Blogia

vgomez

CANTO SABES DE POLONIA? XII

Continúo coa serie adicada a Polonia, un país do centro de Europa e membro da Unión Europea, sendo o gran descoñecido de Europa.

A contestación á pregunta de onte é Zloty. É a moeda de curso legal de Polonia. O zloty para os números rematados en 2, 3 ou 4 (agás 12, 13 e 14) e złotych para os demais. Divídese 100 grosz. O seu código ISO 4217 é PLN e abréviase Zł.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Polonia deu moitas personaxes célebres. Da seguinte lista hai un que non é polaco...

- Nicolás Copérnico

- Fryderyk Chopin

- Maria Skłodowska-Curie

- Immanuel Kant

- Karol Wojtyła

- Roman Polański

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes:es.wikipedia.org e exactchange.es

#DígochoEu: Non digas *jalea nin *jaleo

*Jalea e *jaleo son palabras incorrectas en galego. Esther danos as alternativas!

#DígochoEu

ENCRUCILLADO CLI

VERTICAIS: 1. Equinodermo da clase Holothuroidea 4. Movemento ou sinal que se fai coa man, coa cabeza, cos ollos ou con outra cousa para expresar algo sen palabras 5. Elemento químico sólido, de cor gris metálica e moi velenoso, de símbolo As 7.  Planta herbácea perenne da familia das liliáceas, con follas lanceoladas, flores de cor rosa, xeralmente en outono, e froito en cápsula, ovoide, con numerosas sementes e de nome científico Colchicum autumnale 8. Municipio da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares, que ata finais da década de 1.970 chamábase Neira de Jusá ou Neira do Rei.

HORIZONTAIS: 2. Froito que madura tarde, que se sementa ou recolle fóra do tempo 3. País fundamentalmente asiático, aínda que tamén inclúa unha rexión relativamente pequena que, xeograficamente, pertence á Europa, e que ten por capital Astana 6. Alimento que fai ruído ao mordelo e mastigalo 9. Moeda oficial de Etiopía 10. Capital da República de Honduras.

CANTO SABES DE POLONIA? XI

Continúo coa serie adicada a Polonia, un país do centro de Europa e membro da Unión Europea, sendo o gran descoñecido de Europa.

A contestación á pregunta de onte é Católica. A maioría dos polacos adhírense ao catolicismo romano. O 71,3% da poboación identificouse como tal no censo de 2021, fronte ao 87,6% en 2011. O resto da poboación componse principalmente de ortodoxos orientais (Iglesia Ortodoxa Polaca, aproximadamente 507.196 crentes), varias igrexas protestantes (a maior das cales é a Igrexa Evanxélica da Confesión de Augsburgo en Polonia, con 61.217 membros) e as Testemuñas de Jehová (116.935). En Polonia hai ao redor de 55.000 católicos gregos. Outras relixións practicadas en Polonia, por menos do 0,1% da poboación, inclúen o islam, o xudaísmo, o hinduismo e o budismo.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Cal é a moeda oficial de Polonia?

- Som

- Grivna

- Rublo

- Zloty

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes:es.wikipedia.org e lalonjavalencianumismatica.com

#DígochoEu: Acórdate de acordar!

Xa falamos de acordar, pero non deste significado. Vaste sorprender!

#DígochoEu

CANTO SABES DE POLONIA? X

Continúo coa serie adicada a Polonia, un país do centro de Europa e membro da Unión Europea, sendo o gran descoñecido de Europa.

A contestación á pregunta de onte é Śniardwy. É o lago máis grande de Polonia, cunha superficie de 113,8 quilómetros cadrados. Ten 22,1 km de longo e 13,4 km de ancho. A profundidade máxima alcanza os 23 metros. Hai oito illas no lago. Como curiosidade o lago máis profundo é o Hancza, 108 metros no punto máis profundo.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é a relixión predominante en Polonia?

- Católica

- Ortodoxa

- Musulmá

- Testigos de Xehová

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes:es.wikipedia.org

#DígochoEu: En galego berramos pero non *barremos

Atención esta palabra que se escribe con v!

#DígochoEu

SABÍAS QUE... POR QUE O MARISCO PONSE VAREMELLO AO COCELO?


Dentro do termo ’marisco’ englóbase a calquera invertebrado mariño que forma parte da nosa alimentación, aínda que é certo que predominan os moluscos e os crustáceos. Estes últimos pertencen ao grupo dos artrópodos, cuxo nome en grego significa articulación (arthron) e pé (pous).

Hai algún tempo un grupo de investigadores españois do Instituto Catalán de Paleoecoloxía Humana e Evolución Social, liderado por Mariana Nabais, chegou á conclusión de que un grupo de neandertais, que viviu hai uns 90.000 anos, deuse unha mariscada cociñada a base de bois de mar nas costas de Lisboa. Estariamos ante un dos primeiros vestixios de alimentación humana a base de mariscos.

Seguramente que aquel grupo de gourmets prehistóricos observou, do mesmo xeito que o facemos nós actualmente, que os bogavantes, as nécoras e os lagostinos, só por citar algúns exemplos, adquirían unha cor avermellada tras o proceso de cocción.

Isto débese a que o caparazón destes animais, que habitan nos nosos océanos, mares e ríos, é dunha cor que varía entre o pardo avermellado e o verde azulado, unha tonalidade que se parece moito á dos fondos mariños, o cal lles permite pasar desapercibidos ante os posibles depredadores.

Agora ben, estas cores non son naturais neses animais, conségueno grazas a uns pigmentos que inxeren coa dieta, xa que eles realmente son transparentes.

Os pigmentos que inxere o marisco coñécense co nome de carotenoides e atópanse fundamentalmente nos organismos fotosintéticos, como as algas. Os máis abundantes nos fondos mariños son a astaxantina, a cantaxantina, fucoxantina e o beta-carotenos, os cales teñen unha tonalidade laranxa-avermellada.

A astaxantina é un potente antioxidante que pode protexer ás células do dano oxidativo. Algúns estudos demostraron que pode axudar a reducir o risco dalgúns tipos de cancro, a diminuír a inflamación e mellorar os niveis do colesterol e, mesmo, a mellorar a memoria e a función cognitiva.

Os carotenoides non podemos velos a simpe vista porque están unidos a proteínas, por exemplo, a astaxantina está unida a unhas proteínas chamadas crustacianinas, que se ocultan baixo unha capa azulverdosa. Cando cociñamos o marisco as proteínas desnaturalínzanse, deixando os carotenoides libres, polo que os crustáceos adoptan unha coloración avermellada característica.

Durante moito tempo pensábase que os mariscos de tonalidade máis avermellada eran os mellores, sen embargos diferentes investigacións demostraron que os carotenoides incrementan o seu coloración cando se atopan en presenza de metais pesados e tóxicos para o organismo, como o cobre. En Román paladino, as gambas demasiado vermellas poden non ser as de mellor calidade.

A astaxantina atópase nas microalgas, o plancto que comen os salmóns salvaxes. A medida que os salmóns nadan río arriba para desovar, esgotan os seus reservas de astaxantina, o que fai que a súa carne perda a tonalidade vermella características e vólvase pálida.

Os salmóns de piscifactoría aliméntanse con pellets que conteñen astaxantina sintética, o que lles proporciona o mesmo cor rosada que o salmón salvaxe. Isto faise, principalmente, por razóns estéticas, xa que algúns consumidores asocian a cor rosa coa frescura e o sabor a salmón salvaxe.

FONTE: Pedro Gargantilla/abc.es/ciencia          Imaxe: frinsa.es