Blogia

vgomez

TAL DÍA COMO HOXE: 16 DE XULLO...

622 Arabia: o profeta Mahoma inicia a súa viaxe desde A Meca cara a Medina. Este feito é chamado a Hégira, feito que dá inicio ao calendario musulmán.

1782 En Austria estréase a ópera O rapto no Serrallo de Wolfgang Amadeus Mozart.

1945 No marco do Proxecto Manhattan, realízase a Proba Trinity, o primeiro test exitoso dunha bomba nuclear de fisión. Empeza así a era atómica.

1951 Publícase por primeira vez O gardián entre o centeo de J. D. Salinger.

1969 Nn Cabo Cañaveral (Estados Unidos), no marco do Programa Apolo, despega o Apolo 11 co obxectivo de ser a primeira misión en levar un home á Lúa.

2002 Na Illa de Perexil iníciase ás 23:43 a Operación Romeo-Sierra para o desaloxo da illa, que cinco días antes fora ocupada por forzas marroquís.

FONTE: hoyenlahistoria.com     Imaxes: citaconlahistoriajm.blogspot.com, es.wikipedia.org e laguaridadeviriato.blogspot.com

CANTO SABES DE GUINEA ECUATORIAL? VII

Continúo coa serie adicada a Guinea Ecuatorial, un dos países máis misteriosos do mundo, máis pequenos de África e onde o español é lingua oficial.

A contestación correcta á pregunta de onte é 2.000.000 habitantes. Exactamente 1.984.468 habitantes, segundo datos de worldometers.info/es.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal é o punto máis alto de Guinea Ecuatorial?

- Pico Biaó

- Pico Basilé

- Pico de San Xoaquín

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e worldometers.info/es   Imaxes: worldometers.info/es e es.wikipedia.org

Unha lagartixa que farda de papada

O anolis pardo, arborícola e insectívoro, mide entre 16 e 18 centímetros; os machos son algo máis grandes / Istock

Orixinaria de cuba e bahamas, a lagartixa caribeña que ilustra esta páxina é un macho de anolis pardo (Anolis sagrei), especie que hoxe se introduciu noutros lugares de América e Europa. Máis grandes que as femias, só eles locen este encarte gular tan colorido e granulado, que pode ir do amarelo a lume alaranxado. Extremadamente territoriais, cando un macho rival entra no seu territorio, os anolis despregan a súa papada como sinal de advertencia antes de –se cadra– atacar. 

«Este abanico é unha membrana extensible que accionan mediante o aparello óseo hioideo, que é flexible, e constitúe un importante elemento distintivo á hora de cortexar ás femias», explica Albert Masó, doutor en ecoloxía e evolución.

Durante a época de cría, engade o experto, os machos defenden territorios que albergan varias femias e aparéanse con todas as que poden. Elas, que tamén son promiscuas, almacenan o esperma de varios machos e depositan un só ovo cada semana ou dúas ao longo de varios meses.

Para o apareamiento, o anolis macho inicia a súa aproximación á femia movendo a cabeza arriba e abaixo e despregando repetidamente o saco gular. Se ela está receptiva, el aproximarase lucindo papada e, tras suxeitala mordéndolle o dorso ou o pescozo, terá lugar a cópula. Misión cumprida!

FONTE: Eva van den Berg/nationalgeographic.com.es

CANTO SABES DE GUINEA ECUATORIAL? VI

Continúo coa serie adicada a Guinea Ecuatorial, un dos países máis misteriosos do mundo, máis pequenos de África e onde o español é lingua oficial.

A contestación correcta á pregunta de onte é 28.000 km2. Exactamente 28.052 km2, dos que ao territorio continental correspóndelle 26.017 km², e ao territorio insular 2.034 km². A modo comparativo, unha extensión moi similara a á da nosa comunidade, Galicia, con 29.575 km2.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Aproximadamente, cal é a poboación de Guinea Ecuatorial?

