Blogia

vgomez

TAL DÍA COMO HOXE: 17 DE MAIO...

1863 Galicia: Publícase o poemario Cantares Gallegos, escrito por Rosalía de Castro, libro clave da literatura galega.

1902 Alfonso XIII de España alcanza a maioría de idade, xura a Constitución e inicia o seu reinado, o que supón o fin da rexencia da súa nai; outórgase un indulto xeral.

1963 Celebración en Galicia, por primeira vez, do Día das Letras Galegas, adicado a Rosalía de Castro.

1990 A Asemblea Xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS) elimina a homosexualidade da súa lista de enfermidades psiquiátricas.

1993 O Camiño de Santiago é declarado patrimonio cultural europeo polos ministros de Cultura da Unión.

FONTE: hoyenlahistoria.com         Imaxes: es.wikipedia.org, academia.gal e prensaecuela.es

ENCRUCILLADO LETRAS GALEGAS 2026

VERTICAIS: 1. Á parte de ser escritora, cal foi a actividade profesional da homenaxeada deste ano no Día das Letras Galegas 2026 2. A quen se adicou en 2025 o Día das letras Galegas? 3. Onde morreu a homenaxeada deste 2026 4. Onde naceu a homenaxeada deste ano 2026.

HORIZONTAIS: 5. Primeira homenaxeada do Día das Letras Galegas 6. Nome da homenaxeada deste ano 7. Número de anos que se leva celebrando o Día das Letras Galegas (en números romanos) 8. Primeiro ano que se celebrou o Día das Letras Galegas (en números romanos) 9. Segundo apelido da homenaxeada deste ano.

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? XXIV

Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1-2. Oceánico, 3-4. Mediterráneo interior, 5. Subtropical e 6-7. Mediterráneo costeiro. A saber...

E imos coa pregunta de hoxe!

24. Identifica os Parques Nacionais sinalados no mapa.

Maña a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e es.wikipedia.org     Imaxes: isaacbuzo.com e es.educaplay.com

TAL DÍA COMO HOXE: 16 DE MAIO...

1605 En Roma, Camilo Borghese é nomeado papa e adopta o nome de Pablo V.

1770 En Francia, María Antonieta de 14 anos, casa con Luis Augusto, de 15 anos (quen será rei).

1825 Simón Bolívar crea a República de Bolivia.

1929 En Hollywood (California) entréganse por primeira vez os premios Óscar.

1960 Nos Hughes Research Laboratories dispárase o primeiro láser funcional.

1969 Na superficie do planeta Venus aterra o vehículo de probas soviético Vénera 5 (do programa Vénera).

1974 Tito é reelixido presidente da República Socialista Federal de Iugoslavia. Esta elección é vitalicia.

1988 Aparece o teletexto por primeira vez nas televisións de España, concretamente en TVE.

2002 Estréase a película Star Wars Episode II: Attack of the Clons.

2007 Nicolas Sarkozy toma posesión como Presidente de Francia.

FONTE: hoyenlahistoria.com      Imaxes: hoyenlahistoria.com e es.wikipedia.org 

Exame Sorpresa (Curtametraxe)


Hai preguntas que non aparecen en ningún temario.

Exame sorpresa penetra nun deses temas que de cando en cando se abordan, relacionados coa perda na infancia, pero que todos, nalgún momento, enfrontamos. Cunha mirada honesta e unha atmosfera didáctica e poética que atrapa desde o inicio.

Unha curtametraxe que non busca dar respostas doados, senón provocar preguntas.

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? XXIII

Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.

A contestación correcta á pregunta de onte é...

E imos coa pregunta de hoxe!

23. Identifica a que zona climatica corresponden as provincia sinaladas no mapa.

1-2. A Coruña e Pontevedra

3-4. Estremadura

5. Canarias

6-7. Cádiz e Sevilla

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e es.wikipedia.org        Imaxes: appangea.com e papelismo.es

TAL DÍA COMO HOXE: 15 DE MAIO...

1618 Johannes Kepler confirma o seu descubrimento previo sobre a terceira lei de movementos dos planetas.

1701 Iníciase a Guerra de Sucesión Española.

1718 James Puckle, un avogado londiniense patenta a primeira metralladora.

1896 Primeira proxección cinematográfica en España.

1940 Nos Estados Unidos, os irmáns Dick e Mac McDonald abriron o primeiro restaurante McDonald’s en San Bernandino (California).

1957 Na illa Malden (no océano Pacífico), os británicos fan a primeira proba de bomba de hidróxeno, na chamada Operación Grapple.

1958 Lanzamento do satélite artificial soviético Sputnik 3.

1960 A Unión Soviética lanza o satélite Sputnik 4.

1963 No marco do Proxecto Mercury, Estados Unidos lanza con éxito a nave Mercury Atlas 9, co astronauta Gordon Cooper a bordo. Convértese no primeiro estadounidense que pasa máis dun día no espazo.

