Blogia

vgomez

COMO SERÁ A FIN DO UNIVERSO?

 

Timelapse of the future, do realizador e compositor John Boswell, coñecido polos seus vídeos en Youtube como melodysheep, permítenos  asomarnos a ise futuro, o percorrido do cosmos a través de trillóns de trillóns de trillóns de anos, ata a fin de todo, o momento en que "o tempo carece de sentido" porque, como di o vídeo, "nada sucede e nada sucederá, nunca máis" (Brian Cox).

Nos seus 30 minutos de duración difúndese moita información sobre o futuro do universo, percorrendo case todos os campos da astrofísica, polo que mentres se goza do visionado, pode asaltar unha pregunta: é cientificamente correcto todo o que vemos? Hai fenómenos cosmolóxicos moi difíciles de representar visualmente, pero polo menos é fiel á ciencia o que nos conta?

Contestando a esta pregunta o propio Boswell, que traballou para National Geographic ou Disney, admite que "hai unha dose moi saudable de licenza artística nesta peza". E engade: "O meu obxectivo é máis unha peza de reflexión, algo que che faga proxectarche emocionalmente sobre o futuro, en lugar dunha representación estritamente precisa". Nos comentarios do seu vídeo, o artista explica que primeiro elaborou a liña temporal, logo sinalou os puntos de inflexión na historia e comezou a traballar nas imaxes, a narración e a música ao redor deses puntos.

Sexa como sexa, unha interesante reflexión sobre o futuro!

FONTE: Javier Salas/Materia/elpais.com

O DESXEO DO ÁRTICO ACADA MÁXIMOS HISTÓRICOS

 

O cambio climático, hai tempo que veu para quedar. Pero as  útlimas imaxes de  Groenlandia son bastante inquietantes. Segundo datos científicos estanse a acadar máximos históricos no desxeo do Ártico. Só nun día fundíronse máis de 11.000 millóns de toneladas de xeo. Algo que afectará con choivas torrenciais ás zonas tépedas do hemisferio norte, incluído España.

Esto é moi serio e preocupante!

FONTE: elmundo.es

ESPAÑA VISTA DESDE O CEO II

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é San Sebastián. Esta cidade, conocida tamén como Donostia, está situada na costa do golfo de Biscaia e a 20 quilómetros da fronteira con Francia. É a capital da provincia de Guipúscoa, na comunidade autónoma do País Vasco. O detalle para identificar a fotografía é a súa praia La Concha, que ten unha loxitude de 1350 m e unha anchura media de 40 m.

E Imos coa proposta de hoxe!

2. Identifica esta cidade:

- Burgos

- Salamanca

- Toledo

- Albacete

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal e imaxes verne.elpais.com

ESPAÑA VISTA DESDE O CEO

Os monumentos, catedrais e prazas son algúns dos símbolos que fan inconfundibles as cidades españolas. La Sagrada Familia? Barcelona. O Pórtico da Gloria? Santiago de Compostela. Porta do Sol? Madrid. A cousa complícase cando estes monumentos comparten fotografía con decenas de bloques de edificios e, no canto da súa fachada, vemos os seus tellados. É normal: estamos afeitos visitalos e velos a pé de rúa e non desde o alto.

Para poñer a proba os teus coñecementos da España vista desde o ceo, propoñoche iste test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas.

Preparado? Comezamos!

1. Identifica esta cidade:

- A Coruña

- Valencia

- Alacant

- San Sebastián

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal e imaxes verne.elpais.com

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS XIII

Unha de nomes galegos!

XII ANIVERSARIO

12 anos de vida / Imaxe: ivorysoluciones.com

Cumpre este blog 12 anos de vida. Comenzou alá polo 5 de agosto de 2007 e dende aquela pasaron moitas cousas que se resumen nos seguintes datos:

Visitas ata hoxe:  324.516

Visitas no último ano:  18.923                      

Promedio mensual: 1.577 visistas/mes

Nº artigos publicados no último ano: 890  

Promedio mensual: 74 artigos/mes

Visitas ata agosto de 2018: 305.593

Visitas ata agosto de 2017: 265.645

Visitas ata agosto de 2016: 216.744

Visitas ata agosto de 2015: 165.935

Visitas ata agosto de 2014: 137.408

Visitas ata agosto de 2013: 117.568

Visitas ata agosto de 2012: 89.980

Visitas ata agosto de 2011: 56.615

Visitas ata agosto de 2010: 20.746

Visitas ata agosto de 2009: 13.780  

Visitas ata agosto de 2008:   5.588  

A todos e todas moitas grazas, pois sen vós esto non tería ningún sentido. Seguirei traballando sempre que estedes detrás.

OLLO COS TEUS DATOS


Título orixinal: "Ojo con tus datos"

Ano: 2013

Duración: 55,33 min.

País: España 

Guion: Marisol Soto

Realización: Carol González Matas

Produtora: RTVE

Iste documental, pertence a Documentos Tv de Televisión Española, levou o Premio Protección de Datos en 2014. De corte tradicional en canto ao formato, invoca á reflexión desde o inicio: “Que dicía ese contrato que asinei tras descargar a aplicación gratuíta? Podo opoñerme á información que aparece sobre min no buscador? Por que ninguén se cuestiona que Google ou Facebook sexan gratuítos?”. A través de numerosas entrevistas a expertos TIC, realiza unha análise bastante completa sobre cuestións como a privacidade, a seguridade e o dereito ao esquecemento. Lembramos litixios como o caso de Mario Costejá, consultor español cuxa débeda liquidada hai anos segue manchado a súa reputación profesional porque Google négase a deixar de mostrala nos resultados de procura. Ou a ximnasta Marta Bobo, perseguida polas noticias falsas do pasado que continúan relacionadas coa súa identidade dixital do presente. Tamén se aborda o tema da educación e a facilidade coa que os adolescentes entregan os seus datos.

Moi interesante!

SOPA DE LETRAS XIII

ALOIA           BAIA          CIBRÁN          DINÍS

ELISEU         FLORA        GRACIELA       HELADIO

IAGO            LEDICIA      MARTIÑO       NOA

OBDULIA      PAIO