Blogia

vgomez

INVENTOS QUE MATARON AOS SEUS CREADORES VIII

Continúo coa viaxe por estas fascinantes e tráxicas historias que revelan o perigo que acompaña á procura do progreso, xa que os seus creadores pagaron o prezo máis alto polas súas propias xenialidades, xa que a innovación ás veces chega a consecuencias un tanto imprevistas e, en ocasións, letais.

8. As transfusión de sangue de Bogdanov

Aleksandr Aleksándrovich Bogdanov (1873-1928), un científico ruso que faleceu en 1928 despois de someterse a unha transfusión de sangue experimental que el mesmo desenvolvera. Tiña 45 anos.

Continuará...

FONTE: ciudadano.news e es.wikipedia.org      Imaxe: biobiochile.cl

#DígochoEu: Non digas *repesca

En galego temos pesca pero non *repesca!

#DígochoEu

AS MELLORES FOTOS SUBMARINAS 2024

O prestixioso certame fotográfico Underwater Photographer of the Year mostra anualmente as escenas máis impactantes do mundo submarino e a biodiversidade que acolle.

Fotografía gañadora do Underwater Photographer of the Year 2024, do fotógrafo sueco Alex Dawson / (Alex Dawson/UPY2024)

É moi probable que a contemplación da imaxe, tan impresionante como estremecedora, provoque un repentino calafrío no ao vela. E ese é o propósito do seu autor. Capturada nas escuras e xélidas augas do Atlántico Norte, mostra a un mergullador explorando os restos óseos dunhas baleas minke comúns (Balaenoptera acutorostrata) que xacen como un pecio no leito mariño. Trátase dos restos da matanza que cada ano levan a cabo os cazadores de baleas de Tasiilaq, unha pequena poboación costeira situada ao sueste de Groenlandia.

Presentada baixo o título Whale bones, o seu autor é o fotógrafo sueco Alex Dawson, considerado como un dos mellores fotógrafos submarinos do mundo, e con ela logrou alzarse como gañador absoluto do prestixioso premio Underwater Photographer of the Year 2024. "Con esta fotografía, comenta Dawson, gustaríame convidar a todos a considerar o noso terrible impacto nas maiores criaturas que habitan este planeta". E non cabe dúbida de que o conseguiu. Durante o século pasado, os humanos demos morte a máis de tres millóns de baleas. Actualmente, e a pesar da moratoria aprobada en 1982 para evitar a súa extinción, séguense capturando máis de 3.500 baleas baixo o irónico eufemismo da ’caza científica’.

Unha balea de brey comendo sardiñas / (Rafael Fernández Caballero/ WPY2024)

Destacar, tamén, que un español,  o gran fotógrafo Rafael Fernández Caballero capturou esta impresionante instantánea en pleno Océano Pacífico, fronte ás costas de México, coa que logrou un dos dous galardóns cos que se alzou na convocatoria do Underwater Photographer of the Year deste ano.

Neste caso, a imaxe mostra o preciso instante no que unha balea de bryde (Balaenoptera edeni brydei), unha das especies máis descoñecidas, captura un cardumen de sardiñas agrupado para defenderse do ataque do que parecen ser unhas barracudas. Non contaban co impresionante bocado do cetáceo.

Se queres ver o resto das fotografías gañadoras nas diferentes categorías preme AQUÍ.

FONTE: underwaterphotographeroftheyear.com

INVENTOS QUE MATARON AOS SEUS CREADORES VII

Continúo coa viaxe por estas fascinantes e tráxicas historias que revelan o perigo que acompaña á procura do progreso, xa que os seus creadores pagaron o prezo máis alto polas súas propias xenialidades, xa que a innovación ás veces chega a consecuencias un tanto imprevistas e, en ocasións, letais.

7. O planeador de Otto Lilienthal

O pioneiro alemán do voo, enxeñeiro industrial e aeronáutico Otto Lilienthal (1844-1896), planeou con éxito en máis de 2.000 ocasións con distintos deseños da súa creación, incluíndo modelos de á batente, ornitópteros, (aerodino de ás móbiles que obtén o empuxe necesario do movemento batiente das súas ás de forma análoga a como o fan as aves). O inventor morreu cando se estrelou o seu planeador en Berlín o 10 de agosto de 1896.Tiña 52 anos.

Continuará...

FONTE: ciudadano.news e es.wikipedia.org       Imaxes: ndr.de e es.wikipedia.org

INVENTOS QUE MATARON AOS SEUS CREADORES VI

Continúo coa viaxe por estas fascinantes e tráxicas historias que revelan o perigo que acompaña á procura do progreso, xa que os seus creadores pagaron o prezo máis alto polas súas propias xenialidades, xa que a innovación ás veces chega a consecuencias un tanto imprevistas e, en ocasións, letais.

6. O Titanic deseñado por Thomas Andrews

O enxeñeiro naval Thomas Andrews Jr. (1873-1912) deseñou o Titanic, nese entón o maior e máis luxoso barco de pasaxeiros do mundo, que se afundiu na súa viaxe inaugural ao chocar con iceberg no Atlántico en abril de 1912. Nesa catástrofe, o 4 de abril de 1912, foi unha das 1.514 personas que perderon no afundimento do barco, sendo tragado pola súa propia criatura. Tiña 39 anos.

Continuará...

FONTE: ciudadano.news e es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CLXII

Unha de petiscos! Esas cousa de comer, de pequeno tamaño e de pouco alimento pero que sabe moi ben.

CHEGA O OUTONO 2024

Outono / Banco de imaxes Canva/eltiempo.es

O outono de 2024 no Hemisferio Norte comezará, hoxe, 22 de setembro ás 14:44 horas (hora oficial peninsular). Esta estación durará 89 días e 21 horas, concluíndo o 21 de decembro coa chegada do inverno.

No Hemisferio Sur, o cambio de estación producirase o mesmo 22 de setembro, pero marcará o inicio da primavera. O outono nesta rexión comezará aproximadamente o 20 ou 21 de marzo de 2025.

As datas de inicio do outono non son fixas. Poden variar cada ano. Este fenómeno ocorre debido á inclinación axial e a órbita elíptica da Terra.

O equinoccio de outono prodúcese cando o día e a noite teñen a mesma duración. Con todo, isto non ocorre no mesmo momento exacto cada ano.

No Hemisferio Norte, o outono pode comezar entre o 22 e o 24 de setembro. No Hemisferio Sur, entre o 20 e o 23 de marzo. Durante o século XXI, as datas máis comúns para o inicio do outono serán o 22 ou 23 de setembro.

É o que toca!

SOPA DE LETRAS CLXII

CALLOS          TORTILLA          PULPO

ORELLA          RAXO                 ZORZA

ROXÓNS         QUEIXO             EMPANADA

MEXILLÓNS