Blogia

vgomez

CANTO SABES DE ISLANDIA? VIII

Continúo coa serie adicada a Islandia, esa illa europea situada no océano Atlántico, coñecida pola súa impresionante paisaxe volcánica, glaciares e auroras boreais. País cunha poboación relativamente pequena, onde a enerxía renovable e o turismo son piares importantes da súa economía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Hvannadalshnjúkur. Ou Hvannadalshnúkur é un pico no nordés do volcán Öræfajökull e o punto máis elevado de Islandia cunha medición oficial concluída en agosto de 2005 estableceu a altura en 2.109,6 m s. n. m.​ (anteriormente considerábase que medía 2.119 m). Atópase na rexión oriental de Austurland.

E imos coa pegunta de hoxe!

8. Cal é o maior río de Islandia?

- Thjórsá

- Jökulsá á Fjöllum

- Skjálfandafljót

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *engatusar

Como se di *engatusar en galego? Pois temos varias palabras, así que toma nota delas!

#DígochoEu

VIAXES SALVAXES

Illas Extremas: Esta illa é un das paisaxes máis abatidas da Terra, onde non crecen árbores nativas. 

Monarcas viaxe fantástico: A delicada aparencia da bolboreta monarca oculta o verdadeiro poder destes asombrosos insectos.

O roteiro: Na vasta chaira do Serengeti en África, un millón de antílopes tómanse unha pausa da súa odisea desde Tanzania a Kenya.

As noites do cangrexo: O cangrexo vermello da Illa de Nadal aínda ten fortes lazos co océano.

Atraccións fatais: Non é grandioso o amor? Para moitos animais salvaxes, atraer a súa parella e ter a oportunidade de reproducirse é un deporte sanguento. 

#DígochoEu: Non digas *dañino

Nin *daño nin *dañino. Esther danos as alternativas correctas!

#DígochoEu 

CANTO SABES DE ISLANDIA? VII

Continúo coa serie adicada a Islandia, esa illa europea situada no océano Atlántico, coñecida pola súa impresionante paisaxe volcánica, glaciares e auroras boreais. País cunha poboación relativamente pequena, onde a enerxía renovable e o turismo son piares importantes da súa economía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Tundra. En concreto o 62,7 % da súa superficie é tundra. Este bioma caracterizase por un terreo aberto e chan, de clima subglacial e subsolo xeado, carente de vexetación arbórea; solo cuberto de musgos e liques, e ás veces pantanoso.

E imos coa pegunta de hoxe!

7. Cal é o punto máis alto de Islandia?

- Búlandstindur

- Kirkjufell

- Keilir

- Hvannadalshnjúkur

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CLXXXII

VERTICAIS: 1. BARBAÑA 4. ACORDEÓN 6. CARABINEIRO.

HORIZONTAIS: 2. TAIPEI 3. BACA 5. ESTRIPEIRO 7. CASTRAPO 8. NARCISISMO 9. HAFNIO 10. VILIPENDIAR.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CLXXXII

VERTICAIS: 1. Río da provincia de Ourense, que chegando á capital desemboca no río Miño, pola banda esquerda, preto da ermida dos Remedios e da Ponte do Milenio 4. Instrumento musical de vento formado por un fol, que se estende e contrae, e dúas caixas, unha a cada extremo do fol, cunha serie de teclas correspondentes aos sons que emiten 6. Crustáceo da orde dos decápodos semellante ao lagostino, pero máis grande e de cor vermella escura, con mome científico Plesiopenaeus edwardsianus.

HORIZONTAIS: 2. Capital de Taiwán 3. Armazón que se instala na parte superior dos vehículos para transportar equipaxes 5. Arbusto espiñoso da familia das rosáceas do que existen diversas especies, con froito non comestible, que se utiliza para enxertar pereiras e maceiras 7. Variante do idioma castelán falado en Galicia, caracterizada pola abundancia de palabras e expresións tomadas do idioma galego 8. Satisfacción que un sente da contemplación e atención de si mesmo, que se manifesta no excesivo coidado do propio corpo e no egoísmo nas súas relacións cos demais  9. Elemento químico metálico de transición, de cor branca brillante, dúctil e maleable, que se extrae principalmente do circonio, cuxo símbolo é Hf 10. Facer [alguén] obxecto de desprezo, dunha ofensa, de inxurias etc., ben sexa de palabra ou de obra.

#DígochoEu Non digas *cubo, *pala e *rastrillo

Se imos á praia con nenos non levamos nin *cubo, nin *pala nin *rastrillo!

#DígochoEu