Blogia

vgomez

SABES QUEN O DIXO III

A contestación correcta á pregunta do último día de Quen o dixo? é “Penso e dubido, logo existo”. Esta frase “Cogito, ergo, sum” (“Penso e dubido, logo existo”) é a máis coñecida das frases do físico e matemático francés rené Descartes (1596-1650). A frase “Daría todo o que sei pola metade do que ignoro”, que el usou non era del senón de Copérmico.

E imos coa proposta para hoxe!

3. O fascinante escritor de contos de terror, Edgar Allan Poe dixo: “A morte dunha muller fermosa é, sen dúbida, o tema máis poético do mundo

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es

SABES QUEN O DIXO? II

A contestación correcta á pregunta do último día de Quen o dixo? é “O comunismo atopa gran audiencia alí onde non goberna”. Esta foi a única, das tres citas propostas, que non ponunciou o militante comunista prusiano de orixe xudeo Karl Marx (1818-1883).

E imos coa proposta para hoxe!

2. A cita máis coñecida de René Descartes é...

-Penso e dubido, logo existo

- Saber que sabemos o que sabemos e saber que non sabemos o que non sabemos, ese é o verdadeiro coñecemento”.

-Daría todo o que sei pola metade do que ignoro

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es

UN LUGAR CULTURAL ESPAÑOL NA NOVA LISTA DO PATRIMONIO MUNDIAL DA UNESCO

 

O Comité do Patrimonio Mundial inscribiu 29 novos sitios na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO na súa 43ª reunión que tivo lugar en Bakú (Acerbaixán), celebrada do 30 de xuño ao 10 de xullo.

Nela aparece un sitio cultural de España: Paisaxe cultural do Risco Caído e montañas sacras de Gran Canaria.

Situado nunha vasta zona montañosa do centro da illa de Gran Canaria, o sitio do Risco Caído caracterízase por unha topografía de cantís, barrancos e formacións  volcánicas presentes nunha paisaxe de rica biodiversidade. O seu territorio abarca un considerable número de vestixios de vivendas, cisternas e celeiros troglodíticos, cuxa antigüidade pon de manifesto a presenza dunha cultura insular autóctona que evolucionou de modo autárquico dende a chegada dos bereberes norteafricanos, a principios de nosa era, ata a conquista do arquipélago das Canarias polos españois no século XV. Os vestixios troglodíticos comprenden tamén algunhas covas dedicadas a prácticas rituais, así como os templos ou «almogarenes» do Risco Caído e o Roque  Bentayga onde se celebraban cerimonias relacionadas coas estacións do ano. É posible que estes dous « almogarenes» garden relación cun eventual culto rendido aos astros e á «Terra Nai».

FONTE: abc.es

SOLUCIÓN A BOTA AS TÚAS PROPIAS CONTAS

SOLUCIÓN A BOTA AS TÚAS PROPIAS CONTAS

 

A resposta, máis repetida, ao  tuit de Cheetham de onte é: "Non, é 120 , a non ser que o escribises (230-220) x 0,5. As multiplicacións teñen prioridade sobre as sumas e as restas, polo menos que vaian entre parénteses".

E teñen razón. Tal e como está escrito, o cálculo dá como resultado 120. Primeiro realizariamos a multiplicación (220 x 0,5=110) e o resultado restariámosllo a 230. Total: 120.

Pero a broma en cuestión, o que fai que este cálculo non sexa un exercicio de caderno pequeno de vacacións senón un chiste matemático, é o resultado de Cheetham, que insiste: "O resultado é 5!".

Se non estás a entender nada, resolvémolo!

Efectivamente, o resultado é 120, pero  Cheetham (e os graciosos que si saben de matemáticas) tampouco menten. Eles insisten en que é 5! e nesa exclamación está a resposta.

5! é a maneira de representar 5x4x3x2x1, é dicir 120. Engadir un símbolo de exclamación é a forma de representar as funcións factoriais, que significa que hai que multiplicar todos os números enteiros positivos que hai entre o número ao que acompaña a exclamación (este caso, o 5) e o 1.

Matemáticas!

SABES QUEN O DIXO?

Políticos, escritores, músicos, científicos..., deixaron un legado incrible de citas soadas e moitas desas frases oímolas a miúdo. Atreveríaste a averiguar se coñeces quen as dixeron? Si. Pois empezamos!

1. Unha destas frases non pertence ao pai do socialismo científico, Karl Marx.

- O home é o ser supremo para o home

- “A relixión é o opio do pobo

-O comunismo atopa gran audiencia alí onde non goberna

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es

BOTA AS TÚAS PROPIAS CONTAS

BOTA AS TÚAS PROPIAS CONTAS

 

Os enigmas matemáticos son un subxénero da internet. De cando en vez, algún popularízase e xera enfrontados debates sobre os resultados. E iso que as matemáticas son ciencias exactas. Xeralmente, adoita ter algún truco que pasa desapercibido a primeira vista. Este  meme, que máis que un enigma é un chiste, é un deses casos. Este é o  tuit da discordia do físico británico K. J. Cheetham:


A maths meme that is actually funny rather than stupid:
Solve carefully!
230 - 220 x 0.5 =

You probably won’t believe it but the answer is 5!#maths

— KJ Cheetham ❄️ #FBPE 🔶 (@kj_cheetham) July 13, 2019

 

Antes de darche a solución, bota as túas propias contas. Cal crees que é o resultado?

Mañá atoparás a resposta e a explicación a esa pregunta!

FONTE: verne/elpais.com

 

UN LUGAR E A SÚA FÁBULA

 

Trátase dun dos recunchos máis rechamantes do Carballiño (Ourense). O río Arenteiro, ao seu paso por esta vila, ten que bordear con un meandro unha elevación rochosa de 384 metros de altura. Atópase entre a piscifactoría e a antiga fábrica dá papel da Lavandeira. Este pequeno  montículo está coroado con dúas grandes rochas que a tradición asocia a unha parella, dando lugar a unha serie de fábulas amorosas.

No conxunto rochoso aínda habitan os ecos da tráxica relación entre Boán e Marta, un adiñeirado pagán atraído por unha moza cristiá. Boán coa intención de seducir á rapaza, decidiu botar man dos servizos dunha sacerdotisa pagá. A pitonisa preparou unha bebida máxica. Marta bebeu da beberaxe sen saber que a apócema presentaba un dobre fío. Tratábase de que se a rapariga en realidade xa desexaba a Boán, a beberaxe faríaa tolear. Marta perdeu o xuízo e precipitouse ao baleiro desde a rocha. Pola súa banda, Boán, preso de dor decidiu acompañar á súa amada. Hai quen asegura que cando sopra o vento, iste trae consigo os queixumes do malaventurado mozo.

Un lugar, dentro da ruta do Arenteiro, que merece a pena visitar!

FONTE: laregion.es e galiciamxica.eu

DOCUMENTAIS VERDES: OCÉANOS

 

Océanos, é un documental de Jacques Perrin e Jacques Cluzaud do ano 2009. Nel pregúntase acerca do sinal do home na vida silvestre respondendo por medio de emotivas imaxes á pregunta: “o Océano, que vén ser o Océano?

Para contestar a pregunta, o documental,  percorre mares e océanos filmando a marabilla que non vemos os humanos, converténdose nunha oda á auga e aos seres que viven nela.

Reforza a conciencia ambiental, pero desde o lado poético!