- 1.000.000habitantes

- 1.500.000 habitantes

- 2.000.000 habitantes

- 2.250.000 habitantes

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org e revistaequato.com

TAL DÍA COMO HOXE: 15 DE XULLO...

1099 Na actual Israel, no marco da Primeira Cruzada, os europeos conquistan Xerusalén e forman o Reino de Xerusalén (entre 1099 e 1187). Ao longo dos seguintes 2 días a poboación musulmá da cidade será masacrada. Os xudeus son queimados vivos na Gran Sinagoga, onde se refuxiaran.

1799 En Exipto descóbrese a Pedra de Rosetta, que permitirá descifrar os xeroglíficos exipcios.

1864 Alfred Nobel patenta a nitroglicerina como explosivo.

1954 O prototipo do avión de pasaxeiros Boeing 707 realiza o seu primeiro voo.

1983 Nintendo lanza a consola Famicom en Japon.

2004 EEUU lanza o satélite de observación terrestre Aura.

2011 Estrea mundial de Harry Potter e as reliquias da morte (parte 2) a última película da saga de cinematográfica Harry Potter.

FONTE: hoyenlahistoria.com         Imaxes: es.wikipedia.org e themoviedb.org

Máis proteína non sempre é mellor

Ismael Galancho é nutricionista e divulgador especializado en explicar a alimentación desde unha mirada práctica, rigorosa e afastada dos extremos. Nesta conversa, aborda unha das grandes tensións actuais: como comer san cando as redes sociais multiplican as mensaxes contraditorias sobre froita, carbohidratos, proteína, xaxún, calorías ou alimentos "prohibidos".

O seu enfoque apóiase en tres piares que atravesan toda a charla: cantidade, calidade e flexibilidade. Galancho defende que o balance enerxético importa, pero tamén que a saúde non pode reducirse contado calorías nin a perseguir unha dieta perfecta. Por iso invita a entender o contexto de cada persoa, os seus hábitos, a súa fame, a súa saciedade e a súa relación emocional coa comida.

Fronte á obsesión por facelo todo perfecto, propón recuperar o sentido común. Comer ben non debería ser unha fonte constante de tensión, senón unha ferramenta para vivir mellor. A súa mensaxe axuda a desmontar mitos, relativizar modas nutricionais e construír unha alimentación saudable, sostible e compatible coa vida real.

TAL DÍA COMO HOXE: 14 DE XULLO...

1789 En París (Francia) prodúcese a Toma da Bastilla, que supuxo o fin do Antigo Réxime e o comezo da Revolución francesa.

1949 A Unión Soviética detona a súa primeira bomba atómica.

1960 Jane Goodall chega á reserva do Gombe Stream (Tanzania) para iniciar o seu famoso estudo de chimpancés en liberdade.

1995 Nos Estados Unidos, MPEG (Moving Picture Experts Group) dá a coñecer o formato MP3.

2008 Inicia a construción da torre Tokyo Sky Tree.

FONTE: hoyenlahistoria.com        Imaxes: historia.nationalgeographic.com.es e thecitizen.co.tz

CANTO SABES DE GUINEA ECUATORIAL? V

Continúo coa serie adicada a Guinea Ecuatorial, un dos países máis misteriosos do mundo, máis pequenos de África e onde o español é lingua oficial.

A contestación correcta á pregunta de onte é 2 rexións, 8 provincias e estas á súa vez en 19 distritos e 37 municipios. A saber...

As dúas rexións son: Guinea Continental e Guinea Insular. 

As provincias son: Annobón, Bioko del Norte e Bioko del Sur (na Rexión Insular) e Centro Sur, Litoral, Djibloho, Kié-Ntem e Wele-Nzas (na Rexión Continental).

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Aproximadamente, cal é a extensión de Guinea Ecuatorial?

- 20.000 km2

- 24.000 km2

- 28.000 km2

- 32.000 km2

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org