Blogia

vgomez

SOLUCIÓN AO PROBLEMA DOS BOIS DE NEWTON

Este era o problema plantexado onte: Sabendo que 75 bois comeron en 12 días a herba dun prado de 60 áreas e que 81 bois comeron un prado de 72 áreas en 15 días, cantos bois necesítanse para comer en 18 días a herba dun prado de 96 áreas? Suponse que nos tres prados a herba tiña a mesma altura e que continúa medrando uniformemente.

E aquí tes a solución!

Chamemos a a cantidade de herba que hai no prado cando entran os bois a pastar e b á cantidade que aumenta a herba en cada área de superficie ao día.

Cantidade de herba do primeiro prado en 12 días: 60(a+12b) (Para 75 bois)

Cantidade de herba do segundo prado en 15 días: 72(a+15b) (Para 81 bois)

Cantidade de herba do terceiro prado en 18 días: 96(a+18b)  (Para x bois)

Consumo diario dun boi do primeiro prado:

Consumo diario dun boi do segundo prado:

Consumo diario dun boi do terceiro prado:         

Como o consumo diario dos bois é o mesmo, igualando (1) e (2):

Obtense a = 12b        

Igualando (2) = (3)

 Substituíndo a = 12b na expresión anterior, chegamos a:

 De onde, simplificando b, queda a solución x = 100 bois.

FONTE: Víctor Arenzana Hernández/matematicasiesoja.wordpress.com    Imaxes: youtube.com

A ORIXE DAS PALABRAS: OVELLA NEGRA

A orixe do termo “ovella negra” nace da diferenza que facían os pastores entre os seus propios rabaños. As ovellas brancas eran as máis valoradas pola cor da la xa que se podía tinguir a diferenza da la negra.

Todos nos atopamos en situacións nas que sentimos un pouco fóra de lugar, incomprendidos ou mesmo non desexados. Con todo, as persoas que se identifican como “a ovella negra da familia” teñen unha experiencia diferente de rexeitamento e incomprensión.

Cando as persoas senten excluídas ou rexeitadas, moitas recorren á comprensión das súas familias en busca de consolo. Por ese motivo, pode resultar extremadamente difícil ser a “ovella negra”, cando as persoas que te fan sentir excluído ou “outro” son os membros da túa propia familia.

Que significa ser a “ovella negra” da familia?

Unha “ovella negra” é un membro da familia marxinado, tratado de forma diferente ou excluído polo resto da familia. As ovellas negras, tamén coñecidas como membros marxinados da familia, adoitan sentirse feridas, inadecuadas e soas.

As ovellas negras, tamén coñecidas como membros marxinados da familia, caracterízanse sobre todo por non encaixar, o que lles provoca sentimentos de dor e inadecuación, ou de illamento e frustración. A vida da ovella negra dunha familia case sempre contén soidade.

A miúdo, as festas poñen de relevo que membros dunha familia “non pertencen” Quen non foi convidado? Quen foi convidado, pero é ignorado ou sinalado polas súas diferenzas?

Por outra banda, as ovellas negras non sempre son excluídas explicitamente. Algúns optan voluntariamente por distanciarse, debido á incomprensión dos demais membros do grupo. Tamén poden optar por o“non contacto” debido aos malos tratos. Doutra banda, algunhas ovellas negras seguen sentíndose parte da familia, pero tamén necesitan desenvolver outros sistemas de apoio. Buscan outras relacións que lles resulten satisfactorias e seguras, para complementar as relacións.

FONTE: fundacioncomillas.es     Imaxe: latercera.com

O PROBLEMA DOS BOIS DE NEWTON

 

As cuestións de proporcionalidade directa e inversa ocupan un lugar destacado dentro dos problemas da Aritmética Elemental. Baixo o nome de reparticións proporcionais, regra de tres, problemas de mesturas, problemas de móbiles ou de porcentaxes redactáronse multitude de exercicios, que encheron os manuais de aritmética de todos os tempos.

Isaac Newton (1643-1727) formulou, na súa Arithmetica Universalis (1707), un curioso problema de proporcionalidade composta coñecido como problema dos bois de Newton, que ten una variante interesante e que di:

Sabendo que 75 bois comeron en 12 días a herba dun prado de 60 áreas e que 81 bois comeron un prado de 72 áreas en 15 días, cantos bois necesítanse para comer en 18 días a herba dun prado de 96 áreas? Suponse que nos tres prados a herba tiña a mesma altura e que continúa medrando uniformemente.

Mañá a solución!

FONTE: Víctor Arenzana Hernández/matematicasiesoja.wordpress.com    Imaxes: vicmat.com e youtube.com

#DígochoEu: Non me chames rubia!

O capítulo de hoxe vaiche axudar a distinguir ben as cores do pelo!

#DígochoEu

CANTO SABES DE CAMERÚN? XII

Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.

A contestación correcta á pregunta de onte é Paul Biya. Nado co nome de Paul Barthélemy Biya’a bi Mvondo; Mvomeka’a, 13 de febreiro de 1933. Exerce como presidente de Camerún desde o 6 de novembro de 1982 e que tamén foi primeiro ministro do seu país entre 1975 e 1982.​ É o actual gobernante non monárquico co mandato máis extenso da historia, con case 50 anos no poder de forma ininterrompida, e o xefe de Estado máis antigo do mundo. É considerado un ditador. Biya encabeza un réxime autoritario en Camerún. O seu goberno foi denunciado polas constantes violacións aos dereitos humanos, os casos de corrupción que involucran á elite gobernante e a empresarios próximos á súa familia, acusacións de fraude electoral e persecución a grupos de esquerda para manterse no poder.​

 

E imos coa pregunta de hoxe! 

12. Cal é o idioma oficial de Camerún?

- Inglés

- Francé e Inglés

- Francés

- Alemán

- Francés, Ingés e Alemán

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org e nuevarevolucion.es

#DígochoEu: Se te chaman dun suposto servizo técnico de Microsoft, colga! Son #cibercarrachos!

Se te chaman dun suposto servizo técnico de Microsoft, colga! Son #cibercarrachos! 😈

#DígochoEu

CANTO SABES DE CAMERÚN? XI

Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.

A contestación correcta á pregunta de onte é Todos os anteriores. Alemaña comezou a colonizar Camerún en 1868. Coa derrota de Alemaña na primeira guerra mundial, Camerún converteuse nun mandato da Sociedade de Nacións e foi dividido no Camerún francés e o Camerún británico en 1919. O 1 de xaneiro de 1960, o Camerún francés independizouse de Francia. O 1 de outubro de 1961, o antigo Camerún do Sur británico independizouse do Reino Unido mediante votación da Asemblea Xeral da ONU e uniuse ao Camerún francés para crear a República Federal do Camerún. Proclamación de la República (1972).

 

E imos coa pregunta de hoxe!

 

11. Politicamente, Camerún é una república parlamentarista unicameral. Cal é o Presidente e xefe do estado actualmente?

- Ahmadou Ahidjo

- Paul Biya

- Salomon Tandeng Muna

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CLXI

VERTICAIS: 1. ARNAL 3. ESMERO 5. GALERNA 6. BARALLA 8. MOURO.

HORIZONTAIS: 2. METEORITO 4. CALA 7. METÁFORA 9. CHAD 10. BOLIVAR.

Máis cultura xeral!