacións (dereita) das Cefeidas distribuídas polos brazos espirais / J. Skowron/OGLE/Universidade de Varsovia

Pero una das cousas máis interesantes das Cefeidas é que son candeas estándar. Isto quere dicir que son obxectos cuxo comportamento é tan predicible que observalo permítenos saber a que distancia están tanto elas como a súa contorna. Isto é moi importante, porque calcular as distancias astronómicas é un dos maiores problemas aos que se enfronta esta disciplina. Sen as distancias, resulta difícil saber que tamaño teñen as cousas, cal é a súa luminosidade e, en definitiva, cal é a súa natureza.

As Cefeidas levan décadas sendo empregadas como candeas estándar. Nesta ocasión, o equipo investigador fixo un importante esforzo para calcular a distancia a de 2.431 estrelas variables dispersas por toda a Vía Láctea, despois dunha extensa campaña de investigación (de nome Experimento Óptico de Lente Gravitacional ou OGLE) dobrase o número destas estrelas coñecidas. Todo isto requiriu contrarrestar a opacidade do po galáctico, concentrado no disco da galaxia.

Grazas a isto, os investigadores calcularon todas as distancias ata o Sol e crearon un mapa tridimensional a gran escala da Vía Láctea, que permitiu afinar o coñecemento sobre a forma e a curvatura do seu disco estelar. Desta forma, chegaron a unha estrutura que difire das predicións anteriores.

O mapa recentemente creado representa unha porción considerable da galaxia e achega información sobre a extensión e a forma do disco estelar.

FONTE:abc.es/ciencia

HUMOR: AS VACACIÓNS NOS 90

 

Este vídeo forma parte da serie chamada Volve aos 90, na que o cómico valenciano de 38 anos Raul Antón "pretende que a xente lembre con humor como eran as cousas antes, pero de verdade, porque normalmente tendemos a evocar o bo e esquécellenos o malo".

Se che gustou e queres coñecer máis monólogos desta serie preme AQUÍ.

Bótalle un chisco de humor ao verán!

ESPAÑA VISTA DESDE O CEO III

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é Toledo. Esta cidade, capital da provincia do mesmo nome e da Comunidade de Castela-A Mancha. Está situada na marxe dereita do río Texo, nun outeiro de cen metros de altura sobre o río, o cal cínguea pola súa base, formando un pronunciado meandro coñecido como Torno do Texo. O detalle para identificar a fotografía é o Alcázar, unha fortificación sobre rochas, situada na parte máis alta da cidade.

E Imos coa proposta de hoxe!

3. Identifica esta cidade:

- Sevilla

- Córdoba

- Santiago de Compostela

- Zaragoza

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal e imaxes verne.elpais.com

COMO SERÁ A FIN DO UNIVERSO?

 

Timelapse of the future, do realizador e compositor John Boswell, coñecido polos seus vídeos en Youtube como melodysheep, permítenos  asomarnos a ise futuro, o percorrido do cosmos a través de trillóns de trillóns de trillóns de anos, ata a fin de todo, o momento en que "o tempo carece de sentido" porque, como di o vídeo, "nada sucede e nada sucederá, nunca máis" (Brian Cox).

Nos seus 30 minutos de duración difúndese moita información sobre o futuro do universo, percorrendo case todos os campos da astrofísica, polo que mentres se goza do visionado, pode asaltar unha pregunta: é cientificamente correcto todo o que vemos? Hai fenómenos cosmolóxicos moi difíciles de representar visualmente, pero polo menos é fiel á ciencia o que nos conta?

Contestando a esta pregunta o propio Boswell, que traballou para National Geographic ou Disney, admite que "hai unha dose moi saudable de licenza artística nesta peza". E engade: "O meu obxectivo é máis unha peza de reflexión, algo que che faga proxectarche emocionalmente sobre o futuro, en lugar dunha representación estritamente precisa". Nos comentarios do seu vídeo, o artista explica que primeiro elaborou a liña temporal, logo sinalou os puntos de inflexión na historia e comezou a traballar nas imaxes, a narración e a música ao redor deses puntos.

Sexa como sexa, unha interesante reflexión sobre o futuro!

FONTE: Javier Salas/Materia/elpais.com

O DESXEO DO ÁRTICO ACADA MÁXIMOS HISTÓRICOS

 

O cambio climático, hai tempo que veu para quedar. Pero as  útlimas imaxes de  Groenlandia son bastante inquietantes. Segundo datos científicos estanse a acadar máximos históricos no desxeo do Ártico. Só nun día fundíronse máis de 11.000 millóns de toneladas de xeo. Algo que afectará con choivas torrenciais ás zonas tépedas do hemisferio norte, incluído España.

Esto é moi serio e preocupante!

FONTE: elmundo.es

ESPAÑA VISTA DESDE O CEO II

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é San Sebastián. Esta cidade, conocida tamén como Donostia, está situada na costa do golfo de Biscaia e a 20 quilómetros da fronteira con Francia. É a capital da provincia de Guipúscoa, na comunidade autónoma do País Vasco. O detalle para identificar a fotografía é a súa praia La Concha, que ten unha loxitude de 1350 m e unha anchura media de 40 m.

E Imos coa proposta de hoxe!

2. Identifica esta cidade:

- Burgos

- Salamanca

- Toledo

- Albacete

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal e imaxes verne.elpais.com