Blogia

vgomez

OUTONO 2025

Caída da folla / grupocrece.es

O outono de 2025 no hemisferio norte comezará o día 22 de setembro ás 20 horas 19 minutos hora oficial peninsular segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible). Esta estación durará aproximadamente 89 días e 21 horas, e terminará o 21 de decembro co comezo do inverno.

O inicio do outono no hemisferio norte está definido polo instante en que a Terra pasa polo punto da súa órbita desde o cal o centro do Sol cruza o ecuador celeste no seu movemento aparente cara ao sur. O día en que isto sucede a duración do día e a noite practicamente coinciden. A esta circunstancia chámase tamén equinoccio de outono.

 

No momento en que o outono comeza no hemisferio norte, no hemisferio sur comeza a primavera.

FONTE:astronomia.ign.es

ILLAS ESPAÑOLAS MENOS COÑECIDAS XII (FIN)

remato coa serie adicada a esas illas españolas "menos coñecidas", pero que tamén teñen o seu encanto.

Se onte falamos da Illa de Santa Clara, hoxe tocalle a Illa Dragonera, última desta serie

12. Illa Dragonera

A illa Dragonera é unha illa pertencente ao arquipélago das Illas Baleares, situada ao oeste de Mallorca.

Permanece virxe, malia que a principios da década de 1970, estivo a piques de ser urbanizada. A planificación estaba terminada: mansións de luxo, un hotel, un porto e un casino. As protestas dos ecoloxistas, que paralizaron do comezo da construción varias veces nun proceso xudicial longo, acabaron parando definitivamente o proxecto. En 1987 o Consell Insular de Mallorca comprou a illa. O 26 de xaneiro de 1995, e polo decreto 7/1995, o Goberno Balear protexeu a illa Dragonera si como as illas de Pantaleu e Illa Mediana.

Ten unha lonxitude de 3.200 metros e unha anchura que chega ata os 500 metros cun relevo moi escarpado e irregular que provoca a aparición dalgunhas protuberancias chegando a alcanzar o pico máis alto da illa, chamado Na Popia, uns 360 metros de altura. Nesta cima atopábase un faro, na actualidade en ruínas.

Só se pode acceder a Sa Dragonera vía barco desde Sant Telm ou Paguera, sempre que se teña permiso. A illa ten un pequeno porto natural cun embarcadoiro en Cala Lladó. Desde o embarcadoiro pódense realizar varias rutas a pé para explorar a illa.

Posto que non hai restaurantes, bares ou negocios na illa, os visitantes deben aprovisionarse de comida e bebida antes de viaxar á illa.

FONTE: gl.wikipedia.org          Imaxes: gl.wikipedia.org e es.m.wikipedia.org

Fin!

#DígochoEu: Non digas *pañueleta

Esther danos a alternativa a esta palabra incorrecta en galgo *pañueleta!

#DígochoEu

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CLXXXIV

VERTICAIS: 1. REDFORD 2. KAMPALA 6. ROXÓN 7. ESTRONCIO 8. BOLO.

HORIZONTAIS: 3. ADELFA 4. OPA 5. TRÉCOLA 9. FERRINMOREIRAS 10. XENOCIDIO.

Máis cultura xeral!

ILLAS ESPAÑOLAS MENOS COÑECIDAS XI

Continúo coa serie adicada a esas illas españolas "menos coñecidas", pero que tamén teñen o seu encanto.

Se onte falamos da Illa de San Simón, hoxe tocalle a Illa de Santa Clara.

11. Illa de Santa Clara

A Illa de Santa Clara é unha illa situada na provincia de Guipúscoa (País Vasco). Trátase dun illote de 5’6 hectáreas situada no centro da baía da Concha (Donostia) e que alcanza os 48 metros de altitude, sendo bastante escarpada debido ás súas reducidas dimensións.

A illa de Santa Clara é un ben de dominio público de titularidade municipal, cedido polo Estado Español ao Concello de Donostia en virtude de Decreto de 31 de outubro de 1968.

Posúe un embarcadoiro e unha pequena praia que só aparece coas baixamares e que, con todo, conta con servizo de socorrismo, duchas e ata quioscos de tempada, debido ao gran número de persoas que no verán se achegan a esta illa (comunicada durante o verán co porto de San Sebastián mediante un servizo regular de barco). Á parte do pequeno peirao e as dotacións asociadas ao período estival, a única construción do illote é un faro que se ergue na súa cima. A finais do século XVI foron trasladados á illa os contaxiados pola peste que nesa época arrasaba á capital guipuscoana.

FONTE: gl.wikipedia.org     Imaxes: gl.wikipedia.rg e guias.masmar.net

ENCRUCILLADO CLXXXIV

VERTICAIS: 1. Apelido do director de cinema, protagonista de obras mestras como O golpe ou Todos os homes do presidente, falecido recentemente na súa casa de Utah (EEUU) 2. Capital de Uganda (África Oriental) 6. Anaco de carne máis ou menos graxenta ou de febra torrada que queda despois de derreter as graxas do porco no proceso de elaboración da manteiga 7. Elemento químico metálico do grupo dos alcalinotérreos, brando, dúctil e maleable, de cor branca prateada, que descompón a auga por contacto e de símbolo Sr 8. Peixe da subclase dos acantopterixios, de corpo alongado, sen aletas ventrais e cunha soa ala dorsal de raios brandos, que vive en bancos sobre fondos areosos ou de grava e do que se coñecen múltiples especies.

HORIZONTAIS: 3. Arbusto ornamental da familia das apocináceas, de follas perennes, lanceoladas e velenosas e flores grandes brancas, vermellas ou rosáceas, segundo a variedade e de nome científico Nerium oleander, tamén coñecido como loendro 4. Oferta pública de adquisición, pola que un investidor ou grupo de investidores ofrecen publicamente e a todos os accionistas dunha compañía cotizada a compra das súas accións, ou doutros valores que permitan adquirilas, a un prezo determinado 5. Instrumento feito de táboas e outros materiais, que pode ter distintas formas e que, ao ser movido polo vento ou accionado por algún mecanismo, fai ruído 9. Nome do asteroide (14005) que a Unión Astronómica Internacional (UAI) vén de nomear na honra da científica galega Antonia Ferrín Moreiras 10. Exterminación metódica dun grupo social por motivos étnicos, relixiosos ou políticos.

#DígochoEu: Existe a conxunción 'i' en galego?

Existe a conxunción ’i’ en galego? Esther sácanos de dúbidas

#DígochoEu

SABÍAS QEU... EINSTEIN TIÑA RAZÓN!

O 14 de setembro de 2015, o observatorio LIGO detectou por primeira vez ondas gravitacionais, confirmando unha predición centenaria de Einstein e outorgando aos seus descubridores o Nobel. Estas ondas, xeradas pola colisión de dous buracos negros, supuxeron o inicio dunha nova era na astronomía. Unha década despois, LIGO, xunto con Virgo en Italia e Kagra en Xapón, rexistra fusións de buracos negros cada tres días, medindo ondulacións no espazo-tempo inimaxinablemente pequenas. Os avances tecnolóxicos permitiron observar con gran detalle fenómenos que validan teorías de Einstein e Hawking, abrindo infinitas posibilidades de coñecemento cósmico.

FONTE: Daniel Mediavilla/elpais.com