SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CLXXX
Algunhas da illas máis grandes do mundo!
Algunhas da illas máis grandes do mundo!
🤡 En galego non temos *paiasos nin *paiasas! E tampouco *paiasadas! Esther acláranos estas dúbidas!
#DígochoEu
GROENLANDIA BORNEO MADAGASCAR
SUMATRA HONSHU CELEBRES
TERRANOVA LUZÓN ISLANDIA
MINDANAO CUBA TIMOR
SICILIA XAVA CERDEÑA
Continúo coa serie adicada algúns dos mitos máis persistentes sobre animais e enfrontámolos coa evidencia científica. Porque entender o mundo animal tamén implica desaprender o que criamos saber.
Mito 8: Os lémmings morren en masa cada poucos anos
Este é un mito tan popular que xerou mesmo un videoxogo baseado nel (entretenidísimo, por certo). O lémming é un pequeno roedor que vive nas zonas árticas de Eurasia e do continente americano, cunhas poboacións que tenden a medrar exageradamente cada poucos anos.
Segundo o mito, cando isto sucede, unha gran masa destes animais dirixiríanse disciplinadamente aos cantís e desde eles saltarían ao mar ou aos ríos, nun acto colectivo que actuaría como sistema de autorregulación do aumento de individuos da especie. Un caso verdadeiramente único… se fose verdade.
Pero non o é e a mentira ten un responsable clarísimo: Walt Disney. A historia da inmolación animal apareceu por primeira vez no seu documental de 1958 O inferno branco, no que centos de lémmings parecen lanzarse ao mar desde un cantil. Con todo, está confirmado que é unha secuencia manipulada e que se rodou cun puñado de lemmings obtidos para a ocasión e empuxados discretamente cara ao mar polos propios cineastas. Que nas décadas subseguintes non se conseguiron máis imaxes deste suposto suicidio non fai senón confirmar a falsidade da historia.
Si se sabe que, cando o seu número excede un certo límite, os lémmings desprázanse en migracións masivas buscando zonas onde haxa alimento. Ao penetrarse por terreos descoñecidos, unha porcentaxe apreciable queda, sen querer, polo camiño.
Continuará!
FONTE: Vicente Fernández de Bobadilla/muyinteresante.com Imaxe: es.wikipedia.org
Colmo é correcto en galego, pero para queixarte debes usar outras formas!
#DígochoEu
Evento astronómico das Perseidas ou Bágoas de San Lourenzo / nuevatribuna.es
1 de agosto: Cuarto Crecente
9 de agosto: Lúa Chea
16 de agosto: Cuarto Minguante
23 de Agosto: Lúa Nova
31 de agosto: Cuarto Crecente
Chuvia de meteoros: Perseidas: do 17 de xullo ao 24 de agosto con máximo na noite do 12 ao 13. O corpo proxenitor é o cometa 109P/Swift-Tuttle e o seu radiante a constelación de Perseo. Nesa noite, a Lúa, en fase Chea do 83,0%, xogará á contra engadindo luz, reducindo o número de estrela visibles.
Reconstrución artística de Mirasaura, que significa “réptil marabilloso” en latín / Tobias Wilhelm/Museo Estatal de Historia Natural de Stuttgart
Un novo estudo paleontolóxico desafía as nocións sobre a evolución dos réptiles e as súas coberturas corporais. Publicado na revista Nature, o descubrimento dun antigo réptil triásico con apéndices cutáneos complexos e similares a plumas cuestiona décadas de suposicións sobre a orixe destas estruturas biolóxicas.
A criatura en cuestión, Mirasaura grauvogeli, foi descrita por un equipo internacional de paleontólogos encabezado polos doutores Stephan Spiekman e Rainer Schoch do Museo Estatal de Historia Natural de Stuttgart, Alemaña. A súa singularidade non reside só no seu aspecto xeral (unha mestura entre ave e lagarto con hábitos arborícolas), senón na presenza dunha crista dorsal composta por apéndices cutáneos nunca antes observados en réptiles do seu tipo.
Ata o de agora, considerábase que as estruturas dérmicas complexas, como as plumas en aves ou o pelo en mamíferos, eran características exclusivas de certas liñaxes evolucionadas, xurdidos millóns de anos despois. Con todo, Mirasaura, que viviu no Triásico medio, demostra que estas formas corporais poden aparecer moito antes e en liñaxes independentes, o que suxire unha evolución converxente de funcións similares en organismos moi distintos.
a, O holotipo SMNS 97278, preservando o cranio, esqueleto postcraneal parcial e crista. b, Cranio de SMNS 97278 baixo luz ultravioleta (UV). c, Reconstrución do cranio de SMNS 97278 baseada na tomografía microcomputarizada con radiación de sincrotrón (en espello). d, SMNS 97280, crista illada en gran parte completa. e, SMNS 97286, dous apéndices tegumentarios superpostos que preservan rugosidades distintivas. f, SMNS 97281, apéndices tegumentarios asociados. g, SMNS 97279, preservando un cranio parcial e impresións dunha crista e un esqueleto postcraneal en gran parte completo baixo luz UV. h, Debuxo esquelético de Mirasaura, baseado na reconstrución do cranio de SMNS 97278, a anatomía postcraneal de SMNS 97279 e as cristas de SMNS 97278, SMNS 97281 e SMNS 97280.
A crista de Mirasaura está formada por apéndices superpostos, cada un cun contorno estreito e unha crista central lonxitudinal que lembra vagamente ás plumas, aínda que sen as ramificacións chamadas barbas que caracterizan ás plumas verdadeiras. A análise morfolóxica suxire que estas estruturas representan un desenvolvemento independente, o que amplía as posibilidades evolutivas deste tipo de coberturas cutáneas.
Os estudos de bioloxía do desenvolvemento apoian esta idea. Segundo as investigacións xenéticas, os mecanismos que permiten o crecemento de estruturas complexas na pel poderían orixinarse xa no Carbonífero, hai máis de 300 millóns de anos. Mirasaura sería, ata o de agora, a primeira proba directa de que estes mecanismos manifestáronse tamén en réptiles moi temperáns, non relacionados con aves nin dinosauros.
FONTE: Diego Tudares/mundiario.com
O significado da expresión “Tirar a toalla” é renderse ou abandonar un esforzo.
A orixe desta expresión provén do boxeo, un deporte que popularizouse a finais do século XIX e principios do XX. Nos combates, se un adestrador consideraba que o seu púxil non podía continuar, lanzaba unha toalla ao ring como sinal de rendición para evitar danos maiores ao seu loitador. Este xesto, visual e simbólico, transcendeu o ámbito deportivo e comezou a utilizarse noutros contextos, aplicándose a calquera situación na que alguén decide desistir.
A súa incorporación á linguaxe cotiá consolidouse na primeira metade do século XX, especialmente a través da prensa deportiva e as narracións de eventos de boxeo, o que permitiu que se estendera rapidamente a nivel popular.
FONTE: Luis Astor/mentoor.es/blog Imexe: empodera.cl