2011 Creación do movemento 15M ―ou «Indignados»― en toda España.

FONTE: hoyenlahistoria.com     Imaxes: cronista.com e fayerwayer.com

O biólogo galego que percorre o mundo: 300 incribles imaxes da natureza en máis de 70 destinos

O biólogo galego que percorre o mundo: 300 incribles imaxes da natureza en máis de 70 destinos

Gonzalo Mucientes posa co seu libro El Naturalista Impaciente / Gonzalo Mucientes

Cando se pensa nos requisitos dunha expedición, veñen á mente a necesidade de preparar o material adecuado, de aprovisionarse cos víveres pertinentes ou establecer o itinerario máis eficiente. Con todo, en raras ocasións se valora do mesmo xeito un aspecto que resulta tan importante como os anteriores: a vontade e determinación de levar a cabo dita exploración. O biólogo galego Gonzalo Mucientes pon o foco nesta cuestión no seu último libro El Naturalista Impaciente, unha obra que recolle máis de 300 imaxes de fauna e flora tomadas en viaxes que engloban máis de 70 destinos coa fin de reconectar coa curiosidade naturalista.

A súa inclinación cara á natureza vénlle de novo: “Fun biólogo dende pequeniño; era un naturalista que accedía aos animais e insectos que tiña preto de casa”. Logo, os seus estudos e diferentes campañas de exploración levárono a especializarse no comportamento de depredadores oceánicos. En concreto, tomou especial interese nos tiburóns peláxicos, especialmente o marraxo azul (Isurus oxyrinchus) e a quenlla (Prionace glauca).

Un viaxeiro ten moitos riscos en común cun naturalista. Mucientes establece unha clara relación entre a súa profesión e a súa maneira de ver o mundo: “Un é o que é e non pode deixalo de lado cando viaxa. Eu identifícome moito coa curiosidade innata que caracteriza aos grandes naturalistas dos séculos XIX e XX“. En concreto, o investigador sinala a Wallace (codescubridor da orixe das especies por selección natural xunto a Darwin) e a Edward Owen Wilson, un dos pais da sociobioloxía.

Cando pensa nos motivos que o levaron a escribir El Naturalista Impaciente, confesa que o libro naceu hai moito tempo, moito antes incluso de coller a forma dunha publicación. “Comecei a escribir o libro haberá 10 anos, pero recolle experiencias de hai máis de 20“, declara Mucientes. A idea formouse na súa cabeza cando valorou que, talvez, podería usar as súas fotografías e notas de campo para reconstruír a súa ruta e permitir, con iso, que outras persoas emprendan un camiño similar.

Son viaxes sinxelas a nivel de iniciación e de loxística, que calquera de nós podemos facer se nos organizamos ben”. E aquí está a clave: a súa obra busca inculcar a curiosidade polo mundo natural e animar a iniciar unha viaxe naturalista “sen ter un grande apoio financeiro detrás“. Mucientes incita a lectores e lectoras a ilusionarse, e comparte: “Cando penso nunha nova viaxe a buscar outras especies, éntrame ese formigo interno, eses nervios previos a organizalo” e mesmo engade que esa emoción parecera ata acentuarse co tempo.

Despois de tantas viaxes, hai experiencias que non esquece. Unha delas aconteceu en Marrocos, no Alto Atlas, cando un compañeiro e el acamparon no deserto e espertaron cun bo susto. “Á mañá seguinte, decatámonos de que nos roubaran: desapareceunos toda a documentación, a cámara, os prismáticos, o diñeiro, e prácticamente toda a roupa. Quedei co posto”, lembra. Por sorte, puideron recuperar gran parte das súas pertenzas. “Foi un alivio. Perder a cámara ou os prismáticos sería terrible, porque era o inicio da miña carreira e non tiñamos un duro“, explica.

Ao reflexionar sobre a relación cos entornos naturais, Mucientes ten claro que se está perdendo contacto coa natureza: “É algo que pasa e que xa leva tempo pasando”. Con todo, ve esperanza. Despois da pandemia percibiu unha repunta na apreciación pola natureza. “A poboación expandiuse cara a zonas nas que antes saía a pasear e non atopaba a ninguén”, di.

O investigador explica que o tempo é crucial nesta ecuación: “Pensamos que é eterno, e non o é. Por iso, debemos investir o tempo que podemos en reconectar coa natureza”. Apunta á divulgación científica como un factor imprescindible na difusión da necesidade de reconexión. “Este libro, non sendo un libro científico, divulga sobre o valor da diversidade e as marabillas naturais ás que podemos acceder e, dende o meu punto de vista, debemos conservar”, defende.

Recorda que non debemos ir moi lonxe para atopar grandes xoias dende a mirada naturalista: “O Parque Natural das Illas Atlánticas, as Fragas do Eume, o Invernadeiro, o Xurés, o macizo central ourensán… Son zonas moi interesantes dende o punto de vista naturalístico”. En definitiva, asegura que se pode admirar a natureza, mesmo a máis afastada, con “moi poucos recursos e tendo ganas. Tamén tendo tempo. Ou buscándoo”.

Algunhas fotografías incluídas en “El Naturalista Impaciente”

FONTE: Noelia Gallego/gciencia